Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 30 de julio de 2008

Presentacion de Man


Hola, preguntaredesvos todos os que vexades este blog, quen carallo e este tip@ e que fai escribindo aqui. Pois ben, son un camellan/a coma calquera de vos, normal e corriente ( e mileurista) que sempre me gustou fedellar por internet,chatear,os foros,etc. e xa que no veran non curro pola tarde decidime a crear este blog sobre o mellor pobo do mundo que e Camelle, e asi que a sua xente poida informarse do que pasa no pobo, ver fotos e videos camellans, poder opinar sobre o que queirades ( anonimamente ou non, e sin ofender nin insultar ) e basicamente escribir eu e todos vos un diario en internet do que pasa en Camelle. Gracias de anteman a todos e perdoade as fallas ortograficas e o uso de este blog, xa que nin son de letras e de informatica non teño moita idea. So pido que toda persoa que lea isto, o vaia pasando pola xente do pobo, para que entre no blog e comente o que queira, xa que non fixen publicidade disto e moi pouca xente sabe que existe. Gracias pola vosa colaboracion, espero que vos animedes.
Man.

Comision de festas


Queria dende aqui agradecer a todolas comisions de festas que houbo en Camelle, o traballo que fixeron estas persoas, por facer as mellores festas posibles no noso pobo. Agradecer a Perla e Xose Manuel todo traballo que estan a facer desinteresadamente ( que e moito, e non esta suficientemente valorado nin recoñecido) por traernos as mellores orquestras,pasaruas,fogos artificias,xogos,etc. Dende aqui, unha perta enorme a Perla e Xose Manuel pola sua labor.Gracias. Boas festas a todos e coidadiño co alcohol.
Por certo, entrevistaron a Perla na Voz de Galicia , deixovos o enlace. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/07/30/0003_7023106.htm

martes, 29 de julio de 2008

Abandono do museo de Man


A pesar da recente constitucion da fundacion Man de Camelle, o museo segue deteriorandose e non hai ninguen que faga nada por evitalo. A que estan esperando? Esperemos que as obras de rehabilitacion comecen pronto, xa que se esta a perder o punto turistico mais concorrido da costa da morte. Que opinades sobre isto?

Piscifactoria


Agora que o tema esta un pouco mais tranquilo, que pensades que vai a pasar coa piscifactoria...
seguiran adiante co tema e non miraran alegacions nin escoitaran o pobo,esperaran as eleccions para ver o que pasa, non a faceran pola presion popular?

Prolongacion do dique de abrigo




Agora que xa estan a retirar os inmensos bloques de cemento para o dique de abrigo e o pobo xa respira un pouco mellor,como quedara esa obra?Refuxiara mellor os barcos e gamelas? Atraera mais turismo? Arreglaran o campo de futbol e a esplanada do palco da musica?

Camelle
En Camelle, o ente público está a acometer obras de prolongación e reparación do dique de abrigo. Por unha banda, a extensión do actual dique ten un orzamento de 2,8 millóns de euros e permitirá acadar unha zona de atraque máis segura e protexida. A prolongación do dique minimizará das ondas sobre a zona de abrigo, evitando que as embarcacións teñan que ser retiradas a terra en días de temporal.
A extensión do dique que acomete Portos de Galicia terá unha lonxitude de 85 metros, nunha soa aliñación, engadidos aos 300 metros actuais. O dique estará protexido no seu costado exterior por unha escollera de bloques de formigón que oscilan entre 20, 55 e 80 toneladas de peso. No dique construirase tamén unha torreta na que se instalará a baliza de sinalización marítima.
Ademais, Portos de Galicia está a efectuar reparacións no actual dique, que resultou danado polos temporais de 2008, cun investimento de 700.000 euros. As obras consisten no reforzo do ancho do dique coa instalación de bloques de protección de 20 e 55 toneladas.
Fonte
Nota de prensa da CPTOPT.

O cura de Camelle


Como non, falaremos sobre o cura de Camelle.Que pensades vos cal seria a solucion para que non houbera tantas desavenencias co cura, mais dialogo,denuncialo polo civil polo dos 5000 €, ir a falar o arzobispado, cambiar de cura,etc. gustariame a vosa opinion,eso si, con respeto.

Os kilomberos " o mellor de cada casa"

Fai pouco tempo,creouse en Camelle un grupo de percusion e kilombo brasileiro chamado " o mellor de cada casa", seguro que xa o escoitaches...
O parecer, houbo queixas de xente porque os fin de semana, non deixan durmir a sesta, cos seus ensaios.
Gustariame que opinaras sobre o kilombo,que vos parece,tocan ben ou mal,fan moito ruido e fastidian a sesta,e unha gran iniciativa musical para o pobo,etc.
En breve publicarei fotos e videos sobre " o mellor de cada casa"

Festas do Carmen

Este proximo fin de semana celebranse as festas do Carmen, que todos levamos esperando impacientemente. O venres dia 1 pola tarde-noite habera sardiñada, actuacion estelar dos kilomberos " o mellor de cada casa" e o camioneto do ano pasado con esas rapazas de Malpica tan marchosas ( esperemos que se repita o striptease do ano pasado ).
O sabado pola maña sera a procesion por mar e pola noite estaran as orquestas Bambola e Ciclon, esta ultima repite e a semana pasada en Cereixo deixou a un vello da comision de festas en pelotas no escenario (coidado Jose Manuel).Habera tamen fogos artificiais,esperemos que sexan tan bos como os do ano pasado,pero que non haxa ningun incidente.( jardade os bichos nos cochos).
O domingo pola tarde habera xogos na praia,partido de futbol , a festa da espuma e algunha sorpresa mais. Actuaran as orquestras Ceniza e Television.
Espero que o pasedes ben e despois da resaca gustariame que comentarades calquer cousa sobre as nosas festas mais importantes, as festas do Carmen.Que tal o pasastes, as orquestas,os kilomberos,os xogos,que se poderia mellorar,anecdotas,os fogos,a sardiñada,etc.
Añadirei fotos e videos sobre esta festa.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE