Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

domingo, 30 de noviembre de 2008

BNG e PP de Vimianzo protexen Sabadelle


Nun pleno extraordinario celebrado o venres no concello de Vimianzo, os populares e nacionalistas sacaron adiante unha moción conxunta para pedir medidas de protección en Sabadelle.
O portavoz do BNG, Manuel Antelo, ampliou ademais a solicitud de Espacio Natural de Interés Local, xa que a zona protexida dos penedos de Traba e Pasarela chegan ata Sabadelle.

O PSOE votou en contra ( menos unha edil ), e o alcalde visiblemente contrariado, espetou a seguinte frase :
«Os que van vir ós Penedos e a Sabadelle non van deixar riqueza, como muito unhas bolsas de lixo». Sen comentarios.

Vou ter que crear unha nova sección de frases de alcaldes, porque o noso tamén dixo no último pleno do concello de Camariñas, referente o museo e a Fundación Man, as seguintes frases :
" Entre nós... imposible recuperalo museo e conservalo como estaba"
" A Fundación estará lista espero que canto antes". Tamén sen comentarios.


jueves, 27 de noviembre de 2008

Vídeos da semana

Outra tanda de vídeos do descarado e loco francés Nimportequi. Espero que vos riades como me rin eu.
  1. Astronauta
  2. Roxanne
  3. Santa Claus

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Solpor no faro Vilán


Espero que vos guste esta foto que enviou a usuaria Barrosa fai uns días. Animádevos a enviarme fotos que as irei publicando, sobre todo de noticias que pasen en Camelle ou fotos denuncia como a do espello.

O temporal levou a boia

A boia de sinalización marítima foi arrastrada cara a zona de Sabadelle debido o temporal destes días. Esta noticia saiu publicada hoxe na Voz de Galicia, ¿non notades algo raro na redacción?. Se na frase puxeran simplemente un "posiblemente" xa nos valía. Cando hai que publicar noticias que interesan de verdade hai censura pero despois soltan perliñas coma esta.

"El fuerte viento que sopló en Camelle (Camariñas) durante la noche del lunes arrastró la boya de señalización de la entrada al puerto. La boya terminó en la zona de Sabadelle, en el lugar donde se va a construir la nueva piscifactoría."

martes, 25 de noviembre de 2008

Cultura descoñece Sabadelle


A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia non ten constancia de ningún tipo de obra nin proxecto técnico pendente de informe, según informa a Delegada Provincial de Cultura e deportes, Milagros Lantes Seara. Isto responde a denuncia formalizada polo grupo ecoloxista PX a distintos departamentos implicados na protección de Sabadelle.

Fonte: anosacosta

Cambiando de tema, a foto de arriba corresponde o temporal destes días, publicada en varios medios de comunicación.

Tendes que perdoar que publique poucas cousas estos días, pero é que teño problemas no ordenador que non dou amañado e internet non me vai.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Iniciativa Man

O vindeiro 28 de decembro cúmprense 6 anos da morte de Manfred. A Iniciativa Man enviou un comunicado no que expón que tomará novas medidas de presión frente o abandono do legado de Man e a lentitude das actuacións por parte dos responsables.

O comunicado é o seguinte:

" Como ya sabemos, pesar de la recogida de firmas de 2005 y de las múltiples gestiones hechas, el legado del Alemán de Camelle sigue destruyéndose. Hasta hoy lo único que se ha hecho es convocar varias reuniones de intelectuales pagadas con dinero público y anunciar la creación de una supuesta fundación que, seguramente, también recibirá subvenciones provenientes de nuestros impuestos. Ya antes, Hacienda se quedó con los 120 000 euros ahorrados por Man para mantener su obra. Mientras, el museo de Man se cae a pedazos y el polvo se acumula sobre su legado, parte del cual está almacenado en el ático del Concello de Camariñas.Somos tozudos y seguiremos peleando por esta causa perdida". (Fonte: diariocamariñan)

Dende este blog, anímase a xente de Camelle a recordar un ano máis a Manfred propoñendo unha concentración no entorno do Museo. Acéptanse suxerencias.

Aprobada a piscifactoría de Cabo C (Corcubión)


Xa está en marcha a implantación da piscifactoría en Corcubión. Esta piscifactoría é a máis pequena de todo o Plan (72.000 m2) e prácticamente non existe rexeitamento social. Están empezando a darse datos do valor do metro cadrado e fálase de 2 euros (que triste). De todas formas está pendente o informe medioambiental pero visto a opinión da xente as expropiacións son unha realidade e en pouco tempo isto estará en pé.

Visto o rexeitamento do pobo de Camelle ata agora, esperemos que sigamos tan unidos e que non permitamos esta barbarie. Os que pensen que se farán ricos vendendo lévana clara. Agora que temos o primeiro exemplo da inxustiza deste Plan, temos que ser máis fortes se cabe, loitar polo que nos pertence e porque o noso pobo siga sendo o que é.

O PP de Vimianzo loita pola protección de Sabadelle


O Grupo Popular do Concello de Vimianzo quere levar a pleno unha serie de propostas para que a zona de Sabadelle sexa declarada como ben de interese cultural dentro do catálogo actual Municipal. Pediron que este tema sexa tratado no próximo pleno. O que queren conseguir é o apoio do goberno municipal para que deste xeito o entorno de Sabadelle entre dentro do inventario de patrimonio do PXOM e así poder intervir a UNESCO.

Para xustificar e conseguir esa calificación expoñen as seguintes xustificacións:

1- Sabadelle é a única saída o mar do concello

2-Lugar de interese paisaxístico e natural

3-Antigo enclave baleeiro (s.XIII), orixe do pobo de Camelle

4-Existencia de petroglifo da idade de Ferro

5-Poboado de orixe medieval

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Festa do MAGOSTO 08


A Asociación Cultural "Festas de Camelle" organiza o sábado día 29 a festa do Magosto. A festa será a tarde-noite na Casa de Cultura e haberá castañas para tod@s. Para amenizar a festa actuará o Dúo CICLÓN ( son os mesmos que os da orquestra que arrasa en Camelle). Tamén contamos coa actuación dos Cómicos de Camelle, pero claro, como son espontáneos non se sabe si están ou non, nin o que pode pasar.
O karaoke está sen confirmar pero a festa vai ser criminal. Paso lista coma sempre, non pode faltar ninguén. Ah, e o que queira disfrazarse tamén pode.
Perla confirma que seguirá o cargo da Asociación pero que o da Comisión de Festas ainda non o sabe, así que hai que animala e que haxa algún candidato para axudar, xa que senon quedaremos sen festiñas no verán.

Ademáis disto, a Asociación "Festas de Camelle" organiza un curso de Pandeiretas, Cantareiras e Teatro para adultos. Será os sábados de 6 a 8 da tarde na Casa de Cultura. O horario do Teatro está por confirmar. Os que se queiran anotar poden facelo na Panadería Perla.

A Xandriña dentro da REDE NATURA

Publico esta foto que me enviou un usuario, na que se pode ver que parte dos terreos nos que se vai ubicar a piscifactoría da Xandriña están dentro da Rede Natura. Esto supón que, a pesares de que as zonas delimitadas pola Rede Natura son "intocables" porque están protexidas, ó Plan de Acuicultura dalle o mesmo. Neste plan non se tivo en conta este aspecto e deste xeito fainos ver que as leis só están para que as cumplan os cidadáns e non os que gobernan. Dende a Xunta faise a vista gorda a estes aspectos, pero esperemos que dende Europa algúen poña as mans no ceo ó ver semellante barbarie.

martes, 18 de noviembre de 2008

Foto antiga


Foto que data do ano 1966 e que eu penso que é moi fácil recoñecer a estas dúas palilleiras camellanas. Non digo nombres por si me equivoco, deixovos a vós que sondes os expertos nisto.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Comparecencia de María Xosé Caride


O Partido Popular de Galicia pedíu a comparecencia no Parlamento da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes María Xosé Caride, para que dea explicacións sobre os informes desfavorables da súa consellería, sobre a implantación de diversas piscifactorías, entre elas a da nosa Xandriña. A ver que nos conta a conselleira, mantereivos informados.

Resultado da enquisa

A maioría de vós ( 60% ) pensades que se van a xuntar os cartos necesarios para a contratación dun avogado, que defenda a Camelle na posible implantación da macropiscifactoría de rodaballos. Recordovos que cobraría 15000 € e outro tanto si se gaña o xuicio.
Pero tamén pensades que non se xuntarán a primeira e que haberá que facer outra criba para xuntar todo o diñeiro necesario.
Eu soamente digo que según me comentaron dende a AA VV, a implicación do pobo de Camelle no tema da contratación do avogado é satisfactoria, pero que hai que facer un esforzo máis por parte de todos e concienciar a xente que non participou, que o faga, xa que isto parece ser o único que nos pode salvar do formigón.

viernes, 14 de noviembre de 2008

Denuncia da piscifactoría na UNESCO


O grupo ecoloxista PX xunto coa Asociación de Veciños de Carantoña denuncian a implantación da piscifactoría da Xandriña a UNESCO.

O que pretenden tamén con isto é declarar a zona de Sabadelle como espacio protexido dentro do PXOM de Vimianzo, xa que existen motivos polos que a UNESCO actuaría neste asunto inmediatamente.

En Sabadelle atópase o vello enclave baleeiro, unha casa noble co seu escudo de armas e outros elementos de valor etnográfico, ademáis de un petroglifo da Idade do Ferro coñecido como Pé do Santo, entre outras cousas de interese.

Ademáis de todo isto, expoñeron ante a UNESCO o gran rexeitamento social contra o Plan Acuícola .
Se queredes ver a noticia detallada coa nota de prensa do PX pinchade aquí: quepasanacosta

jueves, 13 de noviembre de 2008

Deporte extremo en Camelle

Por petición de varios usuarios, rescatamos uns vídeos do verán pasado, publicados no seu día pola añorada páxina http://www.camelle.es/ ( gracias " chuquiño").
Visto o furor causado polo tenis-tanga dos Bajeras, aí vos deixo outro vídeo histórico de Papulí facendo esquí acuático nun donuts xigante ( e tamén levaba tanga, bueno a cinta do chaleco ).
Pero non foi o único, xa que houbo outro que o quixo imitar, pero máis recatado.
  1. Donuts-tanga
  2. Donuts-show

6 anos dende o Prestige

Hoxe cúmprense 6 anos que afundío o Prestige na nosa costa.Todos temos no noso recordo a marea negra de chapapote, pero tamén a marea branca de toda aquela xente que se achegou ata Camelle de forma voluntaria para colaborar nas tarefas de limpeza.

Despois de esa catástrofe, parece que as cousas seguen igual, a pesares de que os políticos saen nos medios dicindo que Galicia está mellor preparada.
O que non se dan conta é que agora a marea negra non chega polo mar, se non por terra.



Dende aquí, queremos informar a aqueles voluntarios que estiveron en Camelle e que viron a fermosura da nosa costa ( a pesares da contaminación do momento ), que posiblemente cando volten a Camelle, igual ven a costa tinguida de negro outra vez, pero doutro xeito, coa instalación dos tanques negros da megapiscifactoría.

Esperemos que a catástrofe do Prestige non se repita máis.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

¿ Balneario en Sabadelle ?


Un grupo de empresarios de Malpica, Carballo e A Coruña, están a facer un proxecto alternativo a piscifactoría de Seiruga ( Malpica ), pero dez veces máis pequeno.

Trátase dun balneario de talasoterapia, aproveitando os productos da zona, como algas, area, a propia auga do mar, etc.

Os principal problema que se presenta e conseguir as licenzas pola restriccións da Rede Natura, que no caso do Plan Acuícola son facilmente evitables.

Os terrenos pagaríanse a un prezo máis xusto e os postos de traballo serían os mesmos que nunha planta dez veces maior e co mínimo impacto ambiental, tamén o turismo sería moi positivo.

Se queredes ver a noticia con tódolos detalles pinchade aquí quepasanacosta

¿ E por qué non en Sabadelle? Esta zoa tamén reune tódalas características fundamentais para a implantación dun balneario aproveitando a auga do mar, algas, area, etc.

Soamente nos faltan os empresarios que poñan os cartos, porque a idea xa está dada e penso que é factible; e según me contaron, antigamente a xente tomaba os baños en Sabadelle polo seu alto poder curativo.

martes, 11 de noviembre de 2008

Vídeos da semana

Como vexo que vos gustaron os vídeos de Nimportequi, deixovos uns poucos máis.
Levo unha hora vendo vídeos del e pártome de risa, non se corta por nada o tío.
Espero que vos gusten.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Foto denuncia


Dende as festas de san Miguel, o espello que está no cruce da rua do Flaire coa travesía do Flaire está roto ( o lado da casa de Chita ).

Unha usuaria deste blog enviounos a foto e dixo que chamou cinco veces ó concello e danlle largas continuamente o asunto.

¿ Fai falla que pase un accidente nese cruce para que o arranxen ?, esperemos que non, e a ver se alguén do concello le isto e o repoñen canto antes.

domingo, 9 de noviembre de 2008

Plaga de medusas


Estos días pasaron perto da costa de Camelle ( sobre todo, dende Sabadelle a Traba ) millerios de medusas que daban medo velas, pola cantidade delas que había.
As medusas eran das que picaban, polo que me dixo o autor da foto.

Hoxe o parecer, estaban pola costa de Laxe, esperemos que non volten.
Por certo, medusa en galego chámase augamar, pero a verdade é que ese nome non soa moi ben.
Gracias a Jonás por enviarnos esta espectacular foto.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Nieves, muller Dolce Vita 08


O da foto non é unha montaxe, isto ocorreu hoxe pola tarde no novo centro comercial Dolce Vita na Coruña.
Quen lle ía decir a Nieves que sería tan famosa por un día.

Resulta que a súa neta Silvia, participou no concurso " Muller Dolce Vita " e resultou ser a gañadora.
O concurso consistía en escribir un relato contando quen era a persoa máis solidaria para tí e Silvia non o dudou, xa que a súa avoa é unha persoa moi bondadosa e solidaria coa xente, non de forma material, se non cos seus actos.
O relato foi elexido entre máis de cen concursantes.

Mañá sairá publicado en tódolos medios de comunicación ( Radiovoz, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e de 4 a 6 no programa de Piñeiro da TVG).
Os da TVG agasallaron con un canciño a Nieves, non vos perdades mañá venres pola tarde o programa, non ten desperdicio xa que o vivín en primeira fila e Nieves parecía a presentadora do programa.

A mensaxe que Nieves nos quere ensinar a todos, é que hai que axudar a quen o necesita, xa que hai moitas persoas que non teñen quen as axude nin lles dea cariño.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Eminencia micolóxica


Este pasado fin de semana, celebrouse en Cee a VIII Xornadas micolóxicas organizada pola Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo da cal forma parte o noso protagonista Manuel Pose Carracedo (Manolo), que estivo na organización e na visita guiada do sábado.

Manolo é unha eminencia a nivel estatal na materia dos fungos, cogumelos, setas ou como queirades chamalos.
De feito xa ten publicado un libro " Setas de Galicia" e traducido o galego "Cogumelos de Galicia" no que foron impresas varias edicións, e en breve sairá o seu novo libro sobre estos froitos da terra tan suculentos (avisareivos cando esté listo o libro, por si vos interesa mercalo).

Bueno, pois iso, para o que non o soupera, en Camelle tamén temos eminencias, neste caso na materia da micoloxía.
Noraboa Manolo polo teu traballo e a axuda que prestas os que coma mín somos novatos nisto.

martes, 4 de noviembre de 2008

Vídeo da semana

Déixovos uns vídeos dun humorista francés que xa fai moito tempo que sigo e que me encanta o seu humor ácido. Chámase Nimportequi e soamente vos digo que este tío non se corta con nada nin con ninguén, incluso coa policía. Ten moitísimos vídeos colgados na rede, se vos gusta, xa poñerei máis. Estes son ós máis " lights":
Vídeo Decatlón
Vídeo surfeiro
Vídeo ximnasia

lunes, 3 de noviembre de 2008

Nota de prensa de PX


PX PIDE RESPOSTAS AO EXPEDIENTE PRESENTADO ANTE A UE CONTRA O PLAN ACUICOLA
O grupo ecoloxista PX, que mantén unha denuncia e un expediente aberto ante a Comisión Europea en Bruxelas contra a creación das piscifactorías de Camelle, Seiruga e Merexo, volveu de novo a retomar a demanda e presentou unha nova reclamación ante esta instancia para buscar unha resposta da UE. PX entende que ao aprobarse o Plan Acuícola, a UE debe actuar e dar resposta ao expediente aberto.
Na nova demanda indicamos que sendo público o plan sectorial de parques de tecnoloxía alimentaria da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, goberno autónomo de Galicia (España) no que se inclúen varias localizacións de futuras piscifactorías na comarca da Costa da Morte, entre outras zonas de Galicia, entendemos que algúns dos enclaves incluídos van en contra das normativas europeas ambientais e do ben común. Estes feitos foron obxecto dunha denuncia ante a UE por parte do noso grupo e noutras instancias autonómicas e nacionais.
A Xunta de Galicia acaba de aprobar en setembro de 2008 o PLAN ACUICOLA DE GALICIA e inclúense os tres parques por nós denunciados, por iso entendemos que por este motivo faise efectivo que vai haber unha incidencia sobre o medio natural, que é un feito, e non unha denuncia a priori, e así cremos que debe intervir para salvagardar o patrimonio natural a UE. Estes parques acuícolas vanse a facer ocupando espazos protexidos, en Rede Natura ou lindeiras, e onde aniñan aves mariñas e outras especies, ademais de destruír un vello enclave baleeiro ocupado por pescadores vascos desde o século XIII, e usado fai cen anos por noruegueses, no lugar de Sabadelle, con restos patrimoniais.
Por iso queremos denunciar ante a UE ante a indefensión veciñal e das nosas denuncias en Galicia os futuros parques acuícolas de Merexo (Muxía), Xandriña-Camelle, e Seiruga-Malpica. Son zonas protexidas polo seu valor como lugares de nidificación de aves, zonas ZEPA e Important Bird Areas, con especies vexetais e animais endémicas ou protexidas. É por iso que queremos de novo volver incidir na denuncia presentada no seu día e obter unha resposta do seu organismo.

Resultado da enquisa


A maioría de vós ( 64% ) pensades que a xestión da casa da cultura é bastante deficiente e que se poderían facer máis cousas e actividades nela.

A verdade polo que eu vin, hai moi poucos libros e ordenadores, poucas exposicións e poucas actividades para os nenos. Eu tamén penso que se deberían facer máis cousas e non só limitarse as actividades do concello. Deberíanse poñer a cabo máis actividades para a xente maior e para os máis pequenos, xa que o que se fai é moi pouco e bastante precario.

Tamén digo que se instale a rede Wifi para poder conectarnos a internet e que poñan en funcionamento xa o ascensor porque fai moita falla, ¿ou teremos que esperar a que fagan a Fundación Man para que isto se faga realidade? Entón vai parda.

HALLOWEN


Este fin de semana foi de bastante medo en Camelle.

Empezamos pola tormenta co mar embravezido, moita choiva, troncos e pedras tirados pola estrada, moito vento e tronos e relámpagos pola noite.

Seguimos coa peregrinación de tódolos anos de xente o cemiterio cargados de flores e velas para honrar os seus defuntos. A vista do cemiterio pola noite a verdade que é espectacular e seguro que os do satélite da NASA quedaron abraviados si o viron. Milleiros de velas encendidas e flores no medio da oscuridade do cemiterio botan a pel de galiña os máis valentes. Teño varias fotos disto, pero debido a oscuridade non as vou a poñer pola baixa calidade destas.

Tamén os máis pequenos desfrutaron co Hallowen e saíron a rúa cos seus disfraces, aínda que o tempo non acompañou.

Pesca de robalizas


Estivemos unha tarde de pesca as robalizas con un que sabe moito disto.
A experiencia foi bastante gratificante e a verdade bastante complexa.
Cantos traballos hai que pasar para que pique este peixe tan apreciado.

Que a caña ten que ser así, e a liña, e a rapala, que hai que tirar para alí, que hai moitas algas, que se engancha a rapala, que aquí non pican, hai que ir máis para alá, que frio fai, que me mollo, que vai chover, os tombos de mar... buf, vaia experiencia.

E isto nunha hora nada máis, o final para casa sen nada.
O parecer pola tarde houbo máis sorte e os traballos deron os seus froitos.
Eu dou fé de que estaba riquísima.

Foto antiga


Deixovos outra foto antiga de Camelle, esta vez trátase de dous bravos mariñeiros camelláns que parece que estaban a coller percebes na súa gamela.

A foto titúlase " Juan e Perfecto nun día de pesca " e data do ano 1955.

Foto curiosa


Foto mandada por un usuario do blog e titulada " Dentro de pouco, o noso paseo marítimo quedará así ".

Esperemos que esta foto tan irónica non sexa unha realidade no futuro.

Sorte para a nosa comisión de festas


Como xa vos informaba fai unhas semanas, a comisión de festas vendía unhas participacións para unha gran festa 24 horas en Negreira da orquestra Olimpus.
A comisión de festas de Camelle quedábase co 50% do diñeiro acadao pola venda das rifas.
Pois ben, resulta que Camelle foi agraciado no sorteo das comisións de festas xunto con dous pobos máis.
Seguro que con esta inxección económica as festas de Camelle seguirán sendo un gran referente na Costa da Morte, aínda que teñan o listón moi alto.
Noraboa a nosa gran comisión de festas.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE