Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 18 de agosto de 2010

Nova web: www.camelle.eu

Damos a benvida a unha nova web referida a Camelle.Está moi lograda e moi sinxela (Recomendada)  

www.camelle.eu

martes, 29 de junio de 2010

lunes, 7 de junio de 2010

CARTEL S. XOAN 2010

SAN XOAN 2010

Un ano máis a AA.VV."A PERGOLIÑA" de Camelle organiza o II Festival Río D´AREA para celebrar o San Xoan.
Como xa pasara o ano pasado, para que todolos veciños poidan disfrutar do Festival e da Sardiñada traládase a celebración do S Xoan para o Sábado 19 de Xuño.
Ás 8 da tarde comezará o tradicional Xogo do Galo que ,coma o ano pasado, será de xoguete, xa que se pode conservar a tradición sen maltrato animal.
A partir das 22:00h dará comezo a Sardiñada e o Festival cas seguintes actuacións:
* MADIALEVA
* CRUS DE BAIXAR
* ESCARNIO

En Camelle o SAN XOAN sempre cae en Sábado!!!



martes, 25 de mayo de 2010

Festas do Espíritu Santo - Camelle 2010

Xa podedes ver na parte inferior do blog a espectacular galería de máis de 130 fotos das mellores Festas do Espíritu Santo que se recordan en Camelle.
Tamén as podedes ver no Picassa.
Por certo, o número premiado para o sorteo dunha gran cesta organizado pola Comisión de Festas de Camelle é o 8535.
Dende aquí quería tamén felicitar a tódolos membros e colaborador@s da Comisión de Festas polo gran traballo realizado, para facer das nosas festas unhas das mellores da Costa da Morte.

martes, 18 de mayo de 2010

Os monólogos de Manolo

GUINNESS DOS RECORDS DAS MULLERES


Normalmente, sempre que nos atopamos nó bar un grupo de homes,falamos de moitas cousas,de política,de traballo,contamos chistes,e irremediablemente,casi sempre sae o tema das mulleres.As posturas sobre elas son do mais variopinto,que si tardan moito maquillándose,que si conducen mal,que si perdes a paciencia cando vamos de compras,etc,etc,.Pero,despois dun gran traballo de investigación,atopei mulleres que son bastante peores cas nosas,así que non nos queixemos,que a todo hay quen gane.E para mostra ahí van uns botóns:

Maquillaxe.


O récord de non facer caso ós semáforos mentras se maquillaba,teno a Sra Dorinda Espasandín en 1 hora 51 min 8 seg nó cruce de rúas que hay no centro de Carballo.O 1 de Agosto do 2007,a Sra Dorinda,iba en plan de ataque o baile dó desguace;estúvose maquillando durante 212 ciclos de semáforo,creando unhas retencións de 45 Km.

Aparcamento.


O sitio de aparcamento mais pequeno utilizado con éxito por unha muller foi de 20 m equivalente a tres sitios de aparcamento normales,po la Sra Mª Dolores Pernas,conducindo un Opel Corsa o 2 de Outubro de 1998.


Escomenzou a maniobra as 11´15 dá mañán e conseguío aparcar a 50 cm dá acera 8 horas e 14 minutos despois.Houvo pequenos deperfectos no parachoques do seu propio coche e no dos dous coches adxacentes,así como dous faros rompidos.

Freno de man.


A viaxe mais longa completada por unha muller co freno de mán posto foi de 504 Km.Por Josefa Silveira o volante dun Seat 127 o 2 de Abríl de 1987.


Ós 5 Km de viaxe,a Sra Josefa comenzou a cheirar a queimado pero continuou a viaxe votando fume po las rodas de atrás.


Nesta viaxe,ademais conseguío os récords de viaxe mais longa có starter completamente aberto e có intermitente dereito posto.

Lavabo.


O récord de grupo de mulleres mais grande en ir xuntas ó lavabo poséeno 147 traballadoras da fábrica de Cerdeiras,na celebración dá cea de empresa, nó Nadal dó 2005,nun famoso restaurante dá zoa.A Sra Isolina Pasantes levantóuse para ir ó excusado,e inmediatamente foi seguida por outras 146 asistentes á festa.


Movéndose como unha marea humana,o grupo entrou nó lavabo as 21´52 e despois de esperar a que todas acabaran, saíron 2 horas e 37 min. mais tarde.

Cotilleo.


O 18 de Febreiro dó 2003,María dá Perfia,íntima amiga de Carmen dá Roseira,comentoulle na mais estricta confidencialidade durante un encontro casual ná leira,que estaba a ter unha aventura sexual có carniceiro.


Despois de que María se fora as 2´10 dá tarde,a Sra Carmen escomenzou inmediatamente a contarllo a todo ó mundo,deixando o sacho ná leira,non sin antes facerlles xurar que non llo contarían a ninguén.


Sobre as 4´30 xa llo contara a 128 persoas,sobre as 6´50,xa eran 372 e sobre as 8´00,2774 persoas coñecían dita aventura,incluíndo os membros dó grupo de teatro,un autobús dó Imserso cargado de vellos e a muller dó carniceiro.Cando unha cansada Sra Carmen se deitou as 11´55 dá noite,a aventura da Sra María e mais o carniceiro era coñecida por 33.597 persoas,suficientes para encher o estadio de Riazor.

Tendas.


O record de tempo gastado dudando nunha tenda foi de 12 días,entre o 21 de Agosto e o 2 de Setembro do 2003,por Amelia Pouso na tenda de Guillermina en Camelle.A Sra Pouso entrou ná tenda un sábado po la mañán e non foi capaz de elexir entre dous vestidos prácticamente iguais que estaban de rebaixas.


Despois dunha hora,o seu home,sentado nunha silla perto dó probador apoiando a cabeza nas máns,díxolle que mercara os dous.O final,a Sra Pouso comprou ún por 12´99 e voltou a tenda ó día seguinte a cambialo po lo outro.


Hasta hoxe,aínda non ó puso.A Sra Pouso tamén posee o record de tempo mirando nun escaparate,establecido cando o 12 de Setembro estuvo sin moverse,mirando un par de zapatos dun escaparate durante 3 semanas e dous días antes de voltar a casa.

Rebaixas.


O récord de mulleres feridas mentras pelexaban por entrar nunha tenda en rebaixas é de 98,en Xaneiro dó 2001.


Cando as portas dá tenda abriron as 10 dá mañán,a pelexa inicial por entrar primeiro cobróuse 16 víctimas e 25 mais estruxadas contra a estantería das camisas.A posta en venta de vestidos a 5€ desembocou nunha melee a gran escala que resultou na pelexa de18 mulleres mais.Outras 39 mulleres liáronse como consecuencia dunha batalla campal ocasionada por conseguir bragas a 50 céntimos.

Falar.


A Sra Obdulia Pérez e a Sra Pepita Flores sentáronse ná cociña e falaron sobre nada en particular durante 4 meses e medio ininterrumpidamente,dende o día 1 de Maio de 1987,descansando soamente prá tomar café,comer pasteles e ir ó excusado.


Durante éste tempo,ninguna información foi intercambiada e por suposto ningunha das dúas aprendeu nada da outra.


O record o aire libre mantéñeno a Sra Dorinda Tajes e a súa veciña Clara Mouzo,as cales entre o 10 de Novembro de 1983 e o 12 de Xaneiro de 1984,estuveron falando a través dó valado dá horta un diálogo sin sentido durante casi 62 días,hasta que a Sra Clara se acordou que deixara ó grifo da bañeira aberto.E dóuse conta por que xa lle estaba a chegar a auga ó felpúdo.

Isto é un monólogo de humor,espero que ningunha muller se ofenda.

Humor ( Os nenos sempre dín a verdade e son moi sinceros)

viernes, 14 de mayo de 2010

jueves, 13 de mayo de 2010

Curtametraxe rodada en Camelle e con música camellana "ONE MAN,ONE DREAM"

Vaia sorpresa acabo de levar ao ver este video.
Pois ben, o magnífico fotógrafo e surfista coruñés Daniel Almeida, (lembrade as impresionantes fotos de Jonás coa súa moto e os Raz Boys surfeando ondas xigantes moi preto de Camelle), decidíu probar a facer unha curtametraxe, e para ser a primeira vez a verdade é que está moi ben.
A maioría das escenas desta película están grabadas en Camelle, no museo de Manfred e fai referencia a vida de Man e ao surf.
A música do film tamén é camellana, do magnífico grupo Coldaysun.
Por todo isto,recoméndovos encarecidamente que vexades esta curtametraxe (moito mellor en pantalla completa) que participará nun festival por internet de películas sobre o surf (The Surf Film Contest).
Dende aquí,quero dar as gracias a Dani por lembrarse do noso pobo para facer este traballo tan fermoso.
Máis info : Surfing Life by Dani





One man , One dream from Daniel Almeida on Vimeo.

Impresionante vídeo (bastante duro) da campaña de tráfico de Canadá.

Máis de algún tería que ver este vídeo tódolos días...


lunes, 10 de mayo de 2010

Humor (Can facendo Beatbox)

Música (Vídeo musical máis visto en youtube)

domingo, 9 de mayo de 2010

Os monólogos de Manolo

A CARTA



Bueno,amigos,seguimos contando os avatares que me ocurríron durante a miña época de estudiante.Durante ésta época estiven internado,e alí coñecín o ser mais peculiar que vín na miña vida.Chamábase Xan,pero todos o conocíamos como PIRICO.O Pirico era o tío mais corto que te podías atopar,todo en él era tontería.Nós non nos podíamos explicar como era tan tonto,hasta que un día atopámoslle unha carta de súa nai,e ahí foi donde nos demos conta de donde lle ven a tontería.A carta mais ou menos decía así:

Querido fillo:


Escríboche éstas letras para que sepas que estou viva.Estóu escribíndoche despaciño por que sei que tí non eres moi rápido leendo.Si recibes ésta carta é que che chegou;si nón,mo dís e mándocha outra vez.

O tempo por aquí non está mal;a semana pasada soio chovío dúas veces;a primeira estuvo chovendo tres días e a segunda catro.


Xa che mandei a chaqueta,pero díxome teu tío Pepe,que si a mandábamos cós botóns postos,pesaría moito,e o envío sería mais caro,aí que quitéillos e púsenchos no bolsillo de dentro.


Por fín pudemos enterrar o teu abó;atopámolo cando fixemos a mudanza;estaba metido nó armario dende aquel día que nos gañou xogando ó "escondite".


Tamén direiche que morrío o tío Pablo,"ó cheíñas",como xa nos imaxinábamos que podía morrer algún día con tanto viño.Morreu afogado ná pipa do viño;caío dentro e alí finou.A verdade é que tuvo unha morte felíz,non creo que nin él se imaxinaba que podía morrer así.O problema é que cando o fomos incinerar estuvo ardendo catro días.


Cóntoche que o outro día explotou a cociña de gas e teu pai e mais eu,saímos disparados po lo aire e caemos fora dá casa.¡Qué emoción!.Era a primeira vez que teu pai e mais eu saíamos xuntos dá casa.Veu o médico e púsome un tubo de cristal ná boca e díxome que non podía falar en dez días.O teu pai quería mercarlle ó tubo.


Perdoa a mala letra e as faltas de ortografía;e que eu canseime de escribirche e agora estou dictándolle a teu pai e xa sabes o burro que é.


E falando de teu pai,¡Qué orgulloso está!.Cóntoche que agora ten un bó traballo;ten 500 persoas por debaixo dél;é o novo encargado de cortar a herva dó cementerio.


O outro día leío nó periódico que según as encuestas,a maioría dos accidentes ocurren a un kilómetro dá casa,así que mudámonos para mais lonxe.Non vas a recoñecer a casa;o sitio é moi bonito e hasta teño lavadora,anque non estou segura de que funcione.Onte metín a roupa,tirei dá cadea e dende ese momento non a volvín a ver.


Túa hirmán Pamela, a que se casou co seu home,parío.Como aínda non sei si é neno ou nena,non podo decirche si eres tío ou tía.Si é nena van a chamala coma mín,o sea,mamá.A outra hirmán,Pilar,está preñada de cinco meses.Teu pai preguntóulle si estaba segura que era dela.


E por último,teu irmán Juanchu sigue tan despistado como sempre;o outro día cerrou o coche,deixou as chaves dentro e tuvo que ir andando 3 Km hasta a casa,a buscar ó duplicado,e 3 Km de volta hasta ó coche para poder sacarnos a teu pai e mais a mín de dentro dó coche.


Teu primo Paco,casóuse,e pasa toda a noite rezándolle á muller por que lle dixeron que era "virxen".


A quen nunca mais vimos por aquí foi o tío Carlos,o que morreu o ano pasado.


¿Recordas a teu amigo Antón?.Xa non está neste mundo.Seu pai morreu fai dous meses e como pedira que o enterraran nó porto,o pobre Antón morreu cavando a fosa nó fondo.


Bueno,meu filliño,non che poño remite ná carta por que non a sei.A xente que vivía aquí antes,levaron o número para non ter que cambiar de enderezo.


Si ves por ahí a Señora Remedios,dalle saúdos da miña parte;si non a ves,non lle digas nada.


Unha aperta,quéreche moito,túa nai.

P.D.-Iva a mandarche 100€ pero xa cerrei ó sobre.

Vídeo de humor (Perda do equilibrio dun borracho)

Imaxes do espacio sacadas polo telescópico espacial Hubble

A GALAXIA DO SOMBREIRO

A NEBULOSA DO CANGREXO

GALAXIA ESPIRAL BARRADA

NEBULOSA OLLO DE GATO

A NEBULOSA DO ANEL

UN QUINTETO DE GALAXIAS

Novas camelláns

 1.- A Comisión de Festas de Camelle pide a tódolos camelláns que aporten ideas para recadar máis cartos para as próximas festas do Espíritu Santo,lembrade que para o Domingo actuará a considerada mellor orquestra de Galicia, Panorama.
Así que si tendes ideas e propostas para xuntar máis cartiños para as nosas e envexadas festas,soamente tendes que propoñelo aquí ou no Facebook (Festas de Camelle).

 2.-  A compañía de teatro camellana Florinata está a preparar varias obras de teatro con actores e actrices camelláns de tódalas idades para actuar o vindeiro lunes día 17,día das Letras Galegas, na Casa de Cultura de Camelle.
Tamén farán actuacións fora do noso Concello.

 3.- O artista nicaraguano Rolando Castelló Alegría (1937) será o invitado de honra do cuarto Encontro de Arte e Natureza que se celebrará en Camelle, en honra a Man, os próximos días 15 e 16. O pintor, impartirá un taller titulado Arte en/de natura +D , no que tratará sobre o influxo das culturas antigas na arte actual.



Gran parte da obra de Castelló, guíase pola denominada «pintura matérica» e, como no caso de Man, pola instalación con obxectos atopados. Así, ramas, niños, aves mortas, pedras e metal de refugallo forman parte dalgunhas das pezas do artista. Outra constante na súa obra, que foi exposta en museos de todo o mundo, é o barro.


Sobre o seu traballo falará no taller que impartirá na Casa do Alemán de Camelle e para o que hai só 30 prazas. Máis información chamando ao teléfono 629 818 199.
 
 4.- O portavoz do PP de Camariñas, Daniel Rego, contactou co secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, para interesarse polos problemas de recepción do sinal de TDT en Camelle. Este comentoulle que deu orde aos responsables directos, dentro da Consellería de Presidencia, de que analicen cal é o problema e procedan a solucionalo.
«E tamén me dixo que non ten ningunha constancia de que dende ou Concello de Camariñas, e en concreto a concelleira Mercés Martín, se puxera en contacto con eles para dar aviso dás deficiencias», explica Rego, en relación ás declaracións da edila socialista que dixo  «Estoy cansada de llamar para que lo arreglen, tanto como concejala como vecina, pero no vienen».

Gañadora do I Premio "Muller pola Igualdade", Divina Quiza Carril.

Divina Quiza Carril



-Nace en Camariñas hai 77 anos. Cando ten oito anos queda orfa de pai, e a súa nai ten que comezar a traballar fóra da casa para sacar á familia adiante. Ela comeza a traballar moi pronto para axudar a economía familiar.

-Na súa vida realiza moitos traballos, non ten descanso. Traballa no muelle cargando camións, picando xeo, repartindo cervexas polos establecementos de Camariñas. Tamén reparte electrodomésticos polas casa. Recolle piñas, argazo,… todo para vender.


- Aos 20 anos ten o seu primeiro fillo e posteriormente catro máis. Familia que saca ela soa adiante.


- Vende entradas no cine e limpa despois o local. Vai buscar caramiñas a Reira para vender posteriormente no cine.


- Lava roupa para outros e limpa nas casas, ás veces só por roupa usada para os seus fillos.


- Traballa na fábrica de Cerdeiras.


- Realizou todo tipo de traballos, aínda os que requirían forza, competindo con calquera home neste aspecto.


- Recentemente mórrelle unha filla na Coruña de cancro e marcha a coidar os seus netos ata que ten un accidente e volve para Camariñas.

Máis info:  diariocamariñan, quepasanacosta, La Voz de Galicia

martes, 4 de mayo de 2010

Artigo "Soldos dos nosos políticos"

¿A crise é para todos igual?
Os soldos que aparecen abaixo son do ano 2007,sumádelle un "pouquiño" máis tres anos despois...

Indecente, é que o salario mínimo dun traballador/a sexa de 624 €/mes e o dun "Sr./Sra." diputad@ 3.996 €/mes, podendo chegar con dietas e outras prebendas aos 6.500€/mes.


Indecente, é que os políticos súbanse as súas retribucións na porcentaxe que lles apeteza, (sempre está claro, por unanimidade, por suposto e ao comezo de cada lexislatura)

Top Ten DE ESPAÑA 10 políticos. A Pelo E SEN DIETAS

1. Presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla 164.043,54 euros

2. Presidente da Deputación de Barcelona, Celestino Corbacho 144. 200 euros

3. Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu 117.398 euros

4. Presidente da Deputación de Lleida, Jaume Gilabert 108.220 euros

5. Alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón 100.743 euros

6. Presidente País Vasco, Juan José Ibarretxe 99.574 euros

7. Presidente da Deputación de Biscaia, José Luís Bilbao 99.540 euros

8. Presidenta de Madrid, Esperanza Aguirre 98.700 euros

9. Presidente da Deputación de Xirona, Enric Vilert 98.000 euros

10. Presidente da Deputación de Palencia, Enrique Martín 97.339 euros

Indecente, é comparar a xubilación dun diputad@ coa dunha viúva;

Indecente, é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e aos "Srs./Sras." diputad@s bástelles con "SÓ" sete anos e os membros do goberno, para cobrar a pensión máxima necesiten só xurar o cargo;

ALCALDES MELLOR PAGOS DO PAIS

1..- Barcelona : Jordi Hereu 117.398 euros

2.- Madrid - Alberto Ruiz Gallardón 100.743 euros

3. Bilbao - Iñaki Azcuna 92.873 euros

4. Zaragoza - Juan alberto Belloch 92.414 euros

5. Valladolid - Francico Javier León da Riva 91.000 euros

6. Valencia - Ritá Barberá 90.296 euros
7 .Castelló - Alberto Fabra 88.000 euros

8. Vitoria - Patxi Lazcoz 85.570 euros

9. Oviedo - Gabino de Lorenzo 84.588 euros

10. Tenerife - Miguel Zerolo 84.445 euros

11. San Seba stián - Odón Elorza 82.091 euros

12. Huelva - Pedro Rodríguez 81.014 euros

13. Lleida - Anxo Ros 80..645 euros

14. Málaga - Francisco da Torre 77.678 euros

15. Badaxoz - Miguel Anxo Celdrán 73.500 euros

16. Santander - Iñigo da Serna 72.416 euros

17. Alacante - Luís Diaz Alpieri 72.000 euros

18. Murcia - Miguel Anxo Cámara 72.000 euros

19.Ourense - Francisco Rodríguez 72.000 euros

20. Almería - Luís R. Rodríguez Comendador 71.005 euros

21. Salamanca - Julián Lanzarote 70.872 euros

22. As Palmas - Jerónimo Saavedra 68.148 euros

23. Cuenca - Francisco Javier Puído 68.000 euros

24. A Coruña - Javier Losada 66.942 euros

25. Burgos - Juan Carlos Aparicio 66.942 euros

26. Cádiz - Teofila Martínez 66.942 euros

27. Guadalaxara - Antonio Román 66.492 euros

28. Cidade Real - Rosa Romeu 66.476 euros

29. Selecta - José Torres 65.977 euros

30. Zamora - Rosa Baldeón 64.950 euros

31. Sevilla - Alfredo Sánchez Monteseirín 64.450 euros

32. Albacete - Manuel Pérez 63.434 euros

33. Córdoba - Rosa Aguilar 63.260 euros

34. León - Francisco Fernández 63.206 euros

35. Lugo - José López Orozco 63.000 euros

36. Palma de Mallorca - Aina Calvo 62.356 euros

37. Pamplona - Yolanda Barcina 61.982 euros

38. Xirona - Anna Pagans 60.924 euros

39..Segovia - Pedro Arahuetes 60. 824 euros

40. Toledo - Emiliano García 60.389 euros

41. Cáceres - María Carmen Heras 60.200 euros

42. Pontevedra - Miguel Anxo Fernández 60.000 euros

43. Soria - Carlos Martínez 60.000 euros

44. Xaén - Carmen Purificación Peñalver 59.044 euros

45. Logroño - Tomás Santos 58.000 euros

46. Ávila - Miguel Anxo García 58.000 euros

47.. Huesca - Fernando Elboj 48.688 euros

48. Teruel - Miguel Ferrer 47.000 euros

49.Palencia - Heliodoro Galego 45.057 euros

50. Tarragona - Joseph Félix Ballesteros 33.264 euros

Indecente, é que os diputad@s sexan os únicos "traballadores" (?) deste país que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF ;

Indecente , é colocar na administración a miles de asesores, amigotes con soldos que xa desexarían os técnicos máis cualificados; ou liberados con soldo de partidos e sindicatos ...


Presidentes de comunidades autónomas (salario anual)


1.- José Montilla - Cataluña 164.043.54 euros

2.-. Juan José Ibarretxe - País Vasco 99.574 euros

3. Esperanza Aguirre - Madrid 98.700 euros

4. Marcelino Igrexas - Aragón 87.000 euros

5. Emilio Pérez Touriño - Galicia 83.374 euros

6. Paulino Rivero - Canarias 79.963 euros

7. Manuel Chaves - Andalucía 78.791 euros

8. Juan Vicente Herrera- Castela e León 78.791 euros

9. José María Barreda - Castela A-Mancha 78.791 euros

10. José Luís Valcárcel - Murcia 78.791 euros

11. Miguel Sanz - Navarra 78.227,94 euros

12. Francisco Camps - C. Valenciana 77.988,24 euros

13. Francesc Antich - Baleares 70.657,86 euros

14. Miguel Anxo Revilla - Cantabria 68.666 euros

15. Vicente álvarez Areces - Asturias 68.002 euros

16. Pedro Sanz - A Rioxa 63.376,32 euros

17.. Guillermo Fernández Vara - Estremadura 54.244,56 euros

Indecente, é o millonario gasto en mediocres TV autonómicas creadas ao servizo da pervivencia no trono de políticos máis mediocres;

Indecente, é o inxente diñeiro destinado a soster os partidos políticos, aprobado polos mesmos políticos que viven deles; (outra de Juan Palomo)

Presidente das deputacións provinciais (salario anual)

1. Barcelona - Celestino Corbacho 144.200 euros

2. Lleida - Jaume Gilabert 108.220 euros

3. Biscaia - José Luís Bilbao 99.540 euros

4. Xirona - Enric Vilert 98.000 euros

5. Palencia - Enrique Martín 97.339 euros

6.. Álava - Xabier Aguirre 92.596 euros

7. Castelló - Carlos Fabra 92.400 euros

8. Tarragona - Josep Poblet 92.000 euros
9. Málaga - Salvador Pendón 89.000 euros

10. Teruel - Antonio Arrufat 85.000 euros

11. Ávila - Agustín González 83. 521 euros

12. Toledo - José Manuel Tofiño 82.908 euros

13. Gran Canaria - José Miguel Pérez 81.538 euros

14. León - Isabel Carrasco 80.920 euros

15.. Almería - Juan Carlos Usero 79.660 euros

16. Zaragoza - Javier Lambán 78.000 euros

17. Valencia - Afonso Rus 77.988 euros

18. Pontevedra - Rafael Louzán 77.988 euros

19. Coruña - Jesús Salvador Fernández 77.988 euros

20. Salamanca - Isabel Jiménez 77. 591 euros

21. Tenerife - Ricardo Melchior 76.968 euros

22. Cádiz - Francisco González 76.000 euros

23. Lanzarote - Manuela Armas 75.995 euros

24. Cidade Real - Nemesio De Lara 72.991 euros

25. Segovia - Javier Santamaría 72.568 euros

26. Ourense - José Luís Baltar 72.408 euros

27. Alacante - José Joaquín Ripoll 72.061 euros
28. Valladolid - Ramiro F. Ruiz 70.000 euros

29. Fuerteventura - Mario Cabrera 69.566 euros

30. Albacete - Pedro Antonio Ruiz 68.600 euros

31. Cáceres - Juan Andrés Tovar 68.236 euros

32. Badaxoz - Valentín Cortés 68.236 euros
33. Cuenca - Juan Manuel Ávila 68.002 euros
34. Mallorca - Francina Armengol 68.000 euros

35. Huelva - Petronila Guerreiro 67.490 euros

37.Xaén - Felipe López 66.000 euros

38. Soria - Efrén Martínez 63.639 euros

39. Menorca - Joana Barceló 63.100 euros

40.Selecta - Antonio Martínez 62.493 euros

41. Zamora - Fernando Martínez 61.734 euros
42. Córdoba - Francisco Puído 61.336 euros

43. Burgos - Vicente Orde 59. 990 euros

44. Guadalaxara - María Antonia Pérez 59.336 euros
45. Sevilla - Fernando Rodríguez 51.936 euro

Indecente , é o custo que representa para os demais cidadáns españois, as súas comidas, os seus coches oficiais, os seus choferes, as súas viaxes (sempre en gran clase) e os seus cartóns de crédito por todas as partes;

Indecente , é que as súas señorías teñan seis meses de vacacións ao ano;

Indecente , é que as súas señorías cando cesan nos seus cargos, teñan un colchón do 80% do soldo durante 18 meses;

Indecente , é que ex-ministros, ex-secretarios de estado e ex-altos cargos da política cando cesan son os únicos cidadáns deste país que poden legalmente percibir dous salarios do erario público.

Música

Agora que en U.S.A. están pasando outra desgracia ecolóxica como pasamos aquí co Prestige,lémbrome dunha canción do magnífico,irreverente e desaparecido grupo de Riveira "Heredeiros da crus" que na letra da súa canción "Chapapote fresh" falaba sobre o tamén desaparecido e querido por nós "O alemán de Camelle" (min. 1.23 e 2.20).

Relato sonoro

Capataz dunha obra moi cabreado...

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE