Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Camelle ten A Pedra de Abalar



O noso pobo tamén ten Pedra de Abalar, non só a ían a ter os de Muxía. Ésta abala como é debido.

martes, 29 de septiembre de 2009

A visión de Mercedes Martín con respecto ó relato de Guany

Mercedes Martín González, remítenos a quepasaencamelle, un texto en resposta á publicación do último relato que Guany enviou a esta páxina dirixido a ela.
Tamén queremos deixar claro dende este blog que aquí (coma sempre) poñemos o que nos mandan usuarios, o que vemos ou nos remiten dende outras páxinas e novas contrastadas. Aquí non tratamos de perseguir ou crucificar a ninguén, eso sí, si un persoaxe público manda notas de prensa relacionadas con Camelle, ímolas poñer sempre.
Con respecto aos comentarios, seguirán sendo anónimos coma antes por petición popular, de momento, e volvo a repetir que se eliminarán ou extractarán tódolos comentarios ameazantes, insultantes, inxuriantes, malsoantes ou que nomeen a alguén, a non ser que sexa un persoaxe público ou que nos mande un relato unha persoa co seu nome e apelidos.

Dedicado a Guany
 Ninguén escolle o lugar onde quere nacer, pero uns poucos somos moi afortunados porque puidemos elixir o sitio en que queremos vivir e convivir. Quen é mais dun lugar, aquel a quen pariron nun sitio, sen ter conciencia do feito, ou aqueles que, libremente optaron por construír nese sitio o seu proxecto vital?

Eu non son marxista, nin falta que me fai, e a anónima ou anónimo escritor debería saber, que o Partido Socialista fai moito tempo que renuncio a tal credo. Sen embargo, entre as ilustres personalidades citadas esqueceuse de Pablo Iglesias a quen me gusta lembrar en momentos como estes: "Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes"

Ninguén ten o patrimonio da verdade absoluta. Eu tampouco. Pero a diferenza entre eu e algúns “amantes” de Camelle é que nunca lle manchei a casa a ninguén con excrementos, non insultei, non petei nas portas, non atentei contra os seus cans, non chamei a ninguén por teléfono para asustar a súa familia, nin ningunha desas cousas que, parece ser, son produto do amor sen límites que algúns teñen por Camelle. Aquí tamén se me ocorre un pensamento dos primeiros cristiáns: o amor sen caridade non é tal.

Eu son camellana porque decidín ser camellana. Ninguén me obriga e ninguén me ordena. E como teño a obriga persoal e política de pensar no futuro de Camelle sigo pensando que, gracias a algún veciño de fin de semana que o domingo pola tarde desaparece dos nosos problemas e das nosas dificultades, Camelle é posible que perda unha oportunidade histórica de ser aquel pobo sementado de conserveiras e puxante de actividade. E o digo berrando, porque parece que só os de unha parte teñen liberdade para falar, e a min de momento, ninguén me pon un fecho.

Con respecto as limitacións en galego, teño que dicirche, que aunque non o fale, asegúrocho que non preciso de tradutor, e me valo por mi mesma, o mellor e que ti o precisaches para o castelá, e pensas o mesmo de min.

Eu seguirei aquí porque así o decidín. Outros decidiron fuxir dándolle as costas os problemas. Solo pido que os demais teñan o mesmo respecto polo meu compromiso que eu teño con eles, e pese a quen lle pese, fun elixida polo pobo durante catro anos, e penso seguir aquí alomenos ata o 2011 e ca testa ben erguida, porque para min é un orgullo defender as ideas nas que creo e os principios do meu partido.

P:D: Paréceme que o que mais e o que menos escudase tras un alcume ou un anónimo. Moi poucos damos a cara e asinamos os comunicados o as nosas opinións.


Viaxe a Cantabria


A Asociación Cultural Festas de Camelle organiza unha viaxe a terras cántabras para os vindeiros días 10, 11 e 12 de Outubro.
Aproveitando a ponte do Pilar (luns festivo nacional) a Asociación Cultural Festas de Camelle organiza esta viaxe en bus por Cantabria ( San Vicente de la Barquera, Santillana del Mar, Comillas, etc. ).

A partida será o sábado día 10 pola mañá e a volta o luns día 12 (Festas do Pilar) tamén pola mañá.
A viaxe inclúe a cena e o hotel do sábado, o desayuno, comida, cea e hotel do domingo e o almorzo do luns.

O prezo desta completa viaxe polas fermosas terras cántabras con todo incluído é de 120 euros ( a verdade é que a mín paréceme moi económico ).
As prazas son limitadas, así que o que estea interesado/a que non se demore e se apunte na Panadería  Perla, ou ben nos teléfonos 981-710063 / 617753431 ( absterse a xente aburrida e que non teña gañas de marcha nin de pasalo ben ).

P.D. :  Xa tendes na parte de abaixo do blog a galería de fotos das Festas de San Miguel.

O Xardín de Man


Éste é un video homenaxe - crítico co estado de abandono en que se atopa o Museo de Man, o alemán de Camelle realizado por un visitante no ano 2008.

viernes, 25 de septiembre de 2009

jueves, 24 de septiembre de 2009

Cartel das Festas de San Miguel 2009











Xa temos aquí o cartel das Festas de San Miguel, non saímos dunhas para xa meternos noutras, e que xa se sabe que en Camelle somos moi festeiros.
Non podedes fallar, xa que estas festas depáranos moitas sorpresas ( gastronómicas, disfraces, música, humor... ) e sobre todo ¡¡¡ FESTA RACHADA !!!.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Vídeo de humor

Así aprenden os bebés camelláns a bailar, igualiño que Beyoncé.

Fotos antigas







FOTO 1:  vista do porto.
FOTO 2:  Presenta e Carmiña.
FOTO 3:  Sección femenina (1960).
FOTO 4:  antigo autobús.

martes, 22 de septiembre de 2009

Vídeo de humor

O noso amigo "Nimportequi" volve as andadas; nesta ocasión chamou a uns cantos amigos para rodar o seu último vídeo. O obxectivo era facer sentirse a algúns ciclistas afeccionados como gañadores dunha etapa do Tour de Francia, estaría ben que o fixera en Camelle.
 
NOTA: debido a varios correos recibidos de usuarios que teñen problemas ao rexistrarse, a partires de agora e ata que remate a enquisa, os comentarios volverán a ser anónimos coma antes. Eso sí, se na enquisa sae gañadora a votación de publicar comentarios soamente os usuarios rexistrados, respetarase a decisión dos usuarios e farase así.

lunes, 21 de septiembre de 2009

A A.VV "A PERGOLIÑA" Responde.

De novo, a nosa Asociación de Veciños responde as alusións por parte do Grupo Municipal Socialista de Camariñas.

Ante o comunicado de prensa emitido polo Grupo Municipal Socialista de Camariñas, remitido pola súa concelleira Mercedes Martín, a A.VV A Pergoliña de Camelle, vese na obriga de defender os veciños do noso pobo, despois de ser insultado no mesmo, ao tratalo de ignorante e de subestimar a intelixencia dos seus habitantes cando afirman que foron manipulados por veciños de "fin de semana" da asociación.
 Aclarar que os únicos que enganaron e mentiron ocultando o Plan Acuícola foi o Grupo Municipal Socialista, e que os veciños de Camelle decidiron opoñerese a implantación da piscifactoría da Jandriña porque consideraban que esto era unha barbaridade.
Despois de explicarlles aos nosos maiores, pais, avós... como vostedes nos dín, foron éstes os que nos pediron que defendéramos o noso pobo ante estas aves de repiña que por él planeaban, os que dicían que loitáramos ante a inxustiza que nel se quería cometer.
 Vostedes aínda non se decataron de que non erea unha cuestión de cartos, que era igual que lles deran 15 ou 50 euros por metro cadrado, a cuestión é que non querían a piscifactoría na ubicación que estaba prevista porque lles afectaría ao seu modo de vida, e iso, señores, non se paga con cartos.
Por outra parte, si os veciños confían na directiva da Asociación de Veciños é porque se sinten representados por ela, porque son camelláns ata a morte, fillos e netos de camelláns (aínda que dous dos seus oito membros non residan no pobo), porque defende os seus intereses, e porque as decisións que toman acórdase por maioría en asambleas abertas a todos, en lugares públicas e en horarios decentes, non como os representantes do Grupo Socialista, cando co seu sñor alcalde ao frente e acompañado pola señora Mercedes Martín, acudían de noite e as agochadas (coma a Santa Compaña) a casa dos nosos maiores, empregano métodos caciquís para meterlle o medo no corpo, dicíndolles que era mellor que venderan polas boas porque se non expropiaríaselle e non lles ían a dar case nada; e se non confían no grupo Municipal Socialista é porque se sentían traizoados e enganados por eles, e non se sinten representados, xa que no Concello de Camariñas, no equipo de Goberno, non hai ningún camellán, se non que este lugar ocupao unha persoa de fora, que vive en Camelle por circunstancias laborais e non tén ningún apego a este pobo, nin avós camelláns, nin propiedade que defender aquí.
 Dende a asociación de veciños queremos dicir que non nos gustan as polémicas como se demostrou en todos os anos que gobernaron os socialistas en Camariñas, pero claro, era con outro alcalde ao frente, do cal a xente tiña unha opinión de que podía ser mellor ou peor alcalde, pero case todo o mundo estaba dacordo en que era unha boa persoa, pero agora dende que a alcaldía está en mans doutra persoa prepotente e arrogante, ao noso pobo non lle queda máis remedio que responder cando se sinte atacado.
 O equipo de goberno ten unha doble vara de medir porque lles molesta que algún veciño da directiva da nosa Asociación veña só os fins de semana, pero non lles molesta tanto que o señor alcalde non viva no concello que representa.
 En canto aos logros que dín que alcanzaron, non son competencia municipal:
- Prolongación do dique de abrigo, competencia de Portos.
- Rexeneración da praia de Camelle, que se está levando a cabo actualmente, é competencia de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), é un dos asuntos que esta asociación se está a ocupar de que quede como figura no proxecto e de que se subsanen algunhas carencias do mesmo, como lles trasladamos xá na Demarcación de Costas.
- A depuradora de augas residuais, que lle digan aos veciños donde está porque non a vemos por ningún lado.
 No que respecta á acusación que se fai a esta asociación de que se perden portos de traballo pola súa culpa, decímoslles que non sos culpen da súa incompetencia, cando despois de levar vintetantos anos gobernando, non fixeron nada para dinamizar o Concello, cando, por poñer un exemplo, nin siquera hai un parque empresarial.
Como esta polémica xa aburre, consideramos que o mellor sería ter unha reunión entre o Grupo Socialista, a directiva desta Asociación, os veciños de Camelle e os medios de comunicación, e que se aclare alí quen é o que engana e manipula.

Os relatos de Guany


A nosa querida Santa Guany de Camelle, volve de novo coas súas letanías despois deste período vacacional que Man nos fixo ter a todos obrigatoriamente.
Esta semana polo que se vai vendo, está a ser movidiña e como non,a Guany férvelle o sangue e tenlle tamén a súa letanía.


A la señora Mercedes Martín:
Le escribo en castellano, consciente de las limitaciones que tiene con el gallego a juzgar por algún comunicado "espontáneo" que realizó con anterioridad. Se ve que, a la vista de las críticas recibidas, echó mano de algún traductor.
Las personas a las que se refiere, señora, le dan a usted veinte mil vueltas, empezando por su formación y terminando por sus principios. Parece que esto último lo perdió el día que decidió convertirse en un apéndice de estos socialistas "sui géneris", que nada tienen que ver con aquellos que forman parte de nuestra historia. Gente, cuyas trayectorias fascinan a las generaciones siguientes por sus profundas creencias en un mundo mejor, más justo y libre.
Me refiero a auténticas personalidades, capaces de sufrir castigos y persecuciones para defender sus ideas. Socialistas de verdad, además de mentes brillantes ; con gran capacidad intelectual y moral; ávidos lectores de Heggel, Marx, Kafka, etc... Sabían el significado de la palabra existencialismo y vivieron experiencias que dejan huella. Ustedes dervirtúan los símbolos que los representaron.
Es obvio que estamos en otro contexto, gracias a su lucha, entre otros factores. Sin embargo, los cambios en la situación no alteran sus valores.Hay virtudes atemporales como la honradez, la dedicación a un pueblo al que representan.Ustedes, como tantos otros, ponen en la cima de sus prioridades el beneficio personal;asegurarse votos a cualquier precio...... La manipulación (que subyace a sus, aparentemente, buenas intenciones)con fines lucrativos, es despreciable y perversa en cualquier época.
Afortunadamente, esos "rebeldes" de Camelle, tan molestos para ustedes, lo que han hecho es colaborar a desenmascarles. No obstante, es más que probable la negación de los afectados a aquello que ustedes pretendían hacer, sin que interviniese ni la Asociación Pergoliña ni "los habitantes de fin de semana", que vieron la luz, por primera vez, en Camelle y sienten un profundo respeto por este pueblo y por el legado de sus mayores.Es aquí donde tienen sus más profundas raíces y defenderán esta tierra hasta donde se lo permitan sus energías. Su labor ha sido canalizar y encauzar las manifestaciones de los sentimientos de un pueblo.
Señora Mercedes : resulta difícil asimilar ese "bien público" suyo, que es, esencialmente,el bien de ustedes y cuatro amiguitos, cuya recompensa sería, como mínimo, el servilismo perpetuo a cambio de unos escasos puestos de trabajo. Inicialmente, 200; luego, eran 50.....Parece que, por suerte, no comprobaremos cuántos eran, pero tenemos una idea viendo los antecedentes.
Por cierto..........¿Usted qué es? ¿nativa, habitante, ocupante, transeunte, advenediza, figurante? ¿Dónde la ubicamos, viendo la importancia que atribuye al hecho de ser habitante fijo, fijo/discontínuo o temporal?. Hay sentimientos que no se miden por el tiempo de estancia en el lugar que los origina. Usted no tiene ni idea de lo que habla, señora, y, si la tuviese, miente con frecuencia cuando se expresa como concejala. ¿No le parece más digno "una retirada" a tiempo (discreción ante un fracaso) que andar protagonizando pataletas infantiles?.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Nota de Prensa do Grupo Municipal socialista de Camariñas remitida por Mercedes Martín

Nota de Prensa do Grupo Municipal socialista de Camariñas:

GRACIAS OS VECIÑOS DE “FIN DE SEMANA”, CAMELLE VAI PERDER A OPORTUNIDADE DA SUA VIDA
Dende o Grupo Municipal Socialista, lamentamos as declaración que fixeron públicas veciños de “fin de semana” da AAVV a “Pergoliña” de Camelle.

O primeiro é que as declaracións feitas, non se corresponden coa realidade, nin afectan os propietarios das fincas, nin dos veciños de Camelle. Si algo quedou claro no proceso e explicación do Plan Acuícola, foron as mentiras e as manipulacións que “algun veciño de fin semana”, trasladou a poboación, aterrorizando a moitos dos nosos maiores, dicindo que lles ían roubar as fincas ou envelenar o seu mar.

Esta Corporación e este grupo socialista, ten a obriga legal, política e moral de defender os intereses colectivos de todos os Camariñans, incluídos os da parroquia de Camelle, e seguiremos pelexando porque en Camariñas e en Camelle, se creen oportunidades de traballo para aqueles que libremente queiran, vivir no mesmo sitio onde naceron eles, os seus pais, e os seus avós.

Si a decisión que tomou Nuñez Feijoo se concreta, todo o pobo de Camelle e todo o conxunto do pobo de Camariñas, ten que saber que grazas a “algún veciño de fin de semana” perdemos unha oportunidade de traballar e xerar riqueza no noso municipio, e a única oportunidade que agora se nos ofrece, é a de emigrar o perder poboación, que nos últimos 10 anos foi dun 25% nesta parroquia.

Aqueles que manipularon e mentiron dicindo que lles ían roubar as leiras, non teñen porque saber a cantidade de propietarios que chamaron o Concello o que falaron individualmente cos nosos concellais, para interesarse polas condicións en que a Xunta, presidida por Touriño, quería mercar as súas fincas. A todos informamos que a Xunta estaba disposta a pagar ata 15 euros/metro cadrado para que eses terreos pasasen a ser propiedade de todos os galego/as.

Que lle expliquen hoxe “os veciños de fin de semana” aos seus pais, aos seus avós e aos seus coñecidos a perda dunha oportunidade semellante dende o punto de vista económico, dende o punto de vista laboral e dende o punto de vista social para todos os habitantes de Camelle e de Camariñas.

Dende o noso grupo vamos seguir defendendo o que consideramos que é mellor para o conxunto da poboación, como fixemos xa ca prolongación do dique de abrigo, a rexeneración da praia, a depuradora de augas residuais, a mellora das rúas e a Fundación Man.

A.X. CHERINKAS (Vídeos de humor local)



"Botarse ao monte" en Camelle


Este vindeiro luns, as 21:30, o programa da T.V.G "Botarse ao monte" fará un percorrido pola ruta que vai dende Camelle ata Camariñas.

Botarse ao monte fala de xente de a pé, é dicir, fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina e imprime a súa pegada en diversos lugares da nosa xeografía.
O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.

Farto da cidade, o presentador, Xosé Touriñán (Mucha), marcha á aventura co obxectivo de atopar rutas, paisaxes, actividades, lendas ou personaxes que só se poderían atopar deste xeito: camiñando. Serán as súas andanzas as que permitan trasladarlles aos espectadores alternativas de ocio suxestivas e accesibles para todos.

Cada entrega de Botarse ao monte é unha historia: as peripecias deste sendeirista novato e os seus encontros ao longo dunha ruta específica, narrada por unha voz en off en clave de humor.
Pero ollo, tan importante coma camiñar é saber cando parar. Non só para recuperar os folgos, senón tamén para transmitir algún consello de sendeirismo, afondar na cultura popular, aprender a distinguir un toxo dun eucalipto ou simplemente manter unha agradable conversa cos propios do lugar ou mesmo con outros sendeiristas.

Explicaranos como gozar do monte sen molestalo, sen deixar nel pegadas que o irriten, que o degraden. Buscarán sempre a maneira de defender a natureza a través do respecto co medio.
Polo tanto, non vos esquezades este luns pola noite de poñer a "galega" para ver esta maravillosa ruta que percorre Camelle,Reira e Camariñas, que de seguro que moitos de nós fixemos algún día e que agora toda Galicia pode contemplar a súa gran gran beleza e fermosura.

jueves, 17 de septiembre de 2009

Imaxes camellanas

Dende este blog queremos denunciar o estado lamentable de algunhas rúas e beirarúas do noso pobo.
Xa denunciábamos fai moi tempo o desfeita que estaba a beirarúa na rúa principal polo paso dun camión de obras por riba; avisamos a empresa constructora, ao concello, a unha concellal de Camelle, incluso saíu a foto na Voz de Galicia e ata un peón resultou mancado... pero segue igual, vese que as cousas non se poden facer polas boas para que as solucionen, haberá que facelas polas malas.
Outra rúa bastante desfeita é a rúa do porto, pertencente a Portos de Galicia.
Sinais hai unha chea, pero socabóns tamén hai bastantes. Este domingo, unha señora maior, tivo que ser hospitalizada por mor dunha caída no socabón da foto.
Non sei si con estas fotos-denuncia conseguirei algo, pero abofé que as seguirei publicando mentres non se arranxen, porque a seguridade dos viandantes penso que é unha cousa moi importante.
Xa están preparados os tubos para o dragado da area do porto, soamente falta a draga.Estas longas tuberías de ferro están situadas no peirao camellán.
Estos debuxos están pintados nas pedras máis altas do monte de Pena D´aiga e pódense apreciar perfectamente desde o noso pobo; parece un sol, unha lúa, un ollo ou algo parecido...
¿Haberá outro Manfred en Camelle?
Por último, déixovos unha foto bastante curiosa mandada pola nosa querida usuaria "camellana" e que foi sacada onte mesmo na rúa Fornelle;  sen comentarios...

miércoles, 16 de septiembre de 2009

NOTA DE PRENSA DA A.VV."APERGOLIÑA"

A A.VV. " A PERGOLIÑA" de Camelle quere expresar en nome dos seus socios, isto é, do pobo de Camelle, a súa satisfacción ante as declaracións do Presidente da Xunta de Galicia, nas que informa da retirada da piscifactoría da " Jandriña" do novo plan acuícola, atendendo así as demandas dos veciños.
Asimesmo, esta Asociación quere contestar as falsedades efectuadas polo alcalde de Camariñas M.V. Alonso de León, nas que asegura que a oposición social a debandita piscifactiria era mínima e que ainda hoxe en dia recibe chamadas telefónicas de persoas que queren vender os terreos para a súa construcción, respondendo a isto, querémoslle recordar ó sr. alcalde todas as manifestacións nas que participaron masivamente os veciños de Camelle en contra da implantación da piscifactoría da "Jandriña". Tamén queremos apuntar que obran no noso poder os documentos-compromiso de non vender a ningún prezo, de 171 propietarios de terreos, e que representan máis do 83% de supercifie total.
Esta Asociación, como ven sendo habitual desde que empezou a polémica da piscifactoría,a diferencia do sr alcalde, cando afirma algo é porque ten probas, e para demostralo, poñemos os documentos a disposición de quen desexe examinalos.


asd. A XUNTA DIRECTIVA DA A.VV. " A PERGOLIÑA"

A Xandriña seguirá verde.


Bueno ,xa estamos aquí, despois dun marabilloso mes de vacacións percorrendo as cidades do Mediterráneo, o voso blog favorito xa se pon as pilas para informarvos e entretervos do mellor xeito posible e contando todo o quepasaenCamelle.


Neste mes de descanso,cabe destacar o enorme éxito que tivo a Festa dá Palilleira e a Festa dá Tortilla, celebradas durante as festas do Sacramento e organizadas pola Asociación Cultural Festas de Camelle (pincha aquí para ver a súa páxina).

Pero a noticia bomba foi a supresión por parte da Xunta de Galicia, debido ao gran movemento social creado,da piscifactoría da Xandriña,a de Seiruga,Merexo e Laxe Brava,como xa todos saberedes.

Este blog, desde os seus comezos, sempre tivo unha postura firme en contra da implantación da piscifactoría no noso pobo, por iso sinto unha enorme alegría e satisfacción pola supresión do proxecto.
Tamén sinto tristeza pola implantación da macropiscifactoría en Touriñán,na que seguen dicindo que non terá impacto ambiental, cousa que persoalmente dubido moito.

Neste blog tamén hai usuarios que si querían a piscifactoría en Camelle, aínda que fosen unha minoría, postura que respecto pero que non comparto, polo que pido a todos un pouco de sentido común e que Camelle volva ser un pobo unido,sen rifas, como sempre foi.

Debido á falta de tempo e para que este humilde blog estea sempre actualizado,contaremos coa gran axuda dunha persoa (100% camellana) fiel a quepasaencamelle dende o princpio, que fará os labores de administrador comigo, o seu pseudónimo é Fré

Gracias a tod@s pola vosa fidelidade e espero que a espera non se vos fixese moi longa.

Máis info : La Voz de Galicia, La Opinión, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, El País, Galicia Hoxe, quepasanacosta, diariocamariñan, anosacosta, vieiros.com

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE