Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 30 de abril de 2009

Fotos camellanas






Déixovos unhas fotos moi chulas que me mandou unha usuaria do blog.

Si tendes fotos chulas, antigas, fotos denuncia, novas, documentos, relatos ou calquer cousa relevante e referente a Camelle, non dubidedes en mandarmas ó meu correo ( sienfuejos@hotmail.com ) e eu publicareinas aquí. Gracias pola vosa colaboración.

martes, 28 de abril de 2009

Cartel das Festas do Espíritu Santo de Camelle



En primeiro lugar e antes de nada, quero dar as gracias, de novo, a Perla.
Tras a súa anunciada dimisión da Comisión de Festas de Camelle e en vista de que non hai alternativas e non se quere presentar ninguén, volve a coller as rendas da comisión de festas polo amor que tén ao seu pobo e as súas festas.

Isto é moi loable e fai moi grande a Perla, pero sin a axuda e a colaboración de todos nós, tarde ou cedo isto afundirase, polo tanto dende aquí pido a máxima colaboración e axuda do pobo de Camelle a Perla en todo o que sexa necesario para que sigamos disfrutando dunhas festas que son a envidia de todo o concello e se non mirade o espectacular cartel para as vindeiras festas do Espíritu Santo.

" NIN BOTELLÓN NIN CARALLADA, VINDE A CAMELLE QUE HAI FESTA RACHADA "

VENRES 29 DE MAIO :

- Gran churrascada no muelle as 21:00h.
- Actuación das famosas e unhas das mellores orquestras de Galicia OLYMPUS e CICLÓN.

SÁBADO 30 DE MAIO ( SAN ANTÓN ) :

- Actuación das grandes orquestras JERUSALÉN e ATENAS.

DOMINGO 31 DE MAIO :

- Banda de música
- Actuación estelar da orquestra ALARMA coa súa gran cantante de Arou.
.
Este sábado 2 de Maio farase unha cea no Restaurante Chalana para recadar fondos para a Comisión de Festas.
Na cea haberá calamares, tortilla e polbo de primeiro.

Merluza á romana ou tenreira asada de segundo.

Tarta xeada de postre e tamén vai incluido o viño, os refrescos, o pan e o café.

O prezo por esta magnífica cea son 20€, pensade que é para unha boa causa, xa que o noso pobo non pode quedar sen festas.

Confirmar a reserva para a cea na Panadería Perla ou ben chamando ó teléfono 981-710063.

Gracias anticipadas a todos pola vosa colaboración e como digo sempre ... non podedes faltar, paso lista.

lunes, 27 de abril de 2009

Humor

Sen comentarios. Non teño palabras.

viernes, 24 de abril de 2009

Congreso de restauración do museo de Man


Xa temos o dossier do congreso de restauración do museo de Man que se celebrará os vindeiros días 9 e 10 de Maio e organizado pola Fundación Man.
.
Nestas xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man, intervirán X.Antón Castro ( Director do Instituto de Patrimonio Cultural Español ), Pilar Sedano ( Directora do Departamento de Restauración do Museo del Prado ), Xoán Abeleira ( Teórico experto na obra-legado de Man ), Juan Creus ( Arquitecto responsable da rehabilitación da caseta de Man ), Concha Cirujano ( Experta en pedra e restauradora do Instituto de Patrimonio Cultural Español ) e Jorge García Gomez-Tejedor ( Xefe do Departamento de Restauración do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía ).
.
Como xa dixen noutra entrada, tódolos camelláns e camellanas que queiran participar neste congreso e poder dar a súa opinión sobre o tema, téñense que inscribir no e-mail ( congreso.man.camelle@gmail.com ) ou ben nos teléfonos ( 981-710224 e 625974014- Sabela ) antes do día 1 de Maio e dar os seus datos xa que o aforo é limitado.
Pinchade na foto superior dereita para ver mellor os horarios das intervencións.

Vídeos da semana

Todos sabemos que en Camelle temos moitos talentos, pero queren estar no anonimato e non traspasar as fronteiras, non como os seguintes persoaxes.
Dous anos despois do fenómeno Paul Potts (aquel personaxe anónimo que se presentou a "Tienes talento" inglés e sorprendeu a todos cantando como un tenor profesional) repítese a historia.

Susan, outra concursante pouco agraciada fisicamente, logra millóns de vistas en Youtube e o eco chega ás televisións de medio mundo.

É deses momentos en que vendo a realización e montaxe do programa de televisión un pregúntase... ésto non o vin eu antes ? Pois quizais si, porque son bastante similares.

Déixovos os dous vídeos para que comparedes.

Susan Boyle

miércoles, 22 de abril de 2009

Novas medioambientais

1. O grupo ecoloxista PX agarda a anulación inmediata do Plan Acuícola na Costa da Morte( Camelle, Merexo e Seiruga ) por parte do novo responsable de Medio Ambiente do novo goberno da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.
Tamén recordan que foi unha promesa electoral do Partido Popular.

O PX " non nega a necesidade de crear traballo na comarca e as posibilidades de desenvolvemento acuícola" e por iso "non se oporá a unha ampliación dalgunha planta existente ou a creación dunha nova menos prexudicial que as tres citadas e sempre con consenso social e acordo dos propietarios e non expropiacións".

Máis info : La Voz de Galicia e quepasanacosta

2. O Ministerio de Industria e Medio Ambiente do goberno español deixa a Galicia co 75% do litoral dispoñible para acoller enerxía eólica mariña.
Eso sí, prohíbe as instalacións destos muíños de vento no mar, na costa delimitada entre Vigo e a Costa da Morte.

O novo goberno da Xunta, o BNG e os grupos ecoloxistas opóñense rotundamente as instalacións de estos aeroxeneradores nas augas galegas polo seu impacto ambiental, pola pesca, o turismo,etc. e de feito, as tres forzas parlamentarias, xa votaron en contra no 2005.

Máis info: La Voz de Galicia e vieiros.com

Frase da semana


Xa había tempo que non poñía esta sección, pero lin unhas frases que non teñen desperdicio polo desafortunadas, atroces e polémicas baixo a miña humilde opinión, aínda que hai algún foro que as defenden e que eu respecto, pero non comparto.

Estas frases saíron dun informe feito pola FAES, a Fundación que preside o ex-presidente do goberno José María Aznar, escrito polo filólogo clásico Andrés Freire e pubricado en varios medios de comunicación.

O informe das FAES tacha o proceso histórico de normalización do galego iniciado cun goberno do PP e aprobado por unanimidade polo Parlamento Autonómico de "experimento en el que se inmolan la educación, los derechos individuales y el sentido común".
O estudo conclúe que " el idioma sobrevivió por el analfabetismo de los campesinos y los normalizadores crearon despues una 'neolengua' adaptada a sus intereses e inventaron palabras como A Coruña" .
" El acento marcado sigue siendo un rasgo negativo en la comunidad sea cual sea la lengua en la que el hablante se exprese. Un estigma social que ha de depurar quien aspire a alzarse socialmente sobre su origen. La criticada diglosia sigue, pues, vigente en la comunidad galega", añade o informe de FAES.

Más info: La Opinión e FAES

martes, 21 de abril de 2009

Novas de Camelle


1. Xa están en marcha as obras de pavimentación e saneamento da rúa da igrexa.

A obra, incluída dentro do famoso Plan E do estado e executadas polo Concello de Camariñas dentro do Fondo Estatal de Inversión Local, foi adxudicada a empresa camellana de construcción "José Antonio Pose Romar y Otro, S.C." por un importe de 47.471,11 euros e un período de execución de 4 meses.


2. Este domingo, o arquitecto da Ponte do Porto, Vicente Rivas, expuso nun aborratado salón da Casa do Mar ( por certo,bastante deteriorado xa que o teito parece que vai caer a cachos ) ,a tódolos socios da Asociación de Veciños o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os socios preguntaron ao arquitecto as dúbidas referentes a este plan e o que se podería facer en caso de non estar de acordo.

O arquitecto aguantou estoicamente e moi pacientemente as preguntas dos alí presentes, xa que en moitas ocasións, as gañas de preguntar da xente polos seus terreos debido a falta de información, fixo que imperara o caos por momentos.

A Asociación de Veciños quedou bastante contenta de ver a tanta xente informándose e de prestar,unha vez máis, un bó servizo ao pobo camellán.


3. O fin de semana vindeiro ( do 1 ao 3 de Maio ) celebrarase na Casa de Man e organizado pola Fundación Man a terceira edición do Encontro e Natureza Man de Camelle da man do Grupo Arou e con dúas novidades.

A primeira é que os veciños de Camelle poderán tomar parte nesta peculiar iniciativa artística que se inspira no traballo do anacoreta de Camelle; será un modo de involucrar á sociedade nun terreo que, a priori, está só reservado aos especialistas.

A segunda novidade será a artista invitada. A protagonista será Xela Marx, actriz e investigadora das artes escénicas e do movemento artístico e que impartiu talleres en España, Portugal e Brasil, colaborando desde o 2005 no proxecto docente de Fernando Casás.

Máis info : La Voz de Galicia


4. Xa temos por fin a foto dos gañadores do III Campionato de Futbolín " Bar Goma" que se celebrou o pasado día 11 neste bar camellán.

Inscribíronse bastantes equipos e levaron premios os tres primeiros clasificados ( trofeos ) e o derradeiro equipo ( unha pota ).

Esperemos e apoiamos dende esta web que sigan estas e outras inciativas, tanto lúdicas como deportivas e se volvan a repetir.

Por certo, que xa se me esquecía, os gañadores deste campionato foron dous usuarios deste blog, David e Kikote, noraboa.

viernes, 17 de abril de 2009

Proposta de decoración da Casa de Man


Despois de tanto tempo predicando ao ceo e sendo xá un pouco pesado poñendo varios artigos e enquisas sobre este tema, parece ser que a insistencia trae os seus froitos.
Pois ben, despois de saír o artigo en varias páxinas web e co beneplácito de tódolos camelláns/as que seguen este blog, votando na enquisa ou ben cos seus comentarios unánimes, alégrame moito comunicaros que o Padroado da Fundación Man, a proposta da súa xerente Sabela Mariña, vai estudar levar a cabo a decoración da Casa de Man no exterior e interior con círculos e debuxos en color similares aos que Man fixo na súa casa e arredores.

Según me contou Sabela, isto xurdiu por unha conversación que ela tivo co noso amigo Manolo Pose e despois de ver o bosquexo que fixen no blog.

A verdade é que si este proxecto segue adiante e a proposta acábase materializando sería unha cousa moi fermosa para a Casa de Man e para o noso pobo, xa que actualmente resulta un pouco desagradable para a vista de todos ver no medio do pobo un inmenso bunker de cemento que non respecta nin o entorno nin a figura de Man, porque seguro que a Man non lle gustaría ver a casa que leva o seu nome así.

Aínda que isto non se leve a cabo, dende este blog quería dar as gracias a Sabela polo seu traballo e por esta iniciativa, xa que é un ben para tódolos camelláns/as.

jueves, 16 de abril de 2009

Dúbidas sobre o PXOM

Este domingo día 19 a partir das 16:30h. na Casa do Mar, un arquitecto contratado pola AA.VV. "A Pergoliña" expoñerá e responderá a tódalas dúbidas que os socios desta asociación teñan sobre o Plan Xeral no noso pobo.


A foto antiga de arriba mandouma un usuario do blog, pero non sabe de que data é.
Eu tampouco, pero paréceme que debe ser de finais dos anos 70 ou principios do 80.
Seguro que vós saberédelo mellor que eu.

miércoles, 15 de abril de 2009

Vídeos de humor

Xa están aquí os dous últimos vídeos do noso amigo francés "Nimportequi".
Segue provocando coma sempre e non me extrañaría nada que en algún vídeo lle deran unha malleira.

No primeiro vídeo fai o indio e no segundo fai de alpinista no xeo dunha pista de hockey.
Os vídeos cargan bastante lentos.


L'INDIEN (REMI GAILLARD)



L'ALPINISTE (REMI GAILLARD)

Lembrade que na parte de abaixo do blog tendes o xogo Bubbles, que está tendo bastante éxito según me contan usuarios/as que están enganchados/as a este xogo.
Unha usuaria ten o record de puntación con 76.000 puntos, a ver quen supera iso.

martes, 14 de abril de 2009

Exposicións na Casa de Man


Xa tendes abaixo de todo as fotos da inauguración das exposicións, dos cadros de Rosario Palacios, dos artistas mallorquinos ( Arte para a vida ), do noso amigo camellán Manolo Pose ( O museo de Man ao longo do tempo ) e do obradoiro para nenos que se fixeron en Semana Santa na Casa de Cultura.

A verdade é que o mércores e xoves non houbo moitos visitantes, pero o venres e sábado podíase ver moitísima xente visitando a exposición e o noso pobo.
A que espertou máis expectación e chamou máis a atención foron as fotos de Man feitas por Manolo (Pitara), e non o digo porque sexa camellán, se non porque eran impresionantes e estaban en boca de todos.
Tamén hai fotos do noso blog, pero estas son de moi pouca calidade, comparado coas de Manolo.

No acto de presentación do mércores pola mañá estiveron os membros do padroado encabezados polo presidente da Fundación (Pichurri), varios concelleiros/as, a xerente, persoas relacionadas co mundo da cultura e moi pouco público.
Alí foron leendo varios manifestos e compartindo agasallos.

Por certo, a xerente da Fundación, Sabela Mariña, fíxome chegar moi amablemente a clave para acceder a rede wifi instalada na Casa de Cultura.
A clave é a seguinte: C0030DADD4627
Xa non tendes escusa para visitar o blog dende Camelle, soamente tendes que ir a Casa de Cultura ou nun lugar preto e poñer o código facilitado.

jueves, 9 de abril de 2009

Entrevista


Hoxe publico unha entrevista feita a semana pasada a un persoa de sobra coñecida no noso pobo.
Trátase de Luís Miguel Suárez Pérez ( Luís do Trenco ou Luís do Pub ).

Luís é o responsable-portavoz do BNG de Camariñas, candidato a alcalde polo BNG nas pasadas eleccións municipais, membro do Consello Comarcal do BNG da Costa da Morte, secretario de ADEGA na Costa da Morte, presidente da AA.VV. "A Pergoliña" de Camelle, un dos máis aférrimos loitadores en contra da piscifactoría en Camelle, un dos primeiros seguidores e colaborador deste blog, un gran amigo meu e penso que de tódolos camelláns.

Bueno, despois de tan amplo currículo, déixovos a entrevista coas oito preguntas que lle fixen, pero antes quérolle agradecer a Luís a súa predisposición e amabilidade nesta entrevista.
.
1. ¿Qué opinas da entrada do novo goberno do PP na Xunta?
Foi a elección da maioría dos cidadáns deste país. Só me preocupa que os avances que se acadaron en canto a Benestar social, Vivenda ou medio rural entre outros, se queden en nada.

2.¿ Pensas que finalmente, coa entrada do novo goberno, non se vai facer a piscifactoría na Xandriña?
Espero e desexo que non se faga. Foi unha promesa que lle fixeron a este pobo, ademáis xa o teñen máis sinxelo a raíz da proposta do BNG de Vimianzo de declarar Parque Natural de Interese Local a zona de Sabadelle, polo que esta zona quedará protexida e nese anaco xa non se podería facer. De momento seguiremos como ate agora, ¡en loita!

3. ¿ Cal pensas tí que foi a culpa da baixada de votos do PSOE e do BNG nas eleccións autonómicas?
Por un lado penso que foi a crise, tamén a campaña de difamación por parte dos poderes fácticos. Foi unha campaña de difamacións.
Por outro, quizáis non se soubo transmitir os avances realizados.

4. ¿Vai a haber cambios na política e a filosofía do BNG por mor da baixada de votantes?
A filosofía do BNG vai ser a mesma que foi sempre, a defensa dos intereses de todos os galegos e galegas.
Agora ábrese un proceso renovador, temos por diante unha Asamblea Nacional e a elección para o cargo de Portavoz Nacional, na que, baixo o meu punto de vista, debería saír elixido Carlos Aymerich ou Bieito Lobeira, e digo isto por dúas razóns que para min son importantísimas: primeiro pola súa experiencia parlamentar e segundo pola súa proximidade a xente.

5. ¿ Qué che parece o Plan Xeral para Camelle, hai moito que cambiar ou velo ben ?
O PXOM é algo que o BNG de Camariñas leva reclamando hai moito tempo, por fin sae a luz o plan inicial, de feito estamos a preparar como grupo político tamén as nosas alegacións. Pero si, bastantes aspectos do plan en Camelle baixo o meu punto de vista hai que cambialas, ainda que segundo expertos en urbanismo é dos menos malos.

6. ¿Qué pasa coa polémica na xestión da Fundación Man, xa que o PP estuda deixar o padroado e que proxectos vindeiros vai haber?
Non me gustaría que Dolores deixase a Fundación, creo que os que queremos que o Museo-Xardín de Man volva a relucir debemos estar ahí e sobre todo non politiza-la Fundación xa que iso a levaría a desaparecer. Estos días hai demasiado alboroto e iso non é bó nin para a Fundación nin para Camelle, paréceme un espetáculo lamentable.
Desexo que canto antes se acaben estas historias e poder sentirme tan a gusto como na “Pergoliña”, sen intereses personais nin políticos.
Despois do Congreso de restauración preténdese empezar a actuar xá no Museo do muelle, pero coma sempre,a “burrocracia” como eu lle chamo, está a entorpecer xa que agora a axencia galega de protección urbanística e costas piden a legalidade da caseta de Man para dar o permiso de obra.

7. ¿Volverás a presentarte como Candidato a Alcaldía de Camariñas?
Iso decidirao a Asamblea Local do BNG de Camariñas, pero sí, gustaríame encabezar de novo a lista.

8. Que opinas do voto emigrante?
Que vou a opinar, que é unha estafa a democracia.
No BNG sufrímolo durante as municipais, os votos que obtivemos no concello chegábanos para que saíse un concelleiro e no reconto da mesa da emigración perdémolo.
Eu fágome unha pregunta, ¿que pasaría se esta xente decidise a alcaldía en contra do que pensamos os que residimos no Concello de Camariñas? o que eu digo, unha estafa a democracia.
Formouse unha plataforma para que o Goberno do Estado cambie a LOREG, e isto non ocorra polo que animo a todo o mundo a asinar nela en
www.seresidesdecides.com

martes, 7 de abril de 2009

Vídeos XXX

Déixovos dous vídeos de humor erótico.
O primeiro trata dun burro cachondo que seica lle gustan as rapazas que fan topless nas praias galegas e o segundo é un pendrive tamén moi cachondo.


lunes, 6 de abril de 2009

Programa da XIX Mostra do Encaixe de Camariñas 2009


Para tódolos que vaiades a dar unha volta en Semana Santa a Mostra do Encaixe de Camariñas, deixovos o programa e as actividades paralelas que alí se farán.

O precio da entrada na Mostra é de 4 euros.

-Mércores 8 de abril:
15.00 Apertura.
15.30 Demostración en vivo da Escola Municipal de palillo de Camariñas.
17.00 Acto oficial da inauguración da XIX Mostra do Encaixe.
18.30 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
21.00 Peche.
-Xoves 9 de abril:
11.00 Apertura.
11.15 Obradoiro “Iníciate no arte do Encaixe de Camariñas”.
13.00 Desfile de moda de Deseñadores Noveis - GRUPO A.
15.30 Demostracións en vivo das Escolas Municipais de palillo de Xaviña e Camelle
16.30 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
18.00 Desfile de moda de Deseñadores Noveis - GRUPO B.
19.30 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
21.00 Peche.
-Venres 10 de abril:
11.00 Apertura.
11.15 Obradoiro “Iníciate no arte do Encaixe de Camariñas”.
13.00 Desfile de moda de Deseñadores Noveis - GRUPO B.
15.30 Demostracións en vivo das Escolas Municipais de palillo de Xaviña e Ponte do Porto.
16.30 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
18.00 Desfile de moda de Deseñadores Noveis - GRUPO A.
18.45 Entrega de agasallos de “Coats” ás Escolas de Palilleiras Infantís.
19.30 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
21.00 Peche.
-Sábado 11 de abril:
11.00 Apertura.
11.15 Obradoiro “Iníciate no arte do Encaixe de Camariñas”.
13.00 Desfile de moda de Grandes Deseñadores. Mostra Encaixe Palilleiras Internacionais.
15.30 Demostración en vivo da Escola Municipal de Camariñas.
17.00 Desfile de moda de Deseñadores Noveis - GRUPO A e B.
19.00 Desfile de moda de Grandes Deseñadores. Mostra Encaixe Palilleiras Internacionais.
21.00 Peche.
-Domingo 12 de abril:
11.00 Apertura.
11.15 Obradoiro “Iníciate no arte do Encaixe de Camariñas”.
13.00 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
15.30 Demostracións en vivo das Escolas Municipais de Camelle e Ponte do Porto.
17.00 Desfile de moda de Grandes Deseñadores.
19.00 Desfile GRUPO A e B con entrega de premios do XVI Concurso de Deseñadores Noveis.
20.00 Clausura da XIX Mostra do Encaixe de Camariñas.
21.00 Peche.
-Actividades paralelas:
ACTUACIÓNS FOLCLÓRICAS E PROGRAMAS RADIOFÓNICOS
-Mércores 8 de abril:
Asociación Cultural a Coteleira de Ponteceso.
-Xoves 9 de abril:
Gaitas Ferreñas de Vilarmaior
Programas de radio:- 08.00 - 11.00 h. “ Voces de Bergantiños” de Radio Voz; - 12.00 - 14.00 h. “Vivindo a Costa da Morte” de Radio Nordés - Cadena Ser;- Na madrugada (a partires das 3 da mañá): Programa de radio en directo “Pensando en Ti” de Marcial Mouzo.
-Venres 10 de abril:
Agrupación Folclórica Abrente de A Estrada: 17.00 h. Escola Municipal de Baile e Gaita de Camariñas.
Asociación Cultural Terra de Cee.: 09.00 - 13.30 h. “La mañana por delante” de Radio Obradoiro.
-Sábado 11 de abril:
Grupo de gaitas “Abrindo Rejo”
-Domingo 12 de abril:
Banda de Gaitas de Pereiriña de Cee.
Coro Municipal de Mulleres.
Exposicións organizadas pola Asociación de Empresarios
Exposición de fotografías antigas de Camariñas no interior do recinto da Mostra do Encaixe.
Exposición do escultor Diego Cabezas na Asociación Cultural: “Las Naufraguitas” (antigo Bar Curbeiro).
Exposición de Ferraris e motos de competición de época, o domingo 12, no paseo marítimo a partires do mediodía.
-Exposicións organizadas pola Fundación Man:
Programación de actos para o vindeiro trimestre
:
EXPOSICIÓN ARTE PARA A VIDA do 8 de abril ao 1 de maio.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA O MUSEO DE MAN AO LONGO DO TEMPO, do 8 de abril ao 1 de xuño. (Fotografía de Manolo Pose, fotógrafo aficionado e amigo do artista).
EXPOSICIÓN de pintura da obra de Rosario Palacios. Para calquer consulta pódense usar os teléfonos 981 71 02 24 / 625 974 014.
-Parque infantil:
Dende o 8 ao 12 de abril organizaránse as seguintes actividades para os nenos: gardería, castelos inchables, búfalo mecánico, obradoiros de cestería, de abelorios e de globoflexia.
Visitas guiadas pola Costa
Dende o día 9 ó 12 de abril, organízanse visitas guiadas, en tren que sairá da caseta de Turismo de Camariñas e percorrerá o traxecto da senda do litoral ata o cementerio dos ingleses e volta.
Horario: mañá ás 12.00 h. / tarde ás 17.00 h.
Duración: aproximadamente 1,30 horas.
Custe: 2 € / persoa.
Prazas limitadas.
-Gastronomía:
Durante os días da celebración da Mostra do Encaixe o visitante poderá degustar, nos establecementos hosteleros do Concello de Camariñas, mariscos e peixes de excelente calidade.
-Outras actividades:
VI TIRO AO PRATO “CONCELLO DE CAMARIÑAS”
Organiza a Sociedade de Caza “Cabo Villano”.
Hora de comenzo: 10:00 da mañá
Adestramentos: 9 de abril
Tirada Oficial: 10 de abril
Campo de Tiro “Chans do Cotro” de Xaviña
Modalidade Foso Universal con Robot
25 Pratos cor vermello
Inscripción: 30 €.
Máis de 30 Trofeos.
-Feiras e festas:
Sábado de 10 a 13 h. MERCADO DE CAMARIÑAS.
Domingo de 11 a 13 h. FEIRA DA PONTE DO PORTO onde ademaís os pequenos poderán divertirse nos inchables e degustar unha “miñoca” de chocolate.
En horario de tarde-noite, organizadas pola Asociación Virxe do Carme:
Sábado, 20:00 h. “FESTA DA ZORZA” na praza do mercado.
FESTAS EN HONOR A VIRXE DO MONTE na praza do mercado.
SESIÓNS VERBENAS nas noites do sábado, domingo e luns amenizadas con varias orquestras.

jueves, 2 de abril de 2009

A voltas coa Fundación Man


Pouco durou a tranquilidade na Casa do Alemán. No padroado da súa fundación, para ser exactos.
Constituída nun acto solemne o 28 de decembro pasado, aos seis anos da morte do anacoreta, aos tres meses rompeuse o equilibrio e o silencio mediático que a acompañaron desde entón.

A espoleta saltou a semana pasada coas declaracións do portavoz do PP, Daniel Rego, advertindo de que a súa representante, Dolores Rodríguez, secretaria no padroado, sopesaba abandonar o posto en protesta por non ser tida en conta en dúas contratacións, a da xestora e unha colaboradora.
O tema cobrou maior virulencia no pleno ordinario do pasado sábado.

Onte, o Concello respondeu ás críticas nunha rolda de prensa celebrada na biblioteca da Casa de Cultura de Camelle, a Casa do Alemán.
Compareceu boa parte do grupo municipal, encabezado polo alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, xunto ás concelleiras Mercedes Martín, Carmen Linares e Sergio Caamaño.
Tamén acudiu a secretaria xeral do PSOE en Camariñas, Encarna Liñeiro.

Mercedes Martín levou o groso da intervención.
rimeiro, para dicir que no Concello non consta que a representante do PP comunique a súa intención de abandonar a fundación nin os motivos para facelo. O que saben é pola prensa.
Dende o Concello está «satisfeitos» co traballo desenvolvido nestes tres meses, tanto polo traballo dos profesionais como polo de quen o fixeron de xeito desinteresado.
Cre que críticas como as do PP son un «insulto» a todas esas persoas.

Martín recordou que, desde a creación da entidade, quedou claro que non se debía de mesturar a política coas actividades propia, «pero parece quen quere sacar rédito político a todo, e non lle importa nin a xente, nin a cultura, nin ou pobo de Camelle, porque, se lle importase algo, non abandonaban ou barco na primeira travesía».
Martín considera que facelo todo ben é difícil, pero que os erros cométenos os que traballan: «os que non fan nada, non poden cometelos».
E referiuse, de novo, como en días atrás en resposta a Rego, aos dous contratos realizados. Respecto diso, manifestou que todo levouse a cabo co asesoramento xurídico do Servizo de Fundacións da Xunta.
«Estamos convencidos de non incorrer nun delito, cousa que eles, co seu representantes, non teñen por que estar tan seguros, porque a secretaria é a única responsable de ter libro de actas, levantar actas e asinar certificacións ao seu debido tempo, non cando poida , e dilixenciar todo coa máxima responsabilidade política».
E iso, ao entender do grupo socialista, non o cumpriu.
Por iso, o Concello resérvase o dereito a expoñer ante o padroado «emprender accións legais oportunas para esclarecer estes feitos, (presuntamente) constitutivos de responsabilidade penal».
Finalmente, anunciou que ninguén lles vai a impedir seguir adiante coa fundación. «Mentres non estivo constituída, todo eran rogos para que se fixese, e en canto se formaliazou, todo son trabas e traspés para non seguir adiante».

Por outro lado o portavoz do PP, Daniel Rego, sinalou onte que o obxectivo do seu grupo está claro: «O que hai que facer é restaurar, rehabilitar e manter a casa museo de Man, na que viviu e o seu contorno. Iso é o fundamental, e non se está facendo».
O líder dos populares lamentouse de novo de que desde o Concello non se contou co seu representante no padroado: «Non contaron connosco para nada, nin sequera para o convenio de colaboración co Concello».
Na rolda de prensa, Martín referiuse a que o posto de secretaria recaera en Dolores Rodríguez co ánimo de darlle unha responsabilidade importante.
Rego rexeita que á súa compañeira póidalle recaer culpa algunha: «Non teñen libro de actas no padroado, e resulta que agora a culpa diso é da secretaria. E, se non o hai, ¿como se van a aprobar as actas?».
Tampouco lle gustou que, na última convocatoria, Rodríguez convocásella por fax só un día antes e á súa casa, e coa decisión xa tomada de contratar á xerente.
Rego pregúntase «¿que hai detrás dás contratacións?».
Cre que, se ten os méritos suficientes, non hai ningún problema, pero que mellor sería realizar unha convocatoria pública.
No fondo de todo, Rego considera que «a culpable política de todo isto, e de máis cousas, é Marisol Soneira».

Ademais de para a rolda de prensa, o acto de onte serviu para coñecer a xerente da fundación, a compostelana Sabela Mariña García, de 25 anos, bióloga.
Leva contratada desde o 20 de febreiro, pero xa levaba varios meses colaborando.
Sabela é a persoa que se encarga de xestionar e coordinar todos os temas que teñen que ver coa fundación, e que lle absorben mañá, tarde «e parte dá noite».
Estes días, máis, porque deseñaron un programa de actividades que pronto empezarán a desenvolverse.
Por exemplo, as exposicións de Semana Santa: unha de fotos de Manolo Pouse e outra do Goberno de Baleares, a que as que haberá que sumar outra de cadros de Rosario Palacios.
O primeiro fin de semana de maio haberá un encontro de land art a cargo do Grupo Arou, e o segundo, un congreso de restauración sobre a obra de Man.

Martín e Mariñas mostraron o material recuperado de Man: debuxos, libros, cadernos, cadros, pequenas esculturas... Gardado en armarios e apilado, a xerente é a encargada da súa clasificación, asistida por expertos nos casos necesarios.
Martín tamén se referiu á chabola do anacoreta e o seu entorno.
Asegura que a intervención nel, de momento, é complicada, debido aos numerosos requisitos que constantemente lle solicitan as diferentes Administracións.

Tendes o programa de actividades da Fundación Man despoñible neste blog nunha entrada de fai uns días.

Todo isto que aconteceu onte queda resumido no comunicado que a Fundación Man dou a prensa:
O concello de Camariñas convoca esta roda de prensa, para informarvos da postura do concello con respecto a Fundación Man de Camelle, da que somos socios fundadores e na que estamos a traballar dende fai un ano e medio.
Desexamos pronunciarnos neste momento, debido os diferentes comentarios que se están a suceder durante estes ultimos días en diversos medios de comunicación por parte de representantes do Partido Popular.
Nestes comentarios estan a decir que queren sair da fundación. Polo que nosotros sabemos, non hai ningunha cofirmación oficial al respecto, nin no concello, nin na fundación, eso o primeiro, tan só sabemos o que nos medios están a dicir, nin mais nin menos.
Non sei os motivos que os levaron a tomar esta decisión, si é que é verdade, pero unha das cousas que dixeron e que non estan de acordo ca xestión da fundación.
Polo que a nós nos atinxe, queremos dicir que estamos satisfeitos ca labor feita na xestión da fundación, durante estes tres meses de andadura, e que eles saben todo o que se fixo e máis o que esta programado facer, podo leervos a grandes rasgos todo, pero o mellor sería que o a acabar esta roda de prensa, forades a parte de arriba e vexades os traballos feitos ata o momento (traslado do material, clasificado, traduccions, exposición programadas, encontro de land art, seminario.....).
Por todo esto creemos que é un insulto estar a dicir que non se está facendo nada, un insulto hacia o persoal que esta a traballar nesto, agora, e os que de xeito desinteresado estan e estuveron a traballar, un insulto contra a profesionalidade e dedicación de todos eles.
No momento de constitución da fundación, o concello deixou clara a sua postura, que era a de non mesturar a politica na fundación, pero parece que hai de quen quere sacar rédito político a todo, e non lle importa nin a xente, nin a cultura, nin o pobo de camelle, porque se lle importara algo, non abandoaban o barco na primeira travesía.
Sabemos que todo non o podemos facer ben, nin a perfección, pero dende logo erros os comete quen fai as cousas, os que non fan nada, non poden cometelos.
O problema máis importante para eles vén de dúas contratacións que se fixeron, unha das cales foi votada e aceptada, e a outra foi un contrato de urxencia, para poder manter a biblioteca.
Nós o que estamos a facer, sempre foi con asesoría xurídica da Xunta de Galicia, do servicio de fundacións da xunta, e estamos convencidos de non haber incurrido en ningún delito, cousa que eles, co seu representante non teñen porque estar tan seguros, porque a secretaria e a unica responsable de ter libro de actas, levantar actas firmar certificaciones a su debido tempo, no cando “poida”, e dilixenciar todo ca máxima responsabilidade posible, feito que ao noso parecer non estivo a cumprir. e polo que o concello reservarase o dereito de plantexar ante o padroado da fundación, emprender as accions legais oportunas para esclarecer estes feitos, constitutivos de responsabilidade penal.
Con todo esto queremos decir que ninguén nos va a impedir seguir adiante ca fundación, xa que o que estase a ver e que mentres non estivo constituida, todo eran rogos para que se fixera, e en canto se formalizou, todo son trabas e traspés para non seguir adiante.
Agora non vamos a dar marcha atrás a un proxecto de esta índole e no que creemos, e estamos seguros de que chegará a bo porto.

miércoles, 1 de abril de 2009

Cruce de acusacións e rolda de prensa

- O portavoz do Partido Popular de Camariñas, Daniel Rego, esixiu onte á concelleira
socialista Mercedes Martín que rectifique as acusacións «realizadas contra o PP», ou que achegue algunha proba do manifestado.
As palabras da edila son, na súa opinión, un feito «moi grave». E engade: «A súa actitude, sendo un cargo público, é indecente, e supón unha irresponsabilidade».
A Rego tamén lle parece moi grave que Martín «intoxique a vida política en Camariñas con falsas acusacións sen poñerse colorada», e por iso esíxelle unha rectificación.
O contrario, engade, «supón difamar e levantar sospeitas sen ningún tipo de probas contra os representantes do Partido Popular atacando a súa honorabilidade».
Rego González refírese nos seus escrito ás manifestacións realizadas por Mercés Martín despois de que alguén lle cubriu de excrementos a porta da súa casa de Camelle e parte da fachada. Ocorreu na madrugada do venres ao sábado. A concelleira ligou esta acción a «motivos políticos» e ao feito de que no pleno tivera unha pequena liorta cunha concelleira popular.
Rego di que entende «o enfado da concelleira», ademais de rexeitar calquera tipo de acto vandálico.
«Pero o que non pode facer -engade- é sacar conclusións e dicir publicamente o que a unha lle vén á cabeza, porque é totalmente falso que o PP estea detrás de calquera acto deste tipo». Así mesmo, recorda a «responsabilidade» que ten todo cargo público cando realiza declaracións aos medios, porque está falando de «acusacións graves».
O líder popular confía en que Mercedes Martín reflexione e retire as palabras nas que «sinalaba a membros do PP de estar detrás deses actos vandálicos, e que centre todos os seus esforzos e pescudas atopar aos verdadeiros culpables, no canto de dedicarse a difamar e atacar ao Partido Popular».
Rego considera que Martín enganoulles «co tema dá fundación de Man, co PXOM e coa rexeneración dá praia de Camelle».
Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta



- Noutra orde de cousas, o Concello de Camariñas, por medio de Mercedes Martín fíxome chegar unha nota de prensa na que me comunica que hoxe vai a dar unha rolda de prensa aos medios de comunicación ( alégrame moito que me convidaran, xa que é a primeira vez que recibo unha nota de prensa do concello e unha invitación para participar nunha rolda de prensa, vese que as cousas están cambiando ) na Casa de Cultura de Camelle as 12:00 h. para expoñer a situación na que se atopa a Fundación Man así como poder ver os traballos feitos pola Fundación ata agora.

O Concello de Camariñas convoca unha roda de prensa para mañán, mércores 1 de abril ás 12 da mañán na Casa do Alemán de Camelle co fin de aclarar a situación en que se atopa o mesmo na Fundación Man e a opinión que o Concello transmitirá ao padroado da mesma.
Asimesmo a prensa terá a posibilidade de ver os traballos realizados ata o de agora pola Fundación.
Un saúdo.
Mercedes Martín Gozález.
Concelleira do Concello de Camariñas.

- Por último e antes que se me esqueza, xa está confirmado que a Fundación Man terá un stand na Mostra do Encaixe de Camariñas este ano.

Máis info e programación da XIX Mostra do Encaixe 2009 : La Opinión, diariocamariñan

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE