1. Como xa vos adiantei, onte estivo o portavoz de pesca do B.N.G. Bieito Lobeira na confraría de pescadores de Camelle, expoñendo as posturas do seu partido en materia de pesca.
Tratáronse temas como os das piscifactorías, a seguridade no mar, o furtivismo, a extracción do percebe e ourizo de mar, a lonxa comarcal, a reserva mariña, etc.
Hoxe tocoulle o turno a portavoz de pesca do P.P. Rosa Quintana, que expuso as propostas do seu partido e falou dos temas antes mencionados.
2. A asociación de veciños " A Pergoliña " convoca a tódolos seus socios para a celebración da asamblea xeral ordinaria que terá lugar na casa de Man, o día 28 de Febreiro as 16:30 en primeira convocatoria e as 17:00 en segunda convocatoria.
A orde do día é a seguinte:
1. Informe de contas
2. Informe do avogado
3. Informe de propietarios que non venden
4. Rogos e preguntas
Tamén se convocará a elección a xunta directiva.
O que queira presentarse ten de prazo 7 días antes da xunta.
En caso de non presentarse ninguén, continuarán os cargos actuais.
Repartíronse cartas con esta información polas casas do pobo.
2 comentarios:
Man, tes que poñer este vídeo no blog dos corruptos sosiolistos, para que calen un pouco e queden en verjonsa.
http://www.youtube.com/watch?v=5wboMC2553Y
Pero ti que dis home, se os do PSOE non son corruptos. JaJa
(Ou non estas a ver as noticias ultimamente)
Publicar un comentario