Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 22 de diciembre de 2008

Información da AA VV "A Pergoliña"


1. Como no verán, agora tamén no nadal vanse realizar diversas actividades cos nenos e nenas de Camelle de 3 a 12 anos e de luns a venres e de 15:00 a 17:00h. O prazo para apuntarse ábrese hoxe mesmo e o custe será de 10€ para os socios da asociación e 15€ para os non socios. Estas actividades comezan hoxe, para apuntarse non tedes máis que ir a Casa do Mar.

2. As súas maxestades Melchor,Gaspar e Baltasar virán dende Oriente expresamente a recoller as cartas dos nenos e nenas a Camelle. Farán un percorrido polo pobo e irán a Casa de Man a recollelas cartas o día 25 de Decembro ( día do nadal ) a partir das 16:30 h.

3. A recollida de alimentos non perecederos para os máis desfavorecidos amplíase ata o día 28 de Decembro ( domingo ). Animádevos, é por unha boa causa.

4. Relación de números premiados no sorteo da lotería de nadal 2008:

Gordo de Nadal : 32365

Segundo premio: 78400

Terceiro premio: 80076

Cuarto premio : 79294.......49730

Quinto premio : 70593...... 36199...... 73450...... 29127...... 30227 .....58616 .....81792..... 56430

5 comentarios:

Anónimo dijo...

en Camelle coma siempre non tocou nada, a ver si toca aljo nas pedreas.Jrasias a AAVV por faser o que fai,para que despois dijan q non fan nada e jrasias a Man por informarnos.

Anónimo dijo...

A verdade e q traballan coma , nejros, e no consello paresse q lle fan aljo de caso xa que este ano polo q vin nos carteles colaboran os do untamento.
Forsa perjoliña forssa Cmelle

MAN dijo...

Tocou unha pedrea do número da Comisión de Festas. 1 décimo=100€. Non hai queixa, menos da unha pedra.

Anónimo dijo...

OoOoLA !!
q tal ?
as cancions mu chulis e nada, k a min tampOuco me tocou nada pero normal, non gastei nin 1 € jeje !!
ps nada .. pasome x aki , ah que ven se esta de vacacions eh :P

xao0o0o0o !!

Anónimo dijo...

oye son camellan comprei un decimo
fora de galicia tocaronme 5.000 euros aljo e aljo n? jeje pero bueno q os da loteria non se portaron ben con nos eña camellans un abrazo

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE