Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

sábado, 27 de marzo de 2010

¿Quén matou ao coche eléctrico?

É de todos coñecido o complot por así dicilo, no que participa o noso país en comparsa dos intereses das grandes corporacións petroleiras dos magnates norteamericanos como a familia Bush, os Rockefeller, Shell, etc. Todo polos cartos de zumentas ganancias da venda do petroleo. Recoméndovos a seguinte lectura que fai unha reseña dos vehículos eléctricos que saíron como proba e ao demostrarse a súa eficiencia son retirados para logo ser destruídos e así non roubarlle mercado ao petroleo.

General Motors EV1, o coche eléctrico que non foi.

Un auto eléctrico de altas prestacións. Moita xente quixo compralo. General Motors interrompeu a produción e destruíu as unidades existentes. Que foi o que ocorreu?

En 1996 General Motors comeza a fabricación do seu modelo EV1, un auto eléctrico de altas prestacións, biplaza, con detalles de confort de gama media-alta e unha aceleración de 0 a 100 en 9 segundos. O auto non se vendía, arrendábase por un período inicial de tres anos. Unha alta porcentaxe dos clientes, pasado o tempo, manifestou a súa intención de renovar o contrato, e ata de comprar o vehículo. General Motors, con todo, non só se negou rotundamente a continuar a produción e comercialización do EV1, senón que facendo uso do seu dereito absoluto procedeu tamén a destruír todas as unidades fabricadas.

General Motors foi a primeira en comezar a destruír unidades de automóbiles de propulsión alternativa, pero non foi a única. O mesmo fixo, aínda que dun modo menos impactante, Toyota co seu Rav4 EV (producido entre 1997-2003), Nissan co Passadena Hypermini e Ford co Range EV (1993-2001) e o Think City (2001-2004). As accións foron case simultáneas e a causa de semellantes decisións empresariais foi a mesma que moveu a General Motors.

O desenvolvemento do EV1 estivo alentado, nun principio, pola Zero Emision Vehicle Mandatory do Estado de California, institución creada para apoiar o desenvolvemento de vehículos de emisión local cero. Pero mentres as empresas desenvolvían coches eléctricos pleiteaban, ao mesmo tempo, á ZEV Mandatory para que diminuíse as restricións e permitise o uso de tecnoloxías híbridas. En 2004, por fin, a ZEV reforma os seus postulados a favor das empresas, e as empresas, vendo un campo de acción máis amplo que podía redituar beneficios maiores e a máis curto prazo, cambian de política e intensifican o desenvolvemento de tecnoloxías híbridas.

Hoxe Toyota ten o Prius e Xeral Motors o proxecto Volt, ao que presentou como herdeiro do EV1 no Salón de Detroit de 2007.



miércoles, 24 de marzo de 2010

Humor

A derradeira de Nimportequi...


domingo, 21 de marzo de 2010

viernes, 19 de marzo de 2010

Os monólogos de Manolo

TER UN AMIGO TUNO


¿Sabedes cal é a diferencia esencial entre os Premios NOBEL e os Premios CERVANTES?,¿non?.Pois...que nos Premios CERVANTES actúa a TUNA.Esta é a nosa aportación á cultura universal:"Mocita dame el clavel,dame el clavel de tu boca,que para eso no hay que tener,mucha vergüenza,ni poca".¿Qué?,¿hai ou non hay nivel?

Pero claro,como a tuna ven da EDADE MEDIA,dín que é cultura.Tamén ven da EDADE MEDIA a PESTE NEGRA e non a metemos nas universidades.Lembro,cando eu estudiaba que tiña un amigo tuno (non tunante),unha desgracia como outra calquera,pero o meu amigo Muiños díxome que se meteu ná tuna para ligar,e a verdade é que eu non o entendo,¿Como vai ligar un tío tocando a bandurria e vestido como o Príncipe de BEUCKELAUR?.


Un día,entrou o seu pai ná habitación e pillouno poñéndose unhas medias negras.-"Meu filliño,¿Que che pasa?,¿Por qué poñes medias?,¿Salistes dó armario ou qué?".


-"Non papá,e que me fixen tuno".


-"¡Joder,agora si que me destes un disgusto,hostia!".

Foi como si lle fixeran unha lobotomía,por que a partires de ese intre,o meu amigo Muiños xa non foi o mesmo;un día chégome a clase,e o atopo en gallumbos,tocando a bandurria,e rodeado de xente que lle tiraba caldeiros de auga,e o tío feliz,¿eh?.Eu remangándome lle dixen:"Muiños,¿axúdoche?".


-"Non,déixao Manolo,e que é o meu bautizo de tuno".Joder,si che tiran caldeiros de auga nó bautismo,non quero imaxinar como serán as hostias dá comunión;igual chas dá JERABES.

Pero có ilusionado que está,¿como lle vas a decir que o da tuna é unha merda?.


Tí vas a Santiago ver a catedral,a comer un pulpo á feira;tí estás feliz nó restaurante,e de repente oes:"tiriticlín".Coño,a tuna,e de seguido entra un tío gordo con barba,que se poñe encarnado,e empeza:"Mocitaaaa dame el claveeeel".Pois xa me jodío o pulpo,por que ¿como vas a comer a gusto,con un tío dando brincos o teu lado,tocando a pandeireta e bailando como o negro de BONEY M,por que claro,eso o principio empeza normal,pero de repente éntranlle unhas convulsións que mismamente parece que lle vaia a sair un ALIEN de dentro...Pero bueno,¿Qué lle pasa a este tío?.¿É así ou é que está nervioso?...Vamos,que eu non me imaxino a éste tío afeitándose.

Pero é peor cando te atopas coa tuna po la rúa,por que ahí está tamén o da bandeira,outro que tal baila.O da bandeira e un tío que non sabe tocar ningún instrumento,pero ten tantas ganas de dar o coñazo como os demais.


E que a tuna é como unha plaga,ou sexa,tí estás nun bar,e de repente:"Mocitaaa dame el clavel....Vaste correndo,eu que sei..a Austrália,a cambiar de aires...e de repente:"tiriticlín".Doblas a esquina e:"Mocitaaa dame el clavel"...Hasta si tes unha veciña que está boa,unha noite estás durmindo e de repente:"Mocitaaa dame el clavel"...Que che dan ganas de decirlle a veciña:"¡MOCITA!,¡DALLE Ó CLAVEL DUNHA MALDITA VEZ,A VER SI CALAN!.

Pero a miña experiencia coa tuna foi mais alá.Un día ven Muiños e dime:"Manolo,¿Tí quéresme?".


-"Jodeeer,eu xa sabía que tanto pololo era por algo".


-"Non,en serio Manolo,e que mañán temos unha actuación ná TVG e un membro do grupo está ná cama coas papeiras...Tí soio terás que facer bulto".


¿Tuno eu?.Estuven por romperlle a bandurria ná cabeza,pero o final fún,por que un amigo é un amigo,anque sexa tuno.E claro,Muiños,explicóume que a clave para parecer un tuno e o balance.Que eu pregúntome:¿Por qué balancean?,¿Por que van borrachos?,¿Ou van borrachos para balancear?.Pois xa me vedes a mín,no programa de PIÑEIRO,balanceándome,e claro,como eu non cantaba,dóuseme por analizar as letras das cancións.


Eu pensaba que soio pedían o clavel,pero non.Hai unha que dí:"Ese lunar que tienes cielito lindo junto a la boca,no se lo dés a nadie cielito lindo que a mí me toca"...Logo dí:"ay,ay,ay ayyyy".¡Coño!están xa arrancándolle o lunar,e por riba lle dín:"Canta y no llores".Bueno,pero a que mais me impactou foi esa que dí:Deja que te ponga la mantilla blanca ,deja que te ponga la mantilla azúl,deja que te ponga la de colorado,deja que te ponga la que sabes tú".Está claro,a éstes tíos o que mais lles vai e xogar as bonecas.Si queres facer feliz a un tuno,regálalle a BARBIE BANDURRIA,ou a NANCI PANDERETEIRA.

ABURIÑO

Camellanas con iniciativa: Perruquería e estética B&M

Fai tempo que lle prometín a estas dúas irmáns camellanas e fieles usuarias de quepasaencamelle facer unha reportaxe sobre o seu negocio.
E por fin, este sábado pasado, paseime por alí a darme un reconfortante masaxe e a ver como andaban as cousas pola seu negocio.
Como todos sabedes, estou falando das camellanas Bea e Melania e do seu negocio de perruquería,estética e quiromasaxe B&M.
Pero non queda ahí a cousa, xa que ademáis de perruquería, estética e quiromasaxe tamén teñen bixutería, productos de maquillaxe, perfumes, productos para o pelo e a pel e como novidade tatuaxes non permanentes, depilación laser e o "air brush" que é un revolucionario bronceador que funciona con un aerógrafo que pulveriza unha sustancia bronceadora e inócua sobre a pel para conseguir un bronceado duradeiro e uniforme.
Como vedes, estas rapazas camellanas non paran de innovar e poñerse a vangarda dos mellores salóns de beleza da Costa da Morte.
Soamente falta que pases por alí e te deixes aconsellar por estas dúas profesionais da estética para que saias máis fermoso/a que nunca e tamén relaxado/a, porque a mín xa non me doen tanto as costas.
NOTA : si non probastes nunca o novidoso bronceador "air brush" e queres poñerte un pouco máis moreniño/a, xa que o sol non sae, pásate por alí e dí que vés de parte de quepasaencamelle, faránche un pequeno desconto.
Os teléfonos para pedir cita son  637182310 e 661487885.

Lembranzas do pasado: Campo de fútbol O Rodeiro

A fusión dunhas das mellores páxinas da Costa da Morte, quepasanacosta, cun dos mellores fotógrafos da Costa da Morte, Marcos Rodríguez, deixan unha impresionante reportaxe sobre un dos campos de fútbol míticos da nosa costa e tan lembrado no noso pobo, o campo de fútbol do Rodeiro.
Estas imaxes de seguro que nos fán lembrar a máis dun desas tardes gloriosas de fútbol dos domingos no noso pobo e tamén nos fará reflexionar sobre porqué non temos equipo de fútbol en Camelle.

Máis info e máis fotos :  quepasanacosta, Marcos Rodríguez fotografía

Vídeo de humor (Nimportequi)

Novo e delirante vídeo de cámara oculta do francés nimportequi ( Remi Galliard ); calquer día vanlle a pegar un tiro por xogar tanto con fogo.



Remi Galliard vs Cazador de Conejos

Humor

O festival de Gloucester (suroeste de Inglaterra) onde tiran un queixo rodando outeiro abaixo e a xente lánzase tratando de atrapalo foi cancelado. Non tiveron en conta que o ano pasado atraese á rexión a 15 mil persoas ou que sexa unha tradición de máis de 200 anos, as autoridades suspendérono por cuestións de seguridade e saúde. Bueno, a verdade é que un pouco perigoso si que era,xuzgade vós mesmos vendo os momentos estelares do 2009.

Portos de Galicia construirá un almacén para os pescadores de Camelle

Portos de Galicia comezará nos próximos días as obras de edificación dunha caseta almacén no porto de Camelle. A actuación foi solicitada no seu momento pola confraría de pescadores de Camelle, e suporá un investimento de 20.000 euros.



A futura construción poderá ser utilizada como garaxe e almacén para as motos dos vixiantes, a máquina hidrolimpadora e outros utensilios.


Por outra banda, xa está practicamente terminada a fabricación dos tres portalóns que se colocarán no edificio da lonxa camellana. O proxecto consiste en cambiar a localización dos actuais accesos co fin de permitir a colocación dunha fábrica de frío e conxelación, ademais de incrementar a altura das entradas para que poidan utilizalas os camións.


Polo momento, o servizo da lonxa segue en mans municipais, pero a confraría de Camelle xa solicitou o traspaso da súa xestión.

Por outro lado,o patrón maior da confraría de pescadores de Camelle,solicitou a instalación de cámaras de vixilancia no porto camellán por mor da proliferación de roubos. Fai unhas semanas a Garda Civil detivo a catro mozos de Camariñas como autores do roubo de depósitos de gasolina e outros elementos de embarcacións. Ademais, coa vixilancia preténdense evitar danos a propiedades de patróns maiores ou presidentes de agrupacións.
No porto de Corme xa está en proxecto esta actuación por parte de Portos de Galicia.

Máis info : La Voz de Galicia, La Opinión

Vídeo musical: MACHINA

Manolo Cazolo matou a muller,/con sete coitelos e un alfiler , así berra o estroubo do novo video-clip de Machina. Manolo cazolo, personaxe dunha canción popular galega que de nenos nos cantaban, móstrandonos a face máis escura do que chamamamos tradición oral. A violencia machista como fenónemo normalizado aínda que, supoñemos, rexeitado pola maioría.



Óscar Ansótegui volve a firmar o guión e dirección da peza da banda cercedense. Nela, Manolo Cazolo convértese nun personaxe de terror, implacable e sen rostro individual. Máis que os golpes, a súa violencia é o medo. O camiño é a elección, a liberdade dunha muller que nos mira buscando comprensión para saír desa prisión escura, na que un día afastado, entrou por amor.




Máis info e descargas :  www.machinagz.com

Asombroso discurso dun veterano da guerra de Irak

lunes, 8 de marzo de 2010

Vídeos do documental "Naufraxios na Costa da Morte" do programa "Cuarto Milenio"(Cuatro)

                                                                      PARTE I :


 

                                                                   PARTE II :


domingo, 7 de marzo de 2010

Os relatos de Guany

As última novas que aparecen no blog inspíranme o escrito de hoxe, comezando polo tan traído e levado comentario da descerebrada Rosa Díez. Estamos quentiños con esta "elementa". Espero que non teña un puñetero voto na nósa terra.A resposta dos galegos á Sra. Díez está sendo contundente nas redes sociais para que se entere ben de que aqui non ten moito futuro xente coma ela porque os galegos non somos persoal de terceira aínda que algúns se empeñen en todo o contrario. Non estamos dispostos a tolerar comportamentos como os de esta pretenciosa señora e permanecer de brazos cruzados. Venme á cabeza como describía un coñecido o oficio das persoas vanidosas, empachadas de se mesmas, trepando todo o posible créndose un modelo de talentos. Chamáballe " pretendientes a auxiliar de dependiente". Deprímeme que a tipa sexa a política mellor valorada actualmente ¡como vai o país para que esto suceda!.. Ata pode ser que se cumpran as súas pretensións neste río revolto, máis ben, totalmente enfangado. Lamentable.


Unha boa nova, penso, é a do nomeamento de Digna Romar como presidenta na nosa asociación substituindo a Luís, quen dedicou tanto do seu tempo e enerxía para apoiar a Camelle cando era necesario, enfrontándose a quen fose. Para aforrar algún tipo de comentario en contra, vaia por diante que nunca lle gustamos a todo o mundo, máxime cando as verdades e loitas van radicalmente en contra dalgúns intereses. Tamén me sorprendería que certo número de persoas estean desconformes co nomeamento de Digna, cando ela xamais lle fixo dano a ninguén que se saiba; é unha camellana auténtica, excelente persoa e posuidora dun destacado carácter. Disposta a máis dun sacrificio para ser a presidenta da asociación, cousa de agradecer. Digo que me sorprendería se descoñecese o feito de que A Pergoliña moléstalle a algúns así como aos que simpatizamos con eles e as súas causas porque son as nosas propias. Fagamos o que fagamos e digamos o que digamos, sempre hai algún elemento que procurará desvirtuar aquilo que se diga ou faga e xa sabemos os porqués.Polo tanto, calquera exposición ou consulta sobre camelláns relacionados coa Pergoliña ou xente afín, terá unha resposta sesgada no seu conxunto. De calquera xeito, aqueles que non a consideran adecuada...
¿por que non se presentaron como candidatos?.
¿Será que non os quere ninguén?

Cambiando de terzo, magnífico o artigo de Arturo P. Reverte. Este español traspasou as nosas fronteiras a unha idade relativamente temperá polo seu recoñecido talento sen descartar a existencia de operacións de marketing. Lúcido como poucos escritores actuais.
A miúdo, demoledor, falando co estómago como di el porque Reverte non arrima a súa sardiña a ningunha ascua; está por encima diso e a moita distancia dos que se arrastran para sacar tallada. Labrouse o seu futuro traballando como reporteiro de guerra durante moitos anos. As súas dilatadas, perigosas e interesantes experiencias fixeron deste home, agudo de seu, o personaxe actual que converte en ouro a súa producción literaria conseguindo unha autosuficiencia evidente e a admiración de moitos. Creo que é o que se di un tío independente e comparto totalmente a súa visión como xa teño comentado algunhas veces (coas abismais diferenzas expositivas entre un escritor brillante e unha afeccionada, cuxas dedicacións cotiás pouco ou nada teñen que ver coa literatura).

Tamén comparto con Reverte a confianza de que, no medio de tanto cretino, existan persoas decentes. O lamentable é que a súa suposta acción honrada non se traduza en realidades palpables. Tal vez fuxiron ou desprazáronos; outra das posibilidades é que se resignaran a convivir entre o lixo, sabendo que calquera outra opción é peor. O que non se percibe é a súa existencia vendo o rumbo que levan as cousas. Están desaparecidos aparentemente. Como diría un galego "no sentido pexorativo da palabra" parecen estar a velas vir. A miña pregunta é ¿existen verdadeiramente ou necesitamos introducir algunha utopía na nosa vida cando o futuro aparece de cor gris tirando a negro?.

Os monólogos de Manolo

O COLEXIO(y III)


A nosa época de estudiante,queirámolo ou non,marcounos para toda a vida.Por que foi nesta época cando empezaron a aflorar sentimentos que ata daquela non sabiamos que os tíñamos.


Unha das cousas que mais nos marcou de por vida durante esta época foi O MATERIAL ESCOLAR.


Sí porque,¿vos pensades que Leonardo Da Vinci iba a ser o mesmo,si de pequeno pintara con rotuladores CARIOCA?...Pois nón;por que nó cole enséñanche que si mezclas amarelo con azul sae verde,si mezclas azul con bermello,sae morado...Ben,cos CARIOCA dá igual que colores mezclaras que o resultado iba a ser o mesmo...MERDA...Color MERDA.


Ademais cós CARIOCA comprobamos por vez primeira o que é a ESTAFA.Porque ná caixa poñía ó seguinte:


"CARIOCA,CAIXA DE 24 COLORES"...E eso era mentira.Había 23,porque ún era o blanco,e ése non pintaba...E algún decía:-"E que o blanco póñeno para pintar sobre superficies oscuras"...E nón.Mira,tí fas unha raia con ese rotulador sobre unha cartulina negra e é como si a raia a fixera...pois...MARADONA...Non quedaba nin rastro.


E tí seguías pensando:"E que igual poñen para mezclar.Claro,mezclas blanco con vermello e sae rosa"...Mira,tí mezclabas blanco con vermello e saía MERDA...Así que déixate de historias.

Pero bueno,a mais grande estafa que sofrimos na nosa época escolar foi,sin dubidalo:A GOMA DE BORRAR BOLÍGRAFO.Sí,esa que era como unha lixa dó quince.Que claro que borraba ó bolígrafo...Coño,e o papel,e o pupitre,e si te entusiasmabas un pouco,podíache borrar hasta o dedo...


Sí,si.Tuven eu un compañeiro ná clase,que se fugou dá mesma,a base de fregar ná parede coa dita goma...

Ademais,si digo que nos marca,é verdá.Por exemplo...O primeiro piercing,fixémolo nó cole...¿Quen non se grapou nunca un dedo?...Eu aínda teño a marca.

Pero,en serio.Donde mais nos marca o material escolar é na condición social.Si,sempre había un cabrón que tiña o milloriño.Na miña clase ese neno chamábase Arturo.Éste tiña os pais en Suiza ou en Francia,agora non me acordo,e claro,tíñaslle aquelo que non chegaba a ser envidia,pero parecíase bastante.


E tí chegabas a clase,despois das vacacións de Nadal,que era cando aproveitabas para renovar o material escolar,e enseñábaslle a todos o téu afialapiz metálico con dous buratos para afiar,por certo que o grande,aínda non sei hoxe para que carallo era.


Derrepente,Arturo sacaba un afialapiz de coloriños con forma de Micky Mousse,o que había que sodomizar para sacarlle punta o PLASTIDECOR.


E derrepente decías tí:"Espera,espera"...e tí ibas e sacabas o teu boli BIC de CATRO COLORES.Mais dunha vez preguteime eu:¿catro colores para qué?.Vale.O azul para escribir,o negro para subraiar,o bermello para correxir,pero ¿o verde?...Pois para dar envidiaaaaaaaaa...


Pero claro,chegaba Arturito e sacaba o seu boli de dezaoito colores que era como un chourizo de gordo,e o tío asqueroso aínda decía:


_Ayy...É tan grande que non sei donde o vou meter...


_Pois...Aprende de Micky Mousse...guapo....

Pero eu recoñezo que Arturo trouxo a clase,o último grito en inxeniería escolar:"O ESTUCHE DE DOUS PISOS".


_Joder,Arturo,déixanolo ver.


E todos arredor dó pupitre.E tí preguntábaste:¿Qué pode haber na planta baixa?.


Porque os estuches de dous pisos eran como unha navalla suiza;tiñan mil accesorios e ningún servía para nada.Por exemplo:A lupa de plástico,que servía...para ver borroso:Oes,que tí preguntábaste,¿Cal é o principal obxetivo de ésta lupa?,¿Deixarnos choscos?.Non,para eso está ó compás...


Claro que os fabricantes decían:-E que este estuche para os nenos non pode levar nada que corte ou pinche.


Xa está,unhas TIXEIRAS.E efectivamente,poñíanche unhas tixeiras de punta redonda que nin pinchaban nin cortaban,que eran unha merda.Que querías cortar papel e éste poñíase po lo medio.


Pero eso sí,o CARTABÓN afiado que te cagas,que si non o collías con coidado,podíaste cortar o dedos.E a ESCUADRA tamén...


Pero había unha cousa extraña en todos os estuches.Un artiluxio inquietante,sí era unha regla que tíña unha forma como de media roda,que nunca soupemos moi ben para que era.-Oes Arturo,¿e esto?,¿para que sirve?,¿para debuxar iglús?.Non o sei,pero a través de él,vese mellor que a través dá lupa.


Non home non,é un TRANSPORTADOR DE ÁNGULOS.


Ah,xa,claro...E que nos sonaba como a nave ENTERPRISE.¿Ves a clase en bici?.Non,eu von no meu TRANPORTADOR DE ÁNGULOS.

Eu creo que para acabar coas diferencias sociales,todos deberíamos ter o mesmo material escolar.Por exemplo:Todos con boli BIC,que é o boli da clase obrera.Pero non serviría de nada,por que teño que admitir por moito que me pese,que o BIC NARANXA de Arturo sempre escribirá fino,e que o meu BIC CRISTAL sempre escribirá normal.

HASTA OUTRA.

Prorrógase o I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"

A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade infórmanos que amplíase o prazo para presentar candidaturas, xa que das 23 presentadas, soamente hai 12 candidaturas que cumpren as bases.
Deste xeito, a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, entende que o número de nominacións recibidas non se corresponde nin é representativo da sociedade femenina do noso concello,que conta con 3100 mulleres.
O prazo amplíase dende mañá día 8 de Marzo ata o día 5 de Abril.

Voltamos a recordar as bases para que non haxa ningunha dúbida suliñando o máis importante:
I. Nominacións

• 1. Poderán ser nominadas veciñas de todas as parroquias do concello de Camariñas de calquera ámbito ou sector social, que a data actual non estén falecidas.

• 2. As nominacións poden ser propostas por persoas independentes ou de calquera tipo.

• 3. As nominacións pódense realizar de diversas maneiras:
 a) Cubrindo a ficha de nominacións e meténdoa nas urnas dispostas para o caso, que se atoparán ubicadas en distintos sitios de todas as parroquias do concello.


b) Solicitando a ficha e devolvéndoa cuberta a seguinte dirección de correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com


c) Cubríndoa directamente en http://www.diariocamarinan.com/


d) Descargando a ficha de nominacións nos seguintes blogs, o da asociación mullerespolaigualdade.blogspot.com ou no de Camelle quepasaencamelle.blogspot.com.

• 4. Valorarase como perfil das mulleres nominadas:


a) Que sexa unha muller emprendedora, loitadora...


b) Que rompera os estereotipos da sociedade patriarcal, (na casa, loitando nun taballo masculinizado...).


c) Aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá.

• 5. A prórroga das nominacións comeza o luns día 8 de marzo de 2010. Día da Muller Traballadora.

• 6. A data de peche da prórroga das nominacións será o luns 5 de abril de 2010.


II. Elección

• 7. Seleccionaranse as mulleres máis significativas según o perfil mencionado anteriormente, de entre todas as nominacións recibidas, quedando a criterio da Xunta Diectiva da asociación nomear 3 ou 5 finalistas según o número e tipo de nominacións recibidas. Emitirase un comuncado de prensa co nome das finalistas e publicarase tamén nas páxinas webs arriba mencionadas.

• 8. Un xurado presidido pola presidenta da asociación, e composto por mulleres, estudará as nominacións das finalistas, de entre as cales será elixida a “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas.

• 9. A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público que terá lugar en Camariñas o 1 de maio de 2010.

• 10. A decisión do xurado será inapelable.


III. Premios

• 11. A muller elixida como “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas recibirá un agasallo conmemorativo do premio e será nomeada “Socia Honorífica” da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdadade.

Pincha neste ligazón para descargar o ( Formulario de nominacións ), gárdao no teu ordenador,cúbrelo e mándalo a mullercamarinas.igualdade@gmail.com (é moi sinxelo), que non se diga que en Camelle non hai mulleres emprendedoras e loitadoras.
Lembrar tamén e dar as gracias de novo a Asociación de Mulleres pola Igualdade por esta gran iniciativa e por pensar nos dous únicos medios de información na rede do noso Concello (diarioamariñan e quepasaencamelle) para colaborar nesta iniciativa.

Entroido en Camelle - 2010

Xa tendes na parte de abaixo do blog (máis vale tarde que nunca),unha selección de máis de 150 fotos sobre o mellor entroido do noso concello, o entroido de Camelle.
Gracias a "Pupus" polas fotos.

Camelle en Cuarto Milenio

O programa Cuarto Milenio da canle Cuatro,presentado polo popular Iker Jiménez,emite hoxe domingo pola noite (12:00h.) un documental que trata sobre a historia dos naufraxios na Costa da Morte.
O documental foi grabado en Camelle, Camariñas e Corcubión, e contará a historia dos naufraxios máis importantes na nosa costa como o do Serpent,o Nil, o Wolfstrong, o Iris Hull,etc.
Lembrar que dende o século XVI ata o ano 2000, hai documentados un total de 454 barcos naufragados na Costa da Morte.
Sinto moito non poder informaros antes desta nova, pero como xa sabedes,non dispoño de moito tempo ultimamente.

Máis info: anosacosta, La Voz de Galicia

Humor (Macaco suicida)

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE