Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 29 de diciembre de 2008

A Fundación Man pónse en marcha


Onte, día 28 de decembro, despois de 6 anos do falecemento de Manfred, creouse a Fundación Man. Pola mañá firmáronse os estatutos no concello de Camariñas e tras unha comilona, os asistentes achegáronse ata Camelle para celebrar o II Encontro Man de Camelle. Neste acto, que se celebrou na Casa do Alemán, participaron varios persoeiros relacionados coa cultura e a arte e tamén relacionados coa Fundación. Entre outros, estiveron Mercedes Martín, Antón Sobral, Antón Castro, Marisol Soneira, Sandra Ínsua, Bernardo Cequera, Luis Suarez... A diferencia do ano anterior os discursos dos personaxes invitados foron improvisados.

O inicio do Encontro emitiuse un documental con imaxes sobre Man e o seu museo e no que tamén participaba xente de Camelle.

A asociación de veciños de Camelle "A Pergoliña", que forma parte da Fundación, pedíu a participación no encontro para aportar o seu punto de vista. Solicitou a Fundación Man que ademáis de restaurar e poñer en valor o legado de Man tamén teñan en conta o entorno no que se ubica, xa que foi esencial na vida de Man. En este sentido solicitaron que, si se considera a arte de Man como Land Art, sería fundamental respetar a paisaxe natural, e pediron ó apoio da Fundación para loitar en contra da invasión da piscifactoría, ubicada en frente do museo e que iría totalmente en contra dos valores de Manfred.

Ademáis déronlle a oportunidade a Marisol Soneira de pedir perdón polos insultos referidos ó pobo de Camelle xa que meses antes declarounos "terroristas". Marisol non se pronunciou o respecto.

Antes do acto unha concentración espontánea de veciños solicitaba con carteis que a Fundación comece a traballar en serio trala desidia dos últimos anos. Tamén se declaraba a Marisol Soneira persoa non grata en Camelle.

Despois do acto a xente desplazouse o museo de Man onde se lle fixo unha homenaxe con unha ofrenda floral e a voz de Uxía.

Máis info: LaVozdeGalicia


As fotos do acto máis as dos Reis Magos recollendo as cartas dos nenos (que foi un éxito) están a dereita.

martes, 23 de diciembre de 2008

BO NADAL A TOD@S !!!


Despois de case cinco meses escribindo neste humilde blog, no blog de tódolos camelláns, e con unha media de 90 visitas o día, o cal me dan forzas para seguir adiante, porque leveime moitas desilusións pero tamén moitas alegrías; aproveito para desexar a tódolos usuarios do blog, os que están en Camelle, na Coruña, no resto de España e tamén por fora do país un bo nadal a tod@s e un feliz aninovo. Pasade todos unhas boas festas cos vosos e coidadiño cos excesos, que logo páganse. Anímovos a que felicitedes as festas e saudedes os vosos amigos e familiares nos comentarios.
De agasallo, un vídeo musical moi chulo que transcorre arredor do mundo.

lunes, 22 de diciembre de 2008

Información da AA VV "A Pergoliña"


1. Como no verán, agora tamén no nadal vanse realizar diversas actividades cos nenos e nenas de Camelle de 3 a 12 anos e de luns a venres e de 15:00 a 17:00h. O prazo para apuntarse ábrese hoxe mesmo e o custe será de 10€ para os socios da asociación e 15€ para os non socios. Estas actividades comezan hoxe, para apuntarse non tedes máis que ir a Casa do Mar.

2. As súas maxestades Melchor,Gaspar e Baltasar virán dende Oriente expresamente a recoller as cartas dos nenos e nenas a Camelle. Farán un percorrido polo pobo e irán a Casa de Man a recollelas cartas o día 25 de Decembro ( día do nadal ) a partir das 16:30 h.

3. A recollida de alimentos non perecederos para os máis desfavorecidos amplíase ata o día 28 de Decembro ( domingo ). Animádevos, é por unha boa causa.

4. Relación de números premiados no sorteo da lotería de nadal 2008:

Gordo de Nadal : 32365

Segundo premio: 78400

Terceiro premio: 80076

Cuarto premio : 79294.......49730

Quinto premio : 70593...... 36199...... 73450...... 29127...... 30227 .....58616 .....81792..... 56430

viernes, 19 de diciembre de 2008

Noticias varias

  1. O consello da Xunta autorizou a Consellería de Medio Ambiente a invertir 1.8 millóns de euros na construcción da depuradora de Camelle e que dará servizo tamén a Arou. Esta depuradora terá capacidade suficiente para unha poboación de 3.700 habitantes. O proxecto ten un prazo de redacción de un mes e dez meses de execución da obra. Fonte: quepasanacosta
  2. A Deputación de A Coruña financiará algo máis da metade das obras de ampliación e accesos a estrada que vai a ir dende Camelle ata Arou pola costa. Será unha inversión de 300.000 euros e o coste total do proxecto redactado é de 593.895 euros. A execución das obras serán contratadas polo executivo local. Fonte: La Voz de Galicia
  3. Istos días produxéronse varios intentos de timos a xente de Camariñas, Ponte do Porto e Vimianzo. Esta xente faise pasar por parentes familiares de Arxentina e piden diñeiro para gastos médicos despois de contarche unha historia para apropiarse da boa fé das persoas. Tende moito coidado e avisada os vosos familiares máis vellos por se acaso. Fonte: diariocamariñan
  4. Lembrádevos de deixar os alimentos non perecederos no pub ou a alguén da asociación de veciños antes do luns, as persoas máis desfavorecidas agradecerán moitísimo a túa solidaridade.

jueves, 18 de diciembre de 2008

COLDAYSUN


Xa están aquí os COLDAYSUN. O noso blog traevos en primicia mundial a actuación do grupo 90% camellán .

Como me pedistes en varios comentarios que puxera algo deste excepcional grupo, aquí tendes un vídeo grabado pola nosa amiga Sabela, do concerto que deren fai dúas semanas en Laxe.

Actuaron tamén en Santa Comba e foi un éxito rotundo nas dúas vilas.

Según me informa o integrante do grupo "Modes", van a ter máis actuacións nas próximas datas. Xa vos irei informando.

Tamén me prometeron que para o ano vindeiro tocarán en Camelle.

A verdade que o grupo formado por integrantes de "Masando pulpos" e o cantante que é de Vimianzo prometen moito e non deixan a ninguén indiferente pola súa calidade e a voz do seu cantante.

Deséxolles o grupo un futuro esperanzador, pero é que vendoos actúar non lle fai falla sorte ningunha, porque xa son un presente no panorama musical da costa da morte e con un pouquiño de publicidade chegarán moi lonxe.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Foto denuncia


Este terreo que está donde o polideportivo, xa leva moito tempo cheo de escombro e non o dá quitado ninguén. O parecer é terreo municipal e úsase para deixar o escombro do muelle novo. Esperemos que o arranxen canto antes porque a verdade, é bastante desagradable vela escombreira a beira da estrada na entrada do pobo. Tamén esperemos que arranxen o so donde está o palco da música, ou alo menos que o deixen como estaba. A empresa que está ampliando o muelle de fora ( Construcciones Lopez Cao ) díxolle ao alcalde que o rematar as obras iso quedaría novo. Vámolle dar un pouco de tempo, a ver si é verdade o que prometeron.

o rei de Noruega escribe a Merexo


O rei de Noruega anuncia o traslado das demandas dos veciños de Merexo ao Ministerio de Asuntos Exteriores do país nórdico como consecuencia da intención de Stolt Sea Farm de esnaquizar o pobo.
A Casa Real de Noruega remitiu unha carta aos veciños de Merexo na que toma coñecemento das queixas expostas pola Plataforma Veciñal de Merexo en relación coas desfeitas que pretende levar a cabo no pobo a empresa Stolt Sea Farm co beneplácito da Xunta de Galicia.
Así, o monarca Haral V anunciou á PVM que dá traslado das demandas ao Ministerio de Asuntos Exteriores de Noruega para as accións que sexan convenientes. Esta é unha mostra máis da sensibilidade con esta inxustiza sen precedentes mostrada por estamentos de distintos ámbitos, neste caso de carácter internacional, mentres a Xunta de Galicia e o Concello de Muxía sempre preferiron mirar cara a outro lado.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Nadal solidario


Coma o ano pasado nestas datas, a AA VV " A Pergoliña " está a recoller alimentos non perecederos ( latas de conservas, pasta, legumbres, arroz, turrón,etc. ) para as persoas carentes de recursos e máis necesitadas. Sé solidario/a e colabora, xa que a nós non nos supoñe moito e darás de comer a moita xente coa túa solidaridade.

Os alimentos recolleránse no Pub ou podesllos dar a calquer membro da asociación de veciños ata o día 22 de Decembro, o día despois levaránse a Cociña Económica da Coruña.

Eu estarei alí para inmortalizar o momento. Gracias de antemán.

Gañador da cesta de nadal


Xa temos o gañador da gran cesta que a Asociación Cultural "Festas de Camelle" sorteaba entre os veciños do pobo.
A sorte desta vez sonreiolle o noso usuario Dani, o que vemos na foto coa presidenta da asociación, a nosa querida amiga Perla e usuaria tamén do blog.
Noraboa Dani, que a disfrutes.
Lémbrovos que aínda falta o sorteo da outra cesta ( a do viño).

viernes, 12 de diciembre de 2008

Breves noticias de interese

1. O grupo ecoloxista PX presentou unha denuncia na Garda Civil de Vimianzo pola desaparición do escudo de armas do casal de Sabadelle, do século XVI. Trátase dun achado importante nestes momentos, xa que dende a UNESCO informaron que a protección do Casal de Sabadelle podía ser unha porta aberta á anulación do proxecto da piscifactoría. O propietario da casa dixo que foi roubado fai uns sete anos.
Info: quepasanacosta

2. Como xa adiantamos fai uns días, a Fundación Man quedará constituída o vindeiro 28 de Decembro, os seis anos do seu falecemento. O concello prepara un acto especial con varios invitados, ademáis dos represantes iniciais do patronato: o alcalde, un representante de cada grupo político, outro da asociación de palilleiras e un quinto da asociación de veciños de Camelle, que será representado polo seu presidente Luis Suarez.
Fonte: La Voz de Galicia

3. Os penedos de Pasarela e Traba son declarados Paisaxe Protexida polo consello da Xunta celebrado onte, co que se garante a súa conservación estética e os valores naturais ( malia que non guste a todos ).
Fonte: quepasanacosta

4. A foto corresponde a nova decoración do Pub no que destacan as súas impresionantes fotos relacionadas con Man e o seu museo. Noraboa os decoradores, porque a verdade é que quedou chulísimo, baixo a miña perspectiva.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

"Lola e Fernanda"


Por fin xa temos en vídeo a actuación estelar do dúo cómico camellán "Lola e Fernanda" que actuaron co dúo Ciclón na festa do magosto fai dúas semanas en Camelle. Non ten desperdicio.

viernes, 5 de diciembre de 2008

Vídeo camellán

Rescatamos un vídeo da añorada e xa defunta páxina http://www.camelle.es/ e que transcurre na factoría camellana de trapos, fai un ano máis ou menos.
Factoría camellana.
E de agasallo un vídeo novo do noso popular personaxe Nimportequi.
Mario Kart.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Outras novas

  1. Mañá venres será a inauguración do pub Marítimo despois de mes e medio de obras. Como nos últimos anos, Luis seguirá o frente deste local mítico de Camelle e sorprenderanos a reforma e reestructuración tan moderna que fixeron.
  2. Noticia da radio ainda sen confirmar: O día 28 de decembro faráse un acto para constituir a Fundación Man.
  3. En Quilmas están levando a cabo unha iniciativa coa que pretenden implantar, na zona onde queren instalar a futura piscifactoría, a agricultura ecolóxica. Unha alternativa respetuosa co medio e máis productiva para os veciños que a acuicultura. De momento xa levan sementado máis de 20 hectáreas. Ademáis estánse organizando cursos a través da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa. Fonte: quepasanacosta
  4. O kilombo non quedará no olvido. O director do grupo, o Inven, dixo que agora no inverno está o tema parado polo mal tempo, xa que non hai un local grande para ensaiar, pero xa está todo preparado para a primavera. O kilombo terá novas ideas e novos temas e o grupo terá gañas de tamborada despois de levar todo o inverno parados...
  5. Falando de música, que saibades que hai un novo blog con fotos e videos do mítico grupo camellán "Masando Pulpos"
  6. Mañá si hai tempo, publicarei as fotos do Magosto.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Breves noticias de interese


O museo de Man chegará o Parlamento de Galicia da mán do diputado autonómico do PP Alberto Sueiro. O concellal camariñán Daniel Rego recopiloulle toda a información que tiña dispoñible sobre o anacoreta e o museo.

Varios concellos da zona recibirán axudas para destinar ao acondiconamento de zonas da Rede Natura. O concello de Camariñas recibirá 8000 € que empregará na divulgación da Rede Natura. Recórdovos que a zona de Sabadelle forma parte de esta área protexida, ¿acaso o concello destinará os cartos para poñer carteis informativos en Sabadelle?

Creáronse varias páxinas e blogs con información de Man e a protección do seu legado :

lunes, 1 de diciembre de 2008

Información da AA VV "A Pergoliña"


Mañá martes, a AA VV poñerá a disposición pública na casa do mar a lista definitiva da xente que se comprometeu con nome, apelidos e a súa sinatura a non vender os seus terrenos para a implantación da piscifactoría na Xandriña.
Resúmovolo, hai 190 persoas con leiras na Xandriña que se comprometen a non vender, a suma dos terreos de todos eles fan 157.518 metros cadrados e a porcentaxe e dun 72.6% do terreo total.
Agradecemos o interés de esas 190 persoas e esperamos tamén que cumplan o seu compromiso. Tamén esperamos a reacción do noso alcalde que dixo que estaría dacordo coa implantación da piscifactoría, si se vendían o 51% dos terreos.
Comunícovos tamén que a data de finalización para dar os 100 € para o avogado remata este domingo.

Artículo de Xoán Abeleira

Artículo do escritor Xoán Abeleira publicado este domingo en El País e que fala sobre Man e a súa obra. Adicado persoalmente os que cren que este blog non é transparente e que se manexa con fins escuros e políticos, eu soamente publico o que hai e o que non lle guste que non lea o blog.
Artículo El País

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE