Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 6 de marzo de 2009

Foto denuncia



Recibín varios correos para que denunciara no blog os badéns que se encontran na estrada que vai da Casa do Mar a Sabadelle.

Informeime da normativa dos badéns nas estradas e rúas e dí o seguinte:

" Segundo a nova normativa de canles, estas plataformas deberán ter como máximo unha altura de dez centímetros e ser de formigón ou material asfáltico. Esta superficie debe ter catro metros de longo como máximo, e unhas ramplas de suba e baixada de entre un metro e dous metros e medio, que variarán segundo o límite de velocidade da vía na que estea situado. Tamén teñen que estar debidamente señalizados con sinais verticais e superficiais.

Hai varios puntos a suliñar nestes badéns:

1. A altura do badén que eu medín ( foto superior ) ten 18 cms. aproximadamente ( o máximo permitido son 10 cms. ),o que fai que teñas que parar literalmente o vehículo para poder pasar sen que toque nos baixos, por iso se pode apreciar as rascaduras no badén.

2. Non tén ramplas de suba e baixada, soamente os que están na Casa do Mar as teñen.

3. Non hai sinal ningunha ( nin vertical nin pintada na superficie ) que nos avise da presenza dos badéns, co perigo que iso leva consigo.

Eu penso que sí teñen que haber badéns nesta estrada para que os vehículos vaian máis amodo, xa que hai un parque infantil e as escolas na beira da estrada, pero tamén penso que teñen que cumprir as normas reglamentarias, que para iso están.
P.D. Por certo, e cambiando de tema, mañá sábado celebrarase na Casa de Cultura as 16:30h. en primeira comvocatoria e as 17:00 h. en segunda convocatoria a Asamblea Xeral da AA VV " A Pergoliña" para tratar varios temas que xa mencionei anteriormente.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Resulta tamén paradoxal a coincidencia entre as propostas do PP e o defendido por algúns dos colectivos da Rede Galiza Non Se Vende, que saudan agora a volta da piscifactoría de Touriñán e do viaduto da ría de Noia. Os intereses localistas dalgúns destes colectivos, máis preocupados por postulados NIMBY (non na miña leira) que pola defensa do patrimonio ambiental de TODA a cidadanía galega, quedan agora de manifesto. Lamentamos que tivera que vir o PP para poñer en evidencia as contradicións dunha rede que comezou sendo un soplo de aire fresco na sociedade civil galega.

Declaracions de ADEGA sobre as plataformas da Costa da Morte.
Mais comentarios en :

http://galizanonsevende.org/?p=705#more-705

Teñen juevos estes de ADEGA.

Anónimo dijo...

Por xoan on Mar 8, 2009

Advírtase o interés suscitado e o desfogue dos bodegueiros que creo atribuir ao feito de que eles non son capaces de dar cabida nos seus medios de información á discrepancia. Enténdese a súa amargura porque nestes anos monopolizaron o movemento ecoloxista e o puxeron ao servizo de organizacións políticas nacionalistas -que é como o localismo, pero ao besta-.
É comprensíbel esa rabia pola incapacidade de movilización dunha organización mercenaria, xerárquica e anquilosada no ambientalismo.
Todos lembramos as súas reticencias a participar, desde un principio, nas movilizacións de GNSV, pero foron os primeiros en saír na prensa para aproveitarse do enorme eco social acadado. É a práctica habitual desta organización. Non falo dos seus membros, simpatizantes ou cotizantes, falo dos seus responsables e da súa estructura xerárquica e piramidal.
En GNSV nin hai responsables nin hai cotizantes, pero movemos o país.

Anónimo dijo...

e que tera qe ver esto cos badens.
sobre os badens opino q son necesarios pero tamen teñen que ser legales porque o meu coche tócame sempre nos baixos no baden da foto e despois si se me jose o coche a ver a quen lle reclamo.
Sobre adega opino que solo tan pa salir nas fotos e pouco fan, pero bueno, tamén creo que son un mal necesario.

Anónimo dijo...

non ten nada que ver cos badens. ten que ver con nos.nos non traicionamos a ninguen.menos aos de Adega.

Anónimo dijo...

Eu opino que se pasaron co dos badéns. Ta ben que se puxeran diante a escola e da na curva de chegada a casa do mar pero na carretera de sabadelle non sei que fan, eu creo que estorbar porque vai unha persona mallor que non ve ben e cae, inda eu onte iba despistada e casi me mato diante da casa de Luca.
Se os puxeran polo paseo marítimo ou diante da escuela da Ponte e non na carretera da ferralla nin na de sabadelle, pero sa se sabe que estes que mandan fan todo o que non deben.

Anónimo dijo...

Fixeron ben en poñer os badens, pq sa nn e a 1º ves q tn dndo 1 volta e veso como os coches van pola carretera d sabadelle a sabe dios canto x hora e kalkera dia iba hacer un asidnt.

hay m8 opinios, pero... eu creo q stn mu bn

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE