Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 16 de febrero de 2010

Info Asociación de Veciños "A Pergoliña"

A nosa Asociación de Veciños celebrou este pasado sábado unha asamblea xeral.
En dita asamblea aprobáronse as contas do ano pasado e informóuse de tódalas xestións feitas pola asociación ao longo do ano pasado.
A novidade máis destacada é o cambio de Presidente, xá que agora a nova Presidenta da Asociación de Veciños "A Pergoliña" de Camelle pasa a ser Digna Romar; o anterior Presidente,Luís Suárez, pasa a ser vogal da Asociación.
Nesta asamblea informóuse aos veciños que seguen co recurso contra a Xunta de Galicia pola implantación da piscifactoría en Camelle ata que saia publicado no BOE o contrario.
Tamén se informou das obras de rexeneración da praia camellana e do PXOM.
Outra nova salentable é que se cambiaron dous artigos dos estatutos para que as eleccións da directiva se fagan cada catro anos e que para que os avisos de asambleas se fagan en sitios públicos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois alégrome moito de que a nova presidenta sexa Digna. Non podía haber mellor sustituta de Luís. É magnífica, auténtica, camellana a tope e será unha presidenta chapó.
Saudiños a todos os membros da asociación e o meu recoñecemento á súa labor.

Xustiza dijo...

Ánimo Digna, para o que precises por aqui andaremos, unha aperta

karavich dijo...

Achégome o que dín os meus compañeiros,noraboa e para o que faga falta.
ABURIÑO

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE