Xa tendes as fotos das festas do Sacramento. Non están todas as que me gustaría, pero é que tiven moito traballo coa comision de festas e non puden facer máis. Agradecer a jrvc a axuda prestada coas fotos. As festas foron de novo un éxito rotundo, sobre todo o sábado coa churrascada que reuniu a moitísima xente; repartíronse 300kgs. de carne e 500 chourizos aproximadamente. Agradecer a colaboracion desinteresada de moitisima xente que axudou en todo ata o final da festa. A destacar tamén o espectáculo da disco móvil que nos fixo a todos bailar e bañarnos en espuma ata altas horas da mañá. O domingo, os partidos de fútbol foron espectaculares co showman de Lolo facendo das súas, a ver se consigo un vídeo e volo poño. Rematou a festa coa actuación da orquesta Alarma ( disque estivo moi ben ). Esperemos que as festas sigan sempre así . Perla, non o deixes porfavor. Deixovos un xogo por si vos aburrides na marxe dereita.
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
lunes, 8 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
►
2009
(259)
- ► septiembre (17)
-
▼
2008
(134)
-
▼
septiembre
(30)
- Vídeos San Miguel 08
- San Miguel 08
- Camelle no Parlamento de Galicia
- Nova sección: Fotos antigas
- SOLUCIÓN A TV XÁ !!!
- Fotos do río
- Vídeo da semana
- Grandes festas de San Miguel
- Moción do PP sobre o Plan Galego de Acuicultura
- Camelláns na diáspora
- Resultado da enquisa
- Fervellón de Camelle II
- Foto denuncia
- Noticia bomba !!!
- Limpeza do río
- Marcha verde a Barca de Muxía
- Golfiño varado no portiño
- Marcha verde a Barca de Muxía
- Video da semana
- Grandes festas do Sacramento
- Resultado da enquisa
- Mais apoios
- Nova seccion: RELATOS
- Videos camelláns
- Videos históricos
- Novas iniciativas
- Pesca de calamares
- Asamblea xeral da AA.VV A Pergoliña
- Apoios doutras paxinas
- Manifestacion en Santiago
-
▼
septiembre
(30)
10 comentarios:
Eu qero agradecer a toda a xente de camelle a sua colaboracion nestas festas; os do churrasco, os do chiringuito, os q nos deixaron coches, generador e demais cousas q nos fixeron falta. En especial agradecerche a tua colaboracion con esta paxina. A orquesta alarma estivo moi ben e unha pena que moita xente non quixera ir a vela. Porque disfrutando con ela eramos moi poucos de camelle, esto e o que che fai moito deixar a comision. Tanto traballo como costa facer unha festa destas e a xente que non a disfrute.
A min pásame algo parecido co blog. Mátome a recopilar información,fotos,vídeos,etc. que dá bastante traballo e teño pouco tempo, e despois non me poñen ni un comentario. Pero bueno, eu síntome orgulloso do que fago e síntome ben conmigo mesmo e pouco a pouco o traballo vai dando os seus frutos, ainda que o meu sexa unha minucia o lado do teu, xa que o teu traballo non ten prezo e podes estar contenta de que toda a xuventude quede no pobo e disfrute coas túas festas e o teu traballo que non é valorado por algúns, pero que é excelente para a maioría.
Tanto a perla como a man gracias pol-as festas unha por organizalas e o outro por ensenarnolas os que tamos fora porque einda que non sexa o mismo da gusto ver as festas do teu pueblo einda que sea por internet.
Seguide asi os dous que tades facendo unha boa labor.
Non vos desanimedes. Ten moito mérito a vosa labor. Dádevos conta que estades "coloreando" Camelle coas vosas iniciativas. Nunca tal se víu aqui (eu alomenos). Somos moitos os que estamos agradecidos á vosa dedicación e, ten razón Man de sentirse orgulloso. Gustaríame que, como vós dicides, nos impliquemos máis todos
Perla, non te desanimes polo do Domingo, e que a xente ten que traballar o lunes e é lógico que non houbera moita xente, pero as festas tuveron cojonudas coma sempre,dio todo o mundo, hasta os de fora,de verdad. Man, o teu blog ta cojonudo,eu ton enjanchado e miro todolos días o que pasa que non escribo moito porque non se me da ben escribir, sije así.
Hai que ter en conta que a festa do Sacramento é un domingo e a xente traballa ao día seguinte. Temos a proba que o sábado había moita xente na praia para o churrasco
Hola !!
marcos x q nn me dixeches qn era chipiron ?? ainda que bueno creo que mais ou menos xa sei quen é !
é unha muller ?
chavales facedelo cojonudo, perla o teu non ten nombre, moitisimas gracias por todo canto fas, a verdade que sempre quedaremos a xuventude de camelle en deuda contigo, marcos idem.
gracias por todo, e unha pena que non toda a xente de camelle este unida, pero si un 90% somos os mais mellores.
As festas o mellor do mundo!!!!Salio todo de maravilla. Pa cando a proxima??Pasamolo moi ben no churrasco!!
Man....a partir de ahora vonche escribir mais pa q te sintas mellor..jeje. Non fai falta desirche q ta moi ben este blog e todo actualisado rapidamente. Fasianos falta alj asi!!
O proximo sabado 27,son as festas de San Miguel,seguramente Perla vainos a facer outras festas COJONUDAS.
Sigue asi Perla,non te desanimes,sa ves que cando se lle pide axuda a xente esta colabora,o problema e a organizacion e eso sabelo levar ti moi ben.Gracias.
SIEN.. traquilo,aunque moita xente non escriba,moita xente lee.A ti tamen moitas gracias.
Publicar un comentario