Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 27 de febrero de 2009

Premio a Casa de Cultura


A Casa de Cultura de Camelle foi galardonada polo Colexio de Arquitectos de Galicia co Premio COAG de Arquitectura.

Eu de arquitectura non entendo, pero como xa dixen varias veces, a mín non me gusta nada a Casa de Cultura porque parece un bunker de cemento e non respecta nada o entorno que ten aredor.

Como xa dixen, eu penso que como tamén se chama Casa de Man, poderíana decorar con círculos e referentes de Manfred, así quedaría mellor, pero bueno é a miña humilde opinión.
Máis info: La Opinión

jueves, 26 de febrero de 2009

Vídeo da Xandriña

Que sepades que fostes os primeiros en ler a noticia da "Rexeneración da praia de Camelle", xa que outros medios locais publicaron hoxe a mesma noticia e non fan mención ningunha de donde a sacaron.
Antes saíu no B.O.E. pero, ¿quen le o B.O.E. tódolos días? Eu non, e si alguén o mira tódolos días e sae algo interesante sobre Camelle, por favor que mo mande e publicareino aquí encantado.
Bueno, o que íamos, déixovos un vídeo da zona da Xandriña para tódala xente que non coñeza esta zona tan peculiar e fermosa, xa que foron varios usuarios que mo pediron igual que o que fixeron os nosos compañeiros de Seiruga.
Como está grabado nun alto, había moito vento e non se oía ben a voz, polo tanto tíveno que editar con palabras.
Espero que vos guste e que este vídeo non sexa un recordo dentro duns anos.
Ah, non sei se vos fixastes, pero xa están publicadas as fotos do entroido camellán na marxe dereita.

miércoles, 25 de febrero de 2009

Rexeneración da praia de Camelle


Acábome de enterar por unha páxina web de ¡¡¡ MURCIA !!!, que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño licitou as obras de rexeneración da praia de Camelle cunha inversión prevista de 930.071 € cun prazo previsto de finalización das obras de seis meses.

Máis info: webmurcia.com

viernes, 20 de febrero de 2009

Noticias varias


1. Como o ano pasado, este domingo celebrarase o peculiar " Enterro do rodaballo ".
Pode participar todo o mundo que esté en contra da piscifactoría en Camelle, disfrazado ou non ( moito mellor disfrazado ).
O acto partirá as 16:30h. da Casa de Cultura hacia a zona da Xandriña, enterrarase o rodaballo na praia e iremos de volta hacia o lugar de partida.
Alí haberá larpeiradas de carnaval, música do d.j. Inbem e moitas sorpresas máis para os nenos e os non tan nenos.
A semana vindeira publicarei as fotos no blog deste acto.

2. A Plataforma Veciñal de Merexo denunciou publicamente a falta de transparencia, o escurantismo e os chanchullos da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, ao negarlles o acceso a un expediente de carácter público.
Según a Plataforma que se opón ao proxecto de ampliación da granxa acuícola de Stolt Sea Farm, acábase de escribir un novo episodio de "autismo político" por parte da Xunta de Galicia.
A entidade que preside Antonio Devesa denunciou que o departamento de Pesca do Goberno Galego impediu aos servizos xurídicos da Plataforma acceder un un expediente administrativo de carácter público.

3. Despois do " boom " da noticia de "A Santa Compaña ronda Camelle" ( 205 visitas nun só día e máis de corenta comentarios ) imos a disfrutar esta ponte ( quen non traballe o luns, claro ) co entroido.
Dígovos isto porque non vou a estar mirando os comentarios as 24h.
Ser " bos " e consecuentes coas vosas palabras e ante todo ¡¡¡ PASADEO MOI BEN !!!

jueves, 19 de febrero de 2009

¡¡¡ A Santa Compaña ronda Camelle !!!


Como case todos vós sabedes, máis que lle pese a algún/ha, neste blog publícase o que pasa en Camelle, nin máis nin menos e sempre con noticias contrastadas.

Os usuarios do blog son os que comentan as noticias e opinan sobre elas, non eu, que quede claro.
Bueno, despois desta reflexión persoal, imos coa noticia.

Según me informaron por e-mail e contrastado con varias persoas do pobo e incluso con algunha da Asociación de Veciños , o noso alcalde " Pichurri" e a concellal de urbanismo Mercedes Martín andan a rondar pola noite por Camelle ( con nocturnidad e alevosía ) e chamar as casas de xente que ten terreos na Xandriña para convencelos de que vendan. O precio que lle ofrecen é 15 € o metro cadrado.

A min, persoalmente, paréceme unha aberración o de ir polas casas de noite coaccionando a xente para que vendan antes de chegar as cartas da Xunta.

Paréceme unha falta de honradez e de respecto coa xente de Camelle incrible na época na que vivimos, xa que os habitantes de Camelle non somos parvos e sabemos tomar as nosas decisións sen que nos veñan as casas a convencernos.

O que pido dende aquí é que a xente que se comprometeu por carta a non vender, non faga como os políticos, que dín moito e logo non cumpren.

Que non teñan medo e se teñen algunha dúbida que falen con alguén da asociación de veciños para comentarlla o bufete de avogados que o pobo temos contratado.

O que tamén pido é un pouco de civismo e demostrar a estos políticos que temos educación, porque como dixo algún " as almas en pena pola noite rondando, acábanse con elas co fouciño afiando " e non é así xa que coas palabras gáñase moito máis.
Esta é a miña opinión.

miércoles, 18 de febrero de 2009

Vídeo da semana

Isto é o que lle pasaría a calquera se o dentista se pasa coa anestesia...

martes, 17 de febrero de 2009

¿¿¿ Tesouro oculto ???



A semana pasada, a señora Maruja foi a coller unhas ameixiñas pola praia e cal foi a súa sorpresa o atopar unha moeda de prata do ano 1.761.

Como podedes apreciar nas fotos, está grabado en latín a palabra Hispanarium Rex e Carlus III D. C. coa data 1.761.

¿ Haberá un tesouro oculto dalgún navío naufragado polo porto de Camelle?

Mitin do B.N.G.


Como xa informei anteriormente, este domingo celebrouse nunha abarrotada Casa da Cultura o mitin do B.N.G.
Alí falaron importantes políticos deste partido para expoñer as súas actuacións na Costa da Morte e o que facerán si a xente lles vota o día 1 de Marzo.
Varios asistentes portaron carteis alusivos a piscifactoría de Camelle.
Tanto Luis Suárez como Manuel Antelo e Carlos Aymerich mostraron o seu rechazo e o do seu partido a piscifactoría de Camelle e afirmaron que o B.N.G. está totalmente en contra do Plan Acuícola orquestado polo P.S.O.E.

Pediron o voto dos asistentes para gañar máis poder en Galicia e na Xunta, e así poder facer máis cousas e tomar máis iniciativas, sen depender tanto de outros.

Máis info: B.N.G.

viernes, 13 de febrero de 2009

¡¡¡ Noraboa Seiruga !!!


Onte celebrouse en Malpica un pleno ordinario co moita expectación.
O B.N.G. presentou dúas mocións, a primeira era unha moción en contra da extracción de area da praia de Seiruga para rexeneración da praia de Canido.
Finalmente o pleno acordou aprobar a moción cos votos a favor de Luis Ceán ( concelleiro non adscrito ), os do PP, os do BNG e o grupo AVE. Cañizo (PSdG) abstívose e o PSdG votou en contra, polo que foron 7 votos positivos por 5 negativos e 1 abstención.

A segunda moción ( podédela ver na foto de arriba )pola que se aprobou por maioría que o concello, que xa acordara nun pleno unha posición contraria á construción dunha piscifactoría, pero que nada movíu ata o de agora, debe tomar nota do traballo doutras vilas afectadas polo Plan Acuícola na Costa da Morte, e comece a traballar nunha alegación, Vía Xudicial, contra a construción da mesma.

Soamente quería dar a noraboa o pobo de Seiruga, en especial a Alfonso Vidal da Plataforma Seiruga Limpa polo seu traballo e a súa constancia, porque como ben dí o noso compañeiro Ubaldo " É impresionante o poder que temos e que non sabemos usar. A base de cordura e de sacrifico e de estar en riba dos nosos representantes políticos, o pobo manda".

A ver si os políticos do noso concello fan como os de Malpica e exercen o que o pobo e a súa conciencia demanda, porque iso conleva o premio da honestidade persoal.
Estas mostras de honradez case imposible na política de hoxe en día, fannos ver realmente as ideas dunha persoa, non as do seu partido e iso é honorable.

Artigo moi interesante publicado hoxe en El País que fala sobre o rechazo de varios alcaldes as plantas acuícolas en Galicia.

jueves, 12 de febrero de 2009

Información de interese

1. Según me informan dende a Asociación de Veciños " A Pergoliña ", a data da asamblea xeral prevista para o día 28 de Febreiro, cámbiase para o sábado seguinte, é dicir para o 7 de Marzo.
Este cambio débese a que o 28 de Febreiro e o día da xornada de reflexión electoral e personal do concello traballará na Casa de Cultura para preparar o día seguinte, ( día das eleccións autonómicas ), as mesas electorais, as cabinas e demáis mobiliario para poder votar, xa que agora votarase na Casa de Cultura, non no colexio como se facía antes.

2. Este domingo día 15 de Febreiro as 18:00 h. celebrarase na Casa de Cultura un mitin do B.N.G.
Neste mitin interveñen Luis M.Suárez Pérez ( Responsable e voceiro do B.N.G. no concello de Camariñas ), Manuel Antelo Pazos ( Responsable do B.N.G. na Costa da Morte e candidato o Parlamento de Galicia ) e Carlos Aymerich Cano ( Portavoz do B.N.G. no Parlamento de Galicia e candidato número 3 por A Coruña ).
Despois do mitin servirase unha merenda de entroido para tódolos asistentes.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Vídeo da semana

Esta semana tócalle o turno a uns chavales que a súa paisón e voar e a descarga de adrenalina, porque quen dixo que o home non pode voar?
Mirade o seguinte vídeo e comprovarédelo.


wingsuit base jumping! from theartist on Vimeo.

martes, 10 de febrero de 2009

Noticias piscifactorías

1. Igual que aquí, en Seiruga continúan coa loita, tanto contra a piscifactoría como contra o proxecto de rexeneración da praia de Malpica.
Alfonso Vidal, o voceiro da Plataforma Seiruga Limpa vén de publicar un vídeo no youtube amosando a desfeita que significarían ambos proxectos para a aldea malpicá.
< Vídeo de Seiruga
Info: quepasanacosta e seirugalimpa

2. A Consellería de Pesca renovou a licenza de actividade para a granxa mariña e criadero de rodaballo que a compañía noruega Stolt Sea Farm ten en Merexo.

A plataforma recibía tamén esta semana, unha petición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que lle sexan achegados máis informes sobre a denuncia realizada polos avogados. Así, a denuncia que fora admitida a trámite, continúa "movéndose".
Máis info: La Voz de Galicia e quepasanacosta

lunes, 9 de febrero de 2009

Noticias varias


1. Como xa vos adiantei, onte estivo o portavoz de pesca do B.N.G. Bieito Lobeira na confraría de pescadores de Camelle, expoñendo as posturas do seu partido en materia de pesca.

Tratáronse temas como os das piscifactorías, a seguridade no mar, o furtivismo, a extracción do percebe e ourizo de mar, a lonxa comarcal, a reserva mariña, etc.

Hoxe tocoulle o turno a portavoz de pesca do P.P. Rosa Quintana, que expuso as propostas do seu partido e falou dos temas antes mencionados.

2. A asociación de veciños " A Pergoliña " convoca a tódolos seus socios para a celebración da asamblea xeral ordinaria que terá lugar na casa de Man, o día 28 de Febreiro as 16:30 en primeira convocatoria e as 17:00 en segunda convocatoria.

A orde do día é a seguinte:
1. Informe de contas
2. Informe do avogado
3. Informe de propietarios que non venden
4. Rogos e preguntas

Tamén se convocará a elección a xunta directiva.
O que queira presentarse ten de prazo 7 días antes da xunta.
En caso de non presentarse ninguén, continuarán os cargos actuais.

Repartíronse cartas con esta información polas casas do pobo.

viernes, 6 de febrero de 2009

Noticia de interese


O deputado autonómico e portavoz de pesca do B.N.G. Bieito Lobeira, manterá este domingo as 13:00 horas unha xuntanza na confraría de pescadores de Camelle para tratar e analizar varios temas relacionados coa pesca, asuntos marítimos,etc.

Tamén comentará as posturas do seu partido en relación a este tema.

O luns tamén haberá unha xuntanza na confraría cun representante do P.P. aínda sen confirmar, para analizar estos temas e os do seu partido.

jueves, 5 de febrero de 2009

Xente extraordinaria


Hoxe toca falar dun afamado d.j. francés afincado en España de 39 anos chamado Pascal Kleiman.
Debido a unha enfermidade da súa nai naceu sen brazos, pero gracias a súa forza de voluntade fixo o que máis lle gustaba na vida que era pinchar música electrónica.

Eu coñecín a Pascal fai 13 anos pinchando nunha discoteca da Coruña e quedei abraiado coa súa profesionalidade e coa súa simpatía.
A maneira que ten de animar a xente, de coller os discos, de mezclar, de fumarse un cigarro ou de beberse un cubata cos pés é impresionante.

Ata lle fixeron un documental "Héroes,no hacen falta alas para volar" protagonizado por él e que trata dos problemas que teñen a diario e as gañas de superarse da xente que nace con minusvalías.
Por certo, este documental gañou este domingo un premio Goya como mellor curtametraxe documental.



Animaliños...

Todo comenzou a finales de 2007 cando unha especia de ardilla penetrou coa súa mirada entre dramática e asasina nos cerebros de millóns de internautas de todo o mundo.
Logo chegou o turno de Tarsio (unha especie de lemur), máis tarde o gato e nestos días chegou o can.
Tíñamos que contratar a algún de estos animaliños para disuadir coa súa mirada a algún político/a que veña o noso pobo a dar algún mitin.
1. < Vídeo da ardilla
2. < Vídeo do lemur
3. < Vídeo do gato
4. <Vídeo do can

miércoles, 4 de febrero de 2009

Información marítima


1. O patrón maior de Camelle, Xosé Xoan Bermúdez Tajes, mostrou onte o malestar de toda a confraría de pescadores, porque dende o partido socialista non se cursou o convite para participar no acto que se celebrou o pasado venres en Malpica e onde interviñeron a Conselleira de Pesca, Carmen Gallego; o Secretario Xeral do Mar, Juan Martín Fragueiro; e importantes representantes do sector pesqueiro na Costa da Morte, como o presidente da Federación Española de Confrarías, Genaro Amigo; ou o presidente da Federación Galega de Confrarías, Evaristo Lareo.

Máis info: La Voz de Galicia

2. A semana pasada foi aprobada no Consello da Xunta a creación da segunda reserva mariña de Galicia na ría de Cedeira (A Coruña).
Segundo indicou o titular da Xunta, o Goberno galego prevé potenciar esta liña de actuacións e, por iso, destacou o seu "compromiso" de crear "proxectos similares" na Ría de Viveiro (Lugo), Aguiño (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e Camelle (Camariñas, A Coruña) e "outros ámbitos da comunidade".

Máis info: Europa Press

lunes, 2 de febrero de 2009

Noticias varias


  1. Según me informa Perla, a xunta directiva da Asociación Cultural "Festas de Camelle" presentou a súa dimisión, baseándose na pouca implicación e o pouco interés da xente de Camelle nas súas festas. Esta é unha moi mala noticia que nos fai a todos replantexar o que nun futuro serán as festas de Camelle. Polo tanto, as propostas para o entroido e outras festas quedan aplazadas ata a formación dunha nova directiva. De momento e polo visto na reunión do sábado non hai ningún candidato.

  2. A Asociación de Veciños "A Pergoliña" xa está a preparar para o entroido un concurso de comparsas e o xa mítico "Enterrro da Xandriña". En breve teremos máis información sobre isto.

  3. Por fin temos a foto do presidente da asociación de veciños Luis Suarez entregando o xerente da Cociña Económica da Coruña os alimentos recaudados no pobo para os máis necesitados.

Fomos os primeiros


Quepasaencamelle foi o primeiro medio que publicou a noticia de que foi admitada a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso interposto pola asociación de veciños de Camelle contra a Xunta de Galicia, e vós os primeiros en sabelo.

Este fin de semana, como todos pudéstedes ver, tódolos medios de comunicación fixéronse eco desta noticia.

Webs como quepasanacosta ( a única que nos nomeou), anosacosta, diariocamariñan, ADEGA, MundoGaliza, etc.


E radios como Radio Nordes, Punto Radio, Radio Voz, etc.

Como vos dicía, comprázome en ser o primer medio en publicala noticia, pero máis me comprace o cariz dela.
Podedes pinchar nos enlaces para ver a noticia ampliada.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE