O rei de Noruega anuncia o traslado das demandas dos veciños de Merexo ao Ministerio de Asuntos Exteriores do país nórdico como consecuencia da intención de Stolt Sea Farm de esnaquizar o pobo.
A Casa Real de Noruega remitiu unha carta aos veciños de Merexo na que toma coñecemento das queixas expostas pola Plataforma Veciñal de Merexo en relación coas desfeitas que pretende levar a cabo no pobo a empresa Stolt Sea Farm co beneplácito da Xunta de Galicia.
Así, o monarca Haral V anunciou á PVM que dá traslado das demandas ao Ministerio de Asuntos Exteriores de Noruega para as accións que sexan convenientes. Esta é unha mostra máis da sensibilidade con esta inxustiza sen precedentes mostrada por estamentos de distintos ámbitos, neste caso de carácter internacional, mentres a Xunta de Galicia e o Concello de Muxía sempre preferiron mirar cara a outro lado.

Fonte: quepasanacosta
1 comentario:
En Camelle vámolle ter que mandar unha carta o rei de España, xa que os políticos deben de tar sordos e sejiños.
Publicar un comentario