Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 14 de agosto de 2009

Cerrado por vacacións

Bueno, despois de tanto traballo penso que merézome unha recompensa.
Aparte do descanso, tamén teño que protagonizar unha experiencia única e moi especial na miña vida.
Como vou a estar fora do país 15 días e polo comentado anteriormente, esta páxina, "o blog de tódolos camelláns e camellanas" estará sen actualizar un mes aproximadamente.
Podedes entrar igual no blog para ver as fotos, os enlaces, os vídeos, as novas, os xogos, comentar, chatear, etc.
Debido aos últimos comentarios polémicos e a que non os vou a poder revisar diariamente, véxome na obriga de restrinxir as mensaxes soamente para usuarios rexistrados, para así poder controlalos mellor e saber de dónde e de quen veñen, espero que o comprendades.
O vídeo das Festas do Carmen aínda está sen editar, en canto estea listo poderédelo ver aquí.
Deica logo, queridos amigos/as e disfrutade desta vida, xa que non vamos a ter outra.

Historia de Camelle ( III e derradeira )

No ano 1898 estableceuse en Camelle a Estación de Salvamento Barbeito e Cía., equipada do mellor material que para eses mesteres podíase dispoñer naquel entón; con varios mergulladores ao seu servizo, un gran almacén e varios barcos: o "Camelle", "Pepe", "P.F.", entre outros e un barco-taller chamado "Finisterre". Durante todo o ano dedicábanse á extracción de chatarra e do seu despezamento; pero, estaban alertas para intervir con toda efectividade en calquer salvamento porque, ademais, dispuña de homes expertos e coñecedores do oficio.

Foi, pois, Camelle durante moitos anos o centro de recepción de todos os náufragos, representantes das Compañías de Seguros, persoal de Aduanas, cónsules dos distintos países, etc., xa que eran nas oficinas da Compañía de Salvamentos onde se practicaban as primeiras dilixencias, destinábase aloxamento aos náufragos e buscaban medios para o seu posterior traslado. Moitos dos datos que estamos obtendo e obteremos, estánnolos facilitando mariñeiros (xa xubilados) que traballaron nos seus anos mozos nesta Compañía e na que ata os seus pais adestráronse.

Nas décadas vinte e trinta traballaban a pleno rendemento tres fábricas de salgadura de sardiñas. Aínda hoxe vense coas súas paredes semiderruidas, pero cos seus grandes pilos de cemento intactos; mostra dunha industria desaparecida, pero que marcou un fito en toda a costa. Foron as épocas da traíña, do mansío, da ardora e do xeito, cando a sardiña era "o pan do mar". E, á beira, as "estadas de congro", só posibles aquí ou en Muxía pola virtude secadora do seu nordeste. Verdadeiras persianas de congros furados por todo o seu corpo que se subían e baixaban segundo as perspectivas do tempo. E é que, noutras épocas, o home relacionado co mar tiña que ser un verdadeiro astrónomo; había de ter gran perspicacia para previr o tempo. A necesidade obrigáballe a ser un gran observador e así se chegaba a coñecer polo aspecto do sol, da lúa, das estrelas, pola cor das nubes, a dirección do vento e o grao de ondada, o tempo probable que reinaría cunha fidelidade asombrosa. Aínda se recordan refráns mariñeiros que baseados na experiencia, non fallan case nunca: "Ceo empedrado, augas ó rabo", "Sol con barbas, augas", "Estrelas a bailar, vento a soprar", "Gaivotas en terra, peixeiros a m...", "Néboa na montaña, pescador a cabana", etc., etc.

A súa entrada, tan angosta no perfil oceánico, fai que a flota pesqueira camellana non goce de tranquilidade durante o inverno e teña que manterse inactiva durante os meses de decembro a marzo ante o temor de que se peche a súa bocana nunha das saídas e verse no grave transo de intentar temerariamente a entrada, cando outra opción pode resultarlle aínda peor. ¡Cantas veces fomos testemuñas de verdadeiras odiseas realizadas por estes mariñeiros na entrada do porto! ¡Cantas veces o ¡ai! lastimeiro das mulleres que esperaban, fixo estremecer á máis dura testemuña no momento en que a motora era envolvida pola onda para xurdir milagrosamente indemne de entre a espuma...!

É porto marisqueiro por excelencia, e son famosos os seus percebes, centolas e nécoras. Afírmannos que polos anos cincuenta teñen saído deste porto nunha semana de "seca" a cantidade de ¡trinta e cinco mil quilos de percebes...! Pero, poucos son os recunchos desta brava costa nos que non se deixou o tremendo tributo que por iso cobra o mar. E poucos os fogares exentos de tal achega. Camelle é quizais o porto que mellor coñece a traxedia neste litoral.

O mellor nivel de vida fixo aumentar o amor á mesma. Hoxe é menos corrente o mariscador temerario, polo que xa non se ven tantas mulleres vestidas de negro. E, a propósito... ademais do pescador, hai outro personaxe heroico na nosa costa: a muller. Ela ten o selo da heroicidade e do sobresalto, do esforzo, da privación e da traxedia. A ela tocoulle a tremenda misión de ver sen mirar ese enfrentamieto cotián do home co mar; de vivir os tráxicos lances aínda sen producirse. No máis recóndito da súa alma leva o desasosego, o temor a que a tremenda ruleta da desgraza pare un día (calquer día) no portal do seu fogar. Palilla e traballa a súa "hortiña", cociña e limpa, coida dos nenos e emenda. Tamén vende a pesca que trae o seu marido polos pobos limítrofes e ata marisquea. É moi sentimental e comunicativa; relixiosa por amor; supersticiosa por necesidade. ¡Ah... e canta ao falar! A esta muller había que levantarlle un monumento.

Fonte : Relato do libro "Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios" escrito en 1979 polo profesor camellán José Baña Heim coa colaboración de sete dos seus alumnos. Traducción ao galego : Marcos O. Baña López

jueves, 13 de agosto de 2009

A.X CHERINKAS (Vídeos de humor local)

Vóuvos a falar un pouquiño dunha asociación xuvenil que arrasa no pobo veciño de Vimianzo.
A Asociación Xuvenil Cherinkas adícase a realización contínua de actividades co fin de dinamizar a socios, pobos e comarca para goce deles e da propia asociación.
Con varios anos a pleno rendimento, a asociación recolle nas súas bases unha forma de pensar e vivir dun grupo de xóvenes emprendedores e con moitas inquedanzas.

O abanico de actividades e de eventos que realizan abarcan desde a cultura (festivais musicais, ciclos de cine, xornada literarias, teatro...) ata o deporte (tenis, ciclismo, petanca, fútbol sala...) sen descoidar a problemática medioambiental que tanto nos atinxe.

Pois ben, o ano pasado, para promocionar un campeonato de petanca, os cherinkas decidiron facer un vídeo con tono de humor e personaxes ficticios como Igor Damianov (Damián) e John Michael (Juan Miguel).
Este primeiro vídeo promocional recibíu moitas críticas en Vimianzo, polo que os Cherinkas en vez de amedrentarse, decidiron facer unha saga, a saga de Igor Damianov.

Dirixidos maxistralmente por Guillermo, a saga xa conta con quince vídeos con numerosas visitas e un gran número de fans en toda a Costa da Morte.
Na última triloxía, Warriors of the war, conta coa participación dun camellán interpretando o papel de Sadan Tedín, de momento só está dispoñible o trailer.

Máis info : a.x.cherinkas

Máis vídeos : youtube, vimeo

Igor, a lenda da petanca ( Episodio I )

-Máis episodios : EPISODIO II, EPISODIO III

Warriors of the war, o trailer

Tow-in Costa da Morte



O pasado mes de Abril, o noso amigo e usuario deste blog, Jonás, máis dous amigos "surfeiros" de A Coruña fixeron unha reportaxe impresionante de tow-in (ondas xigantes) nun secret-spot (lugar segredo de ondas) moi preto de Camelle.

Estas fotos que vedes foron as descartadas polo fotógrafo e surfeiro coruñés Daniel Almeida, as mellores fotos sairán publicadas en Septembro na prestisioxa revista de surf 3sesenta ( de tirada europea ).

Polo tanto, os aficionados ao surf de toda Europa, poderán ver a espectacularidade e maxestosidade das ondas da nosa costa tan ben cabalgadas coa súa moto acuática polo noso veciño, Jonás ( o home peixe ).

Reportaxe nº1 : Surfing Life by Dani

Reportaxe nº2 : Surfing Life by Dani

miércoles, 12 de agosto de 2009

Fotos antigas


............................ Fonte do caño.

Escola de Don Pepe. .........................


.................... Dentro da "jamela".



Comparsa do banora. .................

Imaxes do verán camellán



Camelle Calidade.
Impresionante imaxe dunhas patacas collidas a semana pasada en Camelle.
De todos é sabido a excelente calidade da pataca camellana e se son deste tamaño, mellor que mellor.






Un grupo de amigos camelláns aficionados ao ciclismo, reúnense os fins de semana para realizar rutas pola Costa da Morte. A Peña cicloturista "Os barrijas" fixeron unha ruta moi fermosa este sábado, partiron do faro de Laxe, pasaron por Camelle, foron ao faro Vilán e remataron na praia de Xaviña con unha gran churrascada. Noraboa a esta peña por fomentar o deporte e o turismo no noso pobo.






As máquinas seguen a traballar arreo na nosa praia; chama a atención esta máquina de peneirar e moer area, a verdade é que deixa unha area moi fina.










No pequeno e fermoso pobo de Riobó (Cabana de Bergantiños) celebrouse a tradicional feira medieval; este ano, a novidade foi a celebración dunha voda medieval coa participación duns camelláns.










martes, 11 de agosto de 2009

Vídeo do mes

Fai semanas que un vídeo segue situado entre os máis vistos do mundo en español.
Trátase do polémico mini-documental sobre a gripe A realizado por Julián Alterini, onde trata o medo mediático e as posibles influencias das famaceuticas na alarma social.
Curioso canto menos, moi interesante e visualmente atractivo.
¿Qué se esconde detrás da gripe porcina?

Vídeo de humor

Recompilatorio moi divertido, xa que gusta case a todo o mundo, sobre caídas e golpes de xente un pouco "tonta".

viernes, 7 de agosto de 2009

Foto da gañadora do porco


O prometido é débeda. Ao final, foi onte pola tarde cando se lle entregou a Karina o seu premio.
Un porquiño de 45 kilos que Karina bautizou co nome de "Karino" e sacou a pasear polo pobo.
De momento, a gañadora vai a indultar ao porco porque seica lle colleu agarimo, xa veremos cando pese uns kilos máis.

A praia de Camelle recibirá a area do dragado


Parece que a polémica coa rexeneración da nosa praia non ten fin, a ver si esta vez é a definitiva e impera o sentido común dunha vez por todas.

O presidente de Portos de Galicia e o xefe da Demarcación de Costas acordaron onte utilizar a area do dragado do porto de Camelle, que realizará o departamento da Xunta, para rexenerar a praia, unha obra do Ministerio de Medio Ambiente que comezou fai xa tres semanas.

Portos presentou a Costas un estudo que demostra que a area do fondo ten a calidade necesaria. José Manuel Álvarez Campaña asegurou que estas actuacións conxuntas están previstas noutros lugares e son un exemplo de "o que deben facer as Administracións".
Ademais, cre que a solución é máis barata e ecolóxica.

Esperemos tamén que o concello rectifique as súas palabras da nota de prensa que mandou aos medios cando comezaron as obras de rexeneración " en contra das opinións vertidas en diversos medios, sempre falsas, e con gañas de contaminar a opinión pública, non se vai a traer area, nin caolín, senón que cribarase a area xa existente, lavarase e utilizarase unha máquina que fará o efecto dun muiño, e que moerá as pedras que superen unha determinada medida.Con isto creemos dar por rematado os comentarios ó respecto nos que se dicía que o proxecto estaba reformado por outro organismo que nada tiña que ver co adxudicatario desta obra".

jueves, 6 de agosto de 2009

Novas breves

1. O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que estivo onte por Camelle, Arou e Traba de Laxe acompañado pola directora xeral de sostenibilidade na costa e o mar, Alicia Paz Antolín, e os alcaldes de Camariñas e Laxe, anunciou que os traballos de construcción da estación de depuración de augas residuais de Camelle e os seus colectores xerais comezarán a finais de este mesmo mes; o presuposto das obras son de 1.848.192 euros.
Máis info : La Voz de Galicia, La Opinión, El Correo Gallego, webmurcia.com
.
.

2. O número premiado da rifa da Comisión de Festas do sorteo dun fin de semana nun balneario é o seguinte : 7901
De momento non apareceu o afortunado/a.

Para quen non o saiba, o domingo sorteouse durante a actuación da orquestra Ciclón a rifa premiada con un porco.
A afortunada foi Karina Vázquez, membra da Comisión de Festas, noraboa.
Ao parecer, mañá venres as nove da noite faráselle entrega a Karina do porco e farán un pequeno percorrido polo pobo co animal ( non vos preocupedes que xa poñerei a foto do momento no blog ).

miércoles, 5 de agosto de 2009

Rosa Quintana visitou a Confraría de Pescadores de Camelle


A titular da administración pesqueira galega dixo en Camelle que estaba a favor das piscifactorías.

Despois da visita institucional ao cabildo de Camariñas pola mañá, a conselleira do mar, Rosa Quintana, visitou a confraría de Camelle esta tarde.
Tratáronse varios temas, pero o primeiro foi a postura firme e unánime do cabildo camellán en contra da piscifactoría en Camelle e en Arou.
A conselleira non dixo que sí, nin que non, soamente deixou clara a postura que as piscifactorías son beneficiosas e que son compatibles co respecto ao medio ambiente e que non estaba absolutamente demostrado que contaminasen, o caso de Camelle dixo que se estudaría.
Tamén comentou que está en contra das reservas mariñas.

A confraría pedíu a conselleira un biólogo para analizar as augas e mariscos da nosa costa porque dín que non reproducen nin medran como antes; a conselleira achacou este problema a sobreexplotación da zona.
.
Os asistentes a esta reunión saíron bastante defraudados desta xuntanza porque dín que non sacaron nada en limpo.
Mañá, o presidente da confraría manterá en Santiago outra xuntanza na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca para tratar outros temas relacionados co cabildo camellán.

Os segredos de Man


O legado de Manfred Gnädinger: propostas á chancelería alemá de man dura contra o terrorismo, premios de repostería, un filme biográfico desaparecido ou a alta nunha axencia matrimonial.

Man, o alemán de Camelle, pasou varias décadas sen ter apelido, nin familia, nin pasado. Os primeiros xornalistas que escribiron sobre el, nos últimos anos 70 e primeiros 80, marabillábanse co misterio de ese home que chegou a Camelle (Camariñas, A Coruña) en 1962, mercou un pequeno terreo fronte ao mar e rompeu para sempre co mundo. Chamábase a si mesmo o “solitario”, nunca chegou a falar ben o castelán nin o galego, e construíu coas súas mans un museo ao aire libre, no que por un euro deixaba achegarse aos seus obeliscos de rocha, algas e lixo, erguidos nun saúdo cara o mar. Finou o 28 de decembro de 2002, dous meses despois de que o Prestige tinxira de negro o seu fogar.

A Fundación Man, constituída oficialmente en 2008 polo Concello de Camariñas –aínda que xa en activo algúns anos antes– traballa para despexar o misterio e conservar o legado do eremita que facía land art antes de que ninguén soubese o que era o land art. Hai só uns meses fixeron un gran avance imprevisto. Agochadas baixo as táboas do chan da súa vivenda de cinco metros cadrados, atoparon varios paquetes de cartas, que arroxan luz sobre os aspectos máis íntimos de Manfred Gnädinger.

Ese epistolario en alemán e español está a ser clasificado e traducido pola fundación, mentres espera a que cheguen as autorizacións pertinentes para a rehabilitación do museo de Man, actualmente paralizadas por cuestións burocráticas. O alemán agochara cousas como a súa solicitude de alta nunha axencia matrimonial suíza, enviada dende Camelle en 1969, ou o Premio Federal que gañou polas súas habilidades como pasteleiro en Alemaña, en 1953. Sabela Mariñas, directora da Fundación Man, explica que “hai referencias a algúns dos pasteis que deseñara como reposteiro, e algúns seméllanse moito ás estruturas verticais que logo fixo nas pedras”.

Tamén hai material máis emotivo, como o que probablemente sexa o seu último escrito, datado entre o 7 e o 28 de decembro de 2002: “É insoportable para min esta aparición. Eles observan só un piollo de mala sorte. Porén, estou feliz de ter chegado case aos 67 anos. Estou marcado pola idade. Eu estou (palabra ilexible), para ser pronto destronado. En vez de queixarme e lamentarme, entregarme, escribir para distraerme. Quen somos? O mundo queixarase sobre nós e sobre si mesmo”. No paquete atopáronse tamén cartas dirixidas á súa familia en Alemaña, irmáns e sobriños cos que case non mantivo contacto nos 40 anos que pasou en Camelle. “Hai tempo, díxenme: un coma ti debe vivir só”, afirma noutro dos seus escritos redactados para si mesmo.

Queda constancia dese illamento na última carta que lle escribiu aos seus familiares, o 5 de abril de 2002: “Querida Waltraud e querido Roland, escribo moi preocupado por min. Tan preocupado estou porque vos fixen agardar máis de 40 calendarios e máis. Finalmente, vostedes escribíronme para o meu aniversario, lembroo con morosidade. Ninguén debe pensar que lle debo algunha carta, e así todo o ano, unha e outra vez. Cada día vez teño menos ganas de escribir, o silencio achégase cada día máis. (...) Deberiamos deixar as cousas como están? O máis importante é que cada un viva como lle pareza, os tipos raros como tipos raros, e vós como vós sodes”.

Segundo testemuñan as cartas, a familia pasou anos sen saber del, ata que o localizou por casualidade un dos seus irmáns, que coincidiu nunha viaxe cuns veciños da Terra de Soneira. “Nunca soubemos moi ben por que, pero Man evitou en todo momento o contacto cos seus familiares. Non quería que viñeran”, explica a directora da Fundación Man.Pero o seu illamento non era completo, xa que procuraba manterse informado e tiña moito interese por dar a coñecer a súa obra. Conservanse ademais tres cartas dos anos 70 nas que lle escribiu á Chancelería de Alemaña. Pediu nun caso a aceptación dun tratado de desarme, e nos outros recomenda man dura co terrorismo e non negociar a cambio de reféns, na época de actividade da Brigada Baader-Meinhof.

A PEOR ÉPOCA DA SÚA VIDA
Os veciños de Camelle e a prensa que antes o describía con titulares como “Envejecer en tanga” souberon aló por 1985 que Man fóra noutra vida un tal Manfred Gnädinger, de profesión pasteleiro. Nese ano, foi detido pola Garda Civil e xulgado por un presunto abuso a unha menor da vila. Foi absolto, pero nos arquivos da Fundación Man queda constancia de que foi un proceso longo.Co seu cativo dominio do castelán, o “solitario” atopábase perdido no proceso xudicial, e tivo que reclamar asistencia do Consulado de Alemaña. Soubose entón que a súa entrada en España fora á marxe das aduanas –en tempos anteriores a UE sen fronteiras–, e que tampouco tiña ningún documento identificativo. O cónsul logrou atopar o seu rastro en Alemaña, e o señor Gnädinger tivo que facerse un pasaporte para seguir adiante coa causa xudicial: “Si el juez o el fiscal me mata con pistola es más correcto, porque menos duro. El castigo contra mí no es justificado porque sin prueba. La palabra contra mí de una niña de 6 años no es prueba justificada”, asegura Man nunha carta que remitiu ao xulgado.

Tamén en 1985, comezaron as obras de ampliación do dique de Camelle, un novo muro de formigón que chegaba a tocar unha parte do museo do eremita. Cando o soubo, Man fixo todo o posible por deter as obras e variar o trazado. Colocouse el mesmo, acompañado polas súas esculturas de algas, diante da maquinaria, e remitiu cartas as distintas autoridades competentes. Chama a atención a dirixida á Xunta de Galicia, cun debuxo dos seus obeliscos e unha lista de 32 argumentos, máis ben poéticos, para explicar por que o novo peirao non debería tocar “el último paraíso de seis metros sin rellenar”, no que “hay de todo para toso, si no somos ciegos”. Xa prosaico, proclama as súas sospeitas de que o recheo é grande de máis polo interese dos donos das fincas polas que pasaba –máis cartos polas expropiacións– e despídese cun admirativo“Viva la Costa da Morte!”.

A cruzada do “alemán tolo” contra o peirao tivo éxito, e corrixiuse o trazado do dique para non afectar ás súas terras. Porén, isto non lles sentou ben a algúns veciños, que decidiron demostrarllo dándolle unha malleira e estragando parte do seu museo. O propio Man explica o incidente nunha carta ao director que enviou a El Ideal Gallego, a La Voz de Galicia, e ao desaparecido Galicia Viva, de Ourense: “Por el pueblo de Camelle, el día 17.10.85 con escarnio y el sacerdote, grandes destrucciones del museo, porque el Estado con su proyecto de muelle no toca el museo del solitario. (...) Desde el museo existe: Sólo medio pueblo contesta mi saludo. Pero Camelle es buena gente, yo quiero mucho”. Segundo comenta Sabela Mariñas, “foi unha época moi dura para el. Tanto que ata lle cambiou a letra”.

O DOCUMENTAL DESAPARECIDO
Man cobraba un prezo simbólico por visitar o seu museo, por “entrar no seu mundo”, como dicía. Nos seus últimos anos de vida, o donativo era dun euro, poucos cartos, pero abondo para quen non gastaba en roupa, nin en desprazarse, e comía habitualmente algas e mariscos que el mesmo collía. Á súa morte, tiña aforrados 120.000 euros, que lle legou ao Estado e dos que “nunca máis se soubo”, segundo Mariñas.

Pensaba que “economizar é arte” e facíalle doazóns habituais á Cruz Vermella. Durante os 70 e 80 gastou parte deses fondos en intentos de dar a coñecer a súa obra. Foi a época na que máis apareceu na prensa e na que contactou con TVE e coa Bayerischer Rundfunk, a televisión bavára, para que fixeran unha reportaxe sobre el. Adoitaba acompañar as peticións con donativos de 500 pesetas.

Un tal Juan Marallach quixo facer unha película sobre Man e o seu proxecto, pero a produción pasou por varias dificultades técnicas, e o anacoreta tivo que poñer cartos en varias ocasións. Aínda así, non hai constancia de que o filme chegase nunca a existir, nin se sabe que foi do material gravado. Unha figura como a de Man de Camelle nunca revelará todos os seus segredos.

Fonte : artigo publicado no diario dixital xornal.com e escrito por Arturo Losada.

martes, 4 de agosto de 2009

Festas do Carmen 2009




Éxito total e absoluto das mellores festas do Carmen que se recordan en Camelle.

Espero que xa recuperárades un pouco despois de tanta festa, eu aínda non estou recuperado de todo, debe de ser a idade.
Bueno, resumindo un pouco, para todos os que non poidestes estar nestas magníficas festas do Carmen, soamente dicir que a Comisión de Festas puso o listón moi alto este ano, porque estas festas foron apoteósicas.
O venres, moita xente na churrascada e tamén pola noite, un pouco deslucida pola choiva, que non amedrentou aos máis festeiros para bailar e gozar coas dúas orquestras.

O sábado pola mañá tamén choveu e o vento do norte fixo acto de presenza, polo que a misa no peirao tivo que facerse no interior da lonxa e a procesión marítima suspenderse ata o domingo.
A pesares do orballo, a nosa querida danza de arcos, percorreu o noso pobo cunha maestría absoluta, que causaba a admiración dos asistentes.
Pola noite, centos de persoas admiraron os espectaculares fogos de artificio e vibraron ata o amencer coas tamén dúas magníficas orquestras Trole e Foliada, esta última proxectou na súa pantalla xigante imaxes de Camelle cedidas por este blog e vídeos de percebeiros camelláns e da danza de arcos.

O domingo, con un sol radiante, saíu a procesión marítima coa virxe.
Pola tarde, os máis cativos disfrutaron cos xogos e coa espuma na praia.
Pola noite, non cabía un alfinete para ver as afamadas orquestras Ciclón e París de Noia.

Quero agradecer, unha vez máis, o traballo da Comisión de Festas e a tódala xente que colaborou para que estas festas, como ben dixo Perla, " non as esquecerá ninguén ".

Xa tendes na parte de abaixo do blog, tres galerías de fotos con case 300 fotos das mellores festas do Carmen de Camelle.
Estou editando un vídeo especial sobre a danza de arcos, a procesión marítima e os fogos; en canto o remate verédelo aquí.
.
Máis info : o noso amigo e colaborador deste blog, Xurxo, acaba de crear para a ocasión un blog sobre a danza de arcos de Camelle.
Neste blog encontraredes, como non, unha ampla galería de fotos da danza de arcos deste ano.
Pinchade neste enlace para entrar no blog e ver máis de 300 fotos ( Blog Danza de arcos ).

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE