Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 29 de diciembre de 2008

A Fundación Man pónse en marcha


Onte, día 28 de decembro, despois de 6 anos do falecemento de Manfred, creouse a Fundación Man. Pola mañá firmáronse os estatutos no concello de Camariñas e tras unha comilona, os asistentes achegáronse ata Camelle para celebrar o II Encontro Man de Camelle. Neste acto, que se celebrou na Casa do Alemán, participaron varios persoeiros relacionados coa cultura e a arte e tamén relacionados coa Fundación. Entre outros, estiveron Mercedes Martín, Antón Sobral, Antón Castro, Marisol Soneira, Sandra Ínsua, Bernardo Cequera, Luis Suarez... A diferencia do ano anterior os discursos dos personaxes invitados foron improvisados.

O inicio do Encontro emitiuse un documental con imaxes sobre Man e o seu museo e no que tamén participaba xente de Camelle.

A asociación de veciños de Camelle "A Pergoliña", que forma parte da Fundación, pedíu a participación no encontro para aportar o seu punto de vista. Solicitou a Fundación Man que ademáis de restaurar e poñer en valor o legado de Man tamén teñan en conta o entorno no que se ubica, xa que foi esencial na vida de Man. En este sentido solicitaron que, si se considera a arte de Man como Land Art, sería fundamental respetar a paisaxe natural, e pediron ó apoio da Fundación para loitar en contra da invasión da piscifactoría, ubicada en frente do museo e que iría totalmente en contra dos valores de Manfred.

Ademáis déronlle a oportunidade a Marisol Soneira de pedir perdón polos insultos referidos ó pobo de Camelle xa que meses antes declarounos "terroristas". Marisol non se pronunciou o respecto.

Antes do acto unha concentración espontánea de veciños solicitaba con carteis que a Fundación comece a traballar en serio trala desidia dos últimos anos. Tamén se declaraba a Marisol Soneira persoa non grata en Camelle.

Despois do acto a xente desplazouse o museo de Man onde se lle fixo unha homenaxe con unha ofrenda floral e a voz de Uxía.

Máis info: LaVozdeGalicia


As fotos do acto máis as dos Reis Magos recollendo as cartas dos nenos (que foi un éxito) están a dereita.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Si Man ve a ofrenda floral dalle un pasmo, xa que él era a persoa máis respetuosa coa natureza que pode haber. Para él as plantas eran coma as persoas e non quería que no seu enterro houbera flores xa que son seres con vida.
Man era máis que un artista, era un filósofo.

Anónimo dijo...

a marisoliña había que meterlle as flores polo xxx porque parece que está moi estreñida.Un 10 pola nosa asociación de veciños.

Anónimo dijo...

E unha pena que non quedase constancia en imagenes para a xente que non poidemos asistir o evento.
Enhoraboa a AA.VV pol-o seu coraxe e por decirlle as cousas na cara a Marisol Soneira que ademas de cinica parece xorda.

Anónimo dijo...

Si,amig@ nw6 es una pena que no podamos ver o escuchar,lo que pasó en el II encontro de Man.
Gracias a la asociación por estar siempre ahí, con el pueblo.
La "señora" esa,además de sorda es ciega pero no muda sobre todo para atacar a los vecinos de Camelle.
Agua, jabón y lejía para limpiar su boca.

Anónimo dijo...

ta mui ben eso da fundacion... pero sen cartos e o mismo q un barco sen capitan.
E cuidado xentiña de camelle q o anton sobral ese non e trigo limpo.
Sobre o de marisol que vos esperabads dese elemento inorganico... As pancartas de persoa non grata mui ben pero a de: Man diria q non,.... Fajavos o acordo q gracias a man xa nos joderon o muelle,...
Sei q fixo polo noso pueblo, pero ants de q viñera el xa existiamos e erams tal como somos...
Sei q ai xente encontra miña pero e q tanto man, ai xente q fixo mas polo pueblo... teñen medallas de ouro,.... e ben se lle podia facer algo a esa xentiña

Anónimo dijo...

Antes de nada quero darlle un 10 a asociacion de veciños e dicirlle o concello que cando man estaba vivo non recibiu nin un vaso de auga pola sua parte, e unha vergonza o de estes politicos repito felicidades asociacion tades engrandecendo camelle

Anónimo dijo...

homersindo aqui estamos para comentar cousas e non para discutir.
respecto moito o q ti dis pero...senon fora polo museo e por man CAMELLE sería un pueblo onde non aberia tantos turistas no veran tantos visitantes por estas fechas ou en semana santa e podía seguir decindo moitas cousas sobre eso pero man pudo ter os seus fallos como persona pero para camelle fixo moito ben gracias a el camelle e un pueblo visitado por moitas almas

Anónimo dijo...

JaJaJa .. ainDa aCabO de veR aS fotOs dOs reis .. jaja !! estan mOi Ben .. feliz 2009 a todOoOoS !!

Anónimo dijo...

x favor , x favor .. dime ken eres chipirOn !!

Anónimo dijo...

Lucia, chipirón vive no mar o lado dunha ancla,a sua casa está feita con pedriñas blancas recubertas de algas, unhas cuantas caramuxas adornan o seu xardín e no tellado duas picaporcas .Amigos ten poucos,pero son os millores,e por norma anda sempre dun lado pra outro.

Anónimo dijo...

a fundacion ta moi ben pero postos a incluir xente nela que tal a peña do depor?

Anónimo dijo...

jaja .. vale !!
Xa Q te dedicaches a escribirme a historia dun chipiron ahora dime a historia dun home ou dunha muyer k se mete no blog d ``quepasaencamelle.blogspot.com´´ e pon como nombre nos comentarios chipiron, OK ? jaja ..

Anónimo dijo...

www.petflog.com/gordyllo !!!

Anónimo dijo...

A asosiasion un 10,camelle vale moito pero hai que mirar x el."grasias" a esas persoas q se preocupan

Anónimo dijo...

Eu como fan e amigo de Man,digo que GRACIAS a toda a xente que fixo algo bon por Camelle,e de verdad que non sei pra que queredes turistas.Maixinade a Camelle con un par de centos de turistas e xa vos daredes conta de que de isa maneira xa non seria Camelle.O dia que Camelle perda esa paz que ten,¿que carallo nos vai quedar?

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE