Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 28 de mayo de 2009

Novas camelláns



1. Mañán venres tomarán posesión os novos directivos da Agrupación de Percebeiros de Camelle.
O novo presidente é Leopoldo Castro Pardiñas, que está disposto a asumir o posto se «a xente apoia».
Castro Pardiñas, que é de Santa Mariña e reside en Camariñas, obtivo 17 votos.
Os demais son Hermindo Mouzo Tajes, Digna Romar Mouzo, Manuel Vázquez Pardiñas e José Pérez, que era o anterior responsable e que volveu á xunta por mor da dimisión de Jaime Vázquez Pardiñas.
Máis info : La Voz de Galicia



2. Como todos xá saberedes, onte o F.C. Barcelona proclamouse en Roma, campión da Champions League e ademáis conseguiu por primeira vez en España o " Triplete " ( Liga, Copa e Champions ).
Aínda que neste blog a maioría de usuarios son do R.C.Deportivo, ( según unha enquisa feita fai uns meses ) dende aquí dámoslle a noraboa a tódolos aficionados culés que hai en Camelle, que son bastantes, e confirmamos o evidente," O Barça é agora mesmo ó mellor equipo do mundo".

Máis info : Marca, Sport, As

7 comentarios:

Anónimo dijo...

alguen o dudaba?
aparte de gañar o que gañaron, a forma de xogar e exquisita, teño 35 anos e nunca vin sogar a un equipo tan facil e tan maravillosamente ben.
chapo pos catalans camellans, mima como taran albaro, pipi, pi, os bajeras fillos, manolo pastora, toniño, e un sin fin mais.

NORABOA ainda que sa nos veremos pro ano que ben.

un madridista e deportivista.

Anónimo dijo...

jajajajaj, falan de que teñen furtivismo e son eles mesmos os que rouban o percebe, non teñen bergoña, e os percebes que apareceron na alta?
jajaja que asco.

galego dijo...

Solamente quero darlle a rasón os dous comentarios anteriores.
Nada mais que disir.
Perseveiros: moitos rouban.
Barsa: o mellor hoxe en día.
Real Madrid : prepotentes
Depor : os da terra,abondo fan.

CaMeLLana dijo...

O anónimo da outra noticia que dicia que se puxera algo do BarÇa era eu. Como xa sabes son do depor e alegrome de que a maioría dos usuarios deste blog tamen o sean. Pero o barÇaa é o mellor do mundo! Ten un equipazo e xoga excelentemente !!
Ganou pero tiñao moi meReCido !

MoiTa razoon lle don aao comentario anterior ``galego´´ !
Sobre todo no Real Madrid jaja
( e que nadie se piquee ehh )jaja

Madrilista dijo...

Como madrilista cerrado que son de toda vida,non cabe ningunha duda de decirlle o barca FELICIDADES CAMPEONS pero para o ano srá outra historia jje

karavich dijo...

Mimá a quen puxeron de presidente,puxeron ó raposo a gardar as galiñas,ahora si que vai boa.
En canto ó do fútbol´felicidades a todo-los culés por lograr o "triplete" e así calar moitas bocas que se estaban aferrando a unha utopía como un cravo ardente.
Por moito que se reforce o Madrí,a base de millóns de euros,creo que lle falta algo para compararse có Barsa,po-lo menos nuns aniños.
Pouco madrilista podes ser,cando non sabes como se chaman os sejidores dó Madrí.

Anónimo dijo...

manada de furtivos!!!!ladrons!!!!non teñen verjonsa!queren todo pa eles!!eu acordome de pequeno,poder largar 1s nasas,coller 1s persebiños e desde que chejaron estes ladrons,non se pode ir a nada,pensan que son os donos e señores de todo mar.q asco,parese q son tenientes da g.civil,que cojones me teñen que vir vijilar e pidirme papeles, me cajon asta en dios!LADRONS,vindes cos 5 kiliños nos caldeiros e despois ides polo saco!!!deixade vivir a xente trankila e non teñades tanta cara porque senon 1 dia vai haber desjrasias!ladrons!!

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE