Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 28 de enero de 2010

Info AAVV "A Pergoliña"



Parece ser que a nosa Asociación de Veciños gañou outra batalla.
As queixas e reclamacións sobre as obras de rexeneración da nosa praia que fixo a Asociación e sairon publicadas en prensa escrita (La Opinión), na radio (Radio Nordés-Cadena Ser) e na internet (quepasaencamelle e quepasanacosta) deron os seus resultados, xa que o día seguinte (xoves) de sair nos medios de comunicación, os operarios das obras puxéronse mans a obra para arranxar os problemas denunciados pola Pergoliña.
Como se pode apreciar nas fotos de arriba (sacadas este domingo pasado), a empresa Ctnes.López Cao procedeu a marcar as gavias para facerlle un drenaxe subterráneo canalizado hacia o mar.
É moi triste dicilo, pero vese que a única maneira de que as administracións fagan caso é a "pataleta" e a denuncia nos medios.

Por outro lado, a AA VV "A Pergoliña" convoca a tódolos seus socios para a celebración de Asambleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria que terá lugar na Casa de Cultura o vindeiro día 13 de Febreiro as 17:00 horas.

Asamblea Xeral Ordinaria:
 1. Informe a aprobación, si procede, das contas anuais.
 2. Informe do estado en que se encontra o Contencioso Administrativo interposto contra a Xunta de Galicia polo tema da piscifactoría.
 3. Informe das xestións levadas a cabo ó longo do ano.
 4. Rogos e preguntas.

Asamblea Xeral Extraordinaria:
 1. Elección dos cargos de Presidente, Secretario e vocais impares da Xunta Directiva.
 2. Modificación do artigo 19 dos estatutos, referente a duración dos cargos.

As persoas que queiran presentar a súa candidatura, teñen de prazo ata 7 días antes da celebración da Asamblea, podendo comunicarllo a calquera membro da Xunta Directiva.
En caso de non presentarse ninguén, continuarán os cargos actuais.
Para as votacións, en caso de que o socio non estea presente e queira votar, deberá delegar noutra persoa maior de idade, a cal deberá levar un papel firmado polo socio ao que representa, no que figure o nome do socio e o da persoa na que se delegue, así como o D.N.I. de ambos.

Coche (1.49m.de ancho),garaxe (1.55m.de ancho).Con 6cms bástame e sóbrame.


martes, 26 de enero de 2010

I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"


A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, que ten como fin primordial favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero así como mellorar a vida diaria das mulleres que viven no medio rural, convoca o I Premio “MULLER POLA IGUALDADE” 2010, co obxectivo de homenaxear (visibilizar) a unha muller polo seu prestixio ou por haber contribuído de modo relevante a mellorar a dignificación da figura da muller camariñá.


Bases do premio

I. Nominacións

• 1. Poderán ser nominadas veciñas de todas as parroquias do concello de Camariñas de calquera ámbito ou sector social, que a data actual non estén falecidas.

• 2. As nominacións poden ser propostas por persoas independentes ou de calquera tipo.

• 3. As nominacións pódense realizar de diversas maneiras:

a) Cubrindo a ficha de nominacións e meténdoa nas urnas dispostas para o caso, que se atoparán ubicadas en sitios públicos de todas as parroquias do concello.


b) Solicitando a ficha e devolvéndoa cuberta a seguinte dirección de correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com


c) Cubríndoa directamente en www.diariocamarinan.com, www.camarinas.eu, www.quepasaencamelle.blogspot.com

• 4. Valorarase como perfil das mulleres nominadas:


a) Que sexa unha muller emprendedora, loitadora...


b) Que rompera os estereotipos da sociedade patriarcal.


c) Aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá.

• 5. A data de inicio das nominacións será o domingo 24 de xaneiro de 2010.

• 6. A data de peche das nominacións será o domingo 21 de febreiro de 2010.

II. Elección

• 7. Seleccionaranse as 5 mulleres máis significativas de entre todas as nominacións recibidas, e publicarase a lista das 5 finalistas en nas páxinas webs arriba mencionadas.

• 8. Un xurado presidido pola presidenta da asociación, e composto por mulleres, estudará as nominacións das 5 finalistas, de entre as cales será elixida a “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas.

• 9. A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público que terá lugar en Camariñas o 13 de marzo de 2010.

• 10. A decisión do xurado será inapelable.

III. Premios

• 11. A muller elixida como “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas recibirá un agasallo conmemorativo do premio e será nomeada “Socia Honorífica” da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

Dende este blog queremos animar a tódol@s usuari@s a que colaboren nesta gran iniciativa e felicitar a directiva desta Asociación,en especial a súa presidenta, polo gran traballo feito pola dignificación da figura da muller no noso concello e tamén por acordarse deste humilde medio de comunicación para fomentar e informar sobre esta magnífica iniciativa.
O formulario podedes cubrilo na Casa de Cultura de Camelle ou ben pinchar nesta ligazón ( Formulario de nominacións ), gardalo no voso ordenador,cubrilo e mandalo ao correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com (é moi sinxelo).

Os monólogos de Manolo


O MITO DE HEIDI O DESCUBERTO


*ADVERTENCIA.-O CONTIDO DE ESTE MONÓLOGO,PODE FERIR GRAVEMENTE A MORALIDADE DE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SON POTENCIALMENTE SUSCEPTIBLES A QUE TANTO OS SEUS ÍDOLOS,COMO OS SEUS ÍCONOS ERÓTICOS DA INFANCIA SE VEXAN DALGUNHA FORMA DIFAMADOS.DE TODAS FORMAS SI ALGO OCURRIRA A CULPA E ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SÚA,POR NON FACER CASO A ESTA ADVERTENCIA.


TAMÉN HAY QUE ADVERTIR QUE ESTE MONÓLOGO TEN UNHA CALIFICACIÓN MORAL PARA NEN@S DE 10 ANOS PARA ARRIBA.

Bueno,despois desta aclaración,resumida,por que si teño que meter tódalas advertencias esto sería mais larga que a infancia de HEIDI.


HEIDI,agora que me acordo,un día fixen un estudio,sobre o abuso de consumo de cannabis dentro dá xuventude dunha xeneración anterior a miña.


Pois un dia collín,senteime e púsenme a pensar mentalmente.Sí,mentalmente...por que si no non sabedes hay xente que pensa có cú e despois pasa o que pasa.


E sin mais demora,vamos alá:Primeiro analicemos a bonita melodía desta entrañable serie:


"Abuelito dime tú,que sonidos son los que oigo yo".


Ben.Heidi é un persoaxe supostamente xoven,mentras que o seu abó é naturalmente maior.O que Heidi pida información o seu ancián antecesor sobre os sonidos que escoita,ou que "case escoita"pode indicar,básicamente tres circunstancias:Heidi escoita flatulencias,e como lle ten tanto repecto o seu abó,non encontra outra forma de decirllo, sin que lle produza un subidón de cor vermello a faciana do ancián.Tamén pode ser que a nosa protagonista padecía unha enfermedade conxénita nó oido,que a facía mais xorda có su abó,ou tamén podía ser que o seu estado mental estuvera bastante feito polvo.


Eu son dos que penso que o estado mental de Heidi estaba dalgunha forma alterado po la seguinte razón:


"Abuelito,dime por que en una nube voy"...Ajá.Esta segunda frase dá canción,confirma ún e soio ún dos puntos anteriores.Verdadeiramente confírmase que o estado mental de Heidi,está de algunha forma alterado.Ela está "nas nubes",está "voiando".


"Dime por que huele el aire así".O meu argumento cobra cada vez mais forza.O aire ten un cheiro raro,como especial,como si flotara algún tipo de fume nó ambiente.


"Dime por que yo soy tan feliz"...


Un argumento mais o meu favor.O estado de euforia inxustificada da nosa protagonista é evidente.E por fín:


"Abuelito,nunca de tí me alejaré"...


Por último,a pequena descarriada afirma que lle é imposible alonxarse do seu proveedor habitual.

Despois do aquí exposto,soio cabe sacar as seguintes CONCLUSIÓNS:

-Heidi ten o seu estado de conciencia alterado de algún modo.


-O aire cheira raro.


-Sinte unha felicidade un tanto absurda.


-Manifesta unha dependencia extraña de outro persoaxe.

Logo daquela,o que ocurre e que o noso desdichado perxoaxe,o igual que a maioría da infancia que disfrutou das súas aventuras,estaba todo o día fumando PORROS,como por exemplo FREDY (Marcial),bueno,a este xa o collío maior,pero disfrutaba de Heidi como un anano.O que pode levar a outro interesante estudio,empezando cunha inquietante pregunta:¿ERA HEIDI,FREDY NA SÚA INFANCIA TRAVESTIDO?

Pois ahí queda para outro estudio,E vos pregúntaredesvos por qué os da nosa xeneración non caemos nó PORRO.Pois moi facil,por que nós somos mais de MAZINGER Z,e claro,así pasamos a vida adorando o de "FUEGO DE PECHO" e adorando as protuberancias femeninas.

viernes, 22 de enero de 2010

Os relatos de Guany


LINGUA, LENGUA…..


Estiven lendo unha reflexión que se fixo no Diariocamariñán en días pasados sobre a lingua e estou bastante de acordo co que alí se dixo. Leis para normalizar a lingüa, normas, abertas ou implícitas para o uso dunhas línguas ou outras. Discusións, desacordos, represores, impulsores, redentores, etc., etc. Como casi sempre, o persoal, vai por libre e practica a lingua que lle dá a gana; exprésase naquela que aprendeu de pequeño, falada na súa casa, e verase inducido (se é flexible) a compaxinala con outra cando a situación llo demande, por exemplo, no caso de que o interlocutor só entenda o castelán. Xa sei que haberá quen diga “se non me entende, é o seu problema”. Cada un coas súas cadaunadas....


Para min, expresarse de xeito intelixible para un un foráneo significa telo en conta como unha persoa máis e non me parece de educación marxinalo polo feito de que fale un idioma diferente ao meu, cando teño a riqueza engadida desa outra lingua coa que entenderme con el. Dar por suposto que o noso é o mellor e o único válido é un xeito de reduccionismo que pode limitarnos en moitos terreos e, nos casos extremos, levarnos a actitudes totalmente desconsideradas por non dicir outra cousa. Algo que teño claro é que ninguén é o embigo do mundo, sexa galego, queniano ou xaponés aínda que a súa experiencia subxectiva persoal asi llo indique porque é totalmente súa e privada pero a realidade é outra.


Sei que con estas opinións vou gañar antipatías pero o que non vai conmigo é mentir nin sequera para quedar ben. Tamén son consciente de que o que se opine sobre a lingua sérvelle aos demais para etiquetarte nunha tendencia política determinada porque o énfase no galego parece monopolio da esquerda. Aquí, a que subscribe ten unha idea das persoas moito máis ampla que iso e non traga con esas lerias. Pódovos asegurar que no meu círculo de amizades hai de dereitas, esquerdas, católicos, agnósticos e ata unha persoa doutra nacionalidade. ¿Como é posible semellante mestura?: respectándose mutuamente. Educáronme niso tan importante para a convivencia, independentemente de que o fixeran en castelán ou en galego.


Coñezo a xente que tivo a primeira oportunidade de traballo fóra da súa terra porque ningúen lle facilitaba un posto dentro dela. Amaban Galicia, a lingua natal e todo iso pero a solución venlle de fóra. Se non soubese desenvolverse en castelán, non sabe canto tempo estaría peregrinando polas oficinas de emprego por moi galegas que fosen.


Afirman os que entenden disto que todo o que facemos na vida ten un carácter adaptativo normalmente. Paréceme un matiz importante porque é moi útil saber convivir coas circunstancias que nos tocan e ser capaz de modificalas ou cambialas cando proceda. É de perogrullo que vivimos nun mundo cambiante como nunca na historia que coñecemos. Estou encantada de ser galega, sentirme galega, falar e escribir en galego, pero estaría máis encantada aínda se, ademais, soubese comunicarme con persoas que falan idiomas distintos do meu; esa comunicación pode ser mutuamente favorecedora e, moitas veces, necesaria para resolver un futuro incerto noutro lugar que nos acolla.


Estes días tivemos ocasión de escoitar nos informativos que pretenden multar a un empresario con 1200 euros en Cataluña porque o cartel do seu negocio está en castelán. O interesado pensa recorrer, cousa que faríamos calquera, penso eu porque aquí a alguén “se lle foi a olla”, tendo en conta que temos unha Constitución, por sorte, e que os mandatarios máis coñecidos da Generalitat teñen os fillos en colexios privados, onde non se obriga o catalán e, alomenos un deles que se saiba, estudando en Suiza. As incongruencias fan perder a credibilidade por completo. Ven a ser como aqueles que se empeñan en defender a primacía do galego, expresándose en castelán. ¿A que estamos xogando?.


Penso que as barreiras, prohibicións, induccións e reduccionismos o que fan e distanciarnos a uns de outros cando o desexable sería o contrario. Encántame que se conserve, potencie e extenda todo aquilo que é típicamente nóso, especialmente a lingua, pero quen imos conservala ou non seremos nós, os falantes. Colgarse etiquetas, predicar na defensa do galego sen falalo , insultarnos cando temos opinións encontradas, etc.. non nos fai nin máis nin mellores galegos. Eu teñoo clarísimo: non estou disposta a que me manexen nin recriminen polo feito de falar nunha das dúas linguas que coñezo medianamente, sempre que o faga co necesario decoro cara ao receptor da miña mensaxe.

jueves, 21 de enero de 2010

O que hai que ver (e escoitar) pola rede...en fin.


Mini Daddy (Adriansito)- El niño mas bonito

martes, 19 de enero de 2010

A AA.VV "A PERGOLIÑA" denuncia as obras de rexeneración da praia de Camelle


A Asociación de Veciños "A Pergoliña" infórmanos, a través da súa vicepresidenta María Xosé, que xa están cansos de protestar polos problemas e incidencias das obras de rexeneración da praia de Camelle.

Xa informáramos que no pasado mes de Agosto tiveran unha reunión co xefe da Demarcación de Costas do Estado presentándolle un amplo informe desfavorable (con fotos parecidas as que podedes ver aquí).
Nesta reunión e noutras dúas máis mantidas co enxeñeiro xefe das obras, a resposta que dou o  xefe de Costas é que non hai máis presuposto (cartos públicos) para arranxar os problemas que se ven nas fotos, como as grandes gavias ou surcos provocados pola baixada das augas das leiras e dalgunha casa, os grandes charcos de auga que se forman, as pedras e gravas que provocan as gavias,etc.

A nosa Asociación de Veciños non entende a resposta de Costas que dí que é moi caro e non é rentable facer unha canalización desas augas para arranxar o problema, e pregúntase porque non tiñan previstos estes problemas antes de comezar as obras e sabendo o presuposto que tiñan para realizala.
A vicepresidenta da Asociación de veciños informóunos de que van a mandar un comunicado a varios medios de comunicación para que a opinión pública coñeza o problema.

Por outro lado, a nosa asociación veciñal tamén falou onte luns coa concellala socialista Mercedes Martín, para pedir solucións inmediatas sobre o sinal da TDT no noso pobo (bastante precaria).
A resposta da concelleira  foi que o concello presionou a Xunta de Galicia,xa que é competencia deles,para que instalaran a antena para poder ver a TDT no noso pobo e asegurou que mañá mércores sen falta (a ver si é verdade) operarios da Xunta instalarán a dichosa antena para que ningún camellán quede sin sinal.

Os monólogos de Manolo



A VIDA.ESE CÚMULO DE MENTIRAS.


Queridos amigos,nestas festas que acaban de pasar,deime conta dun desgraciado feito.Resulta que os Reis Magos non existen,nin Papá Noel.Os que nos deixan os regalos son nosos pais.¡HAY QUE JODERSE!.Toda vida vivindo engañado.Dende logo os nosos pais non teñen sentimentos,joder.Vaia desilusión.


Pois ben,despois deste descubrimento,fíxenme a seguinte pregunta.¿En que mais nos engañarían nosos pais?.


¿Será verdade que existe o "coco" ou o "Home dó saco"?.Pois estou empezando a dudalo.¿Será verdade que si nos masturbamos quedaremos cegos?.Pois partindo de que a masturbación ten que ser un entrenamento,nunca un vicio,direivos que ahí tamén nos mentiron.


¿E en qué mais nos mentiron?.Bufff,vouvos a numerar algunhas.


Dende que nacimos,vivimos engañados.E nosos pais eran os principais responsables.Non dubidaban en recurrir a calquer mentira con tal de conseguir os seus obxetivos.


Por exemplo,a hora dá comida.Si tí non querías comer,intentaban facerche creer que a cuchara coas papas era..."un avión".¡Vaia similitude mais acertada!.De feito creían que o único que lle faltaba para ser creíble era o sonido dó motor.E ahí os vías...BRRRRRRRR.


Claro.E que pensaban:"Si o neno non quere comer un pouco de papas...seguro que come un avión".


Ademais facíante responsable da boa alimentación de tóda a familia.:"Esta por papá,esta por mamá,esta po la tía,esta po lo abó,ésta po la prima dá Coruña.O sea,tiñas que comer tí por todos.
 A veces as súas mentiras conseguian o contrario do que se propoñían.Por exemplo para conseguir que durmíramos inventaron as nanas.Que igual a música era apropiada,pero a letra ¡JODER,HAÍ SI QUE O BORDARON!.


Coma aquela que decía:"Duermete niño,duermete ya,que viene el COCO y te comerá"...E tí;"¿Como?,¿Que vai vir quen?.O sea,que despois desta información,¿Tí queres que durma?...E claro,pasábaste toda a noite cos ollos coma platos.E tí decias:"Joder,xa que vai vir o Coco...¡Po lo menos que me pille desperto"!

Cando nos levaban ó médico,tamén recurrían ó engaño.E decíanche cousas como:"Tontiño,si non che vai doer..." Ademais decíanche:"Xa verás como o médico,cando acabe,vaiche dar unha piruleta".


-"¿Unha piruleta?,¡Dixéralo antes!.¡Rápido!,¿A qué espera?. Corte todo o que queira,e sin anestesia".

Cando acababa a consulta,o médico decíache:"Toma CHAVALOTE.Esto é pa tí".E o que che daba era un pauiño có que che examinara a garganta.E por riba,túa nai:"¿Qué se dí?


-"¿Qué se dí?...ROÑOSO.¿Qué fixestes có resto dó helado,CABRÓN.?.


¿Qué esperaban que dixéramos?."Jo,o que vou a fardar nó colexio con este pauiño"


E os compañeiros:"Tío,que enrrollado é o teu médico,un pauiño.¡QUE JUAI!"."Cámbiocho po la miña video consola".


E as rapazas:"¿Déixasnos xogar co teu pauiño?".Bueno,esto aínda mo siguen preguntando agora...

Outra técnica que usaban os maiores para engañarnos,era a de asociar algo que non nos gustaba nada con algo que nos gustaba moito.


Con ésta idea inventáronse os xogos educativos.E que.¡Váia manía con que aprenderamos xogando!.Que si o balón de playa mapamundi,os lápices coa tabla de multiplicar,o puzzle de España por provincias...
 Nosos pais tomaban nota desa idea de asociar algo bó con algo malo e sorprendíanche decindo cousas como:"Vamos xogar a recoller o teu cuarto".


-"¿Vamos xogar a recoller o teu cuarto?.Eso é como si lle dís a mamá;vamos facer ó amor mentras planchas".Que non home,que hay cousas que non poden ser.

E para acabar,a frase coa que os pais poñían fín a todas as nosas preguntas.


-"Papá.¿Por qué as nenas son tan raras?".


-"Cando seas grande,xa o entenderás".
 BUENO,POIS HASTA EN ESO NOS MENTIRON.

Manifestación pola folga do ensino do 21 de xaneiro


Comunicado da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte:
Queremos Galego: "Folga xeral no Ensino"
O vindeiro xoves 21 de xaneiro a Plataforma Queremos Galego convoca a todos os membros da comunidade educativa a secundar unha xornada de mobilización como protesta polo decretazo contra o galego presentado polo actual goberno da Xunta de Galiza.


É a primeira vez na etapa democrática que o goberno galego diminúe a presenza da lingua propia de Galiza no ensino, a pesar de que os últimos informes oficiais din que non se está a acadar a necesaria competencia no noso idioma, sobre todo entre a mocidade de núcleos urbanos, onde en moitos casos a escola actúa como único contacto entre as capas máis novas da sociedade e o galego.

Deste xeito, pasar dun mínimo dun 50% das materias en galego a un 33% supón ir en contra da legalidade vixente, pois na Lei de Normalización Lingüística estabélecese que o proceso de normalización do idioma galego e de promoción do mesmo ten que ser progresivo.

Porén, desde a chegada do PP ao poder, as agresións ao noso idioma están sendo continuas, materializadas unha tras outra con medidas que se remontan a etapas preautonómicas, a pesar de que a sociedade galega ten demostrado reiteradamente que somos maioría os e as que queremos galego. Fixémolo o 18 de outubro e o 30 de decembro desbordando as rúas compostelás, e volverémolo facer, con máis forza se cabe, o próximo 21 de xaneiro.

O próximo 21 de xaneiro debémoslle demostrar ao Goberno do PP, máis unha vez, que Galiza Quere Galego, que están en minoría e que son eles os que rachan co consenso e coas bases do Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade e por consenso democrático no Parlamento Galego en 2004.

Por todo isto, a Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte anima a todas as persoas interesadas en acudiren á manifestación nacional que sairá ás 11:30 da Alameda de Santiago de Compostela a que non deixen pasar a oportunidade de demostrarlle ao Presidente da Xunta de que somos maioría os e as que queremos a nosa lingua e a nosa cultura.

Máis info e inscricións :  queremosgalego, quepasanacosta, 981 745266 / 703169

viernes, 15 de enero de 2010

Lembranzas do pasado (II Parte)

2ª parte (e derradeira) do inédito vídeo das Festas do Carmen de Camelle alá polos anos noventa (a mín dixéronme do 91, pero según vós trátase do 92 ou 93).
Espero que vos guste e lembredes sempre o noso pobo, por moi lonxe que esteades.
Suxírovos que vexades o vídeo a pantalla completa.



jueves, 14 de enero de 2010

Os relatos de Guany



Hola amigos. Aquí estou de novo despois dunha tempadiña máis ocupada do normal na confianza de que leades e comentedes o que expoño. As vosas ideas sempre son interesantes polo menos para min porque me enriquecen e ensinan. O intercambio de opinións sinxelas e ben intencionadas, calesquera que sexan, motivanme a seguir contándovos o que observo neste mundo que nos rodea. A miña intención é: 1.º non aburrirvos e 2.º, que teña algún interés para vós. De ser así, dou por ben empregado o tempo que lle dedico do que, por certo, ando máis ben escasa.


Gustaríame saber cómo comezástedes o novo ano. Parece que algún de vós foi tocado pola vara máxica da lotería ¿Como o vivístedes cando fóstedes conscientes do voso golpe de sorte?. Espero que, de ser moita a cantidade, non vos cambie no esencial. Algunha xente parece que tolea e empeza a facer cousas raras cos novos amigos que proliferan como as moscas. Cando se decata do rumbo que leva e que as contas volven quedar en números vermellos , queda calvo de arrincarse tantos pelos. Os máis positivos, pensarán que lle quiten o bailado. En calquera caso, a todos nos gustaría saber o que é, independientemente do que se faga; por iso gustaríame que contásedes a vosa vivencia.
 Outras anécdotas ligadas a estas datas que vivimos recentemente son as farturas dos manxares que non temos alcanzables ao longo do ano e as convivencias, máis estreitas e frecuentes do habitual: ceas cos compañeiros, amigos, familia…..todos parecemos querernos máis, ser mellores y estamos cheos de bos propósitos para o futuro. Entre eles, están as perdas: o peso que gañamos cos excesos, a familia ampla cando é pesada (perdelos de vista) e as multitudes que nos golpean nos centros comerciais. A rutina diaria tamén ten o seu encanto.

Unha das cousas que nos trouxo o novo ano é a TV estatal sen anuncios, cousa que se agradece, fartos de que para ver unha película que comeza ás 10 da noite, teñamos que estar espertos ata preto das dúas da mañá e andemos mareados o día seguinte. Confío que non sigan bombardeándonos cos anuncios dos seus propios programas como están facendo na TV2 porque senón o mesmo me dá que anuncien unha cousa que otra se, en defintiva, me están quitando o tempo igua. De seguiren así, ata é posible que prefiramos ver o anuncio dunha colonia en calquera lingua allea na que un tío/tía cachas, que parece virtual de tan perfecto/a, nos insinúe “cómeme, cómeme…” con mirada felina aínda que nolo diga en linguaxe arameo.

Tamén relacionado coa TV, a TDT que se implantará no prazo duns días pola nosa zona definitivamente, deixa á bella analóxica na historia. Esta mellora, non nos trae ningha virguería aparte da mellor calidade da imaxe e uns cantos canles máis. A TV que nos ofrecen neles pode ser decepcionante: alguna cousa aproveitable, series repetidas, tertulias políticas coa ideoloxía afín ao canle na que se realizan, programas obsoletos, concursiños guiados por berronas, que parecen estar furiosas co sufrido e pasivo espectador, invitándoo a chamar por teléfono coa resposta correcta a cambio dun fato de euros. Non vos pase o que a min que, por idiota, fixen a chamada e respostáronme “imposible comunicar con el estudio….”. Un verdadeiro timo. Tal vez todo isto traia algo positivo: apretar o botón OFF/ONN, sen ira e dedicarse a outra cousa.
 Outra nova destes días é que parecen estar investigando o fraude da gripe A. Sempre digo que o pobo non é tan tonto como pensan aqueles que moven os fíos da economía. Xa hai moito tempo que se fala da “pandemia de lucro” porque algo cheira a chamusquina desde o comezo do asunto este e o persoal non acudíu en masa, nin moito menos, a inxectarse algo do que nin sequera se saben os efectos secundarios pola urxencia da súa aplicación. O que parece claro é que cada vez os artistas do roubo recorren a técnicas máis sofisticadas, chegando ata a xogar coa saúde da poboación sen ningún tipo de reparo. Pregúntome en que lugar queda a Organización Mundial da Saúde (OMS) que nos anunciaba unha epidemia de grandes dimensións. ¿Serían tan inxénuos coma min cando chamei ao concurso das berronas?.

En fin, amigos, non é que comece o ano con visión negativa en absoluto pero destas cousas falóuse estes días, ademais do percance do avión en Detroit, que está traendo de cabeza aos dirixentes porque AlQaeda fainos tremer. Andan mirando o xeito de controlar aos pasaxeiros nos aeroportos cun novo aparello, tipos rayos X (sen emitir radiacións…disque) capaz de atravesarche o corpo coa finalidade de detectar elementos perigosos. Aínda non está autorizado por problemas éticos e, polo visto, o noso gobernó xa ten encargado unha cantidade considerable. A ver se non pasa como coas vacinas da gripe A, que agora non saben que facer cos excedentes depois do enorme gasto que supuxo e andan tentanto vendelas ao terceiro mundo. Como diría un andaluz: ¡demaziaoo pal cuerpo!.

En fin, amigos, que teñades o mellor ano posible.


¡¡¡ CRASH !!!

martes, 12 de enero de 2010

Documental "Os soños do mar" ( 3/3 )


Mandeo Records - OS SOÑOS DO MAR 3/3 from Mandeo Records on Vimeo.

Os monólogos de Manolo


Hola,amigos,sigo aquí no meu novo choio,é apasionante,pero un pouco cansado.E que leer toda a correspondensia que sirculou por aquí nestas datas,xa hay que ter uns collóns mais jrandes cós do cabalo de ESPARTERO.



Pero bueno,o esforzo vale a pena,por que atopas cada cousa.Seguidamente vouvos a transcribir unha carta que leín o outro día e que non ten desperdicio.Dí así:


Querido SANTA CLAUS:


Extrañarache que che escriba hoxe 26 de Decembro,pero é que quero aclarar certas cousas que me ocurriron dende que che mandei a miña carta,chea de ilusións,en donde che pedía que me trouxeras unha bicicleta,un tren eléctrico,unha WII de Nintendo e un par de patíns.


Quero comentarche,Santa Claus,que me matei estudiando durante todo ano e conseguín ser un dos primeiros dá clase,sacando durante todo o curso,un mogollón de dezes nó colexio.Non che vou a enganar.


Non houbo ninguén que se portara mellor cá mín;nin cos seus pais,nin cos seus irmáns,nin cos seus veciños.


Facía recados sin cobrar,axudaba os velliños a cruzar a rúa,e non houbo cousa que eu non fixera po los meus semellantes.


Sin embargo,¡¡¡QUE JUEVOS OS TEUS SANTA CLAUS!!!.E que...Deixar embaixo dó arboliño duas putas canicas,unha merda de trompeta de plástico e un maldito par de calcetíns.¡QUE CAGADA!


¿QUÉN COÑO TE CREES,BARRIJUDO?.O sea,que me porto como un gilipollas todo ano,para que veñas cunha merda deste calibre.E non confome con eso,o maricón dó fillo dó veciño,que é idiota,sin educación,malcriado,desobediente,que lle grita a súa nai;a ese parvo dó carallo,trouséstelle todo o que che pedío.


Por eso agora quero que veña un terremoto ou algo así;para que nos leve a merda a todos.Xa que con un Santa Claus coma tí,tan incompetente e falso,mellor que nos trague a terra.


Pero eso sí;non deixes de vir o ano que ven,que vou a reventar a pedradas os teus putos renos,empezando por ese cabrón de RUDOLF,que ten nome de marica.


Vouchos a espantar para que teñas que ir a pé coma mín,CABRÓN.Xa que a bicicleta que che pedín,era para ir o colexio,que queda a tomar po lo cú da miña casa.


AHH,e non quixera despedirme de tí,sin antes nombrar a madre que che parío,e espero que cando vaias po lo mais alto,che dea a volta o puto trineo e te pegues unha boa HOSTIA.


BEN...Eso é por seres tan FILLO DE PUTA.


Pero,eso sí.Po ano que ven,vas a saber o que é un neno cabreado e un pouco CABRÓN.


Atentamente Moncho.

Pdt: As canicas,a trompeta e o par de calcetíns,podes vir recollelos e metelos po lo cú.

Nin ratos vivos nin efectos visuais por ordenador... ANIMATRONICS

miércoles, 6 de enero de 2010

Lembranzas do pasado (I Parte)

Quérovos ofrecer de agasallo de reis un vídeo inédito das Festas do Carmen de Camelle alá polo ano 1991 (eso me dixeron).
Neste vídeo poderedes ver a danza de arcos, a procesión marítima,a misa cantada, os gaiteiros, a xente do pobo,etc. pero fai 18 anos.
A verdade é que o noso pobo cambiou, pero máis cambiamos nós, non hai máis que vernos no vídeo.
Gracias ao noso fiel usuario Cantoná por pasarme este vídeo, en breve a segunda parte.
Recoméndovos que vexades o vídeo en pantalla completa,xa que ao ser un vídeo antiguo non puiden ampliar máis a imaxe.


Re-celebración de fin de ano

Este pasado sábado,como xá anunciáramos,volvéuse a celebrar o fin de ano no Pabellón da Ponte do Porto e organizado pola Comisión de Festas de Camelle.
Numerosas persoas congregáronse na vila Porteña para despedir outra vez o ano e volver a comer as uvas.
As orquestras Jerusalén e Foliada amenizaron o acto,no que destacou o sorteo de quince cestas de nadal, algunha con material erótico incluido.




Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE