Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 31 de marzo de 2009

Lamentable

Mercedes Martín González, concelleira socialista de Camariñas, denunciou ante a Policía Local e a Garda Civil as pintadas realizadas na porta e cristais da fachada da súa casa en Camelle, empregando para elas excrementos.

Os autores, afirma a edila, ata deixaron no lugar o cubo e a escoba utilizados.
Estes feitos sucederon na madrugada do venres ao sábado.

Mercedes Martín cre que os motivos que deron lugar a esta situación son «políticos», e considera que poida que estea detrás o enfrontamento vivido no pleno do venres con concelleiros populares a propósito do abandono da representante do grupo da oposición da Fundación Man.

En todo caso, engade que non é a primeira vez que lle ocorre algo similar. «Cada vez que tengo algún rifirrafe político en el pleno, esa noche ya pasa algo», dixo, referíndose a outra ocasión en que a apareceu lixo na porta da súa vivenda. Ou cando acudiron a ela varias persoas a berrarlle, dicíndolle que a Casa da Cultura non era súa. «Eso fue cuando no se le abrió al PP la Casa do Alemán. Fue porque la junta electoral no les dio permiso y tampoco lo pidieron en el Concello», sinala a concelleira socialista.

Dende este blog quero expresar totalmente a miña repulsa a estos actos vandálicos que non levan a ningures e parécenme moi lamentables estos feitos.
As rencillas e os problemas persoais arránxanse coa palabra, non coa barbarie e a senrazón.

Para sentirse orgullosos de ser camellán/na hai que demostralo como sempre se fixo, con loita, traballo, esforzo, bondade, nobreza, etc. non con estos actos espontáneos de mala fé que desprestixian o nome de Camelle e de todos nós.
Máis info e foto : La Voz de Galicia

viernes, 27 de marzo de 2009

A hora do planeta

Mañá sábado 28 de Marzo ocurrirá un apagón masivo en tódolas cidades do mundo de 20:30 a 21:30 h.
Non te esquezas xa que todos temos unha cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posible.
Esta iniciativa de WWF é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán 1000 millóns de persoas.
A Hora do Planeta 2009 involucrará aos gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líderes políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde.
Ata agora, máis de 3000 cidades de 84 países comprometéronse a apagar as luces dos seus edificios máis emblemáticos, como xesto simbólico de apoio á Hora do Planeta.
Este blog súmase a esta gran in iciativa e espero que moitos camelláns tamén, porque unha hora non é nada e o noso planeta ben o merece.
P.D. Lembrade tamén que na noite deste sábado para o domingo hai que adiantar os reloxos unha hora, polo tanto as dúas da mañá pasarán a ser as tres e así comezará o horario de verán, aínda que aos galegos isto non nos beneficia moito, xa que aforraremos menos da metade de enerxía que o resto de España.


Declaracións de Mercedes Martín sobre as críticas do PP

A concelleira socialista e vicepresidenta da Fundación Man de Camelle, Mercedes Martín, rexeitou onte as críticas do PP contra a xestión que realiza a entidade.
Asegura que tanto a representante do PP, Dolores Rodríguez, como o resto dos membros, sempre estiveron informados de todos os asuntos.
O PP criticaba o xeito de contratar á xerente e a outra persoa. «La gerente que se ha contratado es la persona que ya se ocupaba de la Fundación. Todos, menos la representante del PP, estuvimos de acuerdo. Ella quería una convocatoria pública, pero si la hacemos, el proceso llevaría más de tres meses y ese tiempo estaríamos parados. Con la otra persona hicimos lo mismo, por la vía urgente, si no, perdíamos la agencia de lectura. Votamos y todos menos ella a favor, así es la democracia», manifestou Martín.
A concelleira socialista sinala que Dolores Rodríguez é a secretaria da Fundación, pero na práctica non exerce de tal, «porque no levanta acta de las reuniones ni da la certificación para usar la cuenta. Así que ahora estamos atascados por ese motivo, sin poder hacer nada».
Engade que o cargo de secretaria é importante e por iso asignóuselle, polo seu valor.
A pesar destes contratempos, Mercedes Martín asegura que nestes últimos meses fíxose «más trabajo que en todo el año anterior ».
O PP tamén ten as súas dúbidas sobre a rexeneración da praia da localidade, un proxecto aprobado por Costas. Martín sinala que «como en el otro caso, se le ha informado de todo a los vecinos y al PP, todo muy explicado».
Máis info : La Voz de Galicia

jueves, 26 de marzo de 2009

Desacordos na xestión da Fundación Man

Menos de tres meses logo da constitución da Fundación Man de Camelle (longo tempo esperado) o PP anuncia que podería abandonar o padroado do que forma parte, cunha representante, a camellana Dolores Rodríguez.
O portavoz popular, Daniel Rego, asegura que están desconformes co xeito de proceder dos actuais xestores.
No próximo pleno preguntará sobre a contratación da xerente e outra persoa. «A nós nin nos consultaron nin nos explicaron nada. Eu quero saber que se fixo e como. Estamos sopesando abandonar a Fundación, algo que faremos no caso de que non nos convenzan as explicacións».
Tamén espera que lle digan que se está facendo, ademais de contratar persoal. «A miña impresión é que non se está facendo nada», engadiu o portavoz popular.
A Fundación Man quedou constituída o 28 de decembro do ano pasado, cando se conmemoraba o sexto aniverario do falecemento do anacoreta.
Foi (díxose) o primeiro paso para asegurar o mantemento do legado artístico do Alemán, aínda que Rego considera que ese legado corre un serio risco de desaparecer, porque non ven medidas efectivas de protección.
Inicialmente, o padroado quedou integrado por Luís Suárez Pérez, presidente da asociación de veciños de Camelle; Manuel Valeriano Alonso de León (o alcalde); a edila popular Dolores Rodríguez, a socialista Mercedes Martín e Virtudes Rodríguez, presidenta da entidade Rendas. Todos asinaron o acta fundacional ante a notaria Ana Belén Mallada.
Doutra banda, Rego González quere que desde o Concello lle expliquen en que consiste o proxecto de rexeneración da praia de Camelle. «Hai moitos veciños que non saben como van ser as obras e están intranquilos, así que espero que se aclare isto», engadiu.
Máis info : La Voz de Galicia

miércoles, 25 de marzo de 2009

Ilusión óptica

Xa que non hai moitas novas salentables no noso pobo estos días, soamente que o patrón maior da confraría de pescadores, Xosé Xoán Bermúdez Tajes, pide que se repoña canto antes a boia de sinalización marítima para que se eviten problemas na navegación dos barcos ( La Voz de Galicia ) e a unha pregunta dun usuario si se vai a facer un campeonato de fúbol-praia; pois ben, falei co Presidente da Asociación de Veciños, Luis Suarez, e confirmoume que sí, haberá campeonato de fútbol-praia e xogos populares no verán en datas aínda sen confirmar.

Esta é unha ilusión óptica impresionante para quen queira probar. Soamente tendes que pinchar no enlace e abrirásevos unha páxina, pinchades en " neave strobe " e mirades ao centro da pantalla sobre 30 segundos, pasado este tempo mirade a unha parede ou a man e veredes como se deforma a imaxe.
Ilusión óptica

Por último déixovos un vídeo de principios dos anos noventa dun d.j. francés chamado Laurent Garnier, icono da música electrónica e un dos mellores dejays do mundo neste tipo de música.
Vai adicado a un amigo que cando o vexa saberá que é por él e a tódolos amantes deste tipo de música.

martes, 24 de marzo de 2009

Xente extraordinaria

Aquí vos deixo outra entrega de xente disminuída que loita por facer unha vida normal.
As xemelgas Schappell naceron unidas pola cabeza, comparten o 30% de masa encefálica e son famosas por ser as de máis idade que permanecen vivas.
Os seus pais chamáronas Lori e Dori, pero ao ser maior de idade Dori cambiou o seu nome polo de Reba (dicía que odiaba a rima dos seus nomes), aínda que agora prefire que lle chamen George.
Cada unha fai unha vida pola súa conta. George é cantante de country e actuou por todo o mundo. Tamén deseña equipamento para persoas con minusvalías, como a cadeira que elas usan para desprazarse.
Por outra banda Lori traballa nunha lavandería a tempo parcial, aínda que ten que pedir permisos para acudir aos concertos da súa irmá, xa que non pode faltar por razóns obvias. Ambas son habituais de documentais científicos, invitadas a numerosos talk-shows e feiras. Viven en Pensilvania co seu cachorro Chihuahua, o cal ten paralisis nas súas patas traseiras e móvese cun invento con rodas feito por George.
Aquí podedes ver o vídeo musical do seu single.

lunes, 23 de marzo de 2009

Actividades programadas da Fundación Man


A Fundación Man póñese a andar e presenta as actividades que se desenvolverán no trimestre de Abril, Maio e Xuño.

ABRIL ( Día 8 ):
  • " Arte para a vida " : o talento dos artistas das Illas Baleares únense nesta ocasión para dar o seu apoio a tódala xente que deciciu deixar a droga e iniciar unha nova vida en liberdade.

  • " Man, un home, un artista, unha lenda " : unha viaxe ó longo do tempo e o espazo da obra de Man, vista a través dos ollos de Manolo Pose ( Pitara ), veciño de Camelle e amigo do artista.

MAIO :

  • Xornadas de Land-art ( días 1, 2, e 3 )

  • Congreso de restauración do Museo de Man, no que os camelláns poderemos opinar sobre este tema. ( días 9 e 10 )

  • Edición Día das Letras Galegas e aforismos ( día 17 )

  • 200 aniversario da invasión das tropas francesas

XUÑO :

  • Exposición dos traballos das xornadas e actividades do mes anterior.

Hai máis novas e proxectos da Fundación Man, pero non as poño de momento porque aínda non as teño contrastadas nin confirmadas, mantereivos informados coma sempre.

Presentación do Plan Xeral en Camelle


Xa podemos consultar as dúbidas e preguntas que teñamos co Plan Xeral en Camelle.

Os técnicos do Concello presentarán e expoñerán o PXOM polas distintas parroquias e a Camelle virán os días 26, 27, 30 e 31 deste mes de Marzo e o día 1 de Abril.

Isto será na Casa da Cultura e o horario é de 10:00h. a 14:00h.


NOTA: A foto de arriba é a boia de sinalización marítima que está no muelle "aparcada ", esperemos que non sexa por moito tempo e a deixen dónde ten que estar canto antes.

viernes, 20 de marzo de 2009

Vídeo da semana

Voulle mercar a miña prima Lucía unha nova mascota porque seica se aburre moito.
Este animaliño é moi simpático, moi limpo, case non medra, dócil, moi fiel, sabe nadar e fai moita compaña.
Espero que lle guste e se non, xa haberá alguén que o queira.


Kingsford Goes to the Beach - Awesome video clips here

jueves, 19 de marzo de 2009

Zona WIFI


Por fin vos podo informar dunha boa nova, e non sería por tempo, xa que fora anunciada a instalación da rede WIFI coa inaguración da Casa da Cultura, e por fin temos internet por rede inarámica para uso público en Camelle.

A Casa do Alemán tamén dispón de 10 ordenadores de mesa para tódolos camelláns e camellanas que queiran navegar pola rede.

Sen dúbida é unha moi boa nova para tódolos que estamos enganchados neste mundillo da World Wide Web.

Máis PXOM






Déixovos máis fotos de planos do PXOM en Camelle.
Nestas fotos pódense apreciar mellor por zonas as delimitacións de zona urbana, o solo rústico, o solo de núcleo rural, as futuras infraestructuras viarias, etc.
A primeira foto corresponde ó plano da zona da Xandriña, a segunda foto a zona centro, a terceira foto a zona da Cachada e a derradeira foto a Agra de arriba.
Si pinchades na foto, verédelas ampliadas.

martes, 17 de marzo de 2009

Comunicado de Mercedes Martín


Nota de prensa remitida pola Concelleira de Obras Públicas e Urbanismo Mercedes Martín, na que se defende dunhas informacións vertidas por varios concelleiros do Partido Popular, en relación a non apertura da Casa de Cultura de Camelle para poder dar un mitin este partido o 27 de Febreiro.
Se non a vedes ben, pinchade no comunicado para velo ampliado.

Info Recurso Plan Acuícola


Hoxe sae publicado en La Voz de Galicia que a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia remitiu o expediente administrativo do Plan Acuícola ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) polo recurso presentado contra a tramitación do documento pola Asociación de Veciños de Camelle "A Pergoliña".

Neste sentido, o executivo autonómico anunciou onte, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), que a sección segunda do TSXG admitiu a trámite o recurso contecioso-administrativo contra a resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 12 de setembro do 2008, "que dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de agosto, polo que se aproba o Plan Galego de Acuicultura".

Así mesmo, notifica aos interesados en comparecer como parte no proceso que deben facelo nun prazo de nove días, dende a publicación no DOG.

Polo momento, os veciños non queren deixar que se desactive a vía xudicial para revogar o Plan Acuícola e por iso comparecerán como parte na sección segunda do TSXG.

Máis info: La Voz de Galicia
Caricatura: Miriam

lunes, 16 de marzo de 2009

O rubio de Camelle


O noso querido veciño e camellán ilustre Manolo de Bajeras ( O rubio de Camelle ) e os seus fillos sumáronse onte domingo as labores de búsqueda en Malpica do obreiro portugués desaparecido o día 4 .
Manolo e o seus fillos colaboraron desinteresadamente coa Garda Civil e co Concello de Malpica no operativo de búsqueda do desaparecido sin éxito, xa que polo que me dixo o seu fillo Kiko, "leva 12 días no mar e a búsqueda resulta moi complicada ".
.
O motivo da colaboración de Manolo é debido a súa experiencia nestas labores de búsqueda xa que tanto él como seus irmáns e fillos levan moitos anos traballando como buceadores profesionais.
Manolo xa leva rescatados do mar a 34 falecidos, é por iso que a súa labor foi recoñecida dende sempre, xa que moitas institucións lle mostraron o seu agradecemento.
.
A lista sería interminable, pero vou nombrar algunhas: Medalla de ouro e fillo predilecto do Concello de Camariñas, Bergantiñán do ano, Malpicán do ano, Medalla de ouro do Concello de Laxe, Muxián do ano, Medalla de ouro da Confraría de pescadores de Malpica, Medalla de ouro da Cruz Vermella, Medalla de ouro da Xunta de Galicia ...
Dende este blog quero expresar a miña admiración e esta familia tan querida e que son un exemplo a seguir para todos.
Máis info: La Voz de Galicia

Rescate da boia de sinalización marítima


Según me informan, o pasado mércores, un remolcador de Salvamento Marítimo con varios técnicos de Capitanía Marítima procederon a remolcar a boia de sinalización marítima varada no Baixo da Chousa fai case cinco meses ata o porto de Camelle para reparala e volver a deixala na entrada do porto que é donde debe estar.

Esperemos que agora os técnicos a amarren ben e se decataran da forza e a bravura do mar camellán.
Foto: o croco

viernes, 13 de marzo de 2009

Info PXOM



Según aparece hoxe en varios medios de comunicación como La Voz de Galicia ou diariocamariñan, ( na páxina do Concello non poñe nada e eu nin son adiviño, nin vivo en Camariñas, nin nadie me mandou información algunha ) o parecer agora o Concello sí está disposto a expoñer o Plan Xeral de Ordenación Municipal por tódalas parroquias con personal cualificado neste tema, para resolver as dúbidas que teñan os veciños.

Isto acontecerá na Casa de Cultura de Camelle cando se faga oficial dito Plan, ou sexa, cando saia publicado no Diario Oficial de Galicia, que según me informan, saiu publicado hoxe venres.
Lembrade que hai un período de dous meses para presentar as alegacións oportunas a este plan, os documentos para as alegacións están dispoñibles no Concello.

Según dín, xa se produxeron máis de 1.000 descargas do PXOM en pouco máis dun día, na web do Concello, en diriocamariñan e no noso blog ( tendes o enlace para a descarga na noticia de onte " PXOM " ).
.
P.D.: según me informan dende a asociación de veciños ( acábanme de chamar,agora mesmo ), no artículo publicado onte sobre que alguén do Concello quedou para vir a asamblea a informar aos veciños, non era sobre o PXOM, se non sobre a estrada de Arou a Camelle.
A verdade é que entendín mal, laméntoo moito, todos somos humanos e equivocámonos, pero bueno, rectificar é de sabios e pido disculpas polo erro.
De tódolas maneiras e según me contan, dous membros da asociación de veciños tiveron que ir o luns a consultar os planos de dita estrada, ante a sorpresa da arquitecta, por non mandar a ninguén o sábado como prometeron.

jueves, 12 de marzo de 2009

P.X.O.M.

Bueno, como non hai moito que contar sobre o noso querido pobo, que eu saiba, déixovos o enlace que ten a páxina do Concello, por si queredes baixar o Plan Xeral de Ordenación Municipal ( PXOM ).
Xa que o Concello non se presta a expoñelo ao pobo, pois aquí vos deixo o enlace para baixalo, eso sí, tarda sobre dúas horas aproximadamente a descarga, si non che baixa automáticamente é porque tes algún bloqueo de seguridade, pero pinchas en " here " e xa procede a súa descarga.
De tódolas maneiras e según puiden saber, a nosa asociación de veciños está a traballar para poder expoñer no pobo o PXOM por mediación dun arquitecto; xa vos avisarei cando sepa máis, e lembrade que dispoñemos de dous meses para presentar as alegacións opurtunas a este Plan, os documentos para as alegacións poden ser solicitadas nas oficinas do Concello.
< Descarga PXOM

miércoles, 11 de marzo de 2009

Lavado de cara


Sí, non vos asustedes, estades no blog de Camelle.
Vouvos a contar a verdade, onte tuven fedellando coas plantillas do blog e como soe pasar, cagueina e para seguir coa mesma tería que poñer tódolos enlaces e gadgets outra vez co traballo que iso dá.
Entón, de momento, e si vos gusta claro, vou a deixar esta plantilla máis moderna e actual, na que as noticias diarias vénse en maior tamaño e todo o que estaba antes na marxe dereita ( a música, o chat, as fotos, vídeos, noticias de prensa, predicción do tempo, o xogo, enlaces doutras páxinas, a enquisa, contador de visitas, seguidores, archivo do blog,etc. ) está agora abaixo de todo.
Vouvos a explicar os poucos cambios que hai respecto a outra.
As noticias diarias verédelas igual, pero en tamaño máis grande; si queredes ver soamente a noticia con tódolos comentarios, con pinchar no título da noticia xa está; o título quedará en vermello o entrar na noticia, se non entras o título estará azul; para escribir comentarios igual que antes.
Debaixo da última noticia ( 20 últimas noticias ) na dereita tendes un enlace que poñe " Entradas antiguas " por si queredes ver as anteriores, tamén podedes ir o Archivo do Blog.
Mandárome unha mensaxe de como funcionaba o chat; pois ben, é moi sinxelo, escribes o que queiras na parte de abaixo e daslle a " Intro ", as túas palabras aparecerán arriba, si queres escribir con un nombre, dende poñe "Name" borras o gabber, poñes o teu nome e pinchas no icono que está xusto o lado " Change nickname ".
A xente que está conectada aparece na columna da dereita, repito e moi sinxelo e animádevos a chatear xa que vexo pouco movemento.
Bueno, non me enrollo máis, si non vos gusta algo, ou non o entendedes, ou tendes algúnha suxerencia ou dúbida non tendes máis que decirmo, xa sabedes que estou o voso servizo.
A foto de arriba é de Noa, a usuaria máis nova e fermosa de quepasaencamelle, filla de Javier e Ana, ou sexa cen por cen camellana.
Noraboa aos pais por ter esta criatura tan guapa e risoña; e gracias por deixar compartir cos usuarios deste blog a súa beleza.
Mandáronme dous correos para que puxera a canción revolucionaria portuguesa " Grandola vila morena "; síntoo pero no Playlist non está, pero déixovos o vídeo da canción. Espero que vos guste.


lunes, 9 de marzo de 2009

Noticias varias


1. Este sábado celebrouse a asamblea xeral da AA VV " A Pergoliña " con numerosa asistencia na Casa de Cultura.
Tratáronse varios temas, entre eles a elección dunha nova xunta directiva, pero como non houbo candidatos, seguerán os mesmos a excepción dun vocal ( Chicho ) que renunciou o cargo e o seu lugar ocuparao Paula, xa que foi a única que se presentou.

Tamén se presentaron as contas, gastos e obras que a asociación fixo no seu mandato.
Houbo unanimidade de votos dos socios referente a este tema e a tódolos temas tratados.

A xunta directiva nomeou a tódola xente e familias, tamén a cantidade aportada, que puxeron diñeiro para a contratación do avogado que interpuso o contencioso en contra a Xunta de Galicia pola implantación da piscifactoría.
Neste tema expúsose que o contencioso, de momento, segue o seu curso, ata que saia publicado no B.O.E. ou no DOGA a non implantación da piscifactoría polo novo goberno, xa que como dixeron " as palabras lévaas o vento moi fácilmente ".

Tamén se falou do Plan Xeral de Ordenación Municipal; a directiva dixo que por petición dos veciños foron o concello para que alguén cualificado explicara aos veciños de Camelle, aproveitando este asamblea, este plan redactado polo goberno camariñán coa oposición do PP.
Alí non se presentou ninguén do concello como prometeran.

Falouse tamén da rexeneración da praia de Camelle, da subida das faturas da luz, da estrada de Camelle a Arou, etc.

2. O presidente provincial do PP, Carlos Negreira, estivo o venres en Cee e recalcou que as plantas proxectadas en Xandriña, Seiruga e Merexo non se levarán a cabo. Buscarán situacións alternativas, aínda que afirmou que aínda é pronto para analizar cada caso.

Máis Info: LaVozdeGalicia

3. Parece ser que hai polémica e cruce de acusacións entre directivos das plataformas ecoloxistas de AGEGA e Galicianonsevende.
Esta polémica, a cal nos afecta indirectamente, vén por estas palabras da web de ADEGA:
" Resulta tamén paradoxal a coincidencia entre as propostas do PP e o defendido por algúns dos colectivos da Rede Galiza Non Se Vende, que saudan agora a volta da piscifactoría de Touriñán e do viaduto da ría de Noia. Os intereses localistas dalgúns destes colectivos, máis preocupados por postulados NIMBY (non na miña leira) que pola defensa do patrimonio ambiental de TODA a cidadanía galega, quedan agora de manifesto. Lamentamos que tivera que vir o PP para poñer en evidencia as contradicións dunha rede que comezou sendo un soplo de aire fresco na sociedade civil galega. "

A contestación de Galicianonsevende foi a seguinte:
" Advírtase o interés suscitado e o desfogue dos bodegueiros que creo atribuir ao feito de que eles non son capaces de dar cabida nos seus medios de información á discrepancia. Enténdese a súa amargura porque nestes anos monopolizaron o movemento ecoloxista e o puxeron ao servizo de organizacións políticas nacionalistas -que é como o localismo, pero ao besta-.É comprensíbel esa rabia pola incapacidade de movilización dunha organización mercenaria, xerárquica e anquilosada no ambientalismo.Todos lembramos as súas reticencias a participar, desde un principio, nas movilizacións de GNSV, pero foron os primeiros en saír na prensa para aproveitarse do enorme eco social acadado. É a práctica habitual desta organización. Non falo dos seus membros, simpatizantes ou cotizantes, falo dos seus responsables e da súa estructura xerárquica e piramidal.En GNSV nin hai responsables nin hai cotizantes, pero movemos o país. "
.
4. A Iniciativa Man de Camelle a través do seu blog, manifestan que a Casa de Man e o seu entorno segue deteriorándose a espera dos avances da recén constituída Fundación Man.
“No sabemos aún si estamos en presencia de otro intento de acallar las voces que reclaman la protección del legado de Man, si se trata de una operación destinada a aupar a un grupo de personas a costa de la Fundación, o si es un verdadero intento de salvar y promocionar adecuadamente el legado galego y universal de Manfred Gnädinger”.
“A día de hoy lo cierto es que el recuncho de Man sigue deteriorándose, sus escritos no se conocen, sus pinturas no se ven y nada concreto hemos percibido en defensa de los valores que Man representa. Y, mientras transcurre este plazo de prudencial espera, instamos a todos los que visiten el museo de Man a dejar una piedra, una pequeña piedra, a la entrada del mismo. Una piedra de homenaje y advertencia”.
.

viernes, 6 de marzo de 2009

Foto denuncia



Recibín varios correos para que denunciara no blog os badéns que se encontran na estrada que vai da Casa do Mar a Sabadelle.

Informeime da normativa dos badéns nas estradas e rúas e dí o seguinte:

" Segundo a nova normativa de canles, estas plataformas deberán ter como máximo unha altura de dez centímetros e ser de formigón ou material asfáltico. Esta superficie debe ter catro metros de longo como máximo, e unhas ramplas de suba e baixada de entre un metro e dous metros e medio, que variarán segundo o límite de velocidade da vía na que estea situado. Tamén teñen que estar debidamente señalizados con sinais verticais e superficiais.

Hai varios puntos a suliñar nestes badéns:

1. A altura do badén que eu medín ( foto superior ) ten 18 cms. aproximadamente ( o máximo permitido son 10 cms. ),o que fai que teñas que parar literalmente o vehículo para poder pasar sen que toque nos baixos, por iso se pode apreciar as rascaduras no badén.

2. Non tén ramplas de suba e baixada, soamente os que están na Casa do Mar as teñen.

3. Non hai sinal ningunha ( nin vertical nin pintada na superficie ) que nos avise da presenza dos badéns, co perigo que iso leva consigo.

Eu penso que sí teñen que haber badéns nesta estrada para que os vehículos vaian máis amodo, xa que hai un parque infantil e as escolas na beira da estrada, pero tamén penso que teñen que cumprir as normas reglamentarias, que para iso están.
P.D. Por certo, e cambiando de tema, mañá sábado celebrarase na Casa de Cultura as 16:30h. en primeira comvocatoria e as 17:00 h. en segunda convocatoria a Asamblea Xeral da AA VV " A Pergoliña" para tratar varios temas que xa mencionei anteriormente.

jueves, 5 de marzo de 2009

Jonás " home-peixe"


Bueno, hai moitas máis noticias sobre as piscifactorías, pero tampouco vos quero aburrir co tema, xa que non son resolutivas.
O PP segue dicindo que vai a eliminar a de Camelle, Merexo e Seiruga pola gran oposición veciñal e volver o proxecto de Touriñán, que aínda que non ten oposición veciñal, xa hai grupos de xente que están a pronunciarse en contra da súa implantación.

Cambiamos de tema, un dos mellores pescadores da Costa da Morte, o noso amigo " Jonás " tamén chamado " home-peixe" porque en vez de pulmóns seica ten branqueas, pescou este fermoso exemplar de abadexo de 8 kgs. con caña na costa de Camelle o pasado martes.

Noraboa a Jonás pola súa captura e gracias por ensinarnos a todos nós os fermosos peixes salvaxes ( non planos ) que temos na nosa costa e haber si hai unha probiña do peixe para mín, non te esquezas.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Noticias piscifactorías


Parece que o fin do pesadelo da piscifactoría en Camelle, Seiruga e Merexo está chegando o seu fin.
Varios medios de prensa escrita fanse eco hoxe das verbas do presidente provincial do PP, Carlos Negreira.
Carlos Negreira asegura o compromiso do novo goberno a eliminación destas tres granxas.
Tamén dí que retomará xa o proxecto da planta de Pescanova en Touriñán, porque non ten ningún tipo de rechazo cidadán nin oposición algunha e sería unha gran inversión para a zona.
Esta é unha moi boa noticia e parece que a gran festa de tódolos opositores o Plan Acuícola ( eu tamén inclúome ) está máis preto, pero tampouco hai que vender a pel do lobo antes de cazalo.

martes, 3 de marzo de 2009

Minicentral eólica

Vídeo da minicentral eólica do noso amigo Fran.
Agora que está tan de moda as enerxías renovables e os parques eólicos, xa foi moitos anos que Fran montou esta minicentral eólica ¡¡¡ peza por peza de forma artesanal !!! na zona da Xandriña para uso privado e abastecer de enerxía eléctrica a súa finca.
Fran, eres un fenómeno das novas tecnoloxías.
Ah, por certo, xa puxen un chat ( marxe dereita ) por petición de varios usuarios, xa me contaredes que tal vai.

lunes, 2 de marzo de 2009

Resultados electorais

O pobo e soberano e sobre todo o pobo manda.
Como todos xa me imaxino que saberedes, o PP de Nuñez Feijo acadou a maioría absoluta nestas eleccións autonómicas galegas con 39 escanos.
O PSOE ( 24 escanos ) e o BNG ( 12 escanos ) sufriron un duro revés e o bipartito non covenceu a maioría dos galegos.
Na costa da morte, o PP reafirma a súa supremacía con 21.871 votos, por 14.009 votos do PSOE e 8.443 votos do BNG.
No noso concello tamén gañou o PP por primeira vez nunhas eleccións autonómicas con 1.750 votos, por 1.618 do PSOE e 319 do BNG.
Encéndense as alarmas no PSOE camariñán, xa que de ser unhas eleccións municipais, o PP arrebataríalle o seu mandato.
O PP subío en tódalas parroquias camariñáns, sobre todo en Camelle.
Por parroquias, os votos quedaron da seguinte maneira:
Camariñas : PP: 766 votos PSOE: 734 votos BNG: 112 votos
Camelle : PP: 337 votos PSOE: 183 votos BNG: 89 votos
Ponte do Porto: PP: 305 votos PSOE: 310 votos BNG: 72 votos
Xaviña : PP: 22o votos PSOE: 275 votos BNG: 27 votos
Arou : PP: 122 votos PSOE: 116 votos BNG: 29 votos
Esperemos que o novo goberno faga o seu traballo o mellor que poida e escoite o pobo, xa que víose claramente que o pobo manda.
Esperaremos impacientemente a ver que pasa co Plan de Acuicultura e a piscifactoría de Camelle, porque a maioría do pobo non a quere e o PP prometeu votar atrás este polémico plan, a ver si cumplen a súa palabra. Mantereivos informados.
Para finalizar, deixovos un vídeo moi especial e emotivo do noso amigo Suso, no que reflexa moitas das cousas de por qué o bipartito non gañou as eleccións, repito outra vez " O POBO É SOBERANO E HAI QUE ESCOITALO "

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE