Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 14 de agosto de 2009

Historia de Camelle ( III e derradeira )

No ano 1898 estableceuse en Camelle a Estación de Salvamento Barbeito e Cía., equipada do mellor material que para eses mesteres podíase dispoñer naquel entón; con varios mergulladores ao seu servizo, un gran almacén e varios barcos: o "Camelle", "Pepe", "P.F.", entre outros e un barco-taller chamado "Finisterre". Durante todo o ano dedicábanse á extracción de chatarra e do seu despezamento; pero, estaban alertas para intervir con toda efectividade en calquer salvamento porque, ademais, dispuña de homes expertos e coñecedores do oficio.

Foi, pois, Camelle durante moitos anos o centro de recepción de todos os náufragos, representantes das Compañías de Seguros, persoal de Aduanas, cónsules dos distintos países, etc., xa que eran nas oficinas da Compañía de Salvamentos onde se practicaban as primeiras dilixencias, destinábase aloxamento aos náufragos e buscaban medios para o seu posterior traslado. Moitos dos datos que estamos obtendo e obteremos, estánnolos facilitando mariñeiros (xa xubilados) que traballaron nos seus anos mozos nesta Compañía e na que ata os seus pais adestráronse.

Nas décadas vinte e trinta traballaban a pleno rendemento tres fábricas de salgadura de sardiñas. Aínda hoxe vense coas súas paredes semiderruidas, pero cos seus grandes pilos de cemento intactos; mostra dunha industria desaparecida, pero que marcou un fito en toda a costa. Foron as épocas da traíña, do mansío, da ardora e do xeito, cando a sardiña era "o pan do mar". E, á beira, as "estadas de congro", só posibles aquí ou en Muxía pola virtude secadora do seu nordeste. Verdadeiras persianas de congros furados por todo o seu corpo que se subían e baixaban segundo as perspectivas do tempo. E é que, noutras épocas, o home relacionado co mar tiña que ser un verdadeiro astrónomo; había de ter gran perspicacia para previr o tempo. A necesidade obrigáballe a ser un gran observador e así se chegaba a coñecer polo aspecto do sol, da lúa, das estrelas, pola cor das nubes, a dirección do vento e o grao de ondada, o tempo probable que reinaría cunha fidelidade asombrosa. Aínda se recordan refráns mariñeiros que baseados na experiencia, non fallan case nunca: "Ceo empedrado, augas ó rabo", "Sol con barbas, augas", "Estrelas a bailar, vento a soprar", "Gaivotas en terra, peixeiros a m...", "Néboa na montaña, pescador a cabana", etc., etc.

A súa entrada, tan angosta no perfil oceánico, fai que a flota pesqueira camellana non goce de tranquilidade durante o inverno e teña que manterse inactiva durante os meses de decembro a marzo ante o temor de que se peche a súa bocana nunha das saídas e verse no grave transo de intentar temerariamente a entrada, cando outra opción pode resultarlle aínda peor. ¡Cantas veces fomos testemuñas de verdadeiras odiseas realizadas por estes mariñeiros na entrada do porto! ¡Cantas veces o ¡ai! lastimeiro das mulleres que esperaban, fixo estremecer á máis dura testemuña no momento en que a motora era envolvida pola onda para xurdir milagrosamente indemne de entre a espuma...!

É porto marisqueiro por excelencia, e son famosos os seus percebes, centolas e nécoras. Afírmannos que polos anos cincuenta teñen saído deste porto nunha semana de "seca" a cantidade de ¡trinta e cinco mil quilos de percebes...! Pero, poucos son os recunchos desta brava costa nos que non se deixou o tremendo tributo que por iso cobra o mar. E poucos os fogares exentos de tal achega. Camelle é quizais o porto que mellor coñece a traxedia neste litoral.

O mellor nivel de vida fixo aumentar o amor á mesma. Hoxe é menos corrente o mariscador temerario, polo que xa non se ven tantas mulleres vestidas de negro. E, a propósito... ademais do pescador, hai outro personaxe heroico na nosa costa: a muller. Ela ten o selo da heroicidade e do sobresalto, do esforzo, da privación e da traxedia. A ela tocoulle a tremenda misión de ver sen mirar ese enfrentamieto cotián do home co mar; de vivir os tráxicos lances aínda sen producirse. No máis recóndito da súa alma leva o desasosego, o temor a que a tremenda ruleta da desgraza pare un día (calquer día) no portal do seu fogar. Palilla e traballa a súa "hortiña", cociña e limpa, coida dos nenos e emenda. Tamén vende a pesca que trae o seu marido polos pobos limítrofes e ata marisquea. É moi sentimental e comunicativa; relixiosa por amor; supersticiosa por necesidade. ¡Ah... e canta ao falar! A esta muller había que levantarlle un monumento.

Fonte : Relato do libro "Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios" escrito en 1979 polo profesor camellán José Baña Heim coa colaboración de sete dos seus alumnos. Traducción ao galego : Marcos O. Baña López

No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE