Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 28 de abril de 2009

Cartel das Festas do Espíritu Santo de Camelle



En primeiro lugar e antes de nada, quero dar as gracias, de novo, a Perla.
Tras a súa anunciada dimisión da Comisión de Festas de Camelle e en vista de que non hai alternativas e non se quere presentar ninguén, volve a coller as rendas da comisión de festas polo amor que tén ao seu pobo e as súas festas.

Isto é moi loable e fai moi grande a Perla, pero sin a axuda e a colaboración de todos nós, tarde ou cedo isto afundirase, polo tanto dende aquí pido a máxima colaboración e axuda do pobo de Camelle a Perla en todo o que sexa necesario para que sigamos disfrutando dunhas festas que son a envidia de todo o concello e se non mirade o espectacular cartel para as vindeiras festas do Espíritu Santo.

" NIN BOTELLÓN NIN CARALLADA, VINDE A CAMELLE QUE HAI FESTA RACHADA "

VENRES 29 DE MAIO :

- Gran churrascada no muelle as 21:00h.
- Actuación das famosas e unhas das mellores orquestras de Galicia OLYMPUS e CICLÓN.

SÁBADO 30 DE MAIO ( SAN ANTÓN ) :

- Actuación das grandes orquestras JERUSALÉN e ATENAS.

DOMINGO 31 DE MAIO :

- Banda de música
- Actuación estelar da orquestra ALARMA coa súa gran cantante de Arou.
.
Este sábado 2 de Maio farase unha cea no Restaurante Chalana para recadar fondos para a Comisión de Festas.
Na cea haberá calamares, tortilla e polbo de primeiro.

Merluza á romana ou tenreira asada de segundo.

Tarta xeada de postre e tamén vai incluido o viño, os refrescos, o pan e o café.

O prezo por esta magnífica cea son 20€, pensade que é para unha boa causa, xa que o noso pobo non pode quedar sen festas.

Confirmar a reserva para a cea na Panadería Perla ou ben chamando ó teléfono 981-710063.

Gracias anticipadas a todos pola vosa colaboración e como digo sempre ... non podedes faltar, paso lista.

23 comentarios:

lucho dijo...

xa era ora de que chejaran as festas!!! olvidemonos dos malos rollos e empesemos a vivir a vida con alegria.

kmeyansinho dijo...

bueno que eu sepa PERLA este ano non collio ela sola a comisión porque estan:
PERLA + MERCHI(filla de Mouzo Mar) de presidenta e de vicepresidenta respectivamente. a colaboración da xuventude tena......

a frase é: NIN BOTELLON, NIN CARALLADA, !VENTE A CAMELLE QUE HAI FESTA RACHADA!

Anónimo dijo...

moitas gracias a perla ,pero pobre , os mouzo mar polo medio , estabache millor ela sola

pocahontas dijo...

¡¡¡Festa,festa rachada!!!
¡¡¡ Viva Perla!!!

k - meYanaa dijo...

fesSsTaaa =) !!

xa iBaa senDoo hORaa =)

buEnO, ainda faltaa un mesS pero logO pasSa !

Anónimo dijo...

castañas coma boysssss!!!

alguen dijo...

hola a todos.pos eu creo ke a perla venlle ven toda a axuda veña de ken veña.non tiñamos festas tan boas desde fai muitos anos, pensa en pekenos e grandes e traballa moitas horas pra ke nos o pasemos ven.

ajjj dijo...

Aki,neste pueblo fajan o ke fajan,siempre lles parese pouco e siempre ten ke salir o jilipollas de turno fasendo comentarios ke non venen a cuento.

karavich dijo...

Dende aqui quero expresarlle o meu apoio a actual comisión de festas que temos no pobo.
Apoiada por MERCHI(a de Juan)ou por calquera dás persoas que lle axudaron con antelación non creo que lle quepa a dúbida a ningún veciño da bisbarra de que esta muller si sabe traballar para organizar unhas festas coma as que se veñen celebrando ultimamente en CAMELLE.Sabendo como casi todo mundo sabe da dificultade que acarrea estas celebracións emplazo a todos os veciños que a axudemos no que podamos xa que e unha pena,despois de estes anos de tan boas festas perdamos a inercia destas celebracións que deron certo prestixio e fama o noso pobo.
ANIMO COMISIÓN E ADIANTE,NON FAJADES CASO DOS COMENTARIOS DA XENTE QUE NON SABE O TRABALLO QUE É
ORGANIZAR AS FESTAS.

O PROBLEMA DESTE POBO E A PUTA ENVIDIA.

Guany dijo...

Creo que Perla merece e ten o respecto dos/as camelláns/nas. Nos últimos tempos, o pobo está sendo revitalizado dun xeito impensable (e non falo de estruturas nin nada semellante). Creo que as novas correntes de xente que xurdiron a partir de determinado momento, son un fenómeno máis importante do que parece. Persoas que valen un mundo e que coinciden no tempo, dando lugar a esta nova peña, que desprende enerxía, solidariedade, orgullo do seu pobo, etc.. , observables cada vez que a ocasión o require.
Sen dúbida, na cabeza disto están xentes coma Man (non só proporcionándonos a información no blog senon pola súa actitude en todo momento), os nosos "Pergoliños" e, como non, Perla, fantástica. Nunca se viron en Camelle festas tan potentes como desde que ela as organiza. Ademais, por suposto, da xente que presta o seu apoio total.
Polo visto (non o oín persoalmente) alguén das persoas representativas do concello dixo que Camelle, dentro duns anos, tende a desaparecer. Vendo o que pasa, eu diría que quen o dixo está na figueira. Pois que siga alí comendo figos mentres a xente do noso pobo está demostrando o seu entusiasmo pola vida.

trenquiño dijo...

bueno eu flipo un pouco eh! que pasa con Merchi (M. Mar) logo? eu creo que é unha persona das que colabora con todo o mundo, festas de Camelle, ca Pergoliña incluso ca comision de Santa Mariña ojala todo dios se metera algunha vez en algo sin animo de lucro para que poida saber o que e´traballar pa todos sin nada a cambio. Nada mas ca satisfacion personal e de alguns (poucos) q reconocen o traballo de un sea mellor ou peor feito pero ca mellor intencion do mundo.
ANIMOOO A TODOS!!

Anónimo dijo...

festa,carallo

Anónimo dijo...

eso de M. Mar e de mouzo mar ou de mercedes martin????

festa rachada dijo...

mercedes de juan do puerto mouzo mar

o croco dijo...

mais castañas!!!!haber si a xente se anima e poñe 1 man!!cantos mais axudemos millores festas teremos!!que ai moito bajo no pueblo.

camellana dijo...

Temos unha comisión que vale o seu peso en ouro e o que se queixe e de visio, que festas coma as que organisan elas non as hai en toda a comarca, elas si que se moven pa faser unhas boas festas. SEGUIDE ASÍ

Anónimo dijo...

a ver si a xente se anima para un partido de solteiros contra casados na area !!

Anónimo dijo...

os casados tan jordos coma botos!!!!

Anónimo dijo...

Quero dar gracias a comision de festas en especial perla e familia polo que estan fasendo por este pobo,eu rogarialles a moita xente que deixen de falar e actuen e axuden porqe o ano pasado sin fora por perla que dou do seu bolsillo camelle non teria festas,a nos(incluome eu por supuesto)gustanos moito falar pero temos que poñer unha man,bouvos poñer un ejemplo:Perla pediu axuda para ir as caramuxas para ganar dous pesos,publicou que aer si aberia algun voluntario que afirmar que si os houbo e foron:o sogro, o marido.. non podemos ser asi entre todos podemos faser unhas festas grandes e divertidas,
un saludo

Anónimo dijo...

¡¡¡ VIVAN AS FESTAS DE CAMELLE !!!

perla dijo...

quero decirvos que este ano na comisión de festas hai xente moi traballadora da que eu estón moi contenta de poder contar con elas,son:Merche,Carlota,Karina,Angeles,Socorro,Gelines,Demi,Ana Belén,Ignacio e o meu marido.Recoller caramuxas fomos mais xente,non teño sogro,o que ven conmigo foi meu pai.
Este venres necesitamos xente pa axudar na taberna,se teñen experiencia mellor.Nos faremos todo o mellor que podamos pero sabemos que o gusto de todos nunca van a estar as festas,trataremos de que cada ano sean mellores.Teño que agradecer o noso querido Marcos a súa axuda na pegada de carteles.Gracias a todo pobo polo ben que respodío economicamente cas festas,sin cartos imposible traer estas orquestas.Disfrutade delas o máximo.

eu dijo...

Perla, non fai falta que nos dés as jrasias.
As jrasias dámoschas nós a tí e os demais da comisión polo voso traballo desinteresado polo ben do pueblo.
Sejide así porque estas festas prometen moito.

Anónimo dijo...

Canto hay que oir, eses anónimos que falan mal da xente deberian de dar a cara, fixo que son os que mais guerra dan , os que mais disfrutan das festas e os que menos diñeiro dan, ferveme a sangre cando leo estas cousas, como falte esta comision de festas finaliza todo, despois en vez de caramusas van comer ostias en vinagre, animo comision e camellans, que disfrutedes e oxala teñades moi bo tempo.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE