Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 18 de septiembre de 2009

Nota de Prensa do Grupo Municipal socialista de Camariñas remitida por Mercedes Martín

Nota de Prensa do Grupo Municipal socialista de Camariñas:

GRACIAS OS VECIÑOS DE “FIN DE SEMANA”, CAMELLE VAI PERDER A OPORTUNIDADE DA SUA VIDA
Dende o Grupo Municipal Socialista, lamentamos as declaración que fixeron públicas veciños de “fin de semana” da AAVV a “Pergoliña” de Camelle.

O primeiro é que as declaracións feitas, non se corresponden coa realidade, nin afectan os propietarios das fincas, nin dos veciños de Camelle. Si algo quedou claro no proceso e explicación do Plan Acuícola, foron as mentiras e as manipulacións que “algun veciño de fin semana”, trasladou a poboación, aterrorizando a moitos dos nosos maiores, dicindo que lles ían roubar as fincas ou envelenar o seu mar.

Esta Corporación e este grupo socialista, ten a obriga legal, política e moral de defender os intereses colectivos de todos os Camariñans, incluídos os da parroquia de Camelle, e seguiremos pelexando porque en Camariñas e en Camelle, se creen oportunidades de traballo para aqueles que libremente queiran, vivir no mesmo sitio onde naceron eles, os seus pais, e os seus avós.

Si a decisión que tomou Nuñez Feijoo se concreta, todo o pobo de Camelle e todo o conxunto do pobo de Camariñas, ten que saber que grazas a “algún veciño de fin de semana” perdemos unha oportunidade de traballar e xerar riqueza no noso municipio, e a única oportunidade que agora se nos ofrece, é a de emigrar o perder poboación, que nos últimos 10 anos foi dun 25% nesta parroquia.

Aqueles que manipularon e mentiron dicindo que lles ían roubar as leiras, non teñen porque saber a cantidade de propietarios que chamaron o Concello o que falaron individualmente cos nosos concellais, para interesarse polas condicións en que a Xunta, presidida por Touriño, quería mercar as súas fincas. A todos informamos que a Xunta estaba disposta a pagar ata 15 euros/metro cadrado para que eses terreos pasasen a ser propiedade de todos os galego/as.

Que lle expliquen hoxe “os veciños de fin de semana” aos seus pais, aos seus avós e aos seus coñecidos a perda dunha oportunidade semellante dende o punto de vista económico, dende o punto de vista laboral e dende o punto de vista social para todos os habitantes de Camelle e de Camariñas.

Dende o noso grupo vamos seguir defendendo o que consideramos que é mellor para o conxunto da poboación, como fixemos xa ca prolongación do dique de abrigo, a rexeneración da praia, a depuradora de augas residuais, a mellora das rúas e a Fundación Man.

9 comentarios:

nw6 eu dijo...

A pesar de que nacin en Camelle e vivin ali e traballein hasta que cumplin os 28 un dia tocoume de facer a maleta e xa levo 20 anos fora do meu pueblo e tamen fora do meu pais pero prefiro esto a non ver a jandriña invadida por unha piscifactoria que a maior parte do pueblo non quere.
Non se debe de ir en contra da voluntade da mayoria einda que eso nos fastidie.
E unha ultima pregunta para a señora Mercedes Martin.Xa que eu non me podo permitir o lujo de ir a Camelle os fins de semana si non unha vez o ano,?en que categoria me clasificaria usted? Quizas camellan de un mes o ano? ou quizas Camellan de pacotilla.
Alguns einda que lonxe e despois de moitos anos seguimos sentindo algo moi forte pol-o sitio donde nacemos.

karavich dijo...

Benvido,querido amigo,e po-lo que vexo,hai xente que tamén está,o mesmo que nós coas ánsias renovadas.
Pero vaiamos por partes:
1-Eu son un veciño dos de 4-8,ou sexa,que paso 4meses en CAMELLE,e 8 fora,e que eu sepa eso non me convirte nun veciño de distinta categoría a señora ésta.De sobra sabedes que contaminar,unha piscifactoría contamina,e si nón que vaian a donde está o desagúe da de Camariñas e que o vexan.Aparte deso,ninguén dixo que foran a roubar as leiras,senón expropialas.
2-E verdade que tendes a obriga legal(pero sempre coa verdade),política(si se lle pode chamar a eso)e moral;¿A que clase de moral te refires?,por que que eu sepa,si en algo vos caracterizades e na vosa total ausencia de moralidade.
3-Así que emigramos un 25% nos últimos 10 anos.Pois sería culpa vosa xa que levades mal-gobernando dende que teño edade de votar.
4-Si tanta xente quería vender,e o denuncias públicamente,entón si que estás na obliga moral de presentar probas.E outra cousa,si tanto pagabas(agora).¿Por que ofreceches tan pouco?.tal vez para aforrarlle cartos ó goberno,ou para embolsavos vós a diferencia,si é así daquela tiñan razón os que vos acusaban de roubo.5-Nos explicaremoslles as nosas familias todo, a forma e o fondo,que eso é o que tanto traballo vos costa explicar.E non vos escudedes no dos postos de traballo por que é mentira.Vos o partido dó paro ¡non tendes vergoña!.
6-A prolongación do dique de abrigo xa estaba aprobada e presupostada po-lo anterior goberno dá xunta,a rexeneración, vamos a ver como queda e despois xa opinaremos en canto o resto xa falaremos outro día.

PDT.ESTA NOTA DE PRENSA PARECE UNHA VERSIÓN MODERNA DAQUELA CANCIÓN INFANTÍL QUE DECÍA:VAMOS A CONTAR MENTIRAS TRAILARÁ.

a bautisadora dijo...

Dame auténtico noxo ver como aljunhas personas se escudan detrás dunhas sijlas para insultar a todo un pobo chamandolles ignorantes e insultar a asociación de veciños elexida masiva e democráticamente chamandolles manipuladores,cando o único que están fasendo é loitar por todolos veciños e contra as mentiras que lles queren contar(ainda que aljúns non contasen con que lles salira este jrano no cu).
Pareseme fatal que persoas que se acolleron en Camelle cos brasos abertos(sin pedirlles o pedijre)sean tan descarados como para enfrentarse con todo Camelle para beneficiar ó seu partido.
Eu son unha desas "veciñas de fin de semana" e querolles prejuntar ós nosos jobernantes donde estaban os traballos cando eu tuben que marchar de Camelle,e cantos postos de traballo crearon en todos estos anos que levan jobernando;ahora pretendían errejlar tantos anos de ineptitude vendendonos a merda esa da piscifactoría, pois !non a queremos! e que sepan que somos máis camelláns que moitos e sejiremos loitando con todalas nosas forsas para que o "noso" pobo( meu, de meus pais,de meus avós e de meus fillos)non acabe en mans dos especuladores.
Pese a quen lle pese, Camelle non adormese.

MARISELI dijo...

Eu son unha desas veciñas de fin de semana, do cal me sinto moi orgullosa, e quero o mellor para o meu pobo.
Procuro axudar en todo o que o beneficie e non coma outros que se agochan baixo as siglas dun ou doutro partido para sacar beneficio sen importarlles en absuluto o que estan a facer, destruindo o bo que temos, engananado aos nosos maiores dicindolles que lles van a dar moitisimos postos de traballo, e o único que fan e acabar realmente coa nosa pesca, co noso marisco, os nosos persebes a cambio de 10 postos de traballo, os cales non recaerían sobre a xente de Camelle sinon en extraños ao pobo.
Xa sei que me queren calar, como fixeron na 1ª reunión dicindo que non teño voto por estar fora toda á semana, pero EU BERRO MÁIS, VIVA CAMELLE!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Constetando a Karavich
Vesete o plumeiro, más ben o plumón da javiota.
1. Que te explique a conselleira do mar, como o fixo aquí en Camelle, o que "non contamina", xa que é do teu pau.
2. O plumón non che deixa ver o que é moral, nin legal, xa que o entendes doutro xeito. Pensa o ladrón, que todos son da súa condición.
3.- Nos últimos tres anos foi cando estabilizouse e aumentou a poboación. O mello é que tivemos un joverno de esquerdas ¿non si?
4. O plan ofresía un mínimo de 6 euros e o goberno municipal sempre baraxou a cantidade de 15. Pois non oie que non quere oir.
5. Explica o inexplicable e con respeto o paro quero ver agora o que vai pasar na costa da morte, dentro dun par de anos falaremos.
6. Datos oficiais: O dique incliuse por vez primeira nos presupostos elaborados no 2006 e licitouse no 2007, En Maio do 2003 0 PP asejurou a ampliación en en decembro o incluiu no "borrador" dos presupostos, pero sin asignación presupostaria. En outubro do 2004 volve a dicir que o inclue nun "proxecto" de inversión. En maio do 2005 Fraga asegura que está moi próximo, tanto que en xuño perde as eleccións e o "novo goberno" ten que incluilo nos presupostos do 2006.

karavich dijo...

O plumeiro,vésenos a todos,pero mentras a uns se nos vé un plumeiro vistoso cuia única función é o de adornar ou limpar o polvo,outros,creense plumeiros e non son mais que escobillas dó vater.Non é unha gaviota,é un ALBATROS.Pero a vosa ira non vos deixa ver.No que non cabe duda e no voso logotipo,é unha rosa.¿Que mellor cousa pode representar a un partido formado por autenticos "capullos".¿Pódesme decir quen me vai a dar clases de moralidade?.Quizais o partido que fala do desarrollo sostenible,e por un puñado de votos cambia totalmente de parecer,ou será o partido que está en contra das centrales nucleares e o mesmo tempo está de acordo con que se consuma enerxía provinte de centrales nucleares francesas,o mesmo que dí que vai a axudar os mais probes e lle dá os cartos os ricos,ou será o que negaba a crise,será o que dí que unha nena de 16 anos e moi nova para sair nunha foto e é madura para abortar,ou será aquel que non iba a participar en ningunha guerra,será o que falando de talante o mesmo tempo acosa o que non pensa coma él,ou quizais sexa o partido de FILESA,MAPESA,GAL,etc,etc?.
Si a conselleira dixo ésto ,entonces tamén minte,ou que pensas,que a mín impoñenme as ideas e o que teño que decir,como vos fan a vós,os defensores dá democracia e os abandeirados da libertade. Non vou a discutir contigo sobre o que é LEGALMENTE MORAL OU MORALMENTE LEGAL,por que ahí é donde se atopan as nosas diferencias.En canto o do muelle,estaba mal informado,non o fixen coa mesma intención ca vos.¿De donde ibas a sacar os cartos?,Por que,según teño entendido,ainda non pagastes os tarreos donde se vai a ubicar a depuradora.En canto ó paro non sei como repercutirá na COSTA DA MORTE pero en Camariñas seguramente subirá.
Así que agarrate a legalidade e controla cando tires dá cadea dó vater non se che vaia po-lo sumidoiro a pouca moralidade que che queda.

Anónimo dijo...

Eu tamén son camellana de fin de semana pero ó contrario que vostede Sra. martín, eu son filla e meta de camelláns e igual que fixo vostede eu tiven que deixar o meu pobo para gañarme a vida porque non esquenza Sra. Martín que vostede deixou o barrio de Montealto para emigrar a Camelle. Nos non a fumos a buscar, veu vostede soliña e que lle quede claro que non a necesitamos para nada, ó contrario gustaríanos moito que deixase dunha vez o noso pobo e nos deixase ós camelláns, tanto de fin de semana ou wiken, si o prefiere, como os residentes que arreglásemos os asuntos do noso pobo, como así fixemos sin ningunha necesidade de manter a un parásito coma vostede.
LARGUESE SRA. MARTIN!!!

Anónimo dijo...

Ben falado!!! MARCHESE SRA.MARTÍN dunha puñetera vez e se non cale para sempre porque mira que dís burradas.

Anónimo dijo...

Sr. Martín, esta moi feo falar do que se chama a verdade absoluta. Non sempre un partido politico a ten. Todos metemos a pata e esta foi unha das veces que vos a puxeches.Pero non o psoe, sinon vos. Os partidos políticos estan formados por persoas (entendase isto por animal "racional" de duas patas que camiña erguido) e é moi bonito dicir que tal partido fixo ou non fixo. Agora vou xogar coma vostede. O Psoe afirma vostede que fixo amentar a poboacion no concello? Pero si aumentou non 25% nos ultimos 4 anos, acordome condo vostede chegou aque que perdeu o 50% da poboacion. ¿A que se debe esa cifra? A emigración. ¿Que pasou agora? Os destrutores de emprego fixeron que a xente voltara o seu pobo, si, eses que afirma que so veñen o fin de semana, veñen o abrigo do pobo que os viu crecer e formou como persoas.
O 25% da poboación voltou o concello, que verian sendo uns 1500 habitantes dos cales ¿podiame dicir cantos tan no paro? Todos creo eu. Os postos de traballo da piscifactoria son os mesmos que se perderon cando a sua xefa por capricho persoal amarrou o barco "o gallego" con base en Camariñas.
¿A maravilla de rexeneracion da praia a que se refire? A que gastaron uns 600.000 euros e pasar a area por unha cinta. Porque o espesor supercalculado que afirmaron vostede é exactamente o que tiña, ¿ou encontra vostede diferencia? Pero claro era o plan E, para crear emprego. Con un promedio de 3 persoas 3 semanas saenos a 63 dias de traballo por persoa. O sexa 3 meses de traballo dunha persoa. Mais obras do plan E. A rexeneracion das ruas. Veñen saindo a 120 euros metro cudrado cando un metro cubico de formigon custa sobre 60 euros e con ese espesor da pa 6 m2 ou sexa a 10 euros metros, 112 euros po resto e un bo prezo. O prazo de execucion pa xusticar tan tremenda cantidade empregouse en revolucionar e insultar a xente de Camelle non a fomentar o emprego.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE