Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 26 de marzo de 2009

Desacordos na xestión da Fundación Man

Menos de tres meses logo da constitución da Fundación Man de Camelle (longo tempo esperado) o PP anuncia que podería abandonar o padroado do que forma parte, cunha representante, a camellana Dolores Rodríguez.
O portavoz popular, Daniel Rego, asegura que están desconformes co xeito de proceder dos actuais xestores.
No próximo pleno preguntará sobre a contratación da xerente e outra persoa. «A nós nin nos consultaron nin nos explicaron nada. Eu quero saber que se fixo e como. Estamos sopesando abandonar a Fundación, algo que faremos no caso de que non nos convenzan as explicacións».
Tamén espera que lle digan que se está facendo, ademais de contratar persoal. «A miña impresión é que non se está facendo nada», engadiu o portavoz popular.
A Fundación Man quedou constituída o 28 de decembro do ano pasado, cando se conmemoraba o sexto aniverario do falecemento do anacoreta.
Foi (díxose) o primeiro paso para asegurar o mantemento do legado artístico do Alemán, aínda que Rego considera que ese legado corre un serio risco de desaparecer, porque non ven medidas efectivas de protección.
Inicialmente, o padroado quedou integrado por Luís Suárez Pérez, presidente da asociación de veciños de Camelle; Manuel Valeriano Alonso de León (o alcalde); a edila popular Dolores Rodríguez, a socialista Mercedes Martín e Virtudes Rodríguez, presidenta da entidade Rendas. Todos asinaron o acta fundacional ante a notaria Ana Belén Mallada.
Doutra banda, Rego González quere que desde o Concello lle expliquen en que consiste o proxecto de rexeneración da praia de Camelle. «Hai moitos veciños que non saben como van ser as obras e están intranquilos, así que espero que se aclare isto», engadiu.
Máis info : La Voz de Galicia

2 comentarios:

iuju dijo...

holaaaaa! qn ta ahi???
son a primeira!!! jajaja

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
Anónimo dijo...
A empresa adebeda 4.000 euros a uns 40 vixilantes que estaban destinados aos servizos de seguridade privada do CHUS
Os traballadores/as de VIPROGA concéntranse diante da sede da empresa para reclamar o pago das mensualidades atrasadas
Traballadores e traballadoras de VIPROGA concentráronse nas instalacións da sede central desta empresa de seguridade privada no Polígono do Tambre, en Compostela, para reclamar ao xerente o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as liquidacións dos seus contratos. A empresa debe máis de 4.000 euros a uns 40 vixiantes que estaban destinados aos servizos de seguridade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, servizo que a empresa perdeu no último concurso de adxudicación da contrata por parte do SERGAS.
Un grupo de traballadores e traballadoras de VIPROGA e delegados/as da CIG-Servizos acudiron na mañá do 8 de abril até a sede central da empresa en Compostela para reclamar a Daniel Rego, propietario da mesma, o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as súas liquidacións (nas que se inclúe a paga de marzo, as vacacións, etc.).

A empresa adebeda entre 4.000 e 4.500 euros a uns 40 vixilantes, aos que finalizou o contrato logo de que o pasado mes de marzo VIPROGA perdese a contrata do SERGAS pola que se lle adxudicou o servizo de vixilancia privada do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela.

Insultos aos traballadores/as

Pola súa banda, Daniel Rego amosou unha actitude intransixente ante as lexítimas reivindicacións dos traballadores/as afectados/as que participaron na protesta, aos que non dubidou en increpar, insultar de xeito moi ofensivo e mesmo darlle algún empurrón. O persoal anunciou que continuará as mobilizacións até que se faga efectivo o abonamento das contías económicas adebedadas e que está levando a cabo os trámites para denunciar esta situación.

Irregularidades constatadas

Dende a Federación de Servizos da CIG reclamouse novamente á administración que non conceda ningunha contrata a esta empresa, coñecidas as maneiras de actuar do seu propietario, o se total desprezo polos traballadores/as. Hai que lembrar que VIPROGA acumula 50 sentenzas firmes con actividades irregulares detectadas e unha acta da Inspección de Traballo na que se constata unha agresión a un traballador, e que mesmo o SERGAS se veu na obriga de adiantar o concurso de adxudicación do servizo de seguridade privada, logo de comprobar que a empresa falsificara partes de servizos para xustificar a presencia de vixiantes, cando na realidade tiña destinados no CHUS menos traballadores/as dos establecidos no prego de condicións.

Novas relacionadas

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE