Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 26 de enero de 2010

I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"


A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, que ten como fin primordial favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero así como mellorar a vida diaria das mulleres que viven no medio rural, convoca o I Premio “MULLER POLA IGUALDADE” 2010, co obxectivo de homenaxear (visibilizar) a unha muller polo seu prestixio ou por haber contribuído de modo relevante a mellorar a dignificación da figura da muller camariñá.


Bases do premio

I. Nominacións

• 1. Poderán ser nominadas veciñas de todas as parroquias do concello de Camariñas de calquera ámbito ou sector social, que a data actual non estén falecidas.

• 2. As nominacións poden ser propostas por persoas independentes ou de calquera tipo.

• 3. As nominacións pódense realizar de diversas maneiras:

a) Cubrindo a ficha de nominacións e meténdoa nas urnas dispostas para o caso, que se atoparán ubicadas en sitios públicos de todas as parroquias do concello.


b) Solicitando a ficha e devolvéndoa cuberta a seguinte dirección de correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com


c) Cubríndoa directamente en www.diariocamarinan.com, www.camarinas.eu, www.quepasaencamelle.blogspot.com

• 4. Valorarase como perfil das mulleres nominadas:


a) Que sexa unha muller emprendedora, loitadora...


b) Que rompera os estereotipos da sociedade patriarcal.


c) Aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá.

• 5. A data de inicio das nominacións será o domingo 24 de xaneiro de 2010.

• 6. A data de peche das nominacións será o domingo 21 de febreiro de 2010.

II. Elección

• 7. Seleccionaranse as 5 mulleres máis significativas de entre todas as nominacións recibidas, e publicarase a lista das 5 finalistas en nas páxinas webs arriba mencionadas.

• 8. Un xurado presidido pola presidenta da asociación, e composto por mulleres, estudará as nominacións das 5 finalistas, de entre as cales será elixida a “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas.

• 9. A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público que terá lugar en Camariñas o 13 de marzo de 2010.

• 10. A decisión do xurado será inapelable.

III. Premios

• 11. A muller elixida como “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas recibirá un agasallo conmemorativo do premio e será nomeada “Socia Honorífica” da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

Dende este blog queremos animar a tódol@s usuari@s a que colaboren nesta gran iniciativa e felicitar a directiva desta Asociación,en especial a súa presidenta, polo gran traballo feito pola dignificación da figura da muller no noso concello e tamén por acordarse deste humilde medio de comunicación para fomentar e informar sobre esta magnífica iniciativa.
O formulario podedes cubrilo na Casa de Cultura de Camelle ou ben pinchar nesta ligazón ( Formulario de nominacións ), gardalo no voso ordenador,cubrilo e mandalo ao correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com (é moi sinxelo).

No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE