Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

domingo, 9 de mayo de 2010

Gañadora do I Premio "Muller pola Igualdade", Divina Quiza Carril.

Divina Quiza Carril



-Nace en Camariñas hai 77 anos. Cando ten oito anos queda orfa de pai, e a súa nai ten que comezar a traballar fóra da casa para sacar á familia adiante. Ela comeza a traballar moi pronto para axudar a economía familiar.

-Na súa vida realiza moitos traballos, non ten descanso. Traballa no muelle cargando camións, picando xeo, repartindo cervexas polos establecementos de Camariñas. Tamén reparte electrodomésticos polas casa. Recolle piñas, argazo,… todo para vender.


- Aos 20 anos ten o seu primeiro fillo e posteriormente catro máis. Familia que saca ela soa adiante.


- Vende entradas no cine e limpa despois o local. Vai buscar caramiñas a Reira para vender posteriormente no cine.


- Lava roupa para outros e limpa nas casas, ás veces só por roupa usada para os seus fillos.


- Traballa na fábrica de Cerdeiras.


- Realizou todo tipo de traballos, aínda os que requirían forza, competindo con calquera home neste aspecto.


- Recentemente mórrelle unha filla na Coruña de cancro e marcha a coidar os seus netos ata que ten un accidente e volve para Camariñas.

Máis info:  diariocamariñan, quepasanacosta, La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE