Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 29 de diciembre de 2009

Os monólogos de Manolo


CARTAS DÓ NADAL.


Buenas,queridos amigos,tendes que perdoar por non mandar ó monólogo a semana pasada.Pero é que me atopaba preparando as oposicións para entrar nó CNI (Centro Nacional de Intelixencia).


Aprovadas as oposicións,destináronme ó "control de comunicación escrita".O sea,controlar as cartas que se envian por correo neste país.É un traballo impresionante,lees cada cousa que te deixa abraiado,e que che fan dudar seriamente das cousas mais lóxicas que podas maxinar.


Sin ir mais lonxe,o outro día chegou as miñas máns unhas cartas de BARBIE e KEN.Sí, eses muñecos tan perfectos que nos fai sentir ridículos os mais comúns dos mortales.E decían así:

CARTA DE BARBIE.............................................................................................................................


Querido Santa:


¡Escoitame ben,gordo seboso!,estou cansada de salvarche o cú cada ano por estas datas,sendo o "perfecto regalo de Nadal ",usando minúsculos traxes de baño en pleno mes de Decembro,e cheirando a "Chanel" barato en fastidiosas festiñas de nenas de clase media.E mellor que fagan algúns cambios ou vou a convocar unha folga internacional dentro dó gremio dós xoguetes.


Estas son as miñas peticións para este Nadal 2009:


Pantalón e chaqueta de cuiro,grandes e cómodos.Estou cansada de parecer unha puta en biquinis fucsia.Roupa interior de verdade,desa que podes quitar e poñer.Esa roupa interior runcha e de cuello de tortuga,modelada en plástico,que se lle ocurreu a algún xenio de Mattel,faime ver como si tivera celulitis...Os brazos articulados,para poder darlle algún empuxón a KEN.

Un HOME de VERDADE.Non me importa donde coño teñas que ir para conseguilo,pero tráeme a GI JOE ou a ACTION MAN.Non soporto mais a ese muñequiño gay de KEN.E menos agora,coa mariconería do arete ná orella.¡¡¡Non jodas!!!

Unha nova profesión.Non mais maestra de escola,nin veterinaria.Quero ganar cartos a joder e de verdade,como bailarina stripper,masajista sado,ou ministra dó goberno.

Non mais Barbie embarazada,esa barriga tan grande,provocada por un neno bastardo,están arruinando a miña reputación.

Accións de Mattel.Joder,que xa son 40 anos de antigüedade...!!!

Penso que estas peticións son razonables.Si non che gustan,empeza a buscar unha nova puta para o próximo Nadal.Así de simple...!!!.

Atentamente BARBIE.

CARTA DE KEN.....................................................................................................................................

Querido Santa:


Gustaríame aproveitar esta oportunidade para informarche de algúns asuntos con respecto dá Srta Barbie,así como de algunhas das miñas propias necesidades e desexos.
 En primeiro lugar,tanto eu como moitos dos meus colegas,opinamos que a Srta Barbie,"NON MERECE" o trato preferencial que recibio o longo de tantos anos.

Esa puta ten de todo:Casiñas soñadas,Castelos,Corvettes,Buggies para a playa,caravanas,etc...mentras que algúns de algúns de nós nin siquera podemos cambiar o peinado,e os pobres dos CLICKS non poden arrañar os juevos por moito que lle piquen.Eu mesmo teño moi limitado o gardaroupa, obviamente diseñado para complementar, pero nunca superar o da srta en cuestión.

Por outro lado, tamén me gustaria cambiar a miña profesión para explorar mais a miña naturaleza creativa.


Algunhas opcións a considerar son: "KEN decorador", "KEN estilista", "KEN participante de gran hermano", "KEN ministro de economia e facenda", ou "KEN actor de HOLLIWOOD".

Con respecto a petición da srta BARBIE,de brazos que se doblen para " poder empuxar o maricón de KEN", pois eu necesito pernas que se doblen para darlle unha patada no cú a esa cadela descarriada.

Pernas que se doblen polas rodillas tamén, seríanme útiles en outras situacións que espero que entendas sin necesidade de extenderme moito nos detalles.

Ademais, notificolle amablemente a srta BARBIE que se olvide de ACTIÓN MAN...Él , e meu ...ou o menos eso foi o que me dixo a noite pasada.

Atentamente KEN.

martes, 22 de diciembre de 2009

Lotería de Nadal

O gordo :   78294
2º premio : 53152
3º premio : 10104
4º premio : 29013 - 69393
5º premio : 77607 - 43802 - 51972 - 49271 - 57580 - 31821 - 6679 - 34030
- Comproba se o teu número foi premiado no seguinte ligazón : Lotería de Nadal 2009

Canción homenaxe a Manfred composta e cantada polo compositor catalán Joan Isaac acompañada da voz de Ana Belén.

Documental "Os soños do mar" ( 1/3 )

Documental que conta a vida dos mariñeiros dun pobo da Costa da Morte, neste caso, do pobo veciño de Laxe.


Mandeo Records - OS SOÑOS DO MAR 1/3 from Mandeo Records on Vimeo.
Máis info : ossonosdomar, mandeorecords, quepasanacosta

lunes, 21 de diciembre de 2009

Vídeo de humor (Anuncio TV)

Para mariñeiros nós (Capítulo 13)

jueves, 17 de diciembre de 2009

Info Comisión de Festas de Camelle


1-  Aínda quedan décimos (moi poucos) da Lotería de Nadal da Comisión de Festas de Camelle, se aínda non o tés apura a mercalo non vaia ser que toque (lembrade que o ano pasado tocaron 100 euros).

2-  A festa do Nadal na Casa de Cultura do día 26 de Decembro coa actuación do dúo Ciclón e moitas máis sorpresas cobraráse 2€ pola entrada para axudar a Comisión de Festas de Camelle.

3-  A re-celebración de fin de ano do 2 de Xaneiro no Pabellón da Ponte do Porto amenizada polas orquestras Foliada e Jerusalén tamén traerá moitas sorpresas como uvas para todos e cotillón para os primeiros que cheguen,según informa Perla.
Tamén agradece de antemán que mercades as entradas anticipadas na Ponte do Porto (Modas Guillerina e Pastelería Perla) e en Camelle ( Pastelería Perla, Jazmín e nos bares ).
O prezo é de 5€ e haberá diversión e festa garantizada ata o día.

4-  Acábase de crear na rede social Facebook o grupo " Festas de Camelle ".
Si eres de Camelle, ou non, e gústanche as festas que se fán no noso pobo só tés que unirte a este grupo no seguinte ligazón :  Festas de Camelle en Facebook

Stopmotion + animación en flash = KUNGFU

Libros ( La Casta )



O CHOIO DA CASTA POLÍTICA EN ESPAÑA



Co mesmo título do libro que o ano pasado conmocionou Italia, o xornalista Daniel Montero publica «La Casta». Recolle, sen piedade, en 280 páxinas, os privilexios dos profesionais da política, nun momento moi delicado polo escándalo social do caso Gürtel.

O hinduismo considera que os seres humanos foron creados con distintas partes dunha divindade chamada Brahma. Os sacerdotes saíron da súa boca. Os comerciantes, das súas cadeiras. Os escravos, dos seus pés. E os políticos, dos ombreiros da deidad xunto cos guerreiros. Esta lenda -descrita nun texto do século III a.C. chamado As leis de Manu- é a base do sistema de castas que impera na India. Alí, a pertenza a unha casta define o status social do individuo, as súas posibilidades de traballo e ata con quen se ten que casar. E non é posible ascender na escala social. Só os nados nas castas superiores poden gozar dos mellores privilexios.

Vinte e cinco séculos despois, a analoxía segue viva para entender o funcionamento da clase política española: un grupo pechado, homoxéneo e onde os herdeiros teñen moito camiño percorrido. Basta ollar polos despachos de europarlamentarios españois en Estrasburgo para atopar probas xenealóxicas: un fillo de Alfonso Guerra, un cuñado de Aznar... Si, agora son fillos, sobriños, netos ou coñecidos dos históricos do PP e do PSOE os que fan de escudeiros da casta en Europa. O Parlamento Europeo pasou de cemiterio de elefantes a campo de adestramento. As oficinas do hemiciclo son agora un lugar onde os herdeiros do trono electoral, forxan contactos e curten as súas esporas. Son A Casta.

Co mesmo título que o libro que o ano pasado conmocionou a vida política italiana, sacando as cores a quen viven da cousa pública, o xornalista Daniel Montero mete o bisturí no patio local. Tampouco cheira ben aquí. Nas 286 páxinas de La Casta. O incrible choio de ser político en España, Montero lanza cortantes preguntas (Que futuro ten un país onde as case 80.000 persoas que forman a clase política están envolvidas nun veo informativo sobre o malgasto dos seus privilexios?) e ofrece respostas e datos precisos. Gürtel é só un epígrafe nesta crispante historia.

1.- Co que gaña Rajoy nun mes, unha pensionista con catro fillos vive durante dous anos e medio.
2.- Tal é o descontrol, que en España non hai nin unha soa institución que coñeza cantos políticos cobran do Estado.
3.- Un español ten unha pensión máxima de 32.000 euros anuais, pero os políticos teñen dereito a pensións vitalicias moi superiores. 74.000 euros no caso dos primeiros espadas da Casta. Ademais estas pensións non son incompatibles con outros soldos da Administración ou con outras actividades económicas. Un deputado ou senador ten que estar só sete anos no cargo para optar á pensión máxima (32.000 euros), mentres que un traballador autónomo ou por conta allea necesita 35 anos cotizados.
4.- A retención das nóminas de deputados e senadores é só do 4,5%
5.- Sabía vostede que paga do seu peto as multas que a DXT impón aos políticos? E que ademais as paga con recarga?
6.- Viaxes innecesarias? Unha comisión do Congreso pide permiso para que 60 deputados viaxen catro días a Canarias a estudar o cultivo do plátano.
7.- Zapatero é o único presidente da UE que carga os seus gastos vacacionais aos orzamentos estatais. Viaxa con 100 persoas durante tres semanas.

AZNAR, JOSÉ MARÍA: é o único ex presidente do Goberno que solicitou o soldo vitalicio que supón sentar no Consello de Estado: 74.000 euros anuais. Nómina que pretendía sumar á de executivo do magnate da prensa Rupert Murdoch. Denegáronllo pero saíulle rendible. Aznar renunciou por un soldo de 220.000 euros ao ano, tres veces máis do que cobraba como conselleiro de Estado. [Resulta difícil cifrar, como no caso doutros ex presidentes, canto diñeiro suman as súas actividades privadas e públicas].

ABSENTISMO: non existen datos oficiais sobre a falta ao traballo dos políticos ou polo menos non se fixeron públicos.

AVIÓNS: os deputados poden utilizar ao seu antollo con cargo ás arcas do Estado avións, trens ou barcos. Dispón de 5.000.000 de euros ao ano para viaxes.

BONO, JOSÉ: entre soldo e complementos, o presidente do Congreso cobra 13.856 euros ao mes: 3.126 por deputado, 3.605 como complemento, 3.915 para gastos de representación e 3.210 de libre disposición. As dúas últimas partidas suman máis de 6.000 euros mensuais para comidas, agasallos e actos de protocolo. Todo este diñeiro sen contar as indemnizacións previstas por lei para sufragar «gastos que sexan indispensables para o exercicio da súa función».

BOTELLA, JOSÉ: o cuñado de José María Aznar foi fichado en Bruxelas, desde as oficinas do PP nesa capital. No tribunal que o examinou para funcionario estaba un membro determinante, Gerardo Galeote, que presidía a delegación popular en Europa. En menos de dous anos o irmán de Ana Botella blindóuse cun soldo europeo para toda a vida.

CALDERA, JESÚS: o ex ministro de Traballo e Asuntos Sociais recibe 6.319 euros mensuais polo seu escano na cámara baixa, onde redondea o seu soldo como vocal da Deputación Permanente e presidente dunha comisión. Cando era ministro subiu o salario mínimo a 600 euros. Catro anos despois, o seu soldo é 10 veces superior a esa cifra, que recibe simplemente por non abrir a boca. Caldera non presentou nin unha soa iniciativa nin interveu no Congreso desde que comezou a actual lexislatura. Ao final, cobrará en 2009 máis de 120.000 euros polos servizos prestados.

CARGOS: hai 8.112 alcaldes, 65.896 concelleiros, 1.206 parlamentarios autonómicos, 1.031 deputados provinciais, 650 deputados e senadores, 139 responsables de Cabildos e Consellos insulares e 13 conselleiros do Val de Arán.

CASTIGO: nunca se sancionou a ningún membro da Casta por incumprir o Código do Bo Goberno, que se supón que controla as boas prácticas do Executivo.

COCHES: o luxo de moitos dirixentes autonómicos lévalles a sentar as súas posadeiras en automóbiles de máis de 100.000 euros. Gallardón, o alcalde de Madrid, móvese nun Audi A8 de 591.624 euros. Foi contratado en arrendamento ata 2011, así que o alcalde gasta 150.000 euros ao ano do peto dos seus cidadáns para moverse pola cidade e arredores. Catorce dos 17 presidentes autonómicos usan Audi. O valenciano Francisco Camps ten varios á súa disposición (esa comunidade dispón de 200 vehículos para os seus altos cargos, a maioría deles Volvo S80, de 40.000 euros), o mesmo que sucedía con Chaves en Andalucía, cuxo Goberno conta con 234 coches oficiais.

CHAVES, MANUEL: cobra ao ano 81.155 euros por ser ministro máis unha indemnización de 46.000 ao ano por abandonar a presidencia de Andalucía. Ou sexa, 127.155 euros anuais. Dous soldos do Estado compatibles só para altos cargos. Para os demais españois está prohibido por lei.

MALGASTO: o Congreso gasta cada ano 160.000 euros en agasallos do Nadal. 11.000 cargos públicos reciben obsequios por esas datas, un gasto que suma ao ano 2.200.000 euros.

DÉBEDAS: cada español debe aos bancos 566 euros pola débeda dos concellos.

DESCONTROL: é tal na administración de fondos públicos que en España non hai nin unha soa institución que coñeza cantos políticos cobran do Estado.

DIETAS: os parlamentarios que non viven en Madrid reciben, ademais do soldo, outros 1.823 euros ao mes polos seus supostos gastos de manutención e aloxamento. Os locais, 870 para gastos, libres de impostos. A suma destes sinxelos complementos supera o soldo de 12 millóns de cidadáns. Ademais, cobran 150 euros cada día se saen ao estranxeiro, e 120 se viaxan polo país.

ENCHUFADOS: ata fai tres meses, cada eurodiputado dispuña de 17.140 euros ao mes para contratar a familiares. O ex presidente do PP de Cataluña e vicepresidente da cámara europea, Afasto Vidal-Quadras, puxo en nómina como secretario en Bruxelas a Albert Fortes, irmán da súa esposa. E o eurodiputado cacereño do PP, Felipe Camisón (falecido en maio de 2009) contratou ao seu cónxuxe como asistente, do mesmo xeito que fixo a tamén deputada popular Cristina Gutiérrez-Cortines coa súa filla. E o mesmo fixo o socialista Enrique Barón coa filla dun militante afín. [Na actualidade, os familiares directos foron eliminados dos persoais dos deputados españois. Con todo, os parentes de sangue foron substituídos por persoal próximo ao partido].

FUNDACIÓNS: 52 políticos nacionais ocupan cargos en 74 fundacións distintas: 31 polo PSOE, 28 polo PP e 4 polo resto de grupos. A conservadora Soidade Becerril parece a máis activa: é membro do padroado de seis fundacións. Non todas teñen un marcado carácter político.

GUERRA REINA, ALFONSO: fillo do ex vicepresidente do Goberno, Alfonso Guerra. Foi elixido a dedo como asistente do vicepresidente do Parlamento Europeo, o socialista Miguel Anxo Martínez. Máis de 140 millóns ao ano vanse en soldos de 1.200 recomendados. Con ese diñeiro poderíanse manter os servizos dunha cidade española de 115.000 habitantes durante un ano.

FACENDA: a retención das nóminas dos deputados e senadores é só do 4,5%.

HORAS EXTRAS: en 2008 o Goberno da Rioxa pagou 200.000 euros extras aos seus condutores. Realizaron 870.182 quilómetros, uns 2.300 ao día, o suficiente para cruzar tres veces España deste a oeste. Un gasto curioso xa que é a comunidade máis pequena do país e que a súa poboación é inferior á de calquera cidade dormitorio de Madrid. O uso de coches oficiais para asuntos particulares é unha práctica tan común como soterrada.

IBARRETXE, JUAN JOSÉ: o ex lehendakari do Goberno vasco recibe uns 45.000 euros ao ano, a metade do que ingresaba cando era presidente. E cobrarao para sempre, igual que todos os membros do seu executivo. Este tipo de xubilacións están moi por encima do límite legal para o resto dos españois, que non poden cobrar máis de 32.000 euros anuais, por moito que coticen toda a súa vida.

IMPOSTOS: un cidadán, por exemplo, de Madrid sustenta cos seus impostos o salario de 27 concelleiros, 120 parlamentarios da Asemblea madrileña, 264 senadores, 350 deputados nacionais e 54 do Parlamento Europeo. En total, 815 cargos electos cun soldo base que supera os 3.000 euros. E sen contar os postos de confianza que arrastra cada un.

XUBILADO DE OURO: tras abandonar o FMI, Rodrigo Rato regresou a España cunha pensión vitalicia de 80.000 dólares anuais. Sumados ao soldo de ex ministro, en 2006 percibía 37.070 euros mensuais. [Un español necesita cotizar polo menos 35 anos, 15 coa base máis alta, para poder cobrar a xubilación máxima de 32.000 euros ao ano].

MARISCADAS: non hai límite legal para as comidas de representación dos políticos españois. Tampouco hai fiscalización previa á hora de comprar xamón, champaña ou puros de alta cava. Exemplo descontrol é o socialista valenciano Vicent Costa. Acababa de perder as eleccións municipais a favor do PP, pero seguía sendo alcalde en funcións. E como tal gastouse case 500 euros do diñeiro público en gambas, lagostinos, lagosta, navallas, xamón e caldereta. Unha boa despedida.

MÓBILES: os senadores contan con 1,7 millóns de euros ao ano para gastos de teléfono. O concello de San Lúcar de Barrameda tiña 270 dados de alta. Entre os servizos que pagou figuran descargas de xogos, chamadas a Cuba e a varias liñas eróticas.

MULTAS: sabía vostede que paga do seu peto as multas que a DXT impón aos políticos? E que ademais as paga con recarga?

MOROSOS: os membros da Casta investiron 66,6 millóns de euros na celebración das eleccións xeral de 2008. Dese diñeiro, 44 millóns foron prestados por bancos españois para financiar campañas publicitarias megalógamas. As mesmas entidades que ese ano de crise embargou as casas a 60.000 familias por falta de liquidez. 180.000 persoas quedaron sen teito. Con todo, os partidos da Casta deben aos bancos 144,8 millóns de euros.

NEGOCIOS: só o 33% dos deputados do Congreso dedícase en exclusiva ao seu labor político. O resto engorda as súas contas correntes coa participación en empresas privadas, fundacións e colaboracións varias. Algúns, como o deputado do PP Miguel Anxo Cortés, aglutinan ata 12 actividades extraparlamentarias.

NÓMINAS: os soldos dos políticos electos (80.000 membros da Casta, que encherían un estadio como o do Real Madrid) custan aos cidadáns uns 720 millóns de euros ao ano, máis que o orzamento anual de toda a rede ferroviaria, tres veces superior ao diñeiro dedicado a coidar o patrimonio nacional e 60 veces máis que o que gasta o país en saúde bucodental para xóvenes.

OCULTISMO: non hai datos oficiais sobre o número de políticos que cobran do Estado. O alcalde de Barcelona -o mellor pagado do país- ten un salario de 177.398 euros brutos anuais. Máis que un ministro, que leva a casa 74.000 ao ano.

PAJÍN, LEIRE: en 2000 coroouse como a deputada máis nova de España. Oito anos despois, con 33 de idade, xa ten dereito a unha indemnización de 85.000 euros anuais do Estado. Recibe 5.500 euros ao mes polo seu traballo á fronte do PSOE, ten dereito ao 80% do seu soldo como ex secretaria de Estado de Cooperación, 103.000 euros anuais con todos os complementos, ao que hai que sumar 3.126 como senadora.

PLÁTANO CANARIO: 60 deputados, todos eles da comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca, pediron en abril irse á Palma. Obxectivo: estudar o cultivo do plátano. Tal e como soa. Con toda naturalidade, facendo caso omiso á crise. Se a obscena petición prospera, as súas señorías embolsáronse 24.000 euros en dietas por catro días.

PUJOL, JORDI: cobrará 76.800 euros ao ano como ex presidente de Cataluña ata 2014. E despois unha pensión de 57.600 euros durante o resto da súa vida. [O ex ministro socialista Javier Solana podería cobrar polo menos tres pensións vitalicias].

PENSIÓN DE ESCÁNDALO: os ex ministros manteñen durante dous anos unha pensión por cesamento de 58.000 euros anuais, cifra seis veces superior á pensión media española. Na actualidade, catro ex ministros compatibilizan ese diñeiro co soldo de deputado: José Antonio Alonso, Fernández Bermejo, María Antonia Trujillo e Jesús Caldera.

PROSTITUTAS: o concelleiro de Palma de Mallorca, Rodrigo de Santos, gastou máis de 50.000 euros en prostitutos e bares de ambiente. En Estepona, varios membros municipais están sendo investigados por cobrar 42.000 euros a unha rede investigada pola Audiencia Nacional para abrir un local de alterne. En 2002, o ex alcalde de Dores (Alacante) foi condeado a seis meses de prisión por abonar a factura dun local de alterne, ao que acudiu con sete comensais.

RAJOY, MARIANO: embólsase cada mes 8.996 euros (sen contar outros complementos): 3.126 por ser deputado, 870 para aloxamento (máis que o salario mínimo) e 5.000 como presidente do PP. Co que gaña nun mes, unha pensionista con catro fillos vive durante dous anos e medio.

AGASALLOS: non hai unha lei concreta sobre os obsequios que poden aceptar ou non os políticos. En EEUU, por exemplo, pasan ao Estado. Condolezza Rice recibiu o ano pasado nas súas viaxes oficiais xoias por valor de 360.000 euros. Aquí ninguén ten obrigación de declaralos. Pódense quedar con eles. Sen máis.

SOLBES, PEDRO: tras deixar a política en abril de 2009, o ex ministro de Economía atopouse cun retiro duns 12.000 euros mensuais (unha pensión de 2.725 euros por ser funcionario, a súa pensión vitalicia como ex comisario europeo e outros 5.700 ao mes como compensación, durante dous anos, por ex ministro). A Solbes, pois, esperáballe unha xubilación cinco veces maior que a de calquera español.

SEGREDOS: o escurantismo sobre os gastos chega ao absurdo. O Parlamento Europeo conta cunha Oficina de Loita Contra a Fraude (OLAF, pola súa siglas en inglés). Con todo, os seus informes son confidenciais e o seu contido completo só é coñecido polos parlamentarios. Os votantes poden saber das boas accións dos políticos, pero só A Casta coñece datos sobre a fraude.

SEN LÍMITES: cada parlamento autonómico, deputación ou concello fixa o soldo dos seus cargos electos sen límite nin baremo algún. José Bolarín, alcalde de Ulea (Murcia), con 900 habitantes, cobra uns 4.000 euros. O de Ricote, cerca do pobo anterior, leva 40.000 ao ano nunha poboación que non alcanza os 1.300 veciños. E a alcaldesa de Marbella, Marisol Yagüe, cobraba máis que o presidente do Goberno: 84.462 euros ao ano nun concello que estaba en bancarrota.

TAXIS: a comodidade das súas señorías para facer o seu traballo é tal que o Congreso regala aos que non dispón de coche propio un cartón personalizado cun saldo de 250 mensuais para que viaxen en taxi por Madrid.

VACACIÓNS: Zapatero é o único presidente da UE que carga as súas vacacións ás arcas públicas. Con el van máis de 100 persoas (escoltas, gardas civís, asesores...). Cobran unha media de 80 euros de dieta diaria, 8.000 euros por xornada só por este concepto. Se pasa tres semanas en Lanzarote, cústalle ao Estado 160.000 euros en dietas. A iso hai que sumar avión, desprazamentos, gasolina, manutención... Ao final, 200.000 euros en vacacións.

Con todo isto,salta á vista que a crise témola os cidadáns,non os gobernantes.

martes, 15 de diciembre de 2009

viernes, 11 de diciembre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 12)

Impresionantes vídeos de barcos pesqueiros

 1-  Afundimento dun barco pesqueiro:


 2- Pesqueiro atravesando un temporal:


 3- ¿¿¿ OVNI ???:

jueves, 10 de diciembre de 2009

Info Comisión de Festas de Camelle


A nosa Comisión de Festas, presidida por Perla, non para de traballar.
Si pensabas que este ano soamente nos quedaba "Fin de ano" para desfrutar, equivócaste, xa que a Comisión de Festas de Camelle organiza:
 - SÁBADO 26 DE DECEMBRO:
Festa do Nadal na Casa do Alemán, coa actuación dos cantantes de CICLÓN a partir das 23.00h., e moitas máis sorpresas!!!

 - SÁBADO 2 DE XANEIRO (2010):
Festa de AniNovo no polideportivo cuberto da Ponte do Porto a partir das 23.00h., celebraremos o aninovo acompañados polas orquestras "FOLIADA" e "JERUSALÉN".
Neste caso a entrada son 5€ (para a continuidade das grandes festas de Camelle).
NON O PERDADES QUE DE SEGURO ÍMOLO PASAR EN GRANDE!!!

Tow-in Costa da Morte (II)

Os Razboys asaltan Camelle de novo para facer unha nova sesión de tow-in (ondas xigantes) na procura da onda "Boca do diaño", como eles chámanlle.
Levados polo camellán Jonás "O home peixe", adéntranse nesta gran onda para facer diabluras nela e elevar a adrenalina a doses sobrehumáns, soamente fai falta velas espectaculares fotos para apreciar a maxestuosidade e peligrosidade desta onda.





Fotos e ligazón : Daniel Almeida (Surfing Life by Dani)

"Plan Bolonia explicado sen rodeos polo decano da Universidade de Vigo, Juan Carlos Mejuto"

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Os monólogos de Manolo


OS TOCAPELOTAS(capítulo III)


Bueno,amigos,deixamos a vida estudiantil do noso común amigo,e basámonos nesta ocasión no resto dá súa vida,a modo de resumen,por que si tiveramos que contar todas as peripecias deste elemento,esto tería mais capítulos que un culebrón venezolano.

Agora vamos a centrarnos ná súa vida adolescente e posterior madurez.


Pois resulta que este tipo,ademais de todas a virtudes que posee,tamén se fai có posto de representante dá SGAE en Camelle.Por exemplo,nunha festa calquera:
-Oes,que ben o fan estes dó grupo CICLÓN

-Sí,pero as cancións non son deles,ademais dudo,moito de que canten eles.

-¿Por que dís eso? oh

-Elojo,tí non ves que o micrófono dá cantante fáltalle ó cable.

-Vai oh.
 E non soio eso,sinón que si che toca telo como amigo,pódeche arruinar mais de un ligue que tuveras por sorte conseguir.Por exemplo:
-Qué tía.¿Vamos a dar un paseíño po lo muelle para ver o reflexo das estrelas e dá lúa nas cristalinas augas deste porto?

-Bueno,si hay que ir,irase,pero eu prefería que fixeramos outra cousa,ademais.¿E necesario que o teu amigo veña con nós?.Téñoche que avisar que nesto dó sexo eu son moi tradicional,e non me van os rollos raros.

-Que vá muller,non te preocupes,que éste é como si non estuvera,ademais a mín gústame que me vexan facelo,dáme mais morbo.

-Bueno,si non vai molestar vamos logo,e dache a vida que eu vou mais quente que a chimenea dó Pichón,si nón iva a ir contigo tu madre.

Total,que debido a un repentino ataque de estupidez por parte do teu amigo,éste non para de facerche preguntas,e claro,tes que deixalo por imposiblle,có consiguiente enfado dá fémina que che tocou en sorte esa noite.
-¿Pero tí non eras o que che daba morbo que che miraran mentras o facías?

-Joder,sí.Pero unha cousa e que che miren e outra moi distinta é que che fagan mais preguntas que no programa ¿QUIERES SER MILLONARIO?.Ademais de saber como sabes de que os homes non podemos facer dous traballos a vez.
E así irá a túa vida amorosa durante a adolescencia,mentras teñas como amigo a este individuo.Deixará constantemente a túa hombría en entredicho.


Logo pasamos a outra etapa da súa vida que é a época dó SERVICIO MILITAR,o cal non vai por ser declarado inutil ou por ser excedente de cupo,anque él se empeñe en decir que non vai por que non quere,que ó servicio militar soio van as persoas vulgares.


Logo,coñece a unha tipa,e o pouco tempo pídelle que se case con él y ela ACEPTA,señal que,unha de duas,ou ela lle falta unha fervedura ou él está forrado de pasta.

A cuestión e que deciden casar e xa vos podedes imaxinar ná Iglesia,con todos os invitados e Don Eulogio como oficiante:
-Queridos hermanos,nos encontramos hoy aquí,para unir en santo matrimonio a........

Tocapelotas Redomado,¿Quieres a esta futura desgraciada como lejítima esposa...

-Pare,pare...,Esta boda ten que ser única,po lo tanto Don Eulogio,métase nó papel,sinta o que dí,ten que ser mais convincente,a ver déixeme a mín que lle vou a decir como é,que para algo recibín clases de teatro na miña época de estudiante.
Total,que se mete nó altar e acaba casando a que iba a ser a súa muller có cura,que xa hay que ter pelotas.


Aclarado o lío,e facendo vida matrimonial,claro,a muller aínda sin saber como,QUEDA EN ESTADO.
-AY,Toca,creo que estou preñada.

_Por favor muller,non seas vulgar,estarás embarazada por que empreñar soio empreñan as bestas.
Bueno,sea como sea,a cuestión,bastante embarazosa por certo,foi que tiveron varíos fillos e menos mal que éstes pasaron olimpicamente dél o longo dos anos.


E sin mais queridos amigos,chegamos a hora da súa morte.Despois de velalo toda a noite,chegou a hora do enterro,e alí congregou a bastante xente,(familiares directos e persoas destas que non faltan a ningún enterro).Soio cando o iban a meter nó nicho,se deron conta de que o cadaver se quedara esquencido ná casa.FLIPANTE.

Así que hasta hora dá sua morte foi Tocapelotas.
 Pero o conto non acaba ahí,resulta que nó epitáfio que reza no seu nicho dí:
NON ESTOU MORTO,ESTOU REPRESENTANDO Ó PAPEL DE ROMEO NÓ ÚLTIMO ACTO DE ROMEO Y JULIETA...POR CERTO,ESA PUTA CREO QUE ESTÁ TARDANDO DEMASIADO...

Bueno queridos amigos,chegamos o final da vida de este tío e vos os preguntaredes.¿Donde podo atopar semellante xoia?.Pois eu vo lo direi:

O tío non anda moi lonxe,de feito acostumbra a escribir comentarios neste blog có pseudónimo de ANÓNIMO.Non por que queira agochar a súa identidade,que vá, é por que pensa que o Sr ANÓNIMO,foi un gran escritor que dominou con maestría a maioría das artes.

GRACIAS E HASTA A SEMANA QUE VEN.


viernes, 4 de diciembre de 2009

Foto antiga


Lembrades como érades vós no ano 1991...? Estamos editando un vídeo das Festas do Carmen de Camelle dese ano, en breve poñerémolo no blog.

Vídeo musical XXX (NON APTO PARA MENORES DE 18 ANOS-CENSURADO EN TV E EN YOUTUBE)


Smack my bitch up from dwayne koh on Vimeo.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 11) Promo XVII Festa do percebe do Roncudo en Corme

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"



quepasaencamelle súmase tamén a outras webs, blogs e medios dixitais en toda España e apoia tamén este manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet ante o novo anteproxecto de lei que pretende aprobar o Goberno de España, que permitiría pechar as webs que un grupo de censores consideren que violan os dereitos de autor.

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que ...

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.


2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.


3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.


4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.


5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.


6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.


7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.


8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.


9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.


10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE