Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 2 de abril de 2009

A voltas coa Fundación Man


Pouco durou a tranquilidade na Casa do Alemán. No padroado da súa fundación, para ser exactos.
Constituída nun acto solemne o 28 de decembro pasado, aos seis anos da morte do anacoreta, aos tres meses rompeuse o equilibrio e o silencio mediático que a acompañaron desde entón.

A espoleta saltou a semana pasada coas declaracións do portavoz do PP, Daniel Rego, advertindo de que a súa representante, Dolores Rodríguez, secretaria no padroado, sopesaba abandonar o posto en protesta por non ser tida en conta en dúas contratacións, a da xestora e unha colaboradora.
O tema cobrou maior virulencia no pleno ordinario do pasado sábado.

Onte, o Concello respondeu ás críticas nunha rolda de prensa celebrada na biblioteca da Casa de Cultura de Camelle, a Casa do Alemán.
Compareceu boa parte do grupo municipal, encabezado polo alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, xunto ás concelleiras Mercedes Martín, Carmen Linares e Sergio Caamaño.
Tamén acudiu a secretaria xeral do PSOE en Camariñas, Encarna Liñeiro.

Mercedes Martín levou o groso da intervención.
rimeiro, para dicir que no Concello non consta que a representante do PP comunique a súa intención de abandonar a fundación nin os motivos para facelo. O que saben é pola prensa.
Dende o Concello está «satisfeitos» co traballo desenvolvido nestes tres meses, tanto polo traballo dos profesionais como polo de quen o fixeron de xeito desinteresado.
Cre que críticas como as do PP son un «insulto» a todas esas persoas.

Martín recordou que, desde a creación da entidade, quedou claro que non se debía de mesturar a política coas actividades propia, «pero parece quen quere sacar rédito político a todo, e non lle importa nin a xente, nin a cultura, nin ou pobo de Camelle, porque, se lle importase algo, non abandonaban ou barco na primeira travesía».
Martín considera que facelo todo ben é difícil, pero que os erros cométenos os que traballan: «os que non fan nada, non poden cometelos».
E referiuse, de novo, como en días atrás en resposta a Rego, aos dous contratos realizados. Respecto diso, manifestou que todo levouse a cabo co asesoramento xurídico do Servizo de Fundacións da Xunta.
«Estamos convencidos de non incorrer nun delito, cousa que eles, co seu representantes, non teñen por que estar tan seguros, porque a secretaria é a única responsable de ter libro de actas, levantar actas e asinar certificacións ao seu debido tempo, non cando poida , e dilixenciar todo coa máxima responsabilidade política».
E iso, ao entender do grupo socialista, non o cumpriu.
Por iso, o Concello resérvase o dereito a expoñer ante o padroado «emprender accións legais oportunas para esclarecer estes feitos, (presuntamente) constitutivos de responsabilidade penal».
Finalmente, anunciou que ninguén lles vai a impedir seguir adiante coa fundación. «Mentres non estivo constituída, todo eran rogos para que se fixese, e en canto se formaliazou, todo son trabas e traspés para non seguir adiante».

Por outro lado o portavoz do PP, Daniel Rego, sinalou onte que o obxectivo do seu grupo está claro: «O que hai que facer é restaurar, rehabilitar e manter a casa museo de Man, na que viviu e o seu contorno. Iso é o fundamental, e non se está facendo».
O líder dos populares lamentouse de novo de que desde o Concello non se contou co seu representante no padroado: «Non contaron connosco para nada, nin sequera para o convenio de colaboración co Concello».
Na rolda de prensa, Martín referiuse a que o posto de secretaria recaera en Dolores Rodríguez co ánimo de darlle unha responsabilidade importante.
Rego rexeita que á súa compañeira póidalle recaer culpa algunha: «Non teñen libro de actas no padroado, e resulta que agora a culpa diso é da secretaria. E, se non o hai, ¿como se van a aprobar as actas?».
Tampouco lle gustou que, na última convocatoria, Rodríguez convocásella por fax só un día antes e á súa casa, e coa decisión xa tomada de contratar á xerente.
Rego pregúntase «¿que hai detrás dás contratacións?».
Cre que, se ten os méritos suficientes, non hai ningún problema, pero que mellor sería realizar unha convocatoria pública.
No fondo de todo, Rego considera que «a culpable política de todo isto, e de máis cousas, é Marisol Soneira».

Ademais de para a rolda de prensa, o acto de onte serviu para coñecer a xerente da fundación, a compostelana Sabela Mariña García, de 25 anos, bióloga.
Leva contratada desde o 20 de febreiro, pero xa levaba varios meses colaborando.
Sabela é a persoa que se encarga de xestionar e coordinar todos os temas que teñen que ver coa fundación, e que lle absorben mañá, tarde «e parte dá noite».
Estes días, máis, porque deseñaron un programa de actividades que pronto empezarán a desenvolverse.
Por exemplo, as exposicións de Semana Santa: unha de fotos de Manolo Pouse e outra do Goberno de Baleares, a que as que haberá que sumar outra de cadros de Rosario Palacios.
O primeiro fin de semana de maio haberá un encontro de land art a cargo do Grupo Arou, e o segundo, un congreso de restauración sobre a obra de Man.

Martín e Mariñas mostraron o material recuperado de Man: debuxos, libros, cadernos, cadros, pequenas esculturas... Gardado en armarios e apilado, a xerente é a encargada da súa clasificación, asistida por expertos nos casos necesarios.
Martín tamén se referiu á chabola do anacoreta e o seu entorno.
Asegura que a intervención nel, de momento, é complicada, debido aos numerosos requisitos que constantemente lle solicitan as diferentes Administracións.

Tendes o programa de actividades da Fundación Man despoñible neste blog nunha entrada de fai uns días.

Todo isto que aconteceu onte queda resumido no comunicado que a Fundación Man dou a prensa:
O concello de Camariñas convoca esta roda de prensa, para informarvos da postura do concello con respecto a Fundación Man de Camelle, da que somos socios fundadores e na que estamos a traballar dende fai un ano e medio.
Desexamos pronunciarnos neste momento, debido os diferentes comentarios que se están a suceder durante estes ultimos días en diversos medios de comunicación por parte de representantes do Partido Popular.
Nestes comentarios estan a decir que queren sair da fundación. Polo que nosotros sabemos, non hai ningunha cofirmación oficial al respecto, nin no concello, nin na fundación, eso o primeiro, tan só sabemos o que nos medios están a dicir, nin mais nin menos.
Non sei os motivos que os levaron a tomar esta decisión, si é que é verdade, pero unha das cousas que dixeron e que non estan de acordo ca xestión da fundación.
Polo que a nós nos atinxe, queremos dicir que estamos satisfeitos ca labor feita na xestión da fundación, durante estes tres meses de andadura, e que eles saben todo o que se fixo e máis o que esta programado facer, podo leervos a grandes rasgos todo, pero o mellor sería que o a acabar esta roda de prensa, forades a parte de arriba e vexades os traballos feitos ata o momento (traslado do material, clasificado, traduccions, exposición programadas, encontro de land art, seminario.....).
Por todo esto creemos que é un insulto estar a dicir que non se está facendo nada, un insulto hacia o persoal que esta a traballar nesto, agora, e os que de xeito desinteresado estan e estuveron a traballar, un insulto contra a profesionalidade e dedicación de todos eles.
No momento de constitución da fundación, o concello deixou clara a sua postura, que era a de non mesturar a politica na fundación, pero parece que hai de quen quere sacar rédito político a todo, e non lle importa nin a xente, nin a cultura, nin o pobo de camelle, porque se lle importara algo, non abandoaban o barco na primeira travesía.
Sabemos que todo non o podemos facer ben, nin a perfección, pero dende logo erros os comete quen fai as cousas, os que non fan nada, non poden cometelos.
O problema máis importante para eles vén de dúas contratacións que se fixeron, unha das cales foi votada e aceptada, e a outra foi un contrato de urxencia, para poder manter a biblioteca.
Nós o que estamos a facer, sempre foi con asesoría xurídica da Xunta de Galicia, do servicio de fundacións da xunta, e estamos convencidos de non haber incurrido en ningún delito, cousa que eles, co seu representante non teñen porque estar tan seguros, porque a secretaria e a unica responsable de ter libro de actas, levantar actas firmar certificaciones a su debido tempo, no cando “poida”, e dilixenciar todo ca máxima responsabilidade posible, feito que ao noso parecer non estivo a cumprir. e polo que o concello reservarase o dereito de plantexar ante o padroado da fundación, emprender as accions legais oportunas para esclarecer estes feitos, constitutivos de responsabilidade penal.
Con todo esto queremos decir que ninguén nos va a impedir seguir adiante ca fundación, xa que o que estase a ver e que mentres non estivo constituida, todo eran rogos para que se fixera, e en canto se formalizou, todo son trabas e traspés para non seguir adiante.
Agora non vamos a dar marcha atrás a un proxecto de esta índole e no que creemos, e estamos seguros de que chegará a bo porto.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

25 anos teraos, pero parese que ten 3......,jo

auuuu dijo...

q tan boa tas sabela eu ibache jeje

Anónimo dijo...

Adiante coa Fundación, agora con mais ganas,xa que sen os pepeiros tamén se poden faser as cousas,non sodes imprescindibels,ainda que pensedes que sen vos non se fai nada.Ala rejo e compañía estades quedando moi moi baixo.Lastima que teñades tan poucas luces e pensedes que a xente é igual que vós,non non estades trabucados,pensade un pouquiño.

merda de jaliña dijo...

un consello dun q non ten ideas politicas ,mercedes aqui non nos poñen encontra vosa ninguen,poñedesvos vos solos coa merda de propostas q facedes po pobo so pensando no voso beneficio.
si fixexedes algo polo pobo aseguroche eu q viviades igual coma marqueses e coa conciencia limpa.Vos non vos acordades cando iades por Camelle coa cabeza alta,non tiñades falta de nada pero a codicia poido con vos.
PD. Tendes q ter un compromiso co pobo ,con todos,os q vos votaron e non e asi q vai sendo hora q espaviledes e fagades o q tendes q facer,senon o pobo tomara as medidas q crea convenientes e ... despois de todo xa nos chamastedes terroristas.Os puntos suspensivos son igual a vos q significa...

Anónimo dijo...

Ton pensando, e logo non hai xente en camelle preparada pa poñer no sitio desa que ta ai de secretaria ou de directora,a mais non creo que fai falta ser biologa para estar aí. Mirade aquí todo mundo a chupar do pobre MAN, unha cas pedras de non sen qué,outros ca fundasion.... e en definitiva que a casa de MAN ta caendo...e ninguen lle poñe unha man,e o que diga o contrario minte, e xa ta

quimico das patacas dijo...

Eu non sei se valera po cargo pero eu iballe,si ela quixese q esto e unha democrasia....jur,jur

Anónimo dijo...

A empresa adebeda 4.000 euros a uns 40 vixilantes que estaban destinados aos servizos de seguridade privada do CHUS
Os traballadores/as de VIPROGA concéntranse diante da sede da empresa para reclamar o pago das mensualidades atrasadas
Traballadores e traballadoras de VIPROGA concentráronse nas instalacións da sede central desta empresa de seguridade privada no Polígono do Tambre, en Compostela, para reclamar ao xerente o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as liquidacións dos seus contratos. A empresa debe máis de 4.000 euros a uns 40 vixiantes que estaban destinados aos servizos de seguridade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, servizo que a empresa perdeu no último concurso de adxudicación da contrata por parte do SERGAS.
Un grupo de traballadores e traballadoras de VIPROGA e delegados/as da CIG-Servizos acudiron na mañá do 8 de abril até a sede central da empresa en Compostela para reclamar a Daniel Rego, propietario da mesma, o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as súas liquidacións (nas que se inclúe a paga de marzo, as vacacións, etc.).

A empresa adebeda entre 4.000 e 4.500 euros a uns 40 vixilantes, aos que finalizou o contrato logo de que o pasado mes de marzo VIPROGA perdese a contrata do SERGAS pola que se lle adxudicou o servizo de vixilancia privada do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela.

Insultos aos traballadores/as

Pola súa banda, Daniel Rego amosou unha actitude intransixente ante as lexítimas reivindicacións dos traballadores/as afectados/as que participaron na protesta, aos que non dubidou en increpar, insultar de xeito moi ofensivo e mesmo darlle algún empurrón. O persoal anunciou que continuará as mobilizacións até que se faga efectivo o abonamento das contías económicas adebedadas e que está levando a cabo os trámites para denunciar esta situación.

Irregularidades constatadas

Dende a Federación de Servizos da CIG reclamouse novamente á administración que non conceda ningunha contrata a esta empresa, coñecidas as maneiras de actuar do seu propietario, o se total desprezo polos traballadores/as. Hai que lembrar que VIPROGA acumula 50 sentenzas firmes con actividades irregulares detectadas e unha acta da Inspección de Traballo na que se constata unha agresión a un traballador, e que mesmo o SERGAS se veu na obriga de adiantar o concurso de adxudicación do servizo de seguridade privada, logo de comprobar que a empresa falsificara partes de servizos para xustificar a presencia de vixiantes, cando na realidade tiña destinados no CHUS menos traballadores/as dos establecidos no prego de condicións.

Novas relacionadas

Anónimo dijo...

Menudo elemento e o dono de esa empresa. Como pa ser Alcalde.

Jose dijo...

o q eu dijo, un desastre pois na o Danielito nn se lle pode votar a pichurri fora asco a votarlle a luis si se presenta

Anónimo dijo...

estes merdentos do psoe son uns mintireiros do carallo, que o demostren

osea dijo...

mira sabeliña, se deixaras de quitarlle o mozo das demais, e te dedicaras a traballar, erache mellor, e deixaras de poñer comentarios inapropiados innecesarios, ti na tua posicion tes que ser imparcial.

sapoconcho dijo...

elojo a quen lle quitou o moso esa?

karavich dijo...

¿Pero que ésto? A que ven tanto rollo de que o PSOE resérvase o dereito de denunuciar ó PP por calumnias.Pero ,por favor,un pouquiño de coerencia, xa que de outras cousas, todo o mundo sabemos que carecedes.Quere denunciar quen acusou o PP de asasinos,(a todos);quen acusou a un pobo de estar sometído,quen acusou a un partido de pintadas escatolóxicas.Bueno asi e a moral socialista.
En canto o dá dimisión de Dolores no o vexo ben ,por que como di a señora Mercedes non se pode abandoar o barco na primeira singladura anque o patrón leve o barco contras pedras,por carecer dunhas nocións básicas de navegación;ademais sabendo como sabe que as contratacións desta xente e sem,pre a mesma ou sea:o que mais enchufe teña

Anónimo dijo...

o de ese articulo que acusan a Daniel Rego,e ben certo,si non, que llo pregunten os empleados de Camariñas que inda non cobraron

un dos dous dijo...

e os dos empleados municipales que deixarán de cobrar pó 2011.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE