Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 22 de mayo de 2009

Frases da semana

1. Manuel Borobio Sanchiz ( Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ) :

-" ... Unha planta acuícola pode facer moito dano. Estudarémolo como calquera outra proposta, conscientes de que ten un valor engadido. Depende de cal e de que dimensións. Unha planta acuícola tamén se pode facer sostible. ¿Como se poden implantar polígonos industriais onde non hai sequera cobertura de móbil?... ".

2. Marisol Soneira Tajes ( Deputada camariñana do PSOE, responsable de Emigración e Portavoz socialista na Costa da Morte. Declarada " Persoa non grata en Camelle " pola Asociación de Veciños " A Pergoliña " ) :

-" ... non se pode defender unha cousa nun sitio e o contrario en Touriñán. Perdeuse unha oportunidade de crear emprego, por exemplo nos últimos anos a localidade de Camelle perderá un tercio da súa población. Metéronse nunha guerra absurda e chea de contradiccións para que non se creara emprego ... ".

- " ... lamento que desde o novo goberno galego non se me aclarara se había previsións de liberalización da peaxe Coruña-Carballo ... ".

- " ... o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, falou conmigo e comprometeuse a estudar as propostas que xurdan dende a Fundación Man e das xuntanzas de expertos para a recuperación do seu museo e ademáis o Conselleiro expresoume o seu interese en coñecer - in situ- a obra do anacoreta alemán de Camelle e solicitei que o Museo sexa declarado " Ben de Interese Cultural" pola Xunta de Galicia. Cabe destacar o traballo sen cobrar un peso dunha serie de artistas e dunha Fundación que traballa cunha subvención do Concello de Camariñas e coa xenerosidade destas persoas ... ".

3. Daniel Rego ( Portavoz do Partido Popular no Concello de Camariñas ) :

- " ... a Fundación non recibio ningunha subvención do Concello de Camariñas por canto a aportación que realiza é por pertenecer o Padroado co 51%, e os cartos a maioría deles proviñan xa de donacións recibidas para Man e o Museo", mesmo faltan por aportar as cantidades correspondentes a Diputación, Xunta de Galicia e Goberno Central que tamén están enumerados no propio padroado... ".

Máis info : diariocamariñan, anosacosta, La Voz de Galicia
.

5 comentarios:

xan dijo...

cando debio de chorar "o bicho" por perder as eleccións.
Ahora non sabe donde meterse, reclamar o libre peaje... cando tuvo no poder, por que non o quitou?
Ahora aférrase a fundacion man a ve si lle cae aljo, si fora rascala...

Anónimo dijo...

jodete porca q n vos fixestedes ricos a conta dun pobo indefenso.

grazas q entrou o PP no poder q ese se q e un partido e non o resto.


VIVA O PP

karavich dijo...

Cando a loita entre faccións e intensa,o político interesase,non por todo o pobo,si nón po-lo sector o que él pertence.Os demais somos o seu xuicio,extranseiros,enemigos,incluso terroristas.
Partindo desta meditación non cabe mais que decirlle a esa "señora"que esquenza a súa hipocresía ou que a garde para os que son coma ela, porque unha das definións de política dí que ésta é un acto de equilibrio entre os que queren entrar e aqueles que non queren sair.Así que de momento poña paz no seu redil e despois si quere que nos pida o mais sincero perdón a xente de "CAMELLE" acompañada,claro está de tod@s que lle axudaron a facer tanto mal.Por que a estabilidade do pobo estuvo en perigo,tanto po-las malas persoas como por aquelas que permitiron a maldade.Bueno,eu espero que se dea conta do que fixo,e si non lle chegou co recado que lle deixaron as urnas debe saber que para que triunfe o mal,soio e necesario que os bos non fagan nada,e eso neste pobo non vai pasar.
Sobre o tema da fundación soio bou a opinar que está ben que fagan cosas para enrriquecer culturalmente o noso pobo,pero que queredes que vos diga,a min con esta tía po-lo medio "cheirame o lévodo".
Despídome non sin antes recordar aquel pensamento que decia o meu abó(barbeiro e pensador):
BAIXO O CAPITALISMO,O HOME EXPLOTA Ó HOME.BAIXO O SOCIALISMO,E XUSTO O CONTRARIO.

Guany dijo...

Dirixido a esa "señora", que se ergue en defensora dos postos de traballo para os camelláns: somos tan chulos que mexamos para os que vostede pensaba traer..
Non houbo nin hai contradiccións nesa que vostede chama "guerra absurda". O que manifestamos, é totalmente coherente co pensamento do noso pobo. Vostede si que é contradictoria, "señora". A un pobo ao que chamou terrorista e outras bonituras ¿cre alguén que lle preocupa a súa situación laboral, económica e todo que supoña unha mellora nas súas vidas?. O que lle preocupan son outras cousas, distantes do seu pretendido interés. Protectoras como vostede, querémolas moito, pero canto máis lonxe, mellor.
En canto a que a poboación de Camelle diminuirá (case que lle augurades a extinción), repítolle que non é cousa súa. As súas artes adiviñatorias, deben estar aínda nas primeiras etapas da aprendizaxe.É unha mágoa que non estea alí na Moncloa porque con esa sabiduría, podería dar ideas útiles para solucionar a difícil situación que está atravesando o país, grazas a personaxes que, muy probablemente, prediquen de xeito parecido ao seu.
Estamos fartos de xentes pequenas con bocas grandes.

eu dijo...

Guany ERES A/O MELLOR. Tes toda a rason, eu non sabería disilo mellor. En canto a "señora", esa que ten muita pena polos postos de traballo que "perdemos" os de Camelle, por que cando tuvo o psoe na xunta non reclamou a liberalización do peaje da autopista Carballo a Coruña? Será por que non lle combiña e ahora sí

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE