Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 27 de agosto de 2008

GRANDES FESTAS EN CAMELLE


Os dias 6 e 7 de Setembro grandes festas do Sacramento en Camelle.

O sábado 6 haberá unha gran churrascada na praia ( 5 € ) amenizada polo dúo Acordes e o Kilombo "O mellor de cada kasa", a continuación discoteca mobil con 2 Djs e 2 gogós. Rematará cunha Queimada e coa Festa da Espuma.

Domingo 7 : Alborada co grupo de Gaitas Jolpe de Mar de Camelle

Sesión Vermouth e berbena amenizada pola Orquesta "Alarma", a tarde partido de fútbol de solteiras contra casadas.

Esperemos que non falledes ningún, paso lista.

Concentracion en Santiago


Mañá xoves 28 as 11:oo , haberá unha concentración en San Caetano, diante do edificio da Xunta ante a previsible aprobación do plan galego de acuicultura por parte do consello da Xunta. Esta convocada pola Rede Galiza non se vende, Adega, a plataforma de Merexo, Quilmas, Corrubedo e AA.VV A Pergoliña. Saira un bus dende Camelle nos sitios habituais as nove da maña.

lunes, 25 de agosto de 2008

Resultado da enquisa

Bueno, gañou o polbo, ou mellor o pulpo ( que eso de polbo soa fatal), por poucos votos diante do ourizo, do carlou e do percebe. Agora so fai falla facer a festa gastronomica en Camelle, como teñen outros pobos. Sei que isto e realmente dificil organizar unha cousa asi, e como dician nos comentarios, todos din que si e logo para organizar e facer as cousas, so van os dous de sempre. Pero temos que concienciarnos e arrimar o hombro todos para que isto vaia adiante e facer unha gran festa gastronomica no noso pobo que atraia a xente de fora e sexa unha referencia na costa da morte. Eu falarei coa xente competente neste asunto, e xa vos informarei de como vai a cousa.

viernes, 22 de agosto de 2008

Actividades A.A.V.V. "A Pergoliña"


Este verán, a AA.VV. " A Pergoliña", organizou unha serie de actividades para os nenos de entre 3 e 13 anos, que rematou o pasado día 15 deste mes.
Os monitores que impartiron as actividades foron Paula,Luís e Perú, tamén lles botaron unha man, Charo e David de Tito.
Durante 2 semanas, de luns a venres, os rapaces poideron desfrutar de xogos na praia, fixeron as súas camisetas, etc.
Tamén tiveron as suás mini-olimpiadas, e como non podía ser menos, coincidindo co conflicto entre Rusia e Georgia, todos os nenos reclamaron unha vez máis a PAZ!. Concretamente con esta actividade, os rapaces, fixeron a súa pombiña da Paz co seu nome no interior; unha vez feito iso sairon o xardín e cada un foi colgando dunha árbore a súa pomba, simbolizando que segun vaia medrando a árbore, vaia medrando tamén a Paz en todolos recunchos do mundo.
O último día fixeron a búsqueda do tesouro, que estaba cheo coas camisetas que fixeron dias antes, e con larpeiradas.
Temos que resaltar tamén, que tanto os monitores como os colaboradores, fixeron as actividades de balde,e as nais dos rapaces agasallaronos o domingo cunha merenda.
Nuns dias estará listo o video das actividades.

Informacion e fotos cedidas por Luis Miguel Suarez Perez, presidente da Asociacion de veciños " A Pergoliña"

jueves, 21 de agosto de 2008

A Xunta informa sobre o proxecto acuicola da xandriña


Esta nova aparece hoxe na paxina http://www.anosacosta.es/

jueves, 21 de agosto de 2008

A Consellería de Pesca respostou as preguntas plantexadas polos deputados do PP, José Manuel Balseiro e Alberto Sueiro sobre o proxecto acuícola de Xandriña. Desde este departamento aseguran que só recibiron unha alegación e que non ia contra o parque. E que xa contan con varios informes favorables. Esta polémica actuación podería estar no seu desenlace.
José Manuel Balseiro e Alberto Sueiro, deputados autonómicos do Partido Popular preguntaron no pasado mes de marzo polas alegacións presentadas ó proxecto acuícola de Xandriña, que afecta ós concellos de Camariñas e Vimianzo, concretamente a localidade de Camelle e tamén o pequeño recuncho costeiro vimiancés de Sabadelle.
Agora a Consellería de Pesca resposta, asegurando que só recibiron, dentro do prazo previsto, unha alegación e que foi formulada pola propia empresa Stolt Sea Farm "e que non foi contra o parque". Segundo a Xunta "un ano despois", recibiron un escrito con 1.298 sinaturas.
Na resposta tamén se informa que xa se contan con varios informes que non indican nada o respecto do futuro polígono de Xandriña. Segundo o deputado popular Balseiro isto significa que xa contan cos oportunos informes favorables. Os organismos que emitiron informes foron os seguintes: Dirección Xeral de Urbanismo, Consellería de Cultura e Deportes, Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Innovación e Industria, Medio Rural e Augas de Galicia.
Deste xeito queda claro que o proxecto segue o seu curso, que non houbo alegacións presentadas en tempo e prazo, e que as diferentes Consellerías emitiron os seus informes. Polo tanto o polémico proxecto de Xandriña, está xa posiblemente no seu desenlace. Ainda que a Consellería de Pesca pode ter razón no tocante as alegacións presentadas fora de prazo, ignórase a forte contestación social que hai a este plan, nos últimos tempos un tanto calmada.

Video da semana

Deteñen a un tipo embarazado de xemelgos, abogado, profesor, culturista, garda de seguridade, travesti, transexual, testigo de Xehova, etc. por saltarse varios semaforos e fuxir da policia.
Os psiquiatricos deben de pechar en agosto... o video non ten desperdicio.

http://www.zappinternet.com/video/VeFpBuxKoh/Senor-emabarazado-de-gemelos-y-del-Opus-es-detenido

martes, 19 de agosto de 2008

Novos videos camellans

Bueno camellans, aqui vos deixo outras tres perliñas de videos que non teñen desperdicio. Estes videos foron cedidos polo noso querido amigo e usuario jrvc16. Un sabado calquera no pub de Camelle fai un par de meses. Asi comeza a noite...
http://es.youtube.com/watch?v=ZkDx3OLMI5w

E asi remata a noite...
http://es.youtube.com/watch?v=g3g5ULNTSYo

E de regalo, unha incrible actuacion de Chicho e Luis ( din que das mellores da sua vida ) imitando o xenial Cañita brava nesa mesma noite. Espero que vos gusten e que fagades comentarios.
http://es.youtube.com/watch?v=F5C-nPuyuI4

lunes, 18 de agosto de 2008

O fervellon de Camelle



Hola, querid@s usuari@s. Xa vos dixen fai tempo, que este blog e do pobo de Camelle, ou sexa, voso. Calquer cousa que queirades que poña aqui, calquer suxerencia, non tendes mais que decirmo a min, ou mandarme un correo, ou un comentario nas entradas. Pois ben, alguen me pediu que fixera algo de contactos de parellas e aqui tendes a primeira persoa que se apunta. Moit@s xa o coñeceredes, pero douvos mais datos del : chamase David( alias fervellon ou el cuerpo), ten 25 anos, pelo loiro, ollos claros, ben mantido, traballo estable (jana ben), moi simpatico e dicharachero, amigo de todo o mundo e leal os seus amigos, siempre esta para o que falla falta. Gustalle sair cos amigos e tamen moito a festa. El darialle a sua parella moito amor ( un carjamento de amor,como di el ), coidaria dela, mimariaa moito e dariao todo, TODO por ela. El busca un rapariga formal, pero que lle guste tamen a festa. Unha moza aberta ... e simpatica, eso si con moitas gañas de AMOR. Rapazas, non o dubidedes mais, tendes o voso principe azul en Camelle e vos sen sabelo. Absterse chicos... de momento. Xa sabedes, para contactar con el, mandade os vosos comentarios, e mais en serio, mandademe un email. David, que a forza che acompañe, e cupido tamen.

martes, 12 de agosto de 2008

Festa gastronomica

Sempre tiven na mente o de facer unha festa gastronomica no noso pobo. Case todolos pobos teñen a sua, a do percebe,do longueiron,do porco bravo, do polbo, do mexilon, dos callos, caldo de riola, etc. e por que nos non temos ningunha coa riqueza que temos no mar de Camelle? Penso que con ista idea potenciaria un pouco o turismo en Camelle e atraeria a xente de fora o noso pobo. Que pensades vos de isto, poderiase facer ou e unha toleria? E cal pensades que seria o mellor producto para darnos a conocer coa nosa festa gastronomica? O percebe, o ourizo, o polbo, os carlous, os cornos de mar,algun peixe, etc. Espero as vosas respostas.Gracias.

Resultado da enquisa


Como pudestedes ver, a primeira enquisa xa rematou. Os visitantes deste blog opinades que non habera equipo de futbol en Camelle xa que non hai colaboracion por parte do concello,deputacion e outras entidades. Gañou soamente por un voto a primeira opcion que era que se faceria un equipo de futbol se o cura devolvera os 5000 €. Gracias pola vosa opinion.

lunes, 11 de agosto de 2008

Actuacion estelar "o mellor de cada kasa"-Vimianzo


Este sabado, nas festas de Vimianzo, os nosos veciños quedaron abraiados pola actuacion do noso querido kilombo "o mellor de cada kasa", que percorreu as ruas deste pobo. Nunca tal cousa viron no lugar. Cortaron o trafico na estrada principal e o chegar o lado do castelo atoparonse cuns noivos sacando as fotos da voda. O fotografo animou o kilombo a facer unhas fotos con eles, e de paso tocarlles unha cancion. A xente de Vimianzo quedou moi contenta coa actuacion e aplaudiron moito.Foi un exito rotundo o destes teloneros de Soraya, que actuaba horas mais tarde. Corren rumores de que as proximas actuacions seran nas festas de Arou e en Monte alto ( A Coruña). Tereivos informados.
P.D. podedes ver as novas fotos na marxe dereita.

jueves, 7 de agosto de 2008

Amistades pelijrosas

En vista do exito que tiveron os videos de onte dos bajeras, aqui tendes outro video mais para recrearvos. Pasou na festa do Carmen, un amijo de Kiko faille unha entrada falsa e con alevosia, pero bueno, son cousas que pasan en Camelle. Disque a broma lle saiu cara o infractor.

http://es.youtube.com/watch?v=2mPB8Vuo02U

miércoles, 6 de agosto de 2008

Olimpiadas en Camelle 08


Como non iba ser menos, en Camelle tamén temos deportistas de élite, que se están preparando para as Olimpiadas de Pekín 2008 na categoría tenis-tanga. Xa lle ven da rasa a estes dous irmáns, xa que seu pai xa foi karateka olímpico en Barcelona ´92. Son uns fenómenos estes Bajeras. Non vos perdades os videos que grabaou un paparazzi no adestramento a porta pechada, nin os dous espectaculares recollepelotas peludos que non abandonan ó amo. Como exclusiva decirvos que as tangas foron compradas en Chano na feira de Vimianso e a depilasión corriu a carjo de silk-epil. Espero que traian algunha medalla, ainda que sea de latón.

¡¡ Ánimo Bajeras !! Sondes os mellores, seguide así.

Pinchade nos enlaces para ver os vídeos. Espero os vosos comentarios e que vos gusten, xa que queremos formar un club de fans.

martes, 5 de agosto de 2008

Video kilombo o mellor de cada casa


Bueno, por fin o video da kilombada " o mellor de cada casa ". Costoume bastante editalo e subilo, e non ten moita calidad , pero bueno, creo que valeu a pena. Dedicollo a todos os que fan posible este kilombo e en especial o "inven" xa que sin el non seria posible. En breve, aparecera na marxe dereita ( videos youtube ), pero deixovos aqui o enlace para velo mellor. Pronto poñerei mais videos e sorpresas, pero pouco a pouco, xa que agora teño pouco tempo. Ah, falta xente do kilombo, que non poideron estar o venres e non saen nas fotos nin no video, xa os compensarei con mais fotos en proximas actuacions.

P.D. se alguen que non e de Camelle, e quere contratar a esta magnifica kilombada, que pregunte no pub de Camelle, me mande un comentario, ou un correo.Gracias.

lunes, 4 de agosto de 2008

Espectaculares festas do Carmen 2008


Hola amigos, aqui estamos moi cansados e resacosos, pero o prometido e deuda. Xa tendes as fotos das festas do Carmen subidas para poder velas todos vos. Si pinchades no recadro das fotos ( na marxe dereita ) poderedes ver as fotos en tamaño mais grande no album web picasa.

A festa ,que vos vou a contar que non sepades... en duas palabras IM-PRESIONANTE , como decia o asasino de animais Jesulin. O venres coa sardiñada, os grupos folcloricos, o coro, a orquestra, os streptease,a kilombada,... O sabado coa procesion, a danza de arcos, os gaiteiros, as orquestras,os fogos,a charanga... e o Domingo tamen as orquestras, a kilombada e os xogos na praia. Para min, destacaria a orquestra Ciclon coa incumbustible cantante que reuniu a moitisima xente de Camelle e de fora, a kilombada o mellor de cada casa que fixo o percorrido habitual polo pobo coa sua samba o venres e Domingo e os fogos que estiveron espectaculares.Gustariame que opinarades o que mais vos gustou e o que menos destas festas. Poñerei videos en breve.Saudos.

Video da semana

Unha conductora ( que non sei como lle dan o carnet a xente tan esquizofrenica) atropella a uns ciclistas co seu coche, e en vez de axudalos, enfrentase a eles hata que e detenida. O video non ten desperdicio, pasou en Baiona ( Pontevedra).
http://es.youtube.com/watch?v=W1zWJmkNUq8&e

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE