Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 4 de marzo de 2009

Noticias piscifactorías


Parece que o fin do pesadelo da piscifactoría en Camelle, Seiruga e Merexo está chegando o seu fin.
Varios medios de prensa escrita fanse eco hoxe das verbas do presidente provincial do PP, Carlos Negreira.
Carlos Negreira asegura o compromiso do novo goberno a eliminación destas tres granxas.
Tamén dí que retomará xa o proxecto da planta de Pescanova en Touriñán, porque non ten ningún tipo de rechazo cidadán nin oposición algunha e sería unha gran inversión para a zona.
Esta é unha moi boa noticia e parece que a gran festa de tódolos opositores o Plan Acuícola ( eu tamén inclúome ) está máis preto, pero tampouco hai que vender a pel do lobo antes de cazalo.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

por fin tase acabando o pesadelo alelulla.

a fastidiarse socios listos xa non tendes a vicoca da pisfifactoria.



esto meresia unha festa raxada

Anónimo dijo...

a ver, a ver, que eu dos políticos non me fío de ningún,pero si definitavamente non a fan temos que montar unha festa campal.

Seirugalimpa dijo...

Eu dou por feita a PROMESA.
E tal a convicción que teño, que xa a quitei do montaxe da imaxe no blog.
Non teño ninguha dúbida. Tampouco a deben de ter eles, o PP, de que se veñen buscandolle voltas a reacción vai ser CRIMINAL.

Tamén non teño ningunha dúbida de que , se chegaran a gañar os mesmos non no la quitaba nin DIOS.
Tende paciencia, hay que formar goberno e despois poñer a resolución no DOGA.
O igual que o PSdG e BNG quitarón a de Touriñan , o PP quitara as nosas.
!!Xogome as mans !!, porque se as poñen é mellor que mas corten. !!Non respondo!!

Anónimo dijo...

Como ben dis, Man, esperemos un pouco antes de botar foguetes, ainda que a cousa ten boa pinta. Só a uns estúpidos se lles ocorre facer o que pretendían en Camelle, Merexo e Seiruga, esperando que a xente o aceptase ou tentando venderlle a burra, fose como fose, sen pararse nos métodos utilizados: desde insultar a un pobo, cheo de razón ata comprar as vontades máis fáciles de convencer, caendo nun espantoso ridículo. Foi a lexislatura da estupidez humana, levada a un grao impensable. Pero, segue vixente aquel refrán "quen mal anda, mal acaba".
Pregúntome como se atopará algunha persoa, que contaba co respecto de todo Camelle porque era atenta, agradable, apreciada, agasallada por todos e pasou, en menos de dous anos, a convertirse nunha persoa indesexable polos seus actos co pobo. Arrimouse a un poder de palla. Vendeu a alma ao demo polo vil metal. Eu, se fose ela, pediría un traslado e faría unha reflexión profunda sobre a ambición desmedida.

Anónimo dijo...

esa xentiña da q vos falades ahora non teñen o respaldo da xunta nin cartos como pensaban ter asi q de momento a esperar catro aniños,... xa vereds ahora o señoriiiiiiiiiitooo pichurri como a partir de ahora vai prestar mas atension a xente de camelle por non falar da oposision q vai aprobeitarse co conto de q supuestamente non van faser a psifactoria,... para sacar un puñado de votos bueno ata outra

Anónimo dijo...

http://www.anosacosta.es/noticias/o_plan_de_acuicultura_non_vai_a_ir_adiante_.htm

Declaracions de Carlos Negreira . Hoxe

Anónimo dijo...

Hai q celebralo facendo a festa do carlou

Anónimo dijo...

sempre hay un ou dous que non estan dacordo co pueblo, claro, eran os que collian parte no pastel, que ben lles estibo, non se pode ir pola vida da maneira que eles van, despois de leer os comentarios anterios, estan os tipicos listillos que querian ¡¡¡¡¡¡paparrrrrr¡¡¡¡ a conta do traballo dos demais.

¡¡¡¡¡ que caraduras e que sinvergonzas¡¡¡¡¡¡¡¡

currade anda, que levades toda vida sin dar palo al agua.

noraboa polo blog siemfuegos.

miguel

Anónimo dijo...

que se safen en touriñan. en camelle non na puñen a collons.non me da a min a gana.
jarasia pp

Anónimo dijo...

Tí Wani, dis que si foses ela pedirías o traslado, pois vai sendo hora que montes o teu bufete o a tua tenda Jillermina II en Camelle, que é donde deberías pajar os impostos para poder alomenos dirixirte a ela, que paja os seus impostos no Concello, vive no Concello, loita por el, no coma tí que non sei porque nin quen te poseiu en aljun intre, que pareces a nena do exorcista cando falas. Dende o alto, o dijo polo diñeiro que te ven de familia, por haber explotado moitos mariñeiros, falase moi ben. Unha nena de familia prominente, con todo feito e pasta suficiente pra poder agora permitirse o luxo de jritar, berrar polo seu pobo (o dos fins de semanas, e festas de gardar)levando catro aplaudidores detras. Podes estar ben orjullosa do que fas, pero limpia a tua lingua pra falar de quen falas.

Anónimo dijo...

de mercedes ai q falar ben,falaras ti e 4 mais porqe en camelle non ai dios q a poda ver

Anónimo dijo...

Son Wani. Para o anónimo veneciano este, que sae a defender ou defenderse, nin lle contestaría se non fose porque non dá unha. Como adiviño, non tes futuro e esa parece unha cualidade común aos soñadores do plan acuícola: non adiviñaron que lle ía sair todo ao revés. Non teño nada que ver coa persoa que describes e non me parece xusto que chuspas esa rabia contra alguén totalmente alleo a ese comentario.
Polo demais, nada que engadir. Cada un é libre de expoñer o que pensa como son libre eu e lávome a boca cando o considero pertinente. Xa sei que esperábades un pobo caladiño, pero levástedes por donde se enhebran as agullas. Se non queredes críticas , non emprendades determinadas accións, como foi o caso.

Anónimo dijo...

Escarállome da risa do anónimo que pensa que eu son WANI, teño que decirche que non o son. As veces que escribín neste blog fíxeno co meu nome, porque xa o dixen unha vez que atacaban a Alberto, non hai nada máis vil e cobarde que para atacar a alguén ampararse nun seudónimo ou nun anónimo. Eu cando teño que decirlle algo a alguén dígollo á cara e non por detrás.
En canto ao que dis de que pague os meus impostos no Concello, teño que decirche que, mal que lle pese a algúns, levo 41 anos censada no Concello de Camarñas, polo tanto, os meus impostos, tales como o Imposto de circulación de vehículos, os dos meus bens inmobles, etc... van a parar a ese Concello, tamén os cartos que da o Goberno no seu Plan de dotación para infraestructuras aos concellos por número de habitantes.
Polo que respecta as acusacións sobre a miña familia, teño que decirche que ofende quen pode e non quen quere, é decir, que a palabras necias oídos xordos, ou ben, como se di en Camelle "patadas de burro non chegan ao ceo".
No que se refire ao de "la niña del exorcista", tí dilo coma un insulto, que inxenuo/a es, a min non me parece tal, é máis, para min é un orgullo que me chames "la niña del exorcista" pola miña maneira de berrar cando se trata de defender a Camelle das inxusticias. Teño que decirche que berrei, berro e seguirei berrando sempre que queiran cometer inxustizas contra o meu pobo, porque o quero e o sinto moi dentro, e isto, goberne quen goberne (ben sexa PSOE, PP ou BNG) e queiran, con actitudes prepotentes, facer calar a voz do pobo, porque en esta tesitura, sempre estarei co pobo e non co poder; como se di en Grándola Vila Morena(que tamén xa hobo quen o dixo neste blog)o pobo é quen máis ordena; pero bueno, que che vou a explicar a tí o que significa Grándola Vila Morena, pois seguro que non sabes o que é e que che ven moi grande.
Tamén dis que non sabes porqué ou quen me poseío, dígocho eu, foi a rabia e a impotencia ante a barbarie e o expolio que querían cometer no noso pobo.
Acerca do que dis de pedirlle o traslado, supoño que a Mercedes, teño que contestarche, e isto fágoo a nivel persoal e tamén como membro da Directiva da AA.VV A Pergoliña, que moita xente veu a pedirnos que a botásemos fóra e nós sempre respondemos o mesmo, que non hai que confundir o touciño coa velocidade, que unha cousa é a política e outra ben distinta é o seu ámbito laboral, e si neste é unha persoa competente e que ainda hai veces que, ao mellor, fai máis cousas das que lle competen, non seremos nós quen de cometer tamaña inxustiza, e isto poden corroboralo as persoas que vieron a xunto de nós a pedilo, e que si o que non están é de acordo coa súa labor política, xa lles chegara o seu momento de falar nas urnas.

Anónimo dijo...

anonimo, para acusar a alguien de algo hay que probar as causas, como veras o pueblo de camelle clama contra piscifactoria e os seos seguidores, por algunha razon sera non crees?

por que ti me diras, por que estades dacordo so uns poucos na piscifactoria de camelle?

se me das algunha resposta, respostame a todas, e decir que tocaria os menbros que estan da cordo.

por que no seculo que estamos, que un partido "progresista" queira marchar cos bens dun pobo, non e moi loxico, asi se vio nas urnas.

dictadura de francoooo? jajaja, no pobo de camelle so se conoce a que queria impoñer o psoe"pasodetodo" cas argucias do ayuntamiento, e xente muy de camelle moy proximo a el, non fai falta decir quen son, por que todo se sabe.

o final pasou o que tiña que pasar, que os larchans busques formas de vivir e que non sesa a conta dos esforzos dos demais e a conta dun pobo.

Anónimo dijo...

noticia muy importante para os camellans.

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/03/07/0003_7574941.htm

publicado hoxe.

Anónimo dijo...

Traballein co Ruchelo durante aproximadamente 12 anos empecei no Sta Maria e logo no Sanchez Bana.
Eu podo dar fe da honradez de Jose como o poden facer moitas outras personas que o conocemos e solamente un descerebrado con afan de molestar pode facer estos comentarios.
E con respecto a filla,alegrome que siga loitando pol-o pueblo cando a maioria estamos de acuerdo con ela.
Non vivir en Camelle 365 dias no ano non quere decir que non podamos expresar as nosas ideas porque,querido descerebrado,alguns tuvemos que movernos para poder traballar.

Anónimo dijo...

eu como camellan creo na honrradez de esa sente .
Non se pode desir o mismo dos grandes empresarios de este pueblo que cobrabas uha cousa e firmabas outra e fasian adeclarasion de hacienda e siempre tocaba apagar e non o entendian.
CAMELLANS luchade contra estes simberguensas e contra os comersios ilegales uns teñen sente ilegal e ban a sunta os ilegales e eran os que mas falaban que non se podia ir.
E outros sin lisensia.

Anónimo dijo...

Anonimo,a rucheliña pusoche a cara na maseira dos porcos,asi teras que sentirte despois de meter a pata e confundila con outra.
A envidia e o veneno afloran no teu comentario,porque non tes o que ela ten, que e a facultade de decidir por si mesma,e non estar encadenada nin sometida a vontade doutros,eso chamase LIBERTADE.

Anónimo dijo...

http://es.geocities.com/alkionehoxe/grandola.mp3

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.

Anónimo dijo...

Desta si que non calo,sintome ORGULLOSISIMO de ser un deses 4 aplaudidores que leva "la niña del exorcista" (rucheliña) detras, porque de momento, que eu sepa, a ela nunca lle oin falar mal de ninguén, e menos de Mercedes. Bueno Carmen Gallego conta como "ninguén". Podo corroborar o que ela di no seu texto de que nos pediron algúns que habia que poñer a Merce fora da casa do Mar, é máis, dixemos que antes de facer iso dimitiamos todos, xa que non habia xustificación ningunha.
Por outro lado cando dis deses 4 aplaudirores que foi por non poñer 200 ou 300 veciños de Camelle non?
ou solo hai 4 q non a poden ver?
Este sábado reelixirona os socios da Pergoliña como Vicepresidenta, será que todos eles tamén teñen o demo no corpo? Temos un expediente X en camelle? Chamaremos a Cuarto Milenio?
Joder, que non fai falta meterse uns cos outros o bo é que todos teñamos puntos de vista distintos e que se respeten as maiorias (eso digoo polo da piscifactomerda como din os de Seiruga Limpa)
e insisto o que xa teño dito neste blog fai moito tempo e a ENDEMONIADA TAMÉN, veña ou non veña a piscifactoria imos ter que convivir todos xuntos e no mismo pueblo, que menos que poder darnos os Buenos dias non?
Ala xa non me enrollo máis. ata outa

Anónimo dijo...

en camelle temos 1a cousa mui mala q e a envidia e ai xente q ta nun grado mui fora do normal,... si a xente ten casas e cousas desas e porq o janaron q non o roubaron nin llas deron,........
un ejemplo jonas collio o badexo criminal e xa andaran por ai ese fillo do demo mira q anda fasendo,.... sejuro q o roubou dun aparello ou algo polo estilo,... e o conto e q jonas comprou a moto q foron con cartos del,... paja jasolina, sejuro,... e tempo para ir pescar, e de momento o mar ta ai para todo mundo non ta prohibido ir pescar,... e quen queira largar 1a nasa larga, un tramallo largao eso si non tocar os percebes porq xa falamos doutro tema...bueno ata outra

Anónimo dijo...

Ese Anonimo o que ten e pura envidia, non sei quen eres pero non lle chegas nin a suela dos zapatos a "Niña del exorcista", por que esa "Niña" pese a non vivir en Camelle todo o ano e mais de Camelle que muitos que non salen daquí e non lle importa ser criticada por envidiosos con tal de defender o seu pobo.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE