Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 13 de marzo de 2009

Info PXOM



Según aparece hoxe en varios medios de comunicación como La Voz de Galicia ou diariocamariñan, ( na páxina do Concello non poñe nada e eu nin son adiviño, nin vivo en Camariñas, nin nadie me mandou información algunha ) o parecer agora o Concello sí está disposto a expoñer o Plan Xeral de Ordenación Municipal por tódalas parroquias con personal cualificado neste tema, para resolver as dúbidas que teñan os veciños.

Isto acontecerá na Casa de Cultura de Camelle cando se faga oficial dito Plan, ou sexa, cando saia publicado no Diario Oficial de Galicia, que según me informan, saiu publicado hoxe venres.
Lembrade que hai un período de dous meses para presentar as alegacións oportunas a este plan, os documentos para as alegacións están dispoñibles no Concello.

Según dín, xa se produxeron máis de 1.000 descargas do PXOM en pouco máis dun día, na web do Concello, en diriocamariñan e no noso blog ( tendes o enlace para a descarga na noticia de onte " PXOM " ).
.
P.D.: según me informan dende a asociación de veciños ( acábanme de chamar,agora mesmo ), no artículo publicado onte sobre que alguén do Concello quedou para vir a asamblea a informar aos veciños, non era sobre o PXOM, se non sobre a estrada de Arou a Camelle.
A verdade é que entendín mal, laméntoo moito, todos somos humanos e equivocámonos, pero bueno, rectificar é de sabios e pido disculpas polo erro.
De tódolas maneiras e según me contan, dous membros da asociación de veciños tiveron que ir o luns a consultar os planos de dita estrada, ante a sorpresa da arquitecta, por non mandar a ninguén o sábado como prometeron.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe venres 13/03/2009 saiu publicado no D.O.G. a aprobacion incial do plan de Camariñas, co cal temos o prazo de dous meses para presentarmos todas as alegacións que se consideren oportunas.

Anónimo dijo...

non saben o que facer pra quitar cartos de camelle as empresas de xempre, como os fastidiaron ca pisfifactoria, agora veñen a tocar os co... ah, pra quen ban ser os traballos? pos de siempre.

apesta.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE