Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 29 de enero de 2009

Información da AA VV "A Pergoliña"

  1. O día 20 de xaneiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitíu a trámite o recurso contencioso administrativo que interpuso a AA VV "A Pergoliña", mediante o avogado contratado por esta asociación e pagado polo pobo de Camelle, contra a Xunta de Galicia pola previsible instalación da piscifactoría na zona da Xandriña.
  2. Esta asociación tamén denuncia a manipulación dalgunha persoa no pobo que está a infundar mentiras sobre xente que vende os seus terreos e non é así, de feito teñen asinada a carta de compromiso de non vender.
  3. En breve farán unha asamblea xeral (xa vos avisarei do día) para tratar varios temas, entre outros os da contratación do avogado, os cartos que se xuntaron,do recurso interposto,etc.

Fotos de Man


Aquí tendes outra selección de fotos sacadas polo anacoreta en Camelle.

martes, 27 de enero de 2009

Polideportivo lamentable





O único sitio donde se pode facer deporte en Camelle, xa que o campo de fútbol está nas "mans de Deus" é o polideportivo.

Este recinto está nun estado deplorable, o acceso é un camiño de barro e lama co escombro do concello aínda sen levar, sen aceras para chegar e nin un mísero paso de peóns na estrada para cruzar.

As porterías e canastas están rotas con ferros oxidados colgando, co perigo que iso leva para os que alí practican deporte.

O peche do recinto ten furados enormes, non hai redes nas porterías nin canastas, fórmanse pozas de auga debido o mal estado do pavimento e as silvas e malas herbas invaden o poli por varios sitios.

En definitiva, isto é unha vergoña.
Dende quepasaencamelle e o blog de Mario e Lidia pedimos a quen sexa que tomen cartas no asunto debido o abandono e os perigos que poden levar o estado do poli.

Igual está así porque van a facer un polideportivo cuberto en breve coma en Camariñas e na Ponte, como prometera o alcalde... dubido moito que así sexa porque as palabras dos políticos lévaas o vento moi facilmente.

lunes, 26 de enero de 2009

Fotos do temporal

O temporal desta fin de semana causou bastantes destrozos en Camelle como cables eléctricos tirados, un foco caído dunha farola do paseo marítimo, tellas e uralitas caídas das casas, parabólicas voando, fiestras rotas, árbores arrancados pola forza do vento, granizo, cortes de luz, mar embravezido,etc.
Aquí algún exemplo en imaxes:



viernes, 23 de enero de 2009

Vídeo da semana

Déixovos uns vídeos de moniños para que vos riades un pouco.
Monos hai moitos, pero non coma este, xa que é un furor no Xapón e en internet.
1. Mono Pankun
2. Mono piloto
3. Mono futbolero
4. Mono actor "The ring"

Propostas entroido 2009


Perla xa está a organizar a festa do entroido 2009 (soamente falta un mes) e pide o pobo de Camelle ideas e suxerencias para ese día.

A miña suxerencia sería preparar unha carroza de carnaval pola tarde, nun remolque ou furgón decorado para ocasión, e que xente disfrazada amenizada co kilombo "o mellor de cada casa" percorreran o pobo coa súa música.

Pola noite poderíase facer unha laconada ou degustación de filloas na casa de cultura amenizada coa música de Coldaysun e para rematar música para tódolos gustos coa actuación do D.J.Inben.

Entre medias poderíase facer tamén un concurso de disfraces.

Esta é a miña suxerencia, cada un que deixe a súa aquí ou na Panadería de Perla. Gracias.
Por certo, o vindeiro sábado día 31 as 16:30 h. celebrarase na casa de cultura unha asamblea da "Asociación Cultural Festas de Camelle" presidida por Perla, na que se tratarán varios temas, entre eles as propostas do entroido.

miércoles, 21 de enero de 2009

A Man gustaríalle así


Nunha enquisa feita xa fai tempo neste blog, a maioría de vos pensábades que a casa de cultura de Camelle ( Casa de Man ) era bastante fea e o arquitecto que a deseñou non estivo moito pola labor, xa que non respeta o entorno e non ten nada que ver con Man.

Entón non sei porque lle puxeron o nome de Casa de Man ( a mín non gusta ese nome ) porque a Man non lle gustaría unha casa de cemento que levase o seu nome.

Agora xa nada se pode facer, ou sí, ¿que vos parecería a Casa de Man decorada con círculos como os que Man facía?

Eu penso que a idea non é moi descabellada e non require moitos cartos do concello.

De xeito luciría bastante máis con círculos pintados como os que Man facía e chamaría a atención de máis turistas e xente.

Así si que podería chamarse a Casa de Man.

Isto é unha opinión persoal, o mellor estou un pouco tolo...

Fotos temporal

Como todos poidestes apreciar estos días o temporal foi bastante forte e as ondas eran espectaculares.
O domingo saquei unhas fotos coa miña limitada cámara, vou ter que facer unha colecta para mercar unha cámara mellor...( é broma,je,je).

A última foto (xa se vé que é obra dun profesional) foi sacada por Marcos Rodriguez e publicada polos nosos compañeiros de quepasanacosta con outras fotos tamén espectaculares.

lunes, 19 de enero de 2009

Fotos antigas


Foto bastante vella na rúa nova. A ver si argallades vos e identificades a alguén, eu nin idea.

viernes, 16 de enero de 2009

Xente extraordinaria


Hoxe temos o caso de dúas xemelgas que naceron compartindo o mesmo corpo e decir, o seu corpo ten dúas cabezas e dúas personalidades distintas.

Cando naceron os pais decidiron non separalas porque comparten numerosos órganos vitais e sería unha operación moi complicada.

As súas gañas de vivir axudáronlle a facer unha vida completamente normal, dentro das súas posibilidades.

Non me enrollo máis xa que unha imaxe vale máis que mil palabras.

jueves, 15 de enero de 2009

Fotos de Man


Gracias a colaboración dun usuario deste blog, puiden ter acceso as fotos sacadas por Man coa cámara prestada por un camellán.

Estas fotos e as demáis cousas que estaban na casa de Man agora están nun ático do concello de Camariñas a espera de expoñelas, según o concello " isto leva moito tempo e hai que resolver moitos problemas burocráticos antes de expoñelas".


Eu penso que os camelláns debemos ser os primeiros en poder velas por causas evidentes, entón por iso vou a publicar cada certo tempo as fotos que sacou Man en Camelle (Fotos de Man).

A calidade non é moi boa, pero pensade que estas fotos foron sacadas fai corenta anos aproximadamente.

Relatos


Si tendes un pouco de tempo e gañas de ler un pouco, recoméndovos que leades este relato embriagador sobre Man escrito por Felipe Senén e publicado hoxe no diario La Opinión.
Non ten desperdicio.

martes, 13 de enero de 2009

Grietas na Casa de Cultura

Este sábado paseime pola Casa de Cultura para sacar unhas fotos das clases de teatro...

e a miña sorpresa foi maiúscula o apreciar no teito da primeira planta e no lateral das escaleiras que van a segunda planta unhas grietas bastante grandes.

Non hai nin dous anos que fixeron o edificio e as deficencias na súa construcción xa son palpables a simple vista, esperemos que non vaian a máis polo peligro que poidan ocasionar.

Dende aquí pedimos os responsables ou a quen sexa, que inspeccionen esas grietas por si acaso e tamén a ver que pasa co ascensor xa que case dous anos despois aínda non funciona, cos trastornos que isto trae para a xente maior e os minusválidos.

lunes, 12 de enero de 2009

Fotos de usuarios

Mándarome unhas fotiños moi chulas feitas por usuarios deste blog, que quen lle dera a algún fotógrafo...
A primeira é da nosa usuaria barrosa:



Esta outra é do noso usuario croco:



E esta última é miña.




Gracias a todos pola vosa colaboración.

viernes, 9 de enero de 2009

Nova sección: xente extraordinaria

Estreamos sección adicada a tódala xente que polas súas características físicas ou psíquicas fan unha vida normal e destacan no seu traballo ou hobby sin ningún tipo de impedimento.

Cabe destacar desta xente o seu espíritu de sacrificio e o esforzo que teñen que facer soamente para poder vivir dignamente.

Deberíamos ruborizarnos todos o ver a loita día a día desta xente por subsistir e non importarlle nin os bens materiais nin outras cousas, simplemente loitar para vivir.

Camelle cultural


Como xa vos adiantei fai un par de meses, a asociación cultural "Festas de Camelle" presidida por Perla comenzou as súas actividades na casa de cultura.

Este sábado pasado, de seis a sete, comenzou o curso de pandeiretas e cantareiras para adultos.

Mañá, sábado, comenzará o curso de teatro a mesma hora e en breve tamén haberá curso de guitarra e manualidades.

Aínda estades a tempo de inscribirvos en calquera destos cursos, animádevos apuntándovos na Panadería de Perla ou chamando o 981700063.

Máis info en La Voz de Galicia

jueves, 8 de enero de 2009

Vídeo da semana

Déixovos un vídeo que me fixo moita gracia que versiona a popular canción de Benny Bennasi "Satisfaction", pero de modo " macho man ". Espero que vos guste.
Satisfaction ( version macho, soamente para rapazas )
Satisfaction ( versión orixinal, soamente para homes )

miércoles, 7 de enero de 2009

Andrea: nova estrela camellana

En Camelle non paran de saír estrelas, o que pasa é que están todas escondidas, se non mirade este vídeo de Andrea que atopei en Youtube cantando en Canadá.
Andrea é un pouco tímida nas artes líricas, pero cando se solta, encandila a todo mundo coa súa voz.
Esta rapaza é polifacética, o mesmo che xoga o futbol, coma o balonmán, canta, fai teatro, toca a pandeireta, gaita, guitarra... de aquí o programa " Tú sí que vales ".
Andrea, pilleiche, non te enfades conmigo, xa que eres unha fenómena.
Aviso a COLDAYSUN, aquí tendes unha voz femenina que vos fará a competencia no futuro.
VÍDEO DE ANDREA CANTANDO

lunes, 5 de enero de 2009

¿¿¿ Sonda espacial en Sabadelle???


¿ Será unha sonda espacial da NASA caída do espacio?,

¿ Será unha bomba perdida de Al Qaida?,

¿ ou quizás será unha cámara oculta da Xunta para controlar A Xandriña?,

pois non, non é nada diso, trátase da boia de sinalización marítima que foi arrastrada dende a entrada do porto ata o Baixo da Chousa debido a un temporal.

Isto pasou fai máis dun mes, e visto o visto, quedará aí barada para a eternidade criando óxido.

Eu propoño facerlle un mausoleo como o da Meca e convertilo en monumento relixioso de poderes curativos e lugar de peregrinación.

Agora en serio, pedimos a Capitanía Marítima ou a quen sexa menester, que retire a boia o antes posible, porque para poñer sinais de prohibición e outras cousas no pobo sí, pero coidar o medio ambiente e recuperar as cousas extraviadas xa se vé que non hai moita presa.

P.D. Como vedes, xa estou aquí para informarvos puntualmente coma sempre despois destas datas de tanta festa, feliz ano novo a todos ( tendes as fotos de fin de ano na marxe dereita ) e que os reis magos veñan moi cargados ( e que non sexa de peixes planos).

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE