Hoxe toca falar dun afamado d.j. francés afincado en España de 39 anos chamado Pascal Kleiman.
Debido a unha enfermidade da súa nai naceu sen brazos, pero gracias a súa forza de voluntade fixo o que máis lle gustaba na vida que era pinchar música electrónica.
Eu coñecín a Pascal fai 13 anos pinchando nunha discoteca da Coruña e quedei abraiado coa súa profesionalidade e coa súa simpatía.
A maneira que ten de animar a xente, de coller os discos, de mezclar, de fumarse un cigarro ou de beberse un cubata cos pés é impresionante.
Ata lle fixeron un documental "Héroes,no hacen falta alas para volar" protagonizado por él e que trata dos problemas que teñen a diario e as gañas de superarse da xente que nace con minusvalías.
Por certo, este documental gañou este domingo un premio Goya como mellor curtametraxe documental.
2 comentarios:
que pasada de tío..,.quedei flipada e aínda por riba a música mola.
mo0o0oLa !!
Publicar un comentario