Benvidos camelláns
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
viernes, 27 de febrero de 2009
Premio a Casa de Cultura
jueves, 26 de febrero de 2009
Vídeo da Xandriña
Antes saíu no B.O.E. pero, ¿quen le o B.O.E. tódolos días? Eu non, e si alguén o mira tódolos días e sae algo interesante sobre Camelle, por favor que mo mande e publicareino aquí encantado.
Bueno, o que íamos, déixovos un vídeo da zona da Xandriña para tódala xente que non coñeza esta zona tan peculiar e fermosa, xa que foron varios usuarios que mo pediron igual que o que fixeron os nosos compañeiros de Seiruga.
Como está grabado nun alto, había moito vento e non se oía ben a voz, polo tanto tíveno que editar con palabras.
Espero que vos guste e que este vídeo non sexa un recordo dentro duns anos.
Ah, non sei se vos fixastes, pero xa están publicadas as fotos do entroido camellán na marxe dereita.
miércoles, 25 de febrero de 2009
Rexeneración da praia de Camelle
viernes, 20 de febrero de 2009
Noticias varias
jueves, 19 de febrero de 2009
¡¡¡ A Santa Compaña ronda Camelle !!!
Os usuarios do blog son os que comentan as noticias e opinan sobre elas, non eu, que quede claro.
Bueno, despois desta reflexión persoal, imos coa noticia.
Según me informaron por e-mail e contrastado con varias persoas do pobo e incluso con algunha da Asociación de Veciños , o noso alcalde " Pichurri" e a concellal de urbanismo Mercedes Martín andan a rondar pola noite por Camelle ( con nocturnidad e alevosía ) e chamar as casas de xente que ten terreos na Xandriña para convencelos de que vendan. O precio que lle ofrecen é 15 € o metro cadrado.
A min, persoalmente, paréceme unha aberración o de ir polas casas de noite coaccionando a xente para que vendan antes de chegar as cartas da Xunta.
Paréceme unha falta de honradez e de respecto coa xente de Camelle incrible na época na que vivimos, xa que os habitantes de Camelle non somos parvos e sabemos tomar as nosas decisións sen que nos veñan as casas a convencernos.
O que pido dende aquí é que a xente que se comprometeu por carta a non vender, non faga como os políticos, que dín moito e logo non cumpren.
Que non teñan medo e se teñen algunha dúbida que falen con alguén da asociación de veciños para comentarlla o bufete de avogados que o pobo temos contratado.
O que tamén pido é un pouco de civismo e demostrar a estos políticos que temos educación, porque como dixo algún " as almas en pena pola noite rondando, acábanse con elas co fouciño afiando " e non é así xa que coas palabras gáñase moito máis.
miércoles, 18 de febrero de 2009
martes, 17 de febrero de 2009
¿¿¿ Tesouro oculto ???
Mitin do B.N.G.
Alí falaron importantes políticos deste partido para expoñer as súas actuacións na Costa da Morte e o que facerán si a xente lles vota o día 1 de Marzo.
Varios asistentes portaron carteis alusivos a piscifactoría de Camelle.
Tanto Luis Suárez como Manuel Antelo e Carlos Aymerich mostraron o seu rechazo e o do seu partido a piscifactoría de Camelle e afirmaron que o B.N.G. está totalmente en contra do Plan Acuícola orquestado polo P.S.O.E.
viernes, 13 de febrero de 2009
¡¡¡ Noraboa Seiruga !!!
jueves, 12 de febrero de 2009
Información de interese
Este cambio débese a que o 28 de Febreiro e o día da xornada de reflexión electoral e personal do concello traballará na Casa de Cultura para preparar o día seguinte, ( día das eleccións autonómicas ), as mesas electorais, as cabinas e demáis mobiliario para poder votar, xa que agora votarase na Casa de Cultura, non no colexio como se facía antes.
2. Este domingo día 15 de Febreiro as 18:00 h. celebrarase na Casa de Cultura un mitin do B.N.G.
Neste mitin interveñen Luis M.Suárez Pérez ( Responsable e voceiro do B.N.G. no concello de Camariñas ), Manuel Antelo Pazos ( Responsable do B.N.G. na Costa da Morte e candidato o Parlamento de Galicia ) e Carlos Aymerich Cano ( Portavoz do B.N.G. no Parlamento de Galicia e candidato número 3 por A Coruña ).
Despois do mitin servirase unha merenda de entroido para tódolos asistentes.
miércoles, 11 de febrero de 2009
Vídeo da semana
Mirade o seguinte vídeo e comprovarédelo.
wingsuit base jumping! from theartist on Vimeo.
martes, 10 de febrero de 2009
Noticias piscifactorías
1. Igual que aquí, en Seiruga continúan coa loita, tanto contra a piscifactoría como contra o proxecto de rexeneración da praia de Malpica.
Alfonso Vidal, o voceiro da Plataforma Seiruga Limpa vén de publicar un vídeo no youtube amosando a desfeita que significarían ambos proxectos para a aldea malpicá.
< Vídeo de Seiruga
Info: quepasanacosta e seirugalimpa
2. A Consellería de Pesca renovou a licenza de actividade para a granxa mariña e criadero de rodaballo que a compañía noruega Stolt Sea Farm ten en Merexo.
A plataforma recibía tamén esta semana, unha petición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que lle sexan achegados máis informes sobre a denuncia realizada polos avogados. Así, a denuncia que fora admitida a trámite, continúa "movéndose".
Máis info: La Voz de Galicia e quepasanacosta
lunes, 9 de febrero de 2009
Noticias varias
viernes, 6 de febrero de 2009
Noticia de interese
jueves, 5 de febrero de 2009
Xente extraordinaria
Animaliños...
Logo chegou o turno de Tarsio (unha especie de lemur), máis tarde o gato e nestos días chegou o can.
Tíñamos que contratar a algún de estos animaliños para disuadir coa súa mirada a algún político/a que veña o noso pobo a dar algún mitin.
1. < Vídeo da ardilla
2. < Vídeo do lemur
3. < Vídeo do gato
4. <Vídeo do can
miércoles, 4 de febrero de 2009
Información marítima
1. O patrón maior de Camelle, Xosé Xoan Bermúdez Tajes, mostrou onte o malestar de toda a confraría de pescadores, porque dende o partido socialista non se cursou o convite para participar no acto que se celebrou o pasado venres en Malpica e onde interviñeron a Conselleira de Pesca, Carmen Gallego; o Secretario Xeral do Mar, Juan Martín Fragueiro; e importantes representantes do sector pesqueiro na Costa da Morte, como o presidente da Federación Española de Confrarías, Genaro Amigo; ou o presidente da Federación Galega de Confrarías, Evaristo Lareo.
Máis info: La Voz de Galicia2. A semana pasada foi aprobada no Consello da Xunta a creación da segunda reserva mariña de Galicia na ría de Cedeira (A Coruña).
Segundo indicou o titular da Xunta, o Goberno galego prevé potenciar esta liña de actuacións e, por iso, destacou o seu "compromiso" de crear "proxectos similares" na Ría de Viveiro (Lugo), Aguiño (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e Camelle (Camariñas, A Coruña) e "outros ámbitos da comunidade".
Máis info: Europa Press
lunes, 2 de febrero de 2009
Noticias varias
- Según me informa Perla, a xunta directiva da Asociación Cultural "Festas de Camelle" presentou a súa dimisión, baseándose na pouca implicación e o pouco interés da xente de Camelle nas súas festas. Esta é unha moi mala noticia que nos fai a todos replantexar o que nun futuro serán as festas de Camelle. Polo tanto, as propostas para o entroido e outras festas quedan aplazadas ata a formación dunha nova directiva. De momento e polo visto na reunión do sábado non hai ningún candidato.
- A Asociación de Veciños "A Pergoliña" xa está a preparar para o entroido un concurso de comparsas e o xa mítico "Enterrro da Xandriña". En breve teremos máis información sobre isto.
- Por fin temos a foto do presidente da asociación de veciños Luis Suarez entregando o xerente da Cociña Económica da Coruña os alimentos recaudados no pobo para os máis necesitados.
Fomos os primeiros
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2009
(259)
- ► septiembre (17)
-
▼
febrero
(19)
- Premio a Casa de Cultura
- Vídeo da Xandriña
- Rexeneración da praia de Camelle
- Noticias varias
- ¡¡¡ A Santa Compaña ronda Camelle !!!
- Vídeo da semana
- ¿¿¿ Tesouro oculto ???
- Mitin do B.N.G.
- ¡¡¡ Noraboa Seiruga !!!
- Información de interese
- Vídeo da semana
- Noticias piscifactorías
- Noticias varias
- Noticia de interese
- Xente extraordinaria
- Animaliños...
- Información marítima
- Noticias varias
- Fomos os primeiros