Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

domingo, 25 de abril de 2010

Música

Ter un hit musical é máis doado do que parece, tan só hai que usar os 4 acordes básicos e sae soa. Todas as cancións que triunfaron úsano, e este grupo australiano demóstrao..

jueves, 15 de abril de 2010

martes, 13 de abril de 2010

Finalistas do I Premio "MULLER POLA IGUALDADE 2010"

Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade comunícanos o nome das tres finalistas do I Premio "MULLER POLA IGUALDADE" 2010 Camariñas. No acto de entrega do premio, que terá lugar no salón de actos da Casa da Pedra en Camariñas o vindeiro sábado 1 de Maio do 2010as 18:00 h., daráse a coñecer o nome da gañadora.


As finalistas elixíronse de entre máis de 70 nominacións recibidas, polo que foi unha selección difícil, valorándose primordialmente o perfil descrito nas Bases do premio; que foran mulleres emprendedoras, loitadoras, que romperan os estereotipos da sociedade patriarcal (na casa, loitando nun traballo masculinizado...), e a súa aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá. Quedando como as tres finalistas:

-Divina Quiza Carril (foto da esquerda), unha muller que sobresaíu pola súa loita familiar, sacando adiante a cinco fillos ela soa; igualando o seu esforzo e traballo o de calquera home o traballar sen descanso durante todo o día e tamén pola noite en multiples traballos, a maioria deles desempeñados por homes. De día traballou nunha empresa de transporte de mercancias varias cargando e descargando os camións (sendo a maioría das mercancías moi pesadas, lavadoras, neveras, sacos de sal, caixas de bebida...), e pola noite no muelle descargando o peixe dos barcos... e nun sinfín de traballos diversos para poder ter que levarlle a boca os seu fillos.


-Dolores Bermúdez Rodríguez (foto da dereita), presidenta da Asociación de Mariscadoras Areal de Camariñas e Vicepratroa maior da Cofradía de Pescadores de Camariñas. Muller que leva moitísimos anos loitando polos dereitos das mulleres mariscadoras, para que teñan un traballo digno e igualitario.


-Ana Mª Fondo Canosa (foto de abaixo), dona e conductora dunha empresa de transporte, Autos Fondo, foi unha das primeiras conductoras de autocares de Galicia, profesión vinculada case sempre os homes.

A Asociación invita a toda a cidadanía a que participe no homenaxe as finalistas asistindo o acto de entrega do premio, porque considera que o mellor homenaxe que lle pode facer a todas as mulleres nominadas é compatir o premio con todos os veciños e coñecidos para darlles o noso apoio.

lunes, 12 de abril de 2010

Os relatos de Guany

O Museo de Man agoniza entre o lixo.

Cando se cumpriron sete anos da desaparición de Man, o aspecto do seu habitáculo onde transcorríu a maior parte da súa vida, reflicte o abandono máis absoluto. O chamado Museo de Man, como tantas veces se denunciou neste blog, semella máis a un contedor do lixo que ao lugar onde vivíu ese home singular. Coas simpatías duns, a indiferenza doutros e ata algún que outro desencontro con el, Camelle deuse a coñecer no exterior máis por Man que por ningún outro feito ou actividade derivada dunha persoa. Non estou segura se era o Man de Camelle ou o Camelle de Man. Creo que era difícil entender a esa persoa sen este lugar e viceversa.


A súa aparición aquí tivo repercusións na convivencia diaria comezando pola curiosidade sobre aquel habitante novo. Nos primeiros tempos pintaba cadros, que mandaba por correo a non se sabe onde según me contaron. Ignoramos que factores desencadearon o seu desprazamento ata este pobo; o azar ou unha decisión premeditada, planificada por algún tipo de coñecemento previo sobre Camelle. O feito é que “aterrou” neste lugar da Costa da Morte e, pouco despois, falábase no exterior dese alemán, estrano para moitos, que elixíu como lugar de residencia o noso pobo. Os seus verdadeiros motivos seguramente marcharon con el pois non era persoa dada a facer confidencias a pesar de que parecía ter algunha amizade puntual. Teño a impresión de que tan só en casos excepcionais ía máis alá dalgunhas frases curtas sobre asuntos triviais.

Lamentablemente, a este paso, Man continuará sendo un gran descoñecido en moitos aspectos. Sabemos que lle preocupaban as inxustizas pero ignoramos a que reflexións lle levou o tipo de vida que decidíu vivir. Unha persoa coa súa imaxinación non acostuma a vivir vexetando interiormente. Na marxe da súa inclinación polas figuras circulares, vivir en soidade, percorrer todos os sendeiros ou rúas periféricas de Camelle levando o ritmo dun mozo cando xa roldaba os 60 anos, a personalidade deste romántico tiña que ser moito máis que esa figura quixotesca que aparecía por calquera camiño correndo. Quero pensar que ese mundo quedaría plasmado, ou parcialmente exposto nos seus escritos . ¿Como era Man en realidade?. ¿Por que non se expón a obra deste home peculiar no lugar e coas condicións axeitadas?. É dicir ¿que ou quen está impedindo a realización do Museo de Man, cando é evidente o seu desexo de deixar aquí a súa obra?.

O que resulta indubidable é que a vivencia de Man aquí supuxo unha oportunidade para a nosa costa de darse a coñecer fóra, aínda que non sea iso o máis importante deste personaxe . Menos dubidosa aínda é a súa decisión de facer dun recuncho de Camelle o seu paraiso particular. Aquí, neste pobo, onde deixou unha importante pegada coa creatividade das súas obras, o seu legado escrito e tantas sinais (esvaecídas polo paso do tempo) nos percorridos que fixo polos montes de Sabadelle antes de que a maleza o impedise.

¿Que pasa coa fundación que leva o seu nome, que parece extinguirse como os dinosaurios sen que se evidencien resultados daquilo para o que se supón foi constituida?. ¿Que sucede con ella?. Non entendo, como tampouco moitos de nós, que a figura deste xermano/camellán tamén se esfume co paso do tempo porque temos unas institucións que carecen de interés en conservar a obra e o personaxe deste home que deixou un rastro irrepetible na Costa da Morte.

martes, 6 de abril de 2010

O alcalde de Camariñas segue en contra da liberdade de expresión.

Ben coñecemos en Camelle o poder ditactorial, autoritario e en contra da liberdade de expresión do noso alcalde (tema piscifactoría).
Pois ben, este pasado xoves na Mostra de Encaixe de Camariñas, "Pichurri" mandou desaloxar da rúa a membros da Plataforma Queremos Galego que recollían sinaturas para apoiar unha iniciativa Lexislativa Popular a favor dos dereitos linguísticos nas administracións públicas.
Según informan da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte dispoñían dun permiso do Concello para colocar unha mesa de información e recollida de sinaturas.

A Plataforma considera este feito "un ataque frontal aos dereitos democráticos e á liberdade de expresión e exíxelle ao alcalde,‘Pichurri’, que ofreza unha explicación pública de cales son os motivos polos que ordenou o desaloxo dos integrantes da Plataforma e por que lle nega á cidadanía que se achegou até a mesa de sinaturas o dereito a se informar sobre a situación que está a sufrir a lingua galega nun momento de vital importancia e de especial sensibilidade como o actual".


A Plataforma Queremos Galego Bergantiños-A Costa da Morte "rexeita actitudes como esta e pide á cidadanía que non cale perante os ataques que por activa e por pasiva está a sufrir a nosa lingua. Aseguran ademais que nas próximas semanas continuará coa recollida de sinaturas por outros concellos do contorno".
O BNG de Camariñas xa fixo público o seu rexeitamento, que califica de "actitude autoritaria e antidemocrática do Alcalde de Camariñas ao prohibir mediante as forzas de orde público a recollida de sinaturas para a defensa do Idioma Galego pola Plataforma Queremos Galego".
O seu voceiro,Manuel Camiño, manifesta "un ataque frontal a liberdade de expresión" e tamén pide "unha explicación pública destes feitos e unha rectificación para que actos tan antidemocráticos como estes non se volten a repetir".
 
Algo parecido pasoulle a Asociación contra o Cancro de Camariñas, xa que según informan varios medios de comunicación (diariocamariñan e La Voz de Galicia) o Concello non lle concedíu un stand na Mostra como tódolos anos.
O Concellal da Mostra dí que non pediron permiso.
 
Máis info: quepasanacosta, diariocamariñan, anosacosta, La Opinión

"Niñato" nun control de alcoholemia.

jueves, 1 de abril de 2010

Programa da XX Mostra do Encaixe de Camariñas 2010


Pincha na foto para ver mellor o programa.

A realidade de Venezuela

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE