Coma o ano pasado nestas datas, a AA VV " A Pergoliña " está a recoller alimentos non perecederos ( latas de conservas, pasta, legumbres, arroz, turrón,etc. ) para as persoas carentes de recursos e máis necesitadas. Sé solidario/a e colabora, xa que a nós non nos supoñe moito e darás de comer a moita xente coa túa solidaridade.
Os alimentos recolleránse no Pub ou podesllos dar a calquer membro da asociación de veciños ata o día 22 de Decembro, o día despois levaránse a Cociña Económica da Coruña.
Eu estarei alí para inmortalizar o momento. Gracias de antemán.
1 comentario:
Espero e desexo que a iniciativa dos nosos “pergoliños” teña o éxito que merece porque están demostrando unha grande calidade humana. Son todo un exemplo nestes tempos difíciles que estamos vivindo, desbordados polas dificultades económicas e as conductas asociadas, o desánimo , as enormes diferenzas sociais, a escasez de valores, o individualismo excesivo, etc.. Temos, en Camelle, unha representación extraordinaria na Asociación A Pergoliña. Grazas Man por ternos informados.
Publicar un comentario