Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 26 de febrero de 2010

Alerta vermella

A "Tormenta perfecta" bautizada co nome de Xynthia, pasará pola nosa costa mañá sábado traendo fortes ventos e choiva en terra e no mar, tendo a súa máxima virulencia en choiva entre as 13:00h. e as 15:00h. e de vento entre as 19:00h. e as 22:00h.
A alerta vermella chegará o mediodía de mañá e estará activa ata a madrugada do domingo.

Máis info: La Voz de Galicia, quepasanacosta, diariocamariñan, windgurú

O PP de Camarñas pregunta pola Fundación Man

O portavoz do PP de Camariñas, Daniel Rego, insta ao Concello de Camariñas a que explique os motivos polos que a Fundación Man de Camelle non figura aínda no Rexistro de Fundacións da Xunta, a pesar de que pasaron 14 meses desde que se constituíu o padroado da fundación, o 28 de febreiro do 2008, seis anos despois do falecemento do anacoreta.



Rego González explica que «o patrono e responsable é o rexedor», e lamenta que «o alcalde bote balóns fóra e acuse á Xunta de que a fundación aínda non estea operativa, cando a única culpa tena él por non ter feito nada dende decembro do 2008».


O líder popular expresa a súa preocupación «polo atraso na posta en funcionamento dá Fundación, posto que ou seu obxectivo é a restauración e conservación do Museo de Man, e mentres que non estea en marcha, ou seu legado está desprotexido e en perigo».


Rego sinala que esta herdanza é un ben artístico que necesita ser conservado e potenciado, «máis aló de Camelle, por ser un punto de atracción para toda a comarca». Destaca a «grandeza» da súa obra e lamenta a «falta de vontade política» do Concello para preservala.

Cómpre sinalar tamén que o Conselleiro de Cultura e Turismo comprometíase a salvar o Museo de Man o pasado Xuño de 2009, e polo de agora tampouco hai novaidades dende a Xunta de Galicia.
 
Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta

Fotografía+ondas+surf = CLARK LITTLE

"Esa xentuza"

Artigo de Arturo Pérez Reverte sobre os deputados.(Traducido ao galego)

"Paso a miúdo pola carreira de San Jerónimo, camiñando pola beirarrúa oposta ás Cortes, e ás veces coincido coa saída dos deputados do Congreso. Hai coches oficiais cos seus condutores e escoltas, xornalistas dando os últimos canutazos xunto ao enreixado, e un tropel de individuos de ámbolos sexos, encorbatados eles e peripuestas elas, saíndo do recinto cos aires que poden vostedes imaxinar. Non identifico a case ningún, e apenas vexo os telexornais; pero ao paxaro coñéceselle pola cagada. Van pavoneándose graves, importantes, seguros do seu papel nos destinos de España, camiño do coche ou do restaurante onde seguirán trazando liñas mestras da política nacional e periférica. Non poucos saen arrogantes e sobrados como estrelas da tele, con traxes a medida, zapatos caros e xeitos afectados de novos ricos. Oportunistas advenedizos que cada mañá se míranse ao espello para comprobar que están espertos e celebrar a súa boa sorte. Deputados, nada menos. Sen ter, algúns, o bacharelato. Nin traballar na súa vida. Descoñecendo o que é madrugar para fichar ás nove da mañá, ou buscar curro fóra da protección do partido político ao que se afiliaron sabiamente desde mozos. Sen medo á cola do paro. Sen escrúpulos e sen vergoña. E en cada ocasión, cando me cruzo con ese desfile insultante, con ese espectáculo de prepotencia absurda, experimento un intenso desagrado; un malestar íntimo, feito de indignación e desprezo. Non é un acto reflexivo, como digo. Só visceral. Desprovisto de razón. Un estalido de cólera interior. As ganas de achegarme a calquera deles e ciscarme na súa puta nai.


Se que isto é excesivo. Que sempre hai xustos en Sodoma. Xente honrada. Políticos decentes cuxa existencia é necesaria. Non digo que non. Pero falo hoxe de sentimentos, non de razóns. De impulsos. Eu non elixo como me sinto. Como me salta o automático. Algo debe de ocorrer, con todo, cando a un cidadán de 57 anos e en uso correcto das súas facultades mentais, coa vida resolta, cultura adecuada, intelixencia media e coñecemento amplo e razoable do mundo, sóbeselle a pólvora ao campanario mentres asiste ao desfile dos deputados españois saíndo das Cortes. Cando a náusea e a cólera son tan intensas. Iso preocúpame, por suposto. Sigo camiñando carreira de San Jerónimo abaixo, e pregúntome que está pasando. Ata que punto os anos, a vida que levei noutro tempo, os libros que lin, o panorama actual, fanme ver as cousas de modo tan sinistro. Tan agresivo e pesimista. Por que creo ver só xentuza cando os miro, a pesar de saber que entre eles hai xente perfectamente honorable. Por qué, de admirar e respectar a quen ocuparon eses mesmos escanos fai vinte ou trinta anos, pasei a desprezar deste xeito aos seus mediocres reiezuelos sucesores. Por que unhas cantas ducias de analfabetos irresponsables e pagados de si mesmos, sen distinción de partido nin ideoloxía, poden amargarme nun instante, deste xeito, a tarde, o día, o país e a vida.

Quizá porque os coñezo, conclúo. Non un por un, claro, senón á tropa. A caste xeral. Vinos durante anos, aquí e fóra. Estiven nos bosques de cruces de madeira, nas ruelas sen saída onde levan as súas irresponsabilidades, as súas corruptelas, as súas ambicións. A súa incultura atroz e a súa falta de escrúpulos. Coñezo as consecuencias. E se como o fan agora, adaptándose ao seu tempo e o seu momento. Sábeo calquera que se fixe. Que lea e mire. Algún día, se teño a cabeza o bastante fría, detallareilles a vostedes como llo montan. Como e onde comen e á conta de quen. Como se reparten as dietas, os privilexios e os coches oficiais. Como organizan entre eles, en comisións e visitas institucionais que a ninguén importan unha merda, descarados e inútiles viaxes turísticas que pagan os contribuíntes. Como se traxinaron (aí non hai discrepancias ideolóxicas) o privilexio de cobrar a máxima pensión pública de xubilación tras só 7 anos no escano, fronte aos 35 de traballo honrado que necesita un cidadán común. Como quen chegan a ministros terán, ao xubilarse, sólidas pensións compatibles con calquera traballo público ou privado, pensións vitalicias cando cheguen á idade de xubilación forzosa, e indemnizacións mensuais do 100% do seu salario ao cesar no cargo, cobradas completas e sen facer cola en portelos, desde o primeiro día.

De calquera modo, por hoxe é suficiente. E acábase a páxina. Tiña ganas de botar a pota, iso é todo. De desafogarme dándolle á tecla, e é o que fixen. Outro día serei máis coherente. Máis razoable e obxectivo. Quizais. Agora, polo menos, mentres camiño pola carreira de San Jerónimo, algúns saberán o que teño na cabeza cando me cruzo con eles."

jueves, 25 de febrero de 2010

Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego"

Rosa Díez insulta aos galegos

A líder de UPyD, Rosa Díez fixo unhas moi desafortunadas declaracións nunha entrevista de Iñaki Gabilondo na CNN, e onde definiu ao Presidente do Goberno, Rodríguez Zapatero coma “galego, no sentido máis pexorativo do termo”.
 A Sra deputada debería pedir desculpas inmediatas tal e como reclaman dende o BNG, PP e PSOE.


miércoles, 24 de febrero de 2010

domingo, 21 de febrero de 2010

Os monólogos de Manolo

O COLEXIO (II)


Bueno amigos,seguimos comentando o que foi a miña vida de estudiante durante o E.G.B.
Creo que o deixáramos en 4º, e po lo tanto vamos a seguir.
En 5ºcurso tuven un meste que se chamaba JOSÉ RAMÓN,do miñoriño que me tocou,deste non hay ningunha queixa.Pero ay amigos,o que me tiña reservado o destino na miña etapa final.
En 6º tiña unha morea de mestres,o mellor de cada casa.
Tocáronme os chamados "revolucionarios".
O sea,JAVIER,ALFONSO,e toda a cuadrilla.
A única que se zafaba era unha maestra que era moi boa,bueno,era moi boa e estaba moi boa,creo que foi a primeira vez que me enamorei.
Tiña unha cara,un corpiño,e uns beizos que incitaban ó pecado.
Chamábase MARÍA.
Aparte de eso creo que foi o primeiro curso que na áula éramos rapaces e rapazas.

Lémbrome que o capullo de Javier,o mestre mais rencoroso que te podías atopar ná escola,en vez de castigarche,metíache multas,creo que era un peso(5 ptas),eu cheguei a ter acumulado en multas mais de 200 ptas,creo que fixeron o viaxe de Fin de curso cos meus cartos.
7º pasoume que non me enterei,bueno,a non ser que ahí foi donde empecei a tomar contacto có ensino de verdade.
Por que ahí,ademais dos capullos anteriormente descritos,estaban os mellores mestres,para mín,que tiven nunca xamais,estes non eran outros que D. JOSÉ HERMIDA,D.MANUEL(o moto),e a persoa que cando a vexo pasear po la Ponte dache a impresión que o tempo non pasou,por que,mira que se conserva ben a condenada,ésta non é outra que Dña BENITA.


En 8º aparte de todos éstes, chegou alí un mestriño cunhas pintas,joder,paresía que non se lavara en todo ano,e aínda por riba era medio xordo,co conseguinte cachondeo de toda a clase.
Chamábase XAVIER(alias o pelendra).
Lémbrome que un dos que mais se cachondeaba dél era ó Infante de Arou,joder,que pasada.
Pois resulta que éste indivíduo deixou de vir a clase,e tuvo dous ou tres meses sin vir.Pero cando se incorporou,o entrar po la porta dixo :
-"Bós dias".
e contéstalle ó Infante:"Bos dias,¿donde estuvo o pelendra estes tres últimos meses?.

_Pois tuven operándome dó oído,po lo tanto señor Infante vaia pá fora,que despois temos que ir falar có director.

Por certo,éste elemento foi o primeiro que me levou ó director.
Bueno os motivos como comprenderedes,non vo los vou a contar.


O que si vos vou a contar é o que nos pasaba,mais ou menos na época de estudiantes.

Lémbrome que unha das cousas que estudiábamos era ó latín e o grego,o sea,as línguas mortas...¿A vos parécevos ben enseñarlle as linguas mortas ós rapaces?...¡Con razón,despois de noite non`podíamos durmir!


¿E lojo a sinalefa?.¡Eso ten que ser unha guarrería!,por eso negueime a estudiala.


E falando de cochinadas...Tamén che enseñaban os gase nobles...A mín paréceme moi ben que os nobles expulsen os seus gases como todo o mundo,¿Verdá?.Quen por un puñado de aire,perde un sesto de tripas.Pero...¿É necesario estudialo?.


Despois tíñamos a clase de música...Moi ben,ná casa non che deixaban gritar,nin xogar á pelota nó pasillo,pero podías soplar á flauta hasta que se saíra o pulmón po la boca.E túa nai nin mú...Total para aprender a tocar "noche de paz,noche de amor"...


Por non falar dá clase de ximnasia...¿De que nos vai servir ná vida saber dar un "bucho carneiro"?,¿E saltar ó potro?.Imaxinádes nun debate sobre o estado dá nación entre Rajoy e Zapatero,Rajoy lle dixera:"Señor Zapatero,vostede vai a subir as pensións e a baixar á gasolina,pero,¿sabe saltar ó potro?...Salte ó potro Señor Zapatero,salte ó potro".


A única vez que estiven atento ná escola foi cando explicaron a reproducción humana.Anque,tampouco me servío de moito.Primeiro falábanche dun guisante...despois dunhas abellas que saían da súa colmena e levaban o polen por ahí...E logo che enseñaban os dibuxiños dunha parella en pelotas...Oes,que eu pensaba:¿E aquí quen dos dous ten ó guisante?...


Pero ahí non se acaba o follón,por que eu sabía que había unha cousa que se metía en algún sitio...E ademais estaba a cigüeña...Có que me fún para miña casa cun cacao mental de dous pares de guevos e pensando que a reproducción humana consistía en que unha cigüeña metía un guisante nunha colmena e unha abella a repartía como si fora o camión dó butano...Moi ben...Eu non quero molestar,pero daquela¿Para que me sirve a mín a pirola?


En fin,amigos,que según o que nos enseñan nó cole:Un home de proveito é un tío que fala linguas mortas,come guisantes,dá buchos carneiros e toca a flauta....Estes queren que seamos todos como KUNG FÚ(héroe televisivo daquela época).

Os relatos de Guany

OS DIFERENTES


A pesar de ter superados unha serie de tabús e despois de moitas ideas obsoletas aparentemente, parecen que aínda seguen coleando comportamentos indicativos de que cambiamos máis na teoría que na práctica e de que aquilo que resulta diferente tardamos tempo en encaixalo (ata certo punto, normal), pero moitos de nós parecemos máis resistentes a aceptar ás persoas distintas en función da raza, cultura, estatus, sexo, etc... Será que algúns esquemas son moi difíciles de cambiar. Non temos nada contra os negros pero a posibilidade de ter un neto de cor café, probablemente nos quite o sono.

Referireime, entre os diferentes, aos homosexuais; non sei se porque e o que máis abonda en calquera dos nosos ámbitos ou porque, teño que recoñecelo, espértanme simpatía; a comunicación con eles é máis simétrica, "de igual a igual". Parece que teñen unha sensibilidade especial e tal vez iso lle facilite a empatía coas mulleres sen outras connotacións. A súa maneira diferente de enfocar a existencia non é nin mellor nin peor. A parella heterosexual, ideal da sociedade, non é ideal para todos.

De por que existen non parece haber unha resposta unánime; parece que predomina a idea de que se debe a mestura de xenes/ambiente. En todo caso, compételle a outros este tipo de explicacións.Por outro lado, a orixe das cousas ten moita importancia para averiguar as solucións e non é o caso, a pesar de que durante moito tempo foron considerados enfermos, vagos e maleantes, marxinais, etc.. O que me interesa son as súas vivencias nun mundo tantas veces hostil e inxusto con eles. Un apunte: desde 1990 deixou de ser considerada enfermidade oficialmente pola OMS. Curiosamente, en EE UU, uns anos antes, parece que pola presión social que existía.

Teño a impresión de que cos homosexuais andamos dalgunha maneira dando bandazos entre a aceptación e a repulsa, dependendo en certo modo, de cal sea a súa posición social, características individuais e as das persoas que os observan. Empeñados en poñerlle etiquetas de esto e do outro, tampouco nos molestamos moito en coñecelos; se acaso, pecharlle a porta do armario para que non desentonen. Todos coñecemos a eses iconos exitosos, encantadores, solidarios e cunha morea de atractivos. Posiblemente, calquera que reuna estes atributos é plenamente aceptado, independentemente da súa inclinación sexual, sempre que o observador non estea cargado de prexuizos. Pero na súa traxectoria anterior, intúese que pasaron eles e a súa familia un longo calvario pola incomprensión dos demais.

Refírome a nosa cultura, ao chamado Primeiro Mundo. As diferenzas existen cando destacamos sobre a norma e esta non é a mesma en todos os sitios nin en todos os momentos. Nalgunhas tribus de indios americanos como os Two Spirits, ademais de aceptalos, teñen un trato preferente cara a eles por consideralos seres elexidos como nexo de unión entre os homes e o mundo sobrenatural. No polo oposto, en canto a "refinamento" ,para os gregos era unha situación bastante normal. Resulta evidente que, en situacións deste tipo, a homosexualidade non presenta ningún problema, pero sucede todo contrario nunha sociedade competitiva, que sobrevalora os homes de pelo en peito, desprendendo testosterona polos poros da súa pel, estilo John Wayne, onde aqueles que se amosan "brandos" son motivo de ironía, represión ou, incluso, trato vexatorio.

Por sorte para eles, actualmente, as leis favorécenos no noso país. Os homes xa non cazan con frechas para sobrevivir nin están obrigados a fuxir dos mamúts para salvar o tipo; o pelo no peito acaba triturado pola Epilady e o ambiente que se respira no barrio madrileño de Chueca, por exemplo, é de todo menos marxinal. Sen embargo, porque están vivindo unha situación normalizada en canto aos seus dereitos, hai grupos ultraconservadores extremadamente ríxidos nas súas ideas aos que lles gustaría volver a incluilos na categoría de "vagos e maleantes" , negándose a consideralos como iguais. Parecen vendar os ollos ante a evidencia de que a homosexualidade nin é nada novo (vai ligado á existencia humana e tamén animal), nin é unha desviación, enfermidade ou perigo para a propagación da especie. Esta segue o seu curso coas restriccións que impoñen outro tipo de causas, alleas á homosexualidade como poden ser a falta de medios para manter unha familia extensa ou a libre decisión de non rodearse de fillos.

Tampouco se trata dun vicio a non ser que apliquen o substantivo a todo o mundo cando se relaciona na intimidade con quen e como mellor lle pareza, entendéndose como unha relación libre e mutuamente consentida. Choca, sen embargo, que moitos destes censores cos homosexuais sexan bastante laxos ou permisivos co abuso a menores, cousa que arrepía a calquera persoa mínimamente ben nacida. A semana pasada lía na Opinión as declaracións dun personaxe relevante dicindo que a pederastia formaba parte das debilidades humanas. Caeume o líquido que bebía; directamente, babeime de café.

"Fervenza de neve"

Foto curiosa

Sen comentarios...

martes, 16 de febrero de 2010

Info Asociación de Veciños "A Pergoliña"

A nosa Asociación de Veciños celebrou este pasado sábado unha asamblea xeral.
En dita asamblea aprobáronse as contas do ano pasado e informóuse de tódalas xestións feitas pola asociación ao longo do ano pasado.
A novidade máis destacada é o cambio de Presidente, xá que agora a nova Presidenta da Asociación de Veciños "A Pergoliña" de Camelle pasa a ser Digna Romar; o anterior Presidente,Luís Suárez, pasa a ser vogal da Asociación.
Nesta asamblea informóuse aos veciños que seguen co recurso contra a Xunta de Galicia pola implantación da piscifactoría en Camelle ata que saia publicado no BOE o contrario.
Tamén se informou das obras de rexeneración da praia camellana e do PXOM.
Outra nova salentable é que se cambiaron dous artigos dos estatutos para que as eleccións da directiva se fagan cada catro anos e que para que os avisos de asambleas se fagan en sitios públicos.

Info Festas de Camelle

A nosa amiga,fiel usuaria de quepasaencamelle e Presidenta da Asociación Cultural Festas de Camelle, Perla Vázquez, infórmanos a través do grupo "Festas de Camelle" creado na rede social Facebook do seguinte:

  1.  As datas das festas en Camelle este ano son:
- Festas do Espíritu Santo ( 21,22 e 23 de Maio )
- Festas do Carmen ( 30,31 de Xullo e 1 de Agosto )
- Festas do Sacramento ( 5 de Septembro )
- Festa de San Miguel ( 25 de Septembro )

 2. Perla adelántanos que unhas das mellores orquestras de Galicia e máis votada polos usuarios de internet en distintas webs estará este ano en Camelle.
Trátase da orquestra Panorama, tranquilos que Ciclón tamén estará.

 3. A Presidenta da Comisión de Festas pide aos usuarios deste blog que deades ideas para as festas deste ano e que orquestras vos gustan máis.
Así que xá sabedes, deixade as vosas propostas e suxerencias nos comentarios ou en Facebook.

Máis info : Festas de Camelle (Facebook)

Os monólogos de Manolo

O COLEXIO (I)


O outro día,tiven que ir a recoller o fillo ó colexio e quedeime flipado.¿Fijástevos algunha vez como saen os rapaces dá escola?.É algo espeluznante.Saen despavoridos,correndo en calquer dirección,como endemoniados,empuxándose e gritando...Como fuxindo de algo,que che fai pensar:


-¿Qué lles farán ahí dentro?.


Eu recordo que nós,os da nosa xeneración,si saíamos así,era cun forte motivo.E que tíñamos cada mestre que vaia por Dios.Parecía mismamente que aqueles que mais mala leche tiñan,os destinaban o colexio dá PONTE,e claro,como a miña vida está marcada po la boa sorte,pois destes aínda me tocaron os mais jodidos.Eu en cuestión de mestres,si me chego a deitar nun palleiro,seguro que me clavo coa agulla.Agora pásovos a enumerar as xoias que me tocaron:


-Ná escola DÁ AREA,tocoume DOÑA LOLITA ,unha muller que tiña mais granos ná cara que pelos ná cabeza,parecía mismamente unha paella con ollos.Aparte da mala leche que tíña dita señorita,si te sentabas enfrente a mesa dela,tiñas que andar esquivando os sichazos de pús que producía ela ó petar os granos.Esto ten unha parte positiva,desarrollei uns reflexos que xa os querería CASILLAS.


-En 2º curso,tocoume D. ANTONIO,(alias "ó sapo").Non é que fora moi pegón,nin malo,pero para impoñer respecto,tiña unha vara que era un cacho do marco dunha ventana con visagra e todo.


-En 3º tocoume o VELLO de CARNÉS,(alias "o piolloso"),po la costumbre que tiña que mirarche a cabeza en busca de ditos "bichiños chupasangre".Este elemento,era do que non hay,afortunadamente.Este escribía as contas nó encerado e decía:-"Bueno hacer estas cuentas,y el tiempo empieza...RRÁ".


E poñíase a durmir coma unha marmota.E cando despertaba,tocaba a campanilla e decía:TIEEEMPO.E xa non podías escribir mais,e procuraras ter as contas feitas por que si non as hostias eran dde campeonato.Pero bueno,deixemolo,por que si nón non me chega a lonxitude do blog para contar todo ésto.


-En 4º o agraciado foi D. AVELINO (D.E.P.),alias "ó revalo".Menudo elemento,a súa afición era o tirantazo de patillas,como doían,aínda me doi agora ó recordalo.

Pero bueno,deixemos os do 2º ciclo para outro día,e volvamos os tempos de agora.Pois decía que non entendo por que os rapaces saen desa forma,xa que agora os mestres mais que educadores son "coleguillas".


Eu recordo tamén que eu po lo menos non saía da escola desa forma tan violenta.Francamente,eu,a maioría das veces...nin entraba.E todos decíanme:


-Manoliño,si queres ser un home de proveito,vas a ter que estudiar un pouco mais.


E eu decíalles:-"Vale,pero si non quero selo.¿Podo seguir como hasta agora?".


Pero a eles lles daba igual,cargabanche cun mochilón...que cabía un forrado de millo.E por riba che dín que todo eso telo que meter ná cabeza.Pero...¿Non se dan conta que non cabe,joder?


Ademais nó colexio apréndese moitas cousas inútiles.Por exemplo.¿Para qué nos tiramos tres meses aprendendo a diseccionar unha rana?.


Coño,que che enseñen a pelar unha gamba ou un persebe,por que mentras non aprendas,non che van a gustar.


¿E as matemáticas?.Para empezar,enseñanche os CONXUNTOS;acórdome que estaban os conxuntos conxuntos e os conxuntos disxuntos.Moi ben,foime moi útil na miña vida saber eso.


Agora,o que cambiou a miña vida foi o CONXUNTO VALEIRO.Un día enseñándolle as notas a miña nai ela díxome:


-"Manoliño,¿e este cero en matemáticas"?


-"Joder mamá,non seas antigua,que as veces eres mais antigua que o rodapés das covas de Altamira.Tí non vés que esto non é un cero,é un conxunto valeiro".


Pero como vos podedes imaxinar,NON COLOU.


Logo,enséñanche a sumar,restar,multiplicar e dividir...E de repente dís:"Agora enseñaranche a pedir un credito nó banco"...Pois nón,o que che enseñan é a RAIZ CUADRADA...¡Ay amigos!,¡Que gran tema o da Raiz cuadrada..!O que me valeu a mín ná vida saber eso,Sin ir mais lonxe creo que a usei...NUNCA.Francamente eu penso que o da Raiz cuadrada tiña que ser voluntaria,como a mili.


Logo,viña o mestre e decía:-"Nenos,vou a metervos uns problemas".Pois...cojonudo;levo unha mochila que pesa 20 kilos,chámanme PAMBOLA,roubáronme o bocadillo nó recreo..¡E ven este tío a poñerme mais problemas!.E dictaba:


- "Si Pedriño ten seis mazáns,ven súa hirmán e quítalle dúas,e logo ven o cán e cómelle unha...¿Cantas mazáns ten o Pedriño"?.Pooiis...non o sei,pero francamente,si quere a miña opinión...Pedriño é GILIPOLLAS.Por que si mo fan a mín,tanto a hirmán coma o cán,ivan a levar cada súa patada nó cú que non lles iva a marcar a corredera.


Bueno,amigos,hasta aquí chegou a primeira parte das historias dese verxel de sabiduría que é:

O COLEXIO.

Historias extraordinarias

Abandonado polo seu dono en Tarifa, este labrador estaba ao bordo da morte cando foi recollido por uns militares. Nuns meses pasou de ser un vagabundo a converterse no orgullo dun corpo de bombeiros. Acaba de regresar de Haití, graduado tras salvar 18 vidas.


`Turco´ é un can andaluz e a súa historia comeza, como a película de Dalí e Buñuel, cunha navalla ben afiada.

No seu caso, o taxo foi no pescozo. Os seus donos extraéronlle así o microchip, unha práctica moi habitual entre os propietarios dos 150.000 cans que se abandonan en España cada ano, tantos como vítimas humanas no terremoto de Haití. Sen chip, non hai denuncia. O animal perde a súa identidade e, case sempre, perderá a vida. `Turco´, un labrador noviño, quizais un agasallo de Reyes, vagabundeou non se sabe canto tempo polas aforas de Tarifa, en pleno verán de 2008, e acabou nun campo de manobras. Recollérono uns militares que facían exercicios de tiro, morto de sede, feito un saco de ósos, cheo de pulgas e parásitos. E cun pedruscazo no fuciño que aínda supuraba, cortesía doutro `amante´ dos animais. Turco estaba tan traumatizado que esqueceu como se ladraba, como un neno que enmudece polos malos tratos. Un ano logo da súa odisea, o can seguía sen poder articular un guau.

Así foi como Turco cruzouse na vida de Cristina Praza Jorge, unha soldado profesional de 22 anos, valisoletana, destinada en Ceuta. «Chamáronme os compañeiros que o rescataron. Sabían que me estaba custando adaptarme, que me sentía soa e díxenlle a todo o mundo que quería un can. Mandáronme unha foto polo móbil. Parecía pequeniño, aínda que resultou ser un grandullón. E estaba flaquísimo. Namoreime. Crucei o Estreito no ferry, funme a ver ao veterinario de Alxeciras onde o deixaron e leveimo a casa.»

`Turco´ recuperouse das súas feridas grazas aos mimos de Cristina. E recobrou a alegría, pois a nobreza nunca a perdeu. «É o can máis xoguetón do mundo. Incansable. O que máis lle gusta é correr pola praia. Pódeslle tirar un pau cen veces, que cen veces irá a por el e traeracho.» Viviron xuntos oito meses felices. Gañou peso, aínda que seguía sen ladrar. Unha mañá caeu unha tromba de auga: 160 litros por metro cadrado. E a casa de aluguer de Cristina, unha planta baixa, alagouse de tal modo que era inhabitable. «Rezumaba tanta humidade que tiven que volver ao cuartel. Como alí non podía telo, leveino a casa da miña nai en Castronuevo de Esgueva, un pobo de Valladolid.» Alí, Turco coñeceu a neve. Pero o destino tíñalle reservada unha nova sorpresa. O can rescatado da morte por uns soldados de bo corazón ía ter ocasión de demostrar a súa xenerosidade e devolver o favor. Con fartura.

O sobriño dunha veciña, bombeiro do grupo de especialistas en rescates da Xunta de Castela e León, viuno corretear polo pobo e intuíu enseguida que aquel chucho alegre, vivísimo, que o olfateaba todo coa curiosidade dun detective, sen despistarse xamais, tiña madeira de heroe. Pediu permiso a Cristina para facerlle unha proba. «Xa tiñan a `Dopy´, un golden retriever, pero sempre andan buscando novos cans. Non é nada fácil atopar candidatos que superen as probas. Eu díxenlles que de acordo. Custoume o meu, porque o quero moitísimo, pero me convenceu a miña nai.» O seu argumento era incontestable e resultaría profético: «Imaxínache, Cristina, que algún día `Turco´ salva unha vida».

Cristina púxolles aos bombeiros tres condicións antes de doarlles a `Turco´: que non lle cambiasen o nome, que lle deixasen velo cada vez que fóra a Valladolid e que, se o can non superaba as probas, devolvésenllo. E avisounos, ademais, do gran inconveniente: non ladraba. Como llas arranxaría para alertalos se atopaba un sobrevivente entre os cascallos? Aos quince días chamárona por teléfono. «O teu can xa ladra e está feito unha máquina. Cando saímos a correr, vén connosco. E logo vaise a correr coa seguinte quenda. Nunca ten bastante.» Comezou entón o durísimo adestramento dun rescatador canino en edificios e estruturas colapsadas.

Eugenio, o seu adestrador do parque de bombeiros de Tordesillas, ensinou a `Turco´ o oficio. Moverse nas mil trampas dun derrubamento, penetrarse na escuridade por ocos inverosimis, pois non basta con detectar un cheiro e porse a ladrar, un bo can de rescate intentará seguir profundando e atopar un camiño ata chegar o máis cerca posible da vítima sepulta. Non son cans aos que se entregue a peza dunha persoa e síganlles a pista. Distinguen o cheiro xenérico dos humanos e son capaces de diferenciar se se trata dunha persoa viva ou morta. E de discriminar entre os cheiros das persoas enterradas e os das que están en superficie. É unha gran responsabilidade, porque cando os cans terminan o seu traballo e a zona declárase limpa, empeza o das máquinas de desescombro. Deben compenetrarse co seu binomio humano ata formar un equipo eficaz. O seu premio: unha caricia, unha lambetada, un pau que mordisquear.


Completado o seu adestramento, chegou a proba de lume. `Turco´ e `Dopy´ voaron a Haití cun equipo de sete bombeiros dos parques de Valladolid, Tordesillas e Palencia, con Francisco Rivas como xefe de expedición. E demostraron o que valen. Foron nove días de traballo tan intensos como atroces, traballando 16 horas diarias en condicións inimaxinables, entre réplicas do terremoto e actos de pillaje ou de mera supervivencia. Participaron en 18 rescates. Cando hai 150.000 mortos sobre o terreo, falar de 18 finais felices é como aferrarse a un cravo ardendo. Ata os cans deprímense ante a enormidad da traxedia. Pero cada vida humana conta. Por iso mesmo, Francisco Rivas non poderá esquecer nunca á adolescente que tiveron que deixar nun edificio cando apenas faltaba media hora para desenterrarla porque os escoltas da ONU, medorentos de verse envolvidos nun tiroteo próximo, ordenáronlles abandonar o salvamento e saír de alí como un lóstrego.

Pero tampouco ninguén poderá esquecer o rescate do neno Redjeson Hausteen Claude, de dous anos. Un milagre que deu a volta ao mundo. O pequeno estaba entre os cascallos da vivenda familiar, abrazado ao seu avó morto. Cando o bombeiro Óscar Veiga sacouno en brazos, a familia rodeouno e empezou a bailar ao redor, entre berros de alegría. «Cando o vin por televisión, púxenme a chorar e non podía parar. ¡Ese é o meu `Turco´! É o máis grande que me pasou na vida», recorda Cristina. Turco xa está de volta en España, mordisqueando paus, a súa gran afección, xogando con `Dopy´, o seu compañeiro de fatigas. E adestrándose diariamente para seguir salvando vidas coma se tal cousa.

Carlos Manuel Sánchez

Os Goya "en galego"

Luís Tosar, conseguiu o seu Goya gracias ao seu papel en «Celda 211». O actor galego estaba en tódalas quinielas como o gran gañador.



Chamou a atención que Luís Tosar expresouse en GALEGO,nun acto reivindicativo sobre "quen están cometendo atentados contra o idioma galego", en alusión á presenza na gala dos Goya do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O deputado provincial polo BNG considerou que a intervención de Tosar foi unha proclama máis de que "todos queremos galego", o que, dixo, "constituíu todo un orgullo que levase o noso idioma ao núcleo principal do cine a nivel estatal".

Bao, en declaracións a EFE, enmarcou este xesto do intérprete de 'Malamadre' nunha mostra de "reivindicación máis de toda a sociedade a favor do noso idioma"
 A vicepresidencia de Cultura da Deputación de Lugo remitiu unha carta de felicitación a Luís Tosar, natural do municipio lucense de Cospeito, pola súa designación como mellor actor principal polo seu papel na película 'Celda 211'.

A misiva reza o seguinte: "Trasládoche as nosas felicitacións por conseguir o premio Goya e fágoche chegar a nosa alegría por este recoñecemento á túa carreira e satisfacción de ver triunfar de novo na cinematografía española a un lucense, un galego orgulloso da súa terra".

Avatares palestinos VS soldados israelís

Este fin de semana, na franxa onde se producen os enfrontamentos entre Palestinos e Israelís, ocorreu algo curioso. Parece ser que chegaron copias piratas da película Avatar e os palestinos decidiron que sería unha boa idea disfrazarse cono os Na'vin para ir cara á fronteira. As forzas israelís ao principio quedaron sorprendidos, pero pronto empezaron a facer chover bombas de fume.

domingo, 7 de febrero de 2010

Foto antiga

Danza de arcos de Camelle 1996 (Adicada a Liano).
Foto: Xurxo

sábado, 6 de febrero de 2010

Os relatos de Guany


1969 en Camelle.


No verán dese ano, o home pisou a lúa por primeira vez e fíxose sen grandes repercusións prácticas para a vida dos terrícolas a curto prazo. Sen embargo, desde outra perspectiva, as incursións espaciais desembocaron en grandes avances, evidentes no campo das comunicación, como sabemos.

Probablemente non o saibades pero o aterraxe na lúa, alá polo ano 1969, foi visto en Camelle no único bar que tiña TV. Estaba situado na última curva antes de chegar ao porto, indo polo pobo (foi estanco anos despois).

Según información dos máis maiores -que debían estar ata as orellas das miñas constantes preguntas-, o persoal concentrouse alí para ver aquel evento porque nos fogares non había TV. A situación era sumamente precaria dentro daquela ditadura castrante (como todas elas) cun altísimo índice de analfabetismo. O custe dun aparello de televisión resultaba completamente inasequible. A economía sustentábase na pesca, apoiada pola agricultura. O que máis e o que menos cultivaba os seus terreos, básicamente con patacas e millo polo que os aportes de carbohidratos estaba asegurada. Ademais do peixe, o produto estrela era o porco criado na casa, que non tiña desperdicio desde as orellas ata o rabo, pasando polas tripas. Moitos camelláns andaban emigrados nesa época.

Os reis magos traían caramelos, figos e uvas pasas para os nenos. Nin sequera envoltos en papel de regalo; poñíanos dentro dos zapatos. Por suposto, o concepto de asepsia era descoñecido nas localidades pequenas. Ignoro a reacción daqueles nenos pero imaxino que se sentirían tan felices coma hoxe cunha Xbox porque non coñecían outra cousa nin tiñan consciencia da situación, por sorte para eles. A obediciencia, tanto a pais como a mestres ou autoridades era total.

Neste contexto, aterraron na lúa Amstron e Aldrin por primeira vez mentres Collins quedaba dentro da nave espacial. Aquilo era ciencia-ficción e non só en Camelle. Materializábase así a profecía de Kubrick na súa obra mestra “2001 odisea del espacio” e a xente non daba crédito ao que vía. Polo visto, os máis escépticos manifestaban que se trataba dunha tomadura de pelo porque lle parecía imposible que ninguén puidera atravesar a atmósfera dentro dunha cápsula, aínda que fose envolto naquela indumentaria a modo de choqueiro con ouriñal na cabeza incluído. Punto aparte, era o xeito de camiñar polo sólo da lúa.... que producíu o cachondeo xeral daqueles camelláns incrédulos. A gravidade soaba máis a estar cun pé na tumba que a ningunha forza exercida por corpos celestes. Éralle moi útil ao sistema aquel ter á xente nesa situación de semi/cegueira.

É curioso que corenta anos despois siga existindo a teoría (polo visto, desatinada)de que todo foi un paripé, un engano, pura representación. Sen embargo, arredor dun 90% de norteamericanos considérana certa. Aqueles camelláns que non acabaron de crer o aterraxe na lúa foron, sen sabelo, uns dos precursores desta crenza actual de moitos habitantes USA. E chamábanlle tolos en Camelle no ano 1969....

Os monólogos de Manolo

A VIDA.


Supoño que algunha vez vos preguntaron ou vos preguntastes ¿que é a vida?.Pois a resposta a esta intrigante pregunta supoño que cada un terá a súa,dependendo da vida que levara hasta o momento de que lle formularon dita cuestión.Eu vou a contarvos,según as miñas vivencias o que é para mín, A VIDA.Pois para mín a vida non é mais que UNHA CONTÍNUA SUCESIÓN DE METAS AS CALES,OU CHEGAS DEMASIADO CEDO,OU DEMASIADO TARDE.Explícome:

Como todos sabedes,chámome MANOLO,pero éste non é o meu nome completo.Eu chámome MANOLO CAYO.¡Que por qué este nome.Pois vou a cotárbolo a continuación.


O de MANOLO,foi nun alarde de inxenio de meus pais,en canto o de CAYO,non foi por que meus pais foran uns entendidos da historia romana,non.Foi por que miña nai,tiña a maldita costumbre de poñerlle o nome os fillos,según as circunstancias nás que naceron.Por exemplo,a miña irmán,que nacío normalmente,o sea que ven o mundo por que miña nai dou a luz,claro e que de outra forma é raro ¿non?.Pois a ela chamoulle MARILUZ,moi ben.A meu irmán,como llo tuveron que sacar,abríndoa en canal,chamoulle CESÁREO,cojonudo.E a mín chamoume CAYO,non sei si foi por que de pequeno era feo coma un callo,pero esto non pode ser por que este é con elle,ou si foi por que miña nai,como tiña a fea costumbre de parír de pé,como paren as bestas nos montes,por que según alega ela,así tiña mais alento.¡Pois cando os estaba a facer non lle faltaba!.como lle dixen eu en moitas ocasións.


Pero bueno,o que ibamos.Como miña nai tiña a costumbre de parír de pé,eu vín a este mundo,antes de que viñera a señora parteira ,e claro,si miña nai estaba agarrada ó armario coas duas mans,lóxicamente eu caín de cabezas a este cruel mundo.Ese golpe deixoume marcado para o resto da miña vida.Por que me quedou a cabeza achaplada po la parte de arriba,mira como quedaría de achaplada que o gorro que mellor me quedou foi o Lepanto,cando fún a mili.Ah,por certo,nó entroido,en vez de levar careta,ou peluca,tiña que levar ná cabeza unha caixa de zapatos,para que a xente non me conocera.


Aparte deste desgraciado accidente,a verdade é que moi bonitiño,o que se dí moi bonitiño non nacín,e mais,creo que era horrendo,daba noxo mirar pá mín.De feito era mais feo que mandar a unha aboa a por droga.De feito,cando me puxeron ná incubadora,non por ser prematuro.Puxéronme nunha incubadora cós "cristales tintados".Por certo,mira si era feo que miña nai,en vez de darme o peito,dábame a espalda.Pero bueno,eso a veces tamén é bó.Por que eu xa andaba o mes e medio,...por que ninguén me quería coller nó brazo.


Lémbrome unha vez que miña nai me levou a romería dos "Milagros de Traba",e alí,cando miña nai me sacou o gorriño,marchou todo mundo de xunta nós,menos un homiño que estaba a comer un melón.Miña nai,en señal de agradecimento,por non fuxir,invitouno a un vaso de víño,e cando acabou de beber e de comer o melón,preguntoulle a miña nai:-As estonas,¿tíroas ou quéreas gardar para darlle o bicho ese?...
Tamén me lembro que unha tía miña me tirou enrriba da plancha da cociña económica,encendida eh,coa intención de ou matarme ou comerme,por que a pesares de que ela dixo sempre que lle escorrera,eu sempre mantiven o contrario,e como lle dixen eu unha vez:


-Vamos a ver,si caera,colleríasme e listo,pero e que,caín de fociños e tí désteme a volta como si fora un bistéc.

Bueno,despois fixeronme unha serie de operacións de ciruxía estética e agora ,non é que sea moi guapo,pero po lo menos a xente non escapa de mín.


Pois vale,como pudeste ver,xa no momento de vir a este mundo,vin antes de tempo,como o colexio,por que aínda non facían exámenes de recuperacións.A mili tamén,fun moi cedo,por que era obligatoria e ademais non había chavalas.E así varias cousas.

E cheguei tarde,por exemplo o traballo,cada vez que quero aspirar a un posto de traballo mais cualificado,sempre chego tarde,por que cambiou a lexislación e piden mai cursillos ou algo parecido.


Tamén estou vendo que vou chegar tarde a cear,e a muller vaime romper un oso.


Aparte desto,agora que o único que motivo que me amarra verdadeiramente o traballo e poder disfrutar o día de mañán dá xubilación,vai Zapatero e tamén me fai chegar tarde.


Xa vedes amigos,así son as cousas,e así mais ou menos foi a míña VIDA.Espero que a vosa fora mellor.


Sin mais MANOLO.

Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (Camelle)

Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (Xunta de Galicia) en Camelle.
Si queredes ver as fotos ampliadas, soamente tendes que pinchar nelas.

PERDIDOUS (Episodio I)

Primer capítulo da nova serie protagonizada polos célebres personaxes de A Lenda da Petanca.
Desta vez Igor, que atravesa uns momentos moi duros na súa vida, aparece nunha illa descoñecida sen saber cómo chegou.
Pouco a pouco, sucederanse imprevisibles e agónicas situacións que completarán un mapa de aventuras conscientemente desordenado pero entretido, que modificarán a forma de entender o mundo do campión ruso.
Serie influenciada fortemente por Lost, rodouse practicamente na súa totalidade na praia de Soesto (Laxe) durante o temporal de frío de xaneiro do 2010.



Portos de Galicia retira as pedras do porto camellán

Unha escavadora traballa dende o pasado luns para eliminar as pedras do fondo do porto de Camelle.
A acumulación de rocas conseguiu reducir notablemente o calado, o que provoca importantes problemas de seguridade ás embarcacións, xa que só permite o uso dunha pequena parte da rada, o que fai que as barcas deban estar demasiado cerca unhas doutras.

Ademais, Portos ten previsto ordenar o fondeadero que actualmente é completamente caótico, xa que hai grandes áreas que non se poden utilizar.
 Os traballos comezaron coa extracción de area, que se levou ata a praia, de cuxa rexeneración ocupase Costas.


As melloras no porto de Camelle incluíron a eliminación dun baixo e a prolongación do dique de abrigo, o que mellorou notablemente a seguridade das lanchas que utilizan percebeiros,naseiros e pescadores en xeral.

Máis info : La Voz de Galicia

jueves, 4 de febrero de 2010

Info blog

Non vos asustedes que o blog de Camelle non pecha, de momento... (aínda que a algún/ha daríalle unha gran alegría).
Quería informar a tódolos usuari@s, que últimamente non dispoño de moito tempo por mor do horario de traballo que teño e outros problemiñas e actividades persoais; en canto dispoña de dúas ou tres horas libres (seguramente este sábado ou o domingo) actualizarei o blog para uso e disfrute meu e de todos vós (xa teño 9 entradas por poñer,acumúlaseme o chollo).
Gracias pola vosa comprensión, espero que non perdades a fidelidade ao blog de Camelle.
Deica logo.
Imaxe ficticia do autor deste blog con sesenta e sete anos e aínda sen xubilarse:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE