Onte, día 28 de decembro, despois de 6 anos do falecemento de Manfred, creouse a Fundación Man. Pola mañá firmáronse os estatutos no concello de Camariñas e tras unha comilona, os asistentes achegáronse ata Camelle para celebrar o II Encontro Man de Camelle. Neste acto, que se celebrou na Casa do Alemán, participaron varios persoeiros relacionados coa cultura e a arte e tamén relacionados coa Fundación. Entre outros, estiveron Mercedes Martín, Antón Sobral, Antón Castro, Marisol Soneira, Sandra Ínsua, Bernardo Cequera, Luis Suarez... A diferencia do ano anterior os discursos dos personaxes invitados foron improvisados.
O inicio do Encontro emitiuse un documental con imaxes sobre Man e o seu museo e no que tamén participaba xente de Camelle.
A asociación de veciños de Camelle "A Pergoliña", que forma parte da Fundación, pedíu a participación no encontro para aportar o seu punto de vista. Solicitou a Fundación Man que ademáis de restaurar e poñer en valor o legado de Man tamén teñan en conta o entorno no que se ubica, xa que foi esencial na vida de Man. En este sentido solicitaron que, si se considera a arte de Man como Land Art, sería fundamental respetar a paisaxe natural, e pediron ó apoio da Fundación para loitar en contra da invasión da piscifactoría, ubicada en frente do museo e que iría totalmente en contra dos valores de Manfred.
Ademáis déronlle a oportunidade a Marisol Soneira de pedir perdón polos insultos referidos ó pobo de Camelle xa que meses antes declarounos "terroristas". Marisol non se pronunciou o respecto.
Antes do acto unha concentración espontánea de veciños solicitaba con carteis que a Fundación comece a traballar en serio trala desidia dos últimos anos. Tamén se declaraba a Marisol Soneira persoa non grata en Camelle.
Despois do acto a xente desplazouse o museo de Man onde se lle fixo unha homenaxe con unha ofrenda floral e a voz de Uxía.
Máis info: LaVozdeGalicia
As fotos do acto máis as dos Reis Magos recollendo as cartas dos nenos (que foi un éxito) están a dereita.