Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 30 de septiembre de 2008

Vídeos San Miguel 08

Xa están aquí os vídeos da festa, bueno, son do venres no concurso de disfraces. Antes de nada, decir que os vídeos son un pouco picantes e para maiores de 18 anos, nen@s absterse.
O primeiro vídeo ( tiña varios, pero é o máis light,xa que os de youtube son moi puritanos ) transcorre no desfile de disfraces para que os xuices deliveraran. Fixádevos na señora que está detrás da porta da casa, abraviada con semexante espectáculo luxurioso.
Vídeo 1 (Concurso de disfraces): http://es.youtube.com/watch?v=gd4CqYl53ms

O segundo vídeo e o fin de festa no pub, que comeza coa xa típica misa cantada polos feligreses habituais deste local. Absterse de velo os menores de 18 anos.
Vídeo 2(Fin de festa no pub): http://es.youtube.com/watch?v=3AiWUfUIO0I

Moita envexa teñen que ter a xente doutros pobos coa xente de Camelle e as súas festas, xa que son inigualables. Gracias a xente de Camelle pola súa colaboración e simpatía xa que sen vos, esto sería imposible.

San Miguel 08


Xa tendes as fotos das festas de San Miguel na marxe dereita, si queredes velas todas, pinchade na foto,xa que no recadro soamente saen unhas poucas. As festas estiveron coma sempre, impresionantes, sobre todo o venres, coa churrascada,o concurso de disfraces e o noso dj inven pinchando. O premio de Miss Camelle gañouno o noso fervellón Cantoná cun disfraz moi exhuberante e Mister Camelle gañouno María cun traxe moi relixioso e con unha pancarta non moi politicamente correcta, de todolos xeitos houbo premios para todolos disfrazados. Penso que Perla tuvo un gran acerto con esta iniciativa, e doulle as gracias dende aquí por todo o seu traballo e dos colaboradores. O sábado tamén estivo moi ben coa actuación do noso kilombo pola tarde, e as dúas grandes orquestras pola noite. Ah... e o chocolate con churros para os que aguantamos ata o final estaba boísimo. Por certo, tiven que suprimir moitas fotos polo seu contenido erótico e polo que poida pasar, espere me perdoedes. En breve poñerei os vídeos, tamén bastante eróticos.

Camelle no Parlamento de Galicia


O martes pasado houbo debate parlamentario no Parlamento de Galicia sobre unha alegación do Partido Popular en contra do Plan de Acuicultura, e como non, unha representación de camelláns estivo alí. O noso presidente da AA VV, Luis e María Jose estiveron representando o noso pobo coas camisetas verdes xandriña para facerse ver. Coméntanme que a anécdota protagonizouna o parlamentario do Psoe (Sr.Lage), que se mofou do Sr. Balseiro (PP) por decir este último que o parque da Xandriña pertenece ao concello de Camariñas e Vimianzo, o Sr.Lage ríase del dicindo que Vimianzo non ten mar, sen comentarios... Só decir que vaia políticos temos representando o noso país, que non saben nin xeografía, e que lles dá exactamente igual poñer parques acuícolas ou o que seña en calquer lugar, xa que non saben nin donde están, só os moven os cartos,nada máis.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Nova sección: Fotos antigas


Cada semana ireivos deixando unha foto antiga para que a comentedes ou digades se coñecedes os da foto, xa que moitas están sen título e eu non coñezo a case nadie. Acordádevos que se pinchades na foto, verase máis grande. Espero que vos gusten, e se alguén ten máis fotos antigas, que non dude en mandarmas o meu correo.
A primeira foto titúlase "Palilleiras" e data do ano 1965

miércoles, 24 de septiembre de 2008

SOLUCIÓN A TV XÁ !!!


Moita antena de alta tecnoloxía que nos puxeron, moitos cartos invertidos nela, ¿para que?

Na maioría das casas de Camelle séguese a ver de pena a televisión. A Sexta queda paralizada, Telecinco vese fatal, a Galega ídem, a Primeira igual. Penso que xá vai sendo hora de que o arranxen ou busquen unha solución, porque os impostos pagámolos o pé da letra, pero a calidade de vida que temos por parte do concello no noso pobo e irrisoria, parece que estamos abandonados. Pichurri dixo xa fai tempo, que o problema era que a antena estaba moi preto das casas, pois é ben fácil de arranxar, lévase para outro sitio e xá está. ¿ Que tal se vos vé a vos?, porque donde eu vivo vese de pena.

Fotos do río

















Como xa vos informei anteriormente, a limpeza do río está chegando o seu fin. A verdade é que está quedando bastante ben, e deixando unhas fermosas paisaxes a carón do río, propias de postais. Invítovos a todos a dar un paseo pola beira do río, non vos defraudará. Ata podedes ver un muíño moi antigo, que antes coa maleza non se vía ben. ( Si pinchades nas fotos, verédelas en grande ).

Vídeo da semana

Votado en internet como " La caída del año ". Téñoas visto peores, pero o chaval mètese unha boa "oblea", que hasta me doe a mín o velo.
( Non sei se quedaría esteril co jolpe ).
http://www.elrellano.com/videos_online/2348/la-caida-del-ano.html

lunes, 22 de septiembre de 2008

Grandes festas de San Miguel


Este fin de semana celebraranse as festas de San Miguel ( que festeiros somos en Camelle, non saímos dunha e xa estamos noutra).Coma sempre, Perla non deixa de innovar e sorprendernos.

O venres ( sobre as 21:00 h. máis ou menos) haberá unha gran churrascada ( só por 3 € ) amenizada polo aclamado D.J. INVEN . Tamén haberá un concurso de disfraces donde se elixirá o Mister e Miss Camelle 2008, que nadie se esqueza de vir disfrazado, ainda que sexa cunha careta. Entregarase premios os gañadores. Aceptaranse actuacións espontáneas dos asistentes, de momento xa hai un cantante e un streapper, asi que animádevos que igual están os de " Tú si que vales" entre o público.

O sábado, alborada co grupo de gaitas Jolpe de mar e sesión vermouth coa orquestra Manila. Pola tarde pasarrúas co kilombo "O mellor de cada kasa" e pola noite actuación da orquestra Manila e outra máis de sorpresa. Para os que chejen o final da noite haberá chocolate con churros para recompoñerse de tanto baile.

Que non falte ninguén, paso lista, coma sempre.

Moción do PP sobre o Plan Galego de Acuicultura


Chegoume un documento de Jose Manuel Balseiro ( Deputado do Partido Popular ) e que vai a presentar mañá día 23 no Parlamento de Galicia, unha moción en contra da aprobación definitiva do Plan Galego de Acuicultura e o rexeite a planta da Xandriña. Toda axuda e boa, cada un que saque as súas conclusiòns.


Reunión da Pleno da Cámara
Día: 23.09.2008 Hora: 10:00
Orde do día
07/MOC-0107 (31784)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a aprobación definitiva do novo Plan galego de acuicultura
(moción consecuencia da Interpelación núm. 29516, publicada no
BOPG núm. 576, do 18.06.2008, e debatida na sesión plenaria do
09.09.2008)

A mesa do parlamento

O grupo parlamentario Partido Popular de Galicia a través do seu portavoz e a iniciativa do seu deputado Jose Manuel Balseiro Oról, ao abeiro do disposto no artigo 151.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte MOCIÓN,subseguinte a interpelación sobre as previsións existentes respecto da aprovación definitiva do novo Plan galego de acuicultura formulado no pleno do día 2 de septembro de 2008 07/INT-0380(29516)

Exposición de motivos:

O Grupo Parlamentario Popular lamenta que o Consello da Xunta do día 28 de agosto de 2008 ve viría na obriga de aprobar in extremis o Plan Galego de Acuicultura. Un proxecto repleto de deficiencias, inviable en gran parte do seu contido e incapaz de servir a un dos seus obxetivos principais: que Galicia manteña o seu liderado no sector acuícola mundial.

A conselleira socialista Carmen Gallego veu a impoñer un plan acuícola a través do que pretende disimular e xustificar, sen éxito, tres anos de parálise no desenvolvemento deste sector no noso país; tres anos perdidos para a acuicultura galega. Isto foi así porque, ademáis de provocar a perda de inxentes cantidades de diñeiro en axudas procedentes dos fondos europeos, contribuíu a xerar inseguridade xurídica, incerteza e a expulsar de Galicia importantes proxectos empresariais, que terían servido para atraer riqueza, crear novos postos de traballo e situar a nosa acuicultura na vangarda mundial.

Xunto a iso, debemos engadir que o futuro mapa acuícola elaborado polo departamento autonómico que dirixe a socialista Carmen Gallego acumula o rexeitamente unánime da inmensa maioría dos sectores implicados. Colectivos veciñais, concellos, organizacións ecoloxistas e empresas presentaron contra este proxecto máis de 1.000 alegacións que, na súa práctica totalidade, foron desoídas e desprezadas polo Goberno galego. Unha oposición incontestable, que dificultará con toda seguridade a posta en marcha dos futuros emprazamentos e condena ao proxecto a complicados e interminables procesos xudiciais.

O Plan Galego de Acuicultura nace ademáis da imposición da área socialista do Goberno sobre a área nacionalista que, finalmente, rematou por supeditarse aos intereses do Psoe, asumindo como propio un proxecto facilmente cuestionable. Todo iso pese a que, a día de hoxe, non se coñecen con exactitude as matizacións, correcións e propostas de mellora introducidas polos distintos informes sectoriais que elaboran os distintos departamentos autonómicos e estais, e que, de seguro, poñen de relevo gran parte destas carencias. A Xunta oculta o seu contido, amparándose en que todos son favorables, evidenciando a rendición do BNG ante un texto aprobado coa consciencia de que constitúe un verdadeiro erro.

Finalmente, por se todas estas razóns non foran suficientes, o futuro mapa acuícola elaborado polo Goberno bipartito, inclúe novos emprazamentos para a posta en marcha ou ampliación de novas piscifactorías que polas súas características debemos rexeitar. Plantas como as proxectadas en Merexo (Muxía), A Laxe Brava (Ribeira), Seiruga (Malpica), e Xandriña (Camariñas-Vimianzo) constitúen unha agresión evidente ao medio, e deben ser suprimidas do futuro mapa acuícola.

O Goberno galego ten quizais, unha das súas últimas oportunidades de poñer fin a un disparatado proxecto, eliminando aquelas instalacións que, de xeito manifesto, implican un retroceso, pero tamén, mellorando aqueles aspectos e corrixindo as deficiencias que converten o Plan Galego de Acuicultura no disparate acuícola do bipartito galego.

E polo que, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte MOCIÓN

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á supresión dentro do Plan Galego de Acuicultura dos emprazamentos de Merexo, A Laxe Brava, Seiruga e Xandriña

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2008

Camelláns na diáspora


Quero adicar este recunchiño a tódolos camelláns que polas cousas que ten a vida viven fora de Camelle e de Galicia, e sei que leen e comentan no noso blog. Saúdos os nosos cibernautas camelláns que temos en Canarias, en Mallorca, en Melilla, en Madrid, en Bilbao, en Asturias, en Barcelona, en Londres, etc. Seguro que os hai en moitísimos máis sitios e que seguen o noso blog, dende aquí unha aperta a todos, e xa sabedes que tendes o blog para o que queirades.

Tamén quere adicar con especial cariño a unha familia sevillana, que para mín son a miña familia, que levan vindo a Camelle máis de 20 anos esporádicamente e que estiveron este verán na nosa vila. Non son de Camelle, pero un cacho dos seus enormes e bondadosos corazóns sempre están con nós e viceversa, esperamos vervos pronto por aquí Juan, Carmen,Verónica e Abraham.

Que non se me celen os de Barcelona nin a miña familia en Mallorca, xa que tamén os queremos moito e temos gañas de velos, saúdos a todos.

Resultado da enquisa

Está claro que a crise económica afectou tamén o turismo en Camelle, coma en outros lugares, según o resultado da enquisa cos vosos votos. A maioría de vós pensades que houbo menos turismo en Camelle este ano. Isto serve para tomar medidas, sobre todo dos organismos competentes, xa que pasan un pouco de nós e parece que estamos olvidados da mán de Deus. Entón o que nos queda e potenciar o turismo nós, o pobo, e facer presión para promocionar o turismo no pobo. O primeiro paso xa está dado coa iniciativa deste blog, de facer unha gran festa gastronómica para o ano que ven, pero hai que dar máis pasos para fomentar o turismo na nosa vila.

jueves, 18 de septiembre de 2008

Fervellón de Camelle II


Chega a fin de semana, e tralo éxito acadado polo primeiro fervellón de Camelle nas artes amatorias xa que arrasou, e gracias a nosa sección, a demanda dos fervellóns e altísima. O segundo fervellón xa está aquí. Chámase Cantoná ( alias heartbreaker ), ten 24 anos (creo), pelo loiro, ollos castaños, alto, delgado pero forte, coida moito a súa estética ( é metrosexual), moi bailarín, simpático e moi falador e estudia nautica na Coruña. Cantoná busca unha rapaza simpática e festeira, que lle guste a troula,bailar e pasalo ben de marcha, libre de compromisos e para unha relación sen ataduras de momento, coa que vivir novas experiencias de todo tipo e descubrir novos horizontes. Se che gusta o novo fervellón, xa sabes, deixa a túa mensaxe ou atacalle directamente, que non se pode andar perdendo o tempo visto o éxito do primeiro fervellón. Cantoná, que a forza che acompañe e cupido tamén.


Foto denuncia

Falando de políticos... os nosos tampouco fan moito caso. O verán está rematando ( por non decir que xa rematou ) e o paseo marítimo dende o palco da música ata a veleta segue sen limpar, ( hai herbas que miden máis de medio metro ) a non ser que o limparan estos días, a ver se o confirma alguén. Xa fai case un mes que a AA VV pedíu o concello que o limparan, e de momento todo segue igual, da asco.
A veleta tamén esta bastante desfeita a pobre, e a piques de romper co óxido é non foi precisamente barata que digamos, é unha pena que se deixen perder as cousas así.

Noticia bomba !!!




Onte aparecía no DOG a resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños pola que se lle dá publicidade ao acordo do polémico consello da Xunta do 28 de Agosto, polo que se aproba o Plan Galego de Acuicultura. Isto xa o sabíamos todos, pero cal é a sorpresa, o ver na resolución, a ampliación da granxa en cabo Vilán ( Camariñas ) promovida por Stolt Sea Farm.


Hoxe en La Voz de Galicia aparece tamén a noticia detallada, e tamén comenta a repulsa do Sr. Touriño fai dous anos a granxa acuícula en Touriñan, poñendo de exemplo o impacto ambiental e paisaxístico na granxa de Vilán para convencer a oposición a necesidade de preservar o cabo muxián, cando a maioría da xente SÍ quería esa granxa.

Isto vai traer moita polémica, xa que houbo moitas discrepancias no concello de Camariñas fai dous anos, e tanto, xa que o ex-concellal Jesús Alonso Ballester votara en contra dos seus compañeiros de partido, e gracias a esa ruptura non se aprobara a ampliación da planta acuícula en Cabo Vilán, e demostrou que por riba das siglas do seu partido, estaba a loita polo seu pobo ( non como outros ).
Hoxe tamén dí en http://www.diariocamarinan.com/ Marisol Soneira, que iso é todo mentira, que non é nada certo o que poñen na Voz de Galicia, e que todo débese a un malentendido da información aparecida no Diario Oficial de Galicia. Estas verbas de Marisol fánsenos moi coñecidas os camelláns. http://diariocamarinan.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1272&Itemid=2

Reflexión persoal: está claro que estes políticos fan o que lles ven en gana, pasando olímpicamente do que quere o pobo ( véselles moito o plumeiro e cóllenselle moitas mentiras) . A ver se abrimos os ollos todos dunha vez e vemos o que hai, porque eles só buscan os votos, e cando están no poder dannos a espalda, empezando polo Sr.Touriño e rematando con Marisol Soneira. Hai moi poucos que miran polo pobo, MOI POUCOS.

Para rematar, esperaremos con impaciencia as reflexións de todo isto dos nosos veciños camariñáns, e a postura que van a adoptar neste tema. Gracias a diariocamariñán pola súa información.

martes, 16 de septiembre de 2008

Limpeza do río











As plegarias da AA VV xa empezan a dar os seus froitos. Empleados de Tragsa ( según me dixeron) están a limpar as beiras do rio ( empezaron en Camelle de arriba ). Alegrámonos todos disto, pero non todo é tan bó, xa que a limpeza deixa bastante que desexar, non porque non limpen, se non pola maneira de facelo, xa que o cacho que eu vin está todo cortado a machete, e decir, cortan a cañón, sen respetar as polas das árbores nin as raíces, pero bueno é unha opinión, menos dá unha pedra, pero xa que o fan, poderíano facer mellor.

Marcha verde a Barca de Muxía


Éxito rotundo da marcha verde a Barca de Muxía o sábado pasado. Aredor de 100 camelláns e camellanas enfundados coa nova e orixinal camiseta verde percorreron parte do camiño a Muxía acompañados por membros do kilombo " o mellor de cada casa " que animaron o percorrido coa súa samba. O mellor foi o entrar en Muxía, xa que a xente quedaba abraiada coa marea verde e a música do kilombo que animaba a xente a mover as cadeiras. Esperemos que esta nova manifestación de repulsa en contra da piscifactoría dea no futuro os seus froitos e se non, que a virxe da Barca nos axude. Un 10 pola xente de Camelle.

lunes, 15 de septiembre de 2008

Golfiño varado no portiño


Onte apareceu varado un golfiño na praia do portiño, debeu de agonizar o enterarse da construcción da macropiscifactoria en Camelle.

Hoxe avisarase o concello para que o retire.

Descanse en paz.

jueves, 11 de septiembre de 2008

Marcha verde a Barca de Muxía


Este sábado día 13 e coincidindo coa romería da Barca, haberá peregrinación dende Camelle a Muxía en forma de protesta pola posible creación da macropisicifactoría na Xandriña e de paso pedirlle a virxe que nos axude. A marcha verde partirá dende os sitios habituais as 15:00h. en bus ata Merexo e dende alí a pé ata o santuario da Barca. A xente que non poida facelo andando pode ir no bus a Muxía. Non olvidarse das camisetas verdes, esperamos que vaia a maior cantidade de xente posible.

Video da semana

Non é un dos bajeras nas olimpiadas pero debe de ser primo lejano deles ou de Lolo, porque a eles se lle votamos o maillot fan exactamente o mesmo. Este vai dedicado a estes personaxes camelláns que tanto nos fan rir.
http://www.metacafe.com/watch/1715105/funny_gymnastic/

lunes, 8 de septiembre de 2008

Grandes festas do Sacramento


Xa tendes as fotos das festas do Sacramento. Non están todas as que me gustaría, pero é que tiven moito traballo coa comision de festas e non puden facer máis. Agradecer a jrvc a axuda prestada coas fotos. As festas foron de novo un éxito rotundo, sobre todo o sábado coa churrascada que reuniu a moitísima xente; repartíronse 300kgs. de carne e 500 chourizos aproximadamente. Agradecer a colaboracion desinteresada de moitisima xente que axudou en todo ata o final da festa. A destacar tamén o espectáculo da disco móvil que nos fixo a todos bailar e bañarnos en espuma ata altas horas da mañá. O domingo, os partidos de fútbol foron espectaculares co showman de Lolo facendo das súas, a ver se consigo un vídeo e volo poño. Rematou a festa coa actuación da orquesta Alarma ( disque estivo moi ben ). Esperemos que as festas sigan sempre así . Perla, non o deixes porfavor. Deixovos un xogo por si vos aburrides na marxe dereita.

Resultado da enquisa

Bueno, a maioria da xente de Camelle non está contenta coa limpeza no noso pobo. Para vos é moi deficiente e da asco. Eu opino o mesmo que vos e xa poñerei unhas fotos para demostralo. Vámolle dar un pouco de tempo o concello para ver si toma medidas despois da reunión que tivo a AA VV co alcalde a semán pasada para tratar este tema e outros. Xa vos irei informando.

Mais apoios

Temos máis apoios doutras páxinas. Desta vez, trátase da páxina de referencia na costa da morte e de referencia para un servidor www.quepasanacosta.com por iso a similitude do nome. Gracias a esta páxina pola mención que fai o noso humilde blog e sobre todo o pobo de Camelle. Seguide así e aqui me tendes para o que sexa preciso.
http://quepasanacosta.com/content/view/2880/26/

jueves, 4 de septiembre de 2008

Nova seccion: RELATOS

Un profesor, delante de sus alumnos de la clase de filosofía, sin decir ni una palabra, cogió un bote grande de vidrio y procedió a llenarlo con pelotas de golf. Después, preguntó a los estudiantes si el bote estaba lleno. Los estudiantes estuvieron de acuerdo en decir que sí. El profesor cogió una caja llena de perdigones y los vació dentro del bote. Estos llenaron los espacios vacíos que quedaban entre las pelotas de golf. El profesor volvió a preguntar de nuevo a los estudiantes si el bote estaba lleno, y ellos volvieron a contestar que sí. Después, el profesor cogió una caja con arena y la vació dentro del bote. Por supuesto que la arena llenó todos los espacios vacíos. El profesor volvió a preguntar de nuevo si el bote estaba lleno. En esta ocasión los estudiantes le respondieron con un sí unánime. El profesor, rápidamente añadió dos tazas de café al contenido del bote y, efectivamente, llenó todos los espacios vacíos entre la arena. Los estudiantes reían.
Cuando la risa se fue apagando, el profesor les dijo: "Quiero que os fijéis que este bote representa la vida. Las pelotas de golf son las cosas importantes como la familia, los hijos, la salud, los amigos, el amor, cosas que te apasionan. Son cosas que, aunque perdiéramos el resto y nada más nos quedasen estas, vuestras vidas aún estarían llenas. Los perdigones son las otras cosas que nos importan, como el trabajo, la casa, el coche... La arena es el resto de las pequeñas cosas"Continuó diciendo: "Si primero pusiéramos la arena en el bote, no habría espacio para los perdigones, ni para las pelotas de golf. Lo mismo sucede con la vida. Si utilizáramos todo nuestro tiempo y energía en las cosas pequeñas, no tendríamos nunca lugar para las cosas realmente importantes. Presta atención a las cosas que son cruciales para tu felicidad. Ve con tu pareja a cenar, juega con tus hijos, concédete tiempo para ir al médico, practica deporte, disfruta con tu afición favorita...".. y terminó con: "Siempre habrá tiempo para limpiar la casa, para reparar la llave del agua. Ocúpate primero de las pelotas de golf, de las cosas que realmente te importan. Establece tus prioridades, el resto solo es arena".
Uno de los estudiantes levantó la mano y le preguntó qué representaba el café. El profesor sonrío y le dijo:"¡Me encanta que me hagas esta pregunta!. El café es para demostrar que aunque tu vida te parezca llena, siempre hay un lugar para dos tazas de café con un amigo." - Anónimo

Videos camelláns


Preguntádesme moito polos videos do noso amigo e usuario Lolo, téndelos abaixo na marxe dereita en videos camelláns, só tendes que pinchar neles. De tódolos xeitos deixovos o enlace para velos: http://es.youtube.com/watch?v=BRxiAybtjuc ( vaquilla)



Outra perliña de video, a serea camellana Sole, cantando o día da sua boda ( IMPRESIONANTE):


Videos históricos

Deixovos tres videos antigos e tremendos pedidos por dous usuarios do noso blog. Adicados a un gran amigo e amigo de todo mundo, que o está a pasar mal nestos intres para que se ría un pouco. Ánimo campión, querémosche ver pronto con nós de festa !!!
Video 1 - Droja en el colacao: http://es.youtube.com/watch?v=BjH2MpDb0i8
Video 2 - O rubio de Camelle: http://es.youtube.com/watch?v=3LH8V6n5uCk&feature=related
Video 3 - O video do burro: http://es.youtube.com/watch?v=Mi-sPggPk5E&NR=1
Xa me diredes cal vos gustou máis.

Novas iniciativas


En vista de que foi aprobada a nosa iniciativa da festa gastronómica, dous usuarios mándanos dúas propostas máis para as festas do ano que ven. Eu expóñoas aquí e comprométome tamén a comunicarllas a quen sexa pertinente para ver si se poden levar a cabo ou non, eso sí, co compromiso de axudar todos, e sobre todo, co que fai a proposta que debe de ser quen máis colabore. A primeira é a de facer nas festas do verán unha regata polo porto de artiluxios ou barcas caseiras, feitas manualmente e con orixinalidade. A segunda é recuperar os partidos de fútbol praia que se facían fai uns anos con varios equipos tamén no verán. Gustaríame que comentárades que vos parecen estas novas iniciativas.

martes, 2 de septiembre de 2008

Pesca de calamares


Vamos ter que cobrarlles os de fora por pescar calamares ou luras no noso peirao... É broma, que naide se ofenda. Digo isto porque ultimamente o noso peirao esta sollado de xente na procura deste pequeno cefalópodo tan pillo. Moreas de xente sentados a caron do mar o anoitecer, fan do noso peirao outra atraccion máis para a xente que ven de fora . Xente de Santa Comba, Mazaricos, Laxe, Vimianzo, Santiago,Negreira, etc. mistúranse con nós en pró do mesmo fin: O CALAMAR OU LURA. Polo que me contan, esta semán pasada a pesca foi escasa, sobre todo polo tamaño, pero tamén me contan que o importante non é só o que pescas, se non pasalo ben coa compaña da xente neste enclave tan fermoso. Tamen é por todos coñecido que aparte da pesca do cefalópodo, outr@s tamen se dedican ó ligoteo veraniego.

Asamblea xeral da AA.VV A Pergoliña




Este sabado pasado houbo no campo do santo, unha asamblea xeral da AA.VV co pobo de Camelle, de caracter informativo. Nela falouse sobre todo, da aprobacion do plan de acuicultura. Presentaronse varias propostas como medida de presion, como contratar un avogado, plantar castaños, cultivo ecoloxico,etc. Todolos que estaban alí deron todo seu apoio a AA.VV para tomar as medidas que sexan opurtunas como forma de presion. A AA.VV tamen deixou moi claro que si a xente non vende, non se fara piscifactoria, e repartirá cartas de compromiso de non venda polo pobo para os que queiran. Tamen se comentaron os temas tratados co alcalde o venres referentes sobre todo a limpeza do pobo: paseo maritimo,camiños,praia,o rio,etc. e o arranxo de fontes,parques infantis,a veleta,etc. Acordouse por maioria ir limpar a Xandriña todo o pobo o sabado despois da Barca ( 20 de setembro). Tamen por maioria, farase unha festa gastronomica, a peticion do noso blog, para o ano que ven. Gañou o pulpo por peticion popular, e temos o compromiso dos alí presentes en colaborar nisto. Eu, persoalmente, alegrome moitisimo que fora aceptada esta iniciativa creada neste blog e apoiada por todos vos, agora a arrimalo hombro todos.

Apoios doutras paxinas

Antes que se me esqueza, tamen queria agradecer a www.diariocamarinan.com e o seu autor, o apoio que brinda a xente de Camelle na loita en contra da piscifactoria e en especial a este blog, non coma outras paxinas nas que Camelle non existe.
http://diariocamarinan.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1208&Itemid=29

Manifestacion en Santiago




Hola, querovos pedir disculpas por non actualizar o blog estos dias. Estiven de vacacions e non tiña internet, pero compensovolo con moitisimas novas sobre o noso pobo.
Comezo coa manifestacion de Santiago. Xa non vos poño links dista nova, xa que foi o xoves pasado e todos sabedes o que pasou. En resumidas contas, o consello da Xunta ( ou mellor dito, o mandato dictatorial do Sr.Touriño) aprovou o xoves o plan de acuicultura incluido o da Xandriña.
Quepasaencamelle estivo en Santiago apoiando a causa cos camellans que ali foron (faltaria mais, xa que este blog tampouco quere a piscifactoria en Camelle). A manifestacion na Xunta de Galicia, estivo moi animada,xa que varios compoñentes do kilombo "O mellor de cada Kasa" estiveron alí dandoo todo. Os de Camelle,coma sempre, ( non o digo eu, senon os de Quilmas,Corrubedo,etc.) foron os mais marchosos e os que mais berraron. Ata para falar cos medios de comunicacion ali presentes chamaban os de Camelle ( Luis do Trenco e Maria Xose). A volta foi bastante amarga pola aprobacion do plan, pero todos cun berro unisono no ceo proclamaban ¡¡¡ SE ISTO NON SE AMAÑA,CAÑA,CAÑA,CAÑA E SE ISTO NON SE ARREGLA GUERRA,GUERRA,GUERRA !!!
Xa tendes as fotos a vosa disposicion mais un video:
http://es.youtube.com/watch?v=qanPDPD9_ck
Mais novas sobre este tema:
http://quepasanacosta.com/content/view/2815/26/
http://quepasanacosta.com/content/view/2826/26/
http://quepasanacosta.com/content/view/2831/26/

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE