Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 28 de octubre de 2008

Liña de bus fantasma


Dende fai un ano máis ou menos, Camelle deixou de ter liña de bus inexplicablemente. Dende o concello din que isto se arranxará co tempo.

Pois ben, na Xunta dín que as leis están para cumprilas e o que saia publicado no Diario Oficial de Galicia vai a misa.
¿ Entón, como se explica que Camelle, como outros pobos, teña contratada por parte da Xunta de Galicia unha liña de bus de luns a venres diariamente a Ponte do Porto e a Vimianzo?

Señores gobernantes, ¿como se come isto? porque está publicado no DOGA.
Documento revelador Nº1 : (DOGA)

Documento revelador Nº 2: (DOGA)

Este documento acabo de mandalo vía internet o Valedor do Pobo, a ver si polo menos o miran.
Gracias a Ubaldo pola información prestada.
Xa podedes pinchar e ver correctamente no enlace.

lunes, 27 de octubre de 2008

Asamblea Xeral

Este sábado pola tarde, tivo lugar na casa da cultura, unha asamblea xeral de caracter informativo da AA VV co pobo de Camelle.
Alí, durante case tres horas, tratáronse varios temas e as últimas xestións, como a limpeza do pobo, a estrada que se vai facer cara Arou, as beirarúas de Camelle de arriba, a reunión con Bieito Lobeira, co PP de Camariñas, co alcalde de Laxe, cos distintos partidos de Vimianzo, a reunión en Arzúa, a visita ó Parlamento, a carta de Mercedes Martín sobre a Fundación Man, etc...

A directiva expuso claramente os pasos e actuacións que están levando a cabo e os asistentes mostraron o seu apoio absoluto. Así e todo tamén se aceptaron comentarios e opinións dos presentes.

Tras as últimas críticas á directiva por parte dalgunha xente do pobo, os asistentes deixaron claro que en todo isto sempre hai quen ten outra opinión pero para iso están as reunións, para expoñer e falar do que quere o pobo de Camelle.

Contestando á carta de Mercedes Martín, (que fai referencia a Fundación Man e abandono do museo), ensinaron a acta do día da reunión con Pichurri e deixaron claro que ese tema foi tratado fóra dos puntos da orde do día e que o alcalde tiña un enterro e que quedaron como estaban, sen saber nada.

Nesta xunta aprobouse tamén por maioría a contratación dun avogado para levar o tema da piscifactoría, e tras moitas cábalas decidíose recaudar 100€ de cota mínima por casa para pagarlle o avogado. Éste cobrará 15000€ o inicio e outros 15000€ si se gaña o contencioso.
A recaudación farase esta semana e a que ven, martes e mércores de 5 a 6 na casa do mar. Publicarase unha lista e darase un recibo da xente que pague. Rogaron que a xente fóra o máis pronto posible xa que se acaba o prazo (2 meses dende a aprobación do plan).

Tamén fixeron reconto dos documentos asinados pola xente do pobo que ten leiras e se comprometen a non vender, pois ben, de momento xa hai un 50% de leiras que non se venden.

Se tendes algunha dúbida sobre o tema non tendes máis que comentarmo ou falar con algún membro da directiva da asociación.

Censura de La Voz de Galicia


O longo da miña vida xa me decatei varias veces da censura do periódico La Voz de Galicia.
Este periódico é como a TVG, sempre están cos que gobernan, sexa quen sexa, e non se molla nunca se hai algunha crítica ou algunha nova que perxudique o actual goberno.

A mín xa me pasou varias veces con artigos ou comentarios que me publicaron, ou mellor dito, que non me publicaron.
Só hai que ver a gran noticia do descubremento dos informes desfavorables de Política Territorial en contra das piscifactorías, que soamente foi publicado en El Correo Gallego e en El Pais, a Voz non lle interesou publicalo porque dañaba o actual goberno da Xunta.

E eu pregúntome, isto como se chama ... censura, dictadura ou franquismo? Porque que eu sepa, actualmente hai ( en teoría ) liberdade de expresión.
A derradeira de La Voz de Galicia refírese a enquisa que fan polo paisaxe máis fermoso da costa da morte. Tí escribes o teu comentario na súa páxina web, e logo eles publican na prensa escrita o que máis lles gusta.

Eu leín tódolos comentarios da web e para mín o máis fermoso era un comentario tipo poesía sobre a beleza de Camelle da nosa usuaria Digna, pero como nombraba a Xandriña e a futura piscifactoría xa non o publicaron.
Se non creedes ista teoría, só tendes que ver o comentario que eu puxen en internet e o que saíu na prensa escrita, máis claro auga, a ísto chámase CENSURA porque falta a derradeira frase do meu comentario.

Se non o vedes ben, pinchade na foto e verédelo mellor.

¡¡¡ INVASIÓN DE SINAIS !!!


O noso pobo foi invadido por sinais de prohibición en tódalas esquinas.
Portos de Galicia segue na súa política de invasión e prohibición en tódalas zonas portuarias, pero isto xa pasa de castaño a oscuro.

Todos xa sabemos que dentro das zonas portuarias, Portos de Galicia non se fai responsable dos accidentes que alí pasen, por exemplo, si tes un accidente co coche, ou caes andando,etc. Portos non se responsabiliza, e o teu seguro tampouco.

Pero de iso a prohibir pescar,bañarse, pasar, cargar,descargar,andar pola rampa,etc. creo que se pasan un pouco.

O que hai que ser é un pouco responsables e saber o que nos ateñemos, non vamos a deixar agora que nos prohiban bañarnos na rampa no verán, ou que os nosos nenos non poidan pescar xureliños no muelle como fixeron sempre.

As sinais están no paseo marítimo a altura da ancla, na rampa do muelle, na lonxa, no muelle novo e no Paella.

Esta é a miña opinión persoal, creo que se pasaron un pouco en prohibir, igual me equivoco e están no seu dereito e deben facelo, pero como me dixo Paco de Bajeras " Nas señales prohíbese todo, pero non poñe prohibido cajar, polo tanto podemos cajar todos no muelle"

jueves, 23 de octubre de 2008

Foto antiga


Esta foto data do ano 1955 e a señora o parecer chamábase Clara e era a parteira de Camelle, ou sexa, a que axudaba a dar a luz a moitos de nós. Os nenos/as de atrás non teño nin idea e o sitio parece que é donde estaba o bar da molinera . Pero bueno, vós sabedes máis ca mín neste tema.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Vídeo da semana

Outra entrega de bromas de "japos". Coidado cando vaiades o Xapón e vos entran as ganas de facer as vosas necesidades. ¡ Moito coidado !
http://es.youtube.com/watch?v=Gf8LNd93BAY

martes, 21 de octubre de 2008

Xuntanza da AA VV co PP


Este domingo, a AA VV "A Pergoliña" mantivo unha reunión cos concellais do Partido Popular de Camariñas comandados por Daniel Rego.
Na xuntanza, que durou tres horas e media, tratáronse diversos temas referentes o pobo de Camelle, entre eles o do abandono do legado de Man, a pesca, obras e infrastructuras,etc.
Pero o tema estrela era a opinión do PP referente a posible implantación da piscifactoría na Xandriña.
Daniel Rego deixou claro que tanto él como o séu partido non está dacordo coa situación da piscifactoría en Camelle e mostrou o séu apoio co pobo de Camelle en todo o que poida.
A nosa AA VV non para, nun mes xa tivo reunións co Psoe, co BNG e co PP, tamén a mesa redonda en Arzúa, reunión co alcalde de Laxe e cos tres grupos políticos de Vimianzo.
Esperemos que a súa entrega sexa para ben e dean os seus frutos, por reunións que non sexa.

Resultado da enquisa


A maior parte de vós (96%) pensa que o legado de Man está nun completo abandono.
Entón parece que ten razón a AA VV en reclamar e protestar para que se faga algo debido o seu abandono e deterioro.
Dende o concello dín que non se pode facer nada ata que rematen as obras do dique de abrigo.
Eu penso que sí poderían facer algo, e moito, xa que alo menos poderían limpar a basura que alí se acumula porque é unha vergoña para o pobo e para os turistas que quedan abraiados por este pasotismo de noso concello.
Non vos perdades a reportaxe que fixo a nosa web amiga www.diariocamarinan.com deste tema, porque non ten desperdicio.
Museo ou basureiro?: http://diariocamarinan.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1366&Itemid=2

Cambiando de tema, na Voz de Galicia fan unha enquisa de cal é o paisaxe máis fermoso da costa da morte. Abraiado me quedei coa opinión da nosa querida amiga e usuaria Digna, digno de enmarcar, valga a redundancia.
Podedes opinar neste enlace: http://www.lavozdegalicia.es/participa/2008/10/13/01121223927603280619902.htm

O fervellón cazado


Unha usuaria do blog mándanos unha foto moi polémica do noso fervellón cazado cunha rapaza ou travesti, non sei, nunha postura moi sensual.
Esperemos que nos dé algunha explicación desta foto por si xa encontrou o seu amor verdadeiro.

jueves, 16 de octubre de 2008

Camelláns en Arzúa

Este vindeiro sábado haberá unha representación do noso pobo en Arzúa, para debatir o Plan Acuícola. Alí estarán dous directivos da nosa asociación de veciños nunha mesa redonda con altos cargos do PP, do PSOE, do BNG, de ADEGA e da Plataforma de Quilmas. Debatirán unhas das medidas políticas máis polémicas dos últimos anos como é este Plan Acuícola.
Esperemos que saquen algo de proveito e se non, que traian uns queixos de tetilla.

Foto antiga


Un usuario do noso blog mándanos unha foto antiga do Porteño F.C. e dinos que hai dous camelláns na foto, ¿adiviñas quenes son?
Esos sí que eran futbolistas, non coma os nenos mimados de agora.
Curiosidade: o noso alcalde "Pichurri" tamén está na foto.

Info Blog


Hola, tranquilos que non veño a presumir das entradas do blog, nin a poñer o meu ranking alexa ( de dudosa fiabilidad,por certo, e no que está este blog), nin a descriminar duramente a outras páxinas, nin a poñer rapazas lixeiras de roupa, nin comentar disputas familiares, nin decantarme por un partido político descaradamente, nin poñer un número de conta para vivir disto como fan outros que pecan de egocentrismo e despotismo, e logo a caída e máis grande, pero bueno, alá eles coa súa conciencia.

Hai xente que ten problemas co blog, o conectarse quedase bloqueado todo, ou vai lentísimo. Preguntei a varios entendidos na materia por isto, e din que pode ser por moitas cousas... polas fotos, pola configuración do ordenador, polos pop-ups, polo antivirus, polas ventanas emerxentes, porque os gadgets ocupan moito... non sei, estou mirando en foros a ver si o poido arranxar, pero vai ser complicado, mirade vos na configuración de internet si tendes algo raro ou no antivirus, se non terei que quitar as fotos e poñelas doutro modo para probar si así vai ben.

De tódalas maneiras é rarísimo, porque hai xente ( coma mín ) o que nos vai rapidísimo e carga todo moi ben.

Outra cousa, as noticias non van ben, pero non é problema meu, é cousa de google.

Si vedes algo que non vos guste ou algo que se poida mellorar no blog, non dudedes en comentalo ou mandarme un correo. Tamén podedes mandar fotos, vídeos, información, noticias, actualidade e o que queirades para poñelo aquí. http://www.sienfuejos@hotmail.com/

Dixéronme que puxera as entradas máis comentadas, pois ben "Olimpiadas en Camelle 08" ten 30 comentarios, "Bieito Lobeira en Camelle" 27 comentarios e " Amistades pelijrosas" 23 comentarios. Abaixo na marxe dereita tendes o archivo do blog.

Para rematar este rollo, déixovos un enlace para ver a previsión do tempo en Camelle, non sei si será moi fiable ( creo que sí ), pero debe ser o único que poñe o tempo en Camelle, iso que é dunha páxina nacional, non é como o "windguru" pero está bastante ben.
Gracias a todos pola vosa colaboración.

miércoles, 15 de octubre de 2008

Relato

Esta vez trátase dun relato ou lenda un pouco "chorrada" pero bastante curioso. Seguro que a algún "fervellón" vaille valer para contar a algunha rapaza e ésta pense que un tío moi sensible e romántico. Espero que vos axude, fervellóns!!!
"¿Sabes porque el anillo de compromiso se usa en el cuarto dedo? Existe una leyenda china que lo explica de forma sencilla....
Los pulgares representan a los padres.
Los índices representan tus hermanos y amigos.
El dedo medio te representa a ti mismo.
El dedo anular (cuarto dedo) representa a tu pareja.
El dedo meñique representa a los hijos.

Ok ahora prueba esto. Junta tus manos palma con palma, después, une los dedos medios de forma que queden nudillo con nudillo axial como se muestra en la imagen....
Ahora intenta separar de forma paralela tus pulgares (representan a los padres), notaras que se abren porque tus padres no están destinados a vivir contigo hasta el día de tu muerte, únelos de nuevo.
Ahora intenta separar igual los dedos índices (representan a tus hermanos y amigos), notaras que también se abren porque ellos se van, y tienen destinos diferentes como casarse y tener hijos.
Intenta ahora separar de la misma forma los dedos meniques (representan a tus hijos) estos también se abren porque tus hijos crecen y cuando ya no te necesitan se van, únelos de nuevo.
Finalmente, trata de separar tus dedos anulares (el cuarto dedo que representa a tu pareja) y te sorprenderás al ver que simplemente no puedes separarlos... eso se debe a que una pareja esta destinada a estar unida hasta el ultimo día de su vida y es por eso porque el anillo se usa en este dedo.

Vídeo da semana

Téñovos que confesar que son un pouco " freake" e que son un fan do humor xaponés.
Deixovos este primer vídeo, trátase dun programa de bromas de cámara oculta xaponés.
Constrúen no alto dunha pista de sky unha cabina de hidromasaxe e sillón relax... non vos conto máis, só decirvos que o mellor está o final do vídeo. Xa vos irei poñendo máis.
1º vídeo xaponés: http://es.youtube.com/watch?v=u8MepoBeR_U

Lotería










Xa temos lotería de nadal por parte da AA VV " A Pergoliña", hai décimos ( na foto) e participacións de 5 €. Tamén a comisións de festas ten lotería e participacións ( na foto).
Hai que colaborar todos por un ben común, e de paso se toca mellor, xa que hai moita crise e non nos virían mal uns millonciños. Sorte.

martes, 14 de octubre de 2008

Foto denuncia


Dentro de pouco, sairemos outra vez en El jueves, coa noticia de " Prántanse patacas no tellado da lonxa de Camelle". A lonxa de Camelle sufre un deterioro palpable a simple vista o longo dos anos e digo eu, co pouco coñecemento que teño disto, ¿ non foi traspasada a competencia da lonxa o concello? Rectificádeme si me equivoco, pero se así é, o concello xa ten outra tarea pendente de arranxar no noso pobo, porque a lonxa está nun abandono absoluto.

Humor gráfico



Viñeta referente a Man moi ilustrativa do que esta a pasar, publicada na Voz de Galicia este domingo,na edición de Carballo.

lunes, 13 de octubre de 2008

Senda


A senda a beira do río quedou moi ben, pero agora pedimos a quen sexa oportuno que por favor se limpe ou se arranxe un pouco polo menos, a senda que vai paralela o río por arriba, dende o pozo ata a casa de Eulalia. Para mín é unha das sendas máis fermosas que temos no pobo e está practicamente inaccesible, hai sitios no que é case imposible pasar. Esta senda está chea de árbores e prantas moi características e que se ven pouco pola zona como carballos,salgueiros,avellanos,madroños... e tamén unha grande variedade de cogumelos.

Dende aquí pedimos a quen sexa que tome cartas no asunto para que todolos camelláns e foráneos poidan desfrutar desta senda tan fermosa que temos no noso pobo, e así tamén poder revalorizar o turismo de rutas e sendas que tan en auxe está en Galicia.

Comunicado de Mercedes Martín

Comunicado de Mercedes Martín recibido por Diariocamariñan:

Escrito de Dn. Mercedes Martín González:

"Con respecto a las declaraciones aparecidas durante estos días en diferentes medios de comunicación, me gustaría hacer una serie de aclaraciones:

  • Cuando digo "es algo que saben los vecinos" me refiero a que el gobierno municipal, en concreto el Alcalde y la teniente de Alcalde, mantuvieron una reunión con la Asociación de Veciños "A Pergoliña" de Camelle, en la que uno de los puntos del dia era el Museo de Man, al cual se les contestó exactamente lo mismo que he respondido yo en la prensa estos días, dándoseles explicaciones de todo lo que ellos preguntaron. Decidles que os manden el acta de esa reunión, porque de hecho me consta que levantaron acta de la misma.

  • Con respecto al "Proyecto fantasma" al que alude el Sr. Daniel Rego, lo tengo a vuestra entera disposición, para que veais que de fantasma no tiene nada y asimismo os comunico que dicho proyecto está entregado en la Delegación de Cultura de A Coruña, en la Consellería de la Presidencia de la Xunta y en la Fundación Caixa Galicia entre otras entidades, opr si tenían interés en colaborar en el proyecto que por cierto tiene fecha del 12 de septiembre del 2007.

  • Cuando el sr. Luis Suárez dice que él no sabía nada, me remito al primer párrafo, a no ser que le falle la memoria en tan poco tiempo y cuando dice que le preguntaron a Dolores Rodríguez, que forma parte de la Fundación, le aclararé que esa Concejal, como yo, formaremos parte del Padroado, cuando éste sea convocado, iniciando su gestión siempre después de hacer aceptado el cargo, y tal aceptación se formaliza de alguna de las formas siguientes: En la propia carta fundacional; en documento privado, mediante comparecencia ante el registro de Fundaciones o ante el Padroado acreditándose mediante certificación, mientras tanto no somos miembros de la Fundación, solamente se han aprobado unos estatutos y su Fundador, el concello de Camariñas, está haciendo las gestiones necesarias para que el Padroado se forme y empieze a trabajar. Mientras tanto, yo cuando hablo de la fundación hablo como miembro del Gobierno Municipal, que es el fundador, no como miembro de la Fundación.

  • En la conversación que mantuve con el redactor de La Voz de Galicia, le dije que estabamos preocupados con las actuaciones de Man desde el momento que en el Plan Urbanístico vamos a solicitar que determinadas zonas donde hay obras de Man se las considerara como protección de Patrimonio así como alguno de los recorridos del entorno, no sé porqué la asociación de vecinos se empeña en considerar el recorrido de la Xandriña como tal, porque por esa regla de tres habría que hacerlo también con la carretera da Ponte do Porto, la de Arou, la calle principla, el paseo marítimo....porque por todos esos sitios andaba Man y lo que no se puede hacer ni van a aceptar, es considerar todo Camelle como de Protección de Patrimonio.

  • En esa misma conversación, me insistió en que diera fechas para la finalización de la obra del dique, para la constitución de la Fundación, del Plan Urbanístico...Y la respuesta fue que no podía darle fechas exactas, que la fundación estaba dando sus últimos pasos, que el dique de Camelle le quedaba bastante tiempo de obras, pero que a ver si se llegaba a un acuerdo para poder empezar a actuar a principios del año que viene y que lo del Plan Urbanístico estaba muy avanzado y que fechas en concreto no queríamos dar, pero teníamos la intención de poderlo llevar a aprobación inicial antes de que terminara el año, y la seguimos teniendo pese a quien pese.

UN SALUDO,

MERCEDES MARTÍN GONZÁLEZ

viernes, 10 de octubre de 2008

Fotos antigas



Esta foto data dos anos 70. Era a boda dun dos "hearthbrakers", pandilla de xóvenes camelláns que o seu lema e a súa filosofía era a aventura e a festa, ata tiñan o seu propio emblema na chupa e todo.
Eu coñezo a todos menos a un, agora sodes vós os que tendes que indagar, é bastante fácil recoñecer a estos "rompecorazóns" e a fermosísima dama.

jueves, 9 de octubre de 2008

Obras no Pub e outros temas.


A partir deste Domingo o Pub permanecerá cerrado o longo dun mes máis ou menos debido as obras de reforma que nel van a facer.
Por ísto, o sábado haberá agasallos a tódala xente que tome unha consumución a partir das 21:30h. polo que será unha gran festa de despedida por tódolo alto, non pode faltar ninguén.

Outra cousa, onte o noso blog vateu un record de visitantes con 141 visitas, non é moito para unha páxina web, pero sendo un blog moi limitado e soamente para un reducido número de persoas (camelláns), síntome plenamente satisfeito e dame forzas para seguir traballando día a día.
Quen ía pensar fai dous meses que tanta xente visitaría o noso blog.Isto é gracias a todos vos.

Na cabeceira deixovos unha foto moi curioso mandada por un usuario, trátase dunha foto sacada o día da aprobación do Plan de Acuicultura.
¿ Será unha montaxe ou quizás non?

Réplica de Mercedes Martín a AA VV


A concelleira socialista, Mercedes Martín contesta a AA VV "A Pergoliña" na Voz de Galicia.
Ela dí que mentras estean coas obras do dique de abrigo, non se pode facer nada co recinto de Man e que os veciños xa o saben. Tamén dí que a Fundación xa está nos derradeiros pasos, pero que os trámites son moi lentos.
Deixovos o enlace da noticia para que a vexades toda:

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/10/09/0003_7209412.htm

Reflexión persoal: o legado de Man vai perdendo a súa cor o longo dos anos, e o que unha soa persoa en taparrabos coidou sen problemas durante décadas sen moitos recursos, non o pode manter o Ministerio de Cultura, a Consellería de Cultura nin o propio Concello de Camariñas, e máis cos 121.000 € que Man donou o Estado. Por moito que digan algúns, isto é moi triste.

miércoles, 8 de octubre de 2008

Vídeo da semana

Este vídeo e moi forte, trátase dunha broma dun programa da tv arxentina de cámara oculta.
Consiste en que fan creer a víctima da broma que ligou, e cando está na cama coa chavala, aparece o noivo celoso e matón con gañas de venganza.
Fixádevos na fuxida da víctima o final do vídeo, para matarse, é que esta broma é moi pesada.
Vídeo para maiores de 18 anos:
http://es.youtube.com/watch?v=wU855gU_8kU

Triunfo do fervellón


O noso derradeiro fervellón Cantoná, ligar seica non ligou moito de momento, pero triunfou moitísimo e causa furor entre as féminas camellanas, será porque son moi tímidas e non se atreven a atacar en vista do éxito e a popularidade que colleu o noso fervellón?
Tranquilo fervellón, ten paciencia, que o amor aparece de repente e cando menos o esperas, dígoche isto con coñecemento de causa.
Tí segue sendo coma sempre, que antes ou despóis, algunha caerá nas túas redes de fervellón.

martes, 7 de octubre de 2008

Resultado da enquisa


Bueno, está bastante claro que para vós o concello ten a Camelle totalmente abandonado das mans de Deus cun abraiante 95% dos votos.
Eu penso que tamén hai algún pobo bastante abandonado, pero Camelle lévase a palma.
Neste blog veño denunciando xa fai tempo, con fotos denuncias, e as que aínda non pusen, o deterioro e abandono de moito patrimonio camellán.
As rúas sen barrer, a maleza sen cortar polo paseo marítimo, a praia sen limpar, a veleta sen arranxar, a lonxa deteriorándose co tempo,o museo de Man completamente abandonado, a casa de cultura que non da servizo de cultura ningún, a televisión vese fatal, e xa non falemos do tema da piscifactoría.
Isto e moitísimas máis cousas que seguro non me collerían neste artigo, fan de Camelle un pobo moi abandonado.
O concello segue co seu oscurantismo,cinismo,pasotismo ou xa non sei que chamalo e o sr alcalde, coma sempre, coa súa diplomacia e falta de profesionalidade,( isto vaise arranxar,isto vaise facer,non vos preocupedes,sí,sí,sí...) e logo non fai case nada.
Dende aquí pedimos os nosos políticos que fagan soamente o que teñen que facer, e se deixen de tonterías e caralladas que non lle interesan a ninguén, simplemente que dén servizo a un pobo moi abandonado, xa que os impostos pagámolos igual que os outros.

P.D. a foto da cabeceira é a nosa praia este sábado, chea de lixo de toda clase e fai un mes sen limpar.

Cea de colaboradores


Este sábado, a nosa queridísima presidenta da comisión de festas Perla, fixo unha churrascada para todolos colaboradores e axudantes das festas. Eu non poiden ir xa que tiña outro compromiso, pero dende aquí quero agradecer a Perla e a todolos colaboradores das festas, o gran traballo que fixeron este ano en pro das nosas festas para facelas sempre máis orixinais e mellores cada ano. Engadir que este traballo non está o valorado que ten que estar, pero é un gran traballo que requiro moito esforzo e sacrificio. Seguide así, espero que o pasárades ben o sábado. Gracias a todos.

ADEGA




A asociación ecoloxista ADEGA tamén comenta na súa páxina os famosos informes emitidos por Política Territorial en contra das piscifactorías, e que tacha de grave irresponsabilidade o Sr.Touriño, a conselleira de Pesca Sra.Gallego e o conselleiro de Medio Ambiente Sr.Vazquez en forzar a aprobación dun proxecto cheo fendas legais e irregularidades:

lunes, 6 de octubre de 2008

Carta da AAVV A Pergoliña

A asociación de veciños fíxonos chegar unha carta na que mostra o seu pesar polo abandono do legado de Man e pide unha solución inmediata. Gracias por confiar neste blog xa que somos os primeiros que podemos publicala, esta carta será enviada a varios medios de comunicación:

" A AAVV A Pergoliña síntese molesta debido ó estado de abandono que está a sufrir o museo de Man.

¿Qué pasa coa Fundación? Ó pobo de Camelle ninguén lle está a dar explicacións do que teñen pensado facer, e a realidade é que se está deteriorando todo cada vez máis, ata chegar a un punto que non haberá nada que conservar.O principal atractivo turístico de Camelle e polo que nos coñece todo o mundo é o museo de Man, polo que pasan o longo do ano milleiros de turistas que nos preguntan ós veciños de Camelle cómo permitimos este abandono, do cal nos sentimos avergoñados pero do que non somos responsables.Por iso, dende aquí, pedimos a todos aqueles que sexan responsables de dito abandono, que tomen cartas no asunto e que solucionen isto XÁ.

Tamén dende aquí facemos un chamamento a todos aqueles intelectuais e artistas (cantantes, escultores, actores, arquitectos, escritores, pintores....) e políticos que acudiron en masa os Encontros de Man celebrados en Camelle e propuxeron solucións para este tema, que levanten a súa voz e demostren o seu apoio para preservar o legado de Man, e a ver se entre todos lles facemos ver ós responsables a situación actual de abandono e que isto non quede nun mero recordo".

Dende o blog mostramos o noso compromiso con este tema e poñemolo a disposición da xente para que mostre a súa opinión.

Bieito Lobeira en Camelle



Este sábado pola tarde tivemos unha visita especial, xa que estivo en Camelle Bieito Lobeira, deputado e portavoz de Pesca do BNG. Houbo unha reunión coa xunta directiva da AAVV A Pergoliña na sala da Casa do Mar. Bieito ven a demostrar o seu apoio incondicional e o do seu partido a xente de Camelle que está en contra da implantación da piscifactoría da Xandriña. Bieito quixo informarse de primeira man das accións que se están levando a cabo dende a asociación de veciños. Moitos temas están ainda en preparación, como pode ser a contratación do avogado que nos vai representar e outros puntos que está a tratar a asociación e que se están poñendo en marcha.Bieito mostrou o seu interés polas iniciativas expostas e ofreceu a súa axuda e asesoramento en todo o que poida.
Dende aquí queremos agradecer o seu apoio e compromiso. Menos mal que aparece alguén que nos escoita. A procesión a Virxe da Barca parece que está xurdindo efecto.
Gracias.

O mascato camellán


Ó sábado pola tarde unhas nenas de Camelle atoparon un mascato ou albatros desorientado e tirado no paseo marítimo, detrás do Miramar. Estas nenas demostraron a súa solidariedade co animaliño, collérono e botárono nunha cesta e coidárono toda a tarde. Aparentemente non tiña feridas superficiais pero sabían que si o deixaban ía morrer xa que estaba moi frío. Elas chamaron a emerxencias pero non lle fixeron moito caso, entón chamaron a Protección Civil e pasado unha hora máis ou menos chegaron para levar o paxaro a súa base e esperar a chegada do CRFS de Oleiros para a súa recuperación. Noraboa a estas camellanas por estar tan concienciadas co respeto a natureza e a fauna.

Queremos saber como se chaman estas heroínas anónimas.

Noticia bomba!!!


Isto é unha noticia do venres publicada en El Correo Gallego, sinto non poñela antes, pero é que estiven moi liado e sen internet. A polémica xurde por un informe de Urbanismo, previo a aprobación do Plan Acuícula, no que se expón que non se tivo en conta o impacto negativo que as piscifactorías poden ter noutros sectores como o marisqueo e o turismo, e no que advirtía que en certos aspectos non se axusta a legalidade.

Isto pon en evidencia os desacordos e distintos puntos de vista dentro do propio partido e estánse descubrindo os criterios "mínimos" que se tiveron en conta a hora de elaborar uns proxectos tan complexos, pero coma sempre, os temas que non interesan deixanse de lado. Isto é unha vergoña. Os que elaboraron este Plan desde os seus despachos haberíalle que dar o premio Nobel da ineptitude.

Para ampliar a información sobre este tema, pinchade no enlace:


viernes, 3 de octubre de 2008

Foto antiga


Nova foto antiga, esta vez trátase de dúas señoras palillando, data do ano 1959.

A ver si me axudades porque eu non coñezo a case nadie e son moi torpe para estas cousas, o peor é que me sonan as caras, pero non sei quen son.

Ah, que se me olvidaba... xa vos distes conta que vos puxen musiquiña no blog para facer máis amena a visita ( como vos cuido ), a música máis lenta e romántica téndela o principio da lista, a máis cañera o final. Admito suxerencias musicais para poñer. Espero que vos guste.

jueves, 2 de octubre de 2008

El jueves




Noticia coñecida por todos nos, ocurrida en Camelle fai uns meses, publicada na Voz de Galicia e tamén na popular revista de tirada nacional El jueves. ( Atún roubado na carnicería de Ramona). A ver si algún día publican algo bó de Camelle e non siempre cousas malas, aínda que sexan graciosas.

Vídeo da semana


Esta semana deixovos un popurri de vídeos caseiros moi simpático de animaliños de catro patas, porque animaliños de dúas patas hai moitos, je,je,je.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE