1. A piscifactoría de Merexo obtén 348.250 euros da Xunta de Galicia.A maior axuda concedida por
Pesca a unha piscifactoría da zona é para as instalacións que
Stolt Sea Farm ten en
Merexo e que a empresa norueguesa pretende ampliar polo que protestaron os veciños.
Para realizar melloras na planta de
Vilán, a consellería concedeu
87.200 euros.A Administración xa gastou
8,4 millóns de euros na construción das instalacións e despois concedeu outras axudas.
Ademais,
Stolt Sea Farm accedeu gratuitamente aos terreos, que se atopan nun espazo da
Rede Natura, cun alto valor ecolóxico e paisaxístico.
Tres Mares, que ten as súas instalacións en
Lires, no municipio de
Cee, tamén é unha habitual receptora das axudas da
Xunta de Galicia.
Nesta ocasión foi beneficiada cun total
136.769,85 euros para un proxecto de mellora da calidade de cría de troita.
Os fondos europeos tamén serviron para a modernización de buques da Costa da Morte.
As subvencións van dos
11.390 euros que se destinan ao Irmáns Sar Romeu ata os 800 que leva unha pequena embarcación de
Camelle.Para determinadas melloras e instalacións danse axudas que van dos pouco máis de
4.000 euros a 555.Tamén hai axudas para manter a competitividade na pesca.
Máis info:
La Voz de Galicia2. O
Partido Popular de Camariñas ( en contra do Plan Xeral ) asesorará e informará aos veciños do concello sobre como deben de presentar as alegacións dunha maneira axeitada, co asesoramento de dous avogados.
Esto será hoxe venres e mañá sábado ( pola mañá e pola tarde ) na sede do PP de Camariñas.
Lembrade que a exposición remata o vindeiro
14 de Maio.
Máis info :
quepasanacosta e
diariocamariñan3. Na nosa web amiga quepasanacosta e corcubión.com están a facer unha enquisa sen precedentes para elexir ao Primeiro Persoaxe Histórico da Costa da Morte.Primeiro votarase por concellos e despois en xeral, cos máis votados de cada concello.
Os elexidos polo
concello de Camariñas e seleccionados polo escritor da Ponte do Porto,
Rafael Lema, son
Ambrosio Feijoo y Pardiñas,
Miguel Feijoo y Pardiñas e
Antonio Rodriguez Canosa.
Eu non digo que estos persoeiros non sexan importantes, pero sinceramente penso que se olvidou dun personaxe tamén moi importante como
Manfred Gnadinger ( Man ), que aínda que evidentemente non naceu en Camelle, pasou máis da metade da súa vida no noso pobo e estaba considerado como un camellán máis.
Para axudar a votar ó personaxe máis importante da Costa da Morte, podedes facelo na enquisa de este
blog ( xa vexo que Man está arrasando ) ou ben deixar a túa opinión neste enlace, para que Man entre tamén na lista.
-
Enlace Elección Histórica Tamén destacaría ao escritor e profesor camellán
José Baña Heim pola súa labor nesta lista, pero bueno, cada un é libre de pensar e votar o que queira, por iso anímovos a que deades a vosa opinión no enlace anterior.
4. Lembrade que mañá sábado e o domingo ( polas mañás ) celebrarase na Casa de Cultura e organizado pola Fundación Man as Xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man.