1. O patrón maior de Camelle, Xosé Xoan Bermúdez Tajes, mostrou onte o malestar de toda a confraría de pescadores, porque dende o partido socialista non se cursou o convite para participar no acto que se celebrou o pasado venres en Malpica e onde interviñeron a Conselleira de Pesca, Carmen Gallego; o Secretario Xeral do Mar, Juan Martín Fragueiro; e importantes representantes do sector pesqueiro na Costa da Morte, como o presidente da Federación Española de Confrarías, Genaro Amigo; ou o presidente da Federación Galega de Confrarías, Evaristo Lareo.
Máis info: La Voz de Galicia2. A semana pasada foi aprobada no Consello da Xunta a creación da segunda reserva mariña de Galicia na ría de Cedeira (A Coruña).
Segundo indicou o titular da Xunta, o Goberno galego prevé potenciar esta liña de actuacións e, por iso, destacou o seu "compromiso" de crear "proxectos similares" na Ría de Viveiro (Lugo), Aguiño (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e Camelle (Camariñas, A Coruña) e "outros ámbitos da comunidade".
Máis info: Europa Press
1 comentario:
Como van a avisar os do psoe os de Camelle,vos tamén non sei como vos extraña,non ves que somos terroristas e ijual lle fasemos aljo malo a carmen gallego...
Publicar un comentario