
Vamos ter que cobrarlles os de fora por pescar calamares ou luras no noso peirao... É broma, que naide se ofenda. Digo isto porque ultimamente o noso peirao esta sollado de xente na procura deste pequeno cefalópodo tan pillo. Moreas de xente sentados a caron do mar o anoitecer, fan do noso peirao outra atraccion máis para a xente que ven de fora . Xente de Santa Comba, Mazaricos, Laxe, Vimianzo, Santiago,Negreira, etc. mistúranse con nós en pró do mesmo fin: O CALAMAR OU LURA. Polo que me contan, esta semán pasada a pesca foi escasa, sobre todo polo tamaño, pero tamén me contan que o importante non é só o que pescas, se non pasalo ben coa compaña da xente neste enclave tan fermoso. Tamen é por todos coñecido que aparte da pesca do cefalópodo, outr@s tamen se dedican ó ligoteo veraniego.
1 comentario:
Pois eu o outro dia collin 12 e lijen unha boa molladura,ja,ja.
Publicar un comentario