Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 29 de septiembre de 2009

A visión de Mercedes Martín con respecto ó relato de Guany

Mercedes Martín González, remítenos a quepasaencamelle, un texto en resposta á publicación do último relato que Guany enviou a esta páxina dirixido a ela.
Tamén queremos deixar claro dende este blog que aquí (coma sempre) poñemos o que nos mandan usuarios, o que vemos ou nos remiten dende outras páxinas e novas contrastadas. Aquí non tratamos de perseguir ou crucificar a ninguén, eso sí, si un persoaxe público manda notas de prensa relacionadas con Camelle, ímolas poñer sempre.
Con respecto aos comentarios, seguirán sendo anónimos coma antes por petición popular, de momento, e volvo a repetir que se eliminarán ou extractarán tódolos comentarios ameazantes, insultantes, inxuriantes, malsoantes ou que nomeen a alguén, a non ser que sexa un persoaxe público ou que nos mande un relato unha persoa co seu nome e apelidos.

Dedicado a Guany
 Ninguén escolle o lugar onde quere nacer, pero uns poucos somos moi afortunados porque puidemos elixir o sitio en que queremos vivir e convivir. Quen é mais dun lugar, aquel a quen pariron nun sitio, sen ter conciencia do feito, ou aqueles que, libremente optaron por construír nese sitio o seu proxecto vital?

Eu non son marxista, nin falta que me fai, e a anónima ou anónimo escritor debería saber, que o Partido Socialista fai moito tempo que renuncio a tal credo. Sen embargo, entre as ilustres personalidades citadas esqueceuse de Pablo Iglesias a quen me gusta lembrar en momentos como estes: "Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes"

Ninguén ten o patrimonio da verdade absoluta. Eu tampouco. Pero a diferenza entre eu e algúns “amantes” de Camelle é que nunca lle manchei a casa a ninguén con excrementos, non insultei, non petei nas portas, non atentei contra os seus cans, non chamei a ninguén por teléfono para asustar a súa familia, nin ningunha desas cousas que, parece ser, son produto do amor sen límites que algúns teñen por Camelle. Aquí tamén se me ocorre un pensamento dos primeiros cristiáns: o amor sen caridade non é tal.

Eu son camellana porque decidín ser camellana. Ninguén me obriga e ninguén me ordena. E como teño a obriga persoal e política de pensar no futuro de Camelle sigo pensando que, gracias a algún veciño de fin de semana que o domingo pola tarde desaparece dos nosos problemas e das nosas dificultades, Camelle é posible que perda unha oportunidade histórica de ser aquel pobo sementado de conserveiras e puxante de actividade. E o digo berrando, porque parece que só os de unha parte teñen liberdade para falar, e a min de momento, ninguén me pon un fecho.

Con respecto as limitacións en galego, teño que dicirche, que aunque non o fale, asegúrocho que non preciso de tradutor, e me valo por mi mesma, o mellor e que ti o precisaches para o castelá, e pensas o mesmo de min.

Eu seguirei aquí porque así o decidín. Outros decidiron fuxir dándolle as costas os problemas. Solo pido que os demais teñan o mesmo respecto polo meu compromiso que eu teño con eles, e pese a quen lle pese, fun elixida polo pobo durante catro anos, e penso seguir aquí alomenos ata o 2011 e ca testa ben erguida, porque para min é un orgullo defender as ideas nas que creo e os principios do meu partido.

P:D: Paréceme que o que mais e o que menos escudase tras un alcume ou un anónimo. Moi poucos damos a cara e asinamos os comunicados o as nosas opinións.


16 comentarios:

Anónimo dijo...

vaiche a movida eh, alabado sea dios compañeira, e dise ... "válome por min mesma"

Anónimo dijo...

loreal xq yo lo valgo

Anónimo dijo...

que aunque non o fale = ainda que non o fale

Anónimo dijo...

tes toda razon cos argumentos q dis, gustelle a quen lle guste ou non lle guste a quen non lle guste, independientemente de quen este a favor da piscifatoria ou non, do partido socialista ou non, creo que eres máis camellana ti que outros que naceron en camelle mais non residen polo motivo que sexa.

xanti dijo...

Muy ben Merche ti si que dis a verdade e non ese tal Guani que escribe tonterias e ninguen sabe quen e, eu estuben preguntando quen seria ese personage e en Camelle no o coñece nadi , debe ser un porco ou un can de palleiro que ladra moito e nada fai.

8 dijo...

e ti falas de principios!! OS PRINCIPIOS SOLO SON PRINCIPIOS CANDO CHE EMPEZAN A CUSTAR CARTOS! e a ti por aora estes principios solo che estan a dar cartos, se che custaran algo queria saber eu como seria o conto!!

Eu dijo...

Non quita que teñas unha parte de razón para que estes equivocada en outra.
O de que che cajen na porta, che peten na mesma ou che metan "o bolo" non debes toma-lo como aljo personal, xa que a unha jran parte de camelláns (de todo tipo e sin ninjun tipo de adjetivo que ti te empeñas en sejir usando) lles pasou. Deberías toma-lo como un orjullo, como que che consideran da casa.
Despois si che amenazan, che insultan ou atentan contra os teus cans ou familia deberías acudir a Garda Civil que para eso está, pare que nos defenda a todos de xente que non está ben da cabesa.
Por outra parte desirche, por si non o sabes, que en Camelle xa existiu unha importante industria conserveira e que xa pasou a historia, en Camelle deixou de ser rentable.
Tamén decirche que foi un importante punto de Salvamento e onde incluso había Consulados estranxeiros; polo que dende esta páxina che pido denodadamente que, como representante politica de todo-los camelláns (sí, tamén de nós, dos de fín de semana) reclames dende o Concello as administracións correspondentes (coa mesma vehemencia, intensidade e ilusión)unha base permanente de Salvamento marítimo en Camelle, o que nos poría no mapa e revitalizaría a economía do pobo.
Un saludiño

r.c.a. dijo...

Tes toda a rasón do mundo, pero que se creerá esta tía para insultar os de camelle? hay que joderse. Non sabe nin dar os números e ahora dáselle coa literatura e bastante mal,por serto.

"Unha veciña de fin de semana" dijo...

Sra. Martín:
Para empezar,o primeiro que teño que facer é reprobar as conductas que vostede denuncia(ameazas,insultos...)
Por outra parte, teño que decirlle que sobreestima a capacidade de "algún veciño de fin de semana" e que subestima a intelixencia da xente de Camelle, pois non hai ningún "veciño de fin de semana" tan brillante que poda manipular a vontade da maioría da xente dun pobo. Por sorte, a día de hoxe, mal que lle pese a algúns, a xente é cada vez máis culta e está máis preparada, polo que é moi difícil que se deixen enganar fácilmente (acabáronse os tempos de decir que chove cando mexan por nós, como decía Castelao).
"Algún veciño de fin de semana", o que fixo foi poñer luz onde había oscuridade, é decir, dar información onde non a había; labor que, por outra parte,lle correspondería o equipo de Goberno Municipal.
Vostede está no seu dereito de expresar o que queira e de defender os intereses que lle pete, pero iso a título persoal, porque como representante do pobo, o que ten que facer é defender os intereses deste (da maioria da xente), porque foi o pobo o que lle otorgou a súa confianza para que o represente; e si tan camellana se sinte, habendo choque de intereses entre o seu partido e o seu pobo, o que tiña que facer era poñerse do lado deste (tome exemplo do que fixo o Presidente da A.VV., que ainda sendo representante do BNG e estando éste no Goberno bipartito, púxose do lado do seu pobo e non do seu partido).
Vostedes olvidaron que o pobo é soberano, é quen máis ordea, e cando lles otorga a confianza, non lles está a entregar un cheque en blanco.
Vostedes pasaron de negar a inclusión da Ghandriña no Plan Acuícola, a decir que estaba incluida pero que non era como se estaba a decir por "algún veciño de fin de semana", é decir, pasaron de negar a evidencia a desvirtuar a realidade. Isto foi o peor que fixeron, porque si se reunisen co pobo e lles explicasen o proxecto, ao mellor as cousas serían deiferentes, e non xeneraría desconfianza.
Vostede di que non está en posesión da verdade absoluta (é verdade, porque ninguén o está), pero demostra o contrario, porque defende que o mellor que lle podía pasar a Camelle era que viñese a piscifactoría, ainda que sea por enriba da vontade da súa xente.
En Camelle recibírona cos brazos abertos, como fai a xente de aquí con todo o mundo que aquí chega, outorgáronlle a súa confianza, e cómo lles pagou vostede?, con engano e traizón. Iso foi o que non lle perdoaron, porque isto doe máis cando procede dun dos nosos.
Por último, non o olvide, si neste tema se perde ou se gaña algo, non é por "algún veciño de fin de semana", senón pola vontade da xente deste pobo.
P.D. Perdoe que non firme co meu nome, pero é así como vostede se refire a min e a outros.

karavich dijo...

Tes razón en algunhas cousas,como no de decir que ninguén escolle donde nacer.E vedadeiramente,tamén eres moi afortunada por que podes elexir o lugar donde vivir e ¿convivir?.¿Pero vostede que entende por convivir?,por que si esto que vostede fai é convivir,¿como será "tiranizar?.Medo me dás.
Si renunciastes as ideas marxistas,e te abrazas os ideales de este falso socialismo,perdoando a comparanza,é como si saíras dá bosta e caeras no pozo negro.
Tamén estou de acordo que o de mancharche a porta e o de atentar contra os teus can está moi mal feito,sobre todo por que tí non o farias,pero insultar,insultaches,Ou non estás a insultar a intelixencia da maioría cando dís que lle "comeron o coco",ah e as portas petaches,con nocturnidade e alevosía.
O dito sobre os primeiros cristiáns,aplícate o mesmo a tí,ademais do acto de contricción,e a valentía de pedir perdón publicamente,e con eso non penso que teñas problemas para "convivir".
O de que decidiches ser camellana,moi ben,aceptada,pero comportate como tal e non fagas dano os teus veciños.E sobre o de que ninguén che ordena nin manda,daquela ainda o complicas mais.Por que eu pensei que todo o facías por mandato de outros.
Tes a obriga persoal e política de pensar no futuro de Camelle,moi ben.Pero tamén tes a obriga persoal e política de respetar a democracia.
Tí ben o dis,e "posible" que Camelle perdera a súa oportunidade,pero foi o que quixemos a maioría,e tes que repetalo,si nón,estás a darnos a razón,os que desconfiamos que hai outros oscuros intereses.
¡Fas ben!,que ninguén che tape a boca,pero xa que che gusta tanto as frases dos políticos mortos,hai un dito dun ex-presidente británico que decía:HAI MOMENTOS,NÁ VIDA DE TODO POLÍTICO,QUE O MELLOR QUE PODE FACER É PECHAR A BOCA.I eu creo que éste é un bó momento.

A verdade é que despois de leer o teu comunicado,non me queda outra, que solicitar a AA VV duas medallas para tí,unha por "curta"(moral),e outra por si a perdes.
Espero que sepas quen sou,e si non preguntalle o detective Xanti.

Camisa verde dijo...

Fantásticos e brillantes comentarios. Xa non poido engadir nada, lésteme o pensamento e expresádesvos mellor cá min. Unha cousiña: se o fulano ese, que chamades detective da señora Merche, se comporta como fala.... Jesús.....que peza. Con amigos asi, non fan falla inimigos.
Ademais,me parece que non atina no seu traballo porque vai dando paos de cego

Mariseli dijo...

Non sei porque esta señora nos ten tanta manía, so por que lles descubrimos a nosa xente a verdade?, non comprende que por casarse fora ou ter que traballar noutro sitio non se ten por que renunciar aos antepasados e o teu pobo e que podes seguir mirando polo seu furturo e que ninguen acuda a asoballalo por que ven nel un negocio.
Pois mal que che pese Mercedes, seguiremos sendo eses veciños de fin de semana que queremos o mellor para a nosa xente e que non teñan que marchar como tivemos que facer nos.

Anónimo dijo...

PARA MERCEDES:
DONDE VAS AS REUNIÓNS DE 6 EN 6 MESES?

dono dijo...

E o pobo que elexio os seus representantes,xa esta, xa non ten que pensar mais,xa non ten que opinar mais,xa opinan e pensan por eles os representados ou "elexidos".

Anónimo dijo...

Como ira a investijasion do adn da merda.Ou salirialle que foron os seus cans

Anónimo dijo...

bien ti sabes falar ,notase que defendes o pobo e a xente do común non a catro ricachones de fin de semana

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE