Mañá martes, a AA VV poñerá a disposición pública na casa do mar a lista definitiva da xente que se comprometeu con nome, apelidos e a súa sinatura a non vender os seus terrenos para a implantación da piscifactoría na Xandriña.
Resúmovolo, hai 190 persoas con leiras na Xandriña que se comprometen a non vender, a suma dos terreos de todos eles fan 157.518 metros cadrados e a porcentaxe e dun 72.6% do terreo total.
Agradecemos o interés de esas 190 persoas e esperamos tamén que cumplan o seu compromiso. Tamén esperamos a reacción do noso alcalde que dixo que estaría dacordo coa implantación da piscifactoría, si se vendían o 51% dos terreos.
Comunícovos tamén que a data de finalización para dar os 100 € para o avogado remata este domingo.

2 comentarios:
A ver que di pichurriño ahora e marisoliña...
Digo o mesmo. ¿Seguirán dicindo que as voces que se erguen en contra do negocio ese son uns poucos; que están manipulados polos da asociación A Pergoliña?. Pois que vaian comprobalo na listaxe exposta na casa do mar. Eu creo que nos subestimaron nesta cuestión. Se parten do suposto de que os camelláns somos bobos, é lóxico que pensen que somos fácilmente manexables. Quizais non pensaron noutra opción, máis real: en xeral, temos bastante claro o que non queremos. E non queremos máis lixo nin nas nosas terras nin na nosa costa e tampouco nos gusta a "xente luxada" que pretende apropiarse dos nosos terreos para facer grandes negocios con eles. Loitaremos todo o que sexa preciso e demostrámolo desde o primeiro momento que tivemos coñecemento das intencións destes personaxes. En poucas cousas estiveron os camelláns tan seguros de algo. Síntome orgullosa deles.
Publicar un comentario