
Xa está en marcha a implantación da piscifactoría en Corcubión. Esta piscifactoría é a máis pequena de todo o Plan (72.000 m2) e prácticamente non existe rexeitamento social. Están empezando a darse datos do valor do metro cadrado e fálase de 2 euros (que triste). De todas formas está pendente o informe medioambiental pero visto a opinión da xente as expropiacións son unha realidade e en pouco tempo isto estará en pé.
Visto o rexeitamento do pobo de Camelle ata agora, esperemos que sigamos tan unidos e que non permitamos esta barbarie. Os que pensen que se farán ricos vendendo lévana clara. Agora que temos o primeiro exemplo da inxustiza deste Plan, temos que ser máis fortes se cabe, loitar polo que nos pertence e porque o noso pobo siga sendo o que é.
Visto o rexeitamento do pobo de Camelle ata agora, esperemos que sigamos tan unidos e que non permitamos esta barbarie. Os que pensen que se farán ricos vendendo lévana clara. Agora que temos o primeiro exemplo da inxustiza deste Plan, temos que ser máis fortes se cabe, loitar polo que nos pertence e porque o noso pobo siga sendo o que é.
Fonte: quepasanacosta
1 comentario:
Por suposto que seguiremos unidos no rexeitamento máis absoluto da piscifactoría en Camelle. Noutros lugares, como parece ser o caso de Corcubión, a xente parece conforme. Pois adiante; todos satisfeitos. Que as instalen alí onde os propietarios llo permitan de boa gana porque os de Camelle non temos capacidade para tentar salvar o mundo das pártelas (zarpas) do capitalismo máis feroz, deteriorando continuamente o planeta. A pesar de que moitos científicos (aínda non comprados polas multinacionais) están avisando das consecuencias da contaminación e de que teóricamente se vai tomando conciencia con accións coma o Protocolo de Kioto, etc...o inmenso poder do diñeiro sen uns valores que lle poñan freo, podenos levar nos anos vindeiros a consecuencias indesexables e irreversibles.
Volvendo ao tema concreto das piscifactorías: que as poñan alí donde a xente as acepte e que nos deixen aos de Camelle tranquiliños. Nós non imos montar chiringuitos a San Caetano. Tampouco queremos que enchan de chiringos negros o noso pobo nin as terras que nos deixaron os nosos devanceiros. Disto, non nos apea nin Deus.
Publicar un comentario