
O martes pasado houbo debate parlamentario no Parlamento de Galicia sobre unha alegación do Partido Popular en contra do Plan de Acuicultura, e como non, unha representación de camelláns estivo alí. O noso presidente da AA VV, Luis e María Jose estiveron representando o noso pobo coas camisetas verdes xandriña para facerse ver. Coméntanme que a anécdota protagonizouna o parlamentario do Psoe (Sr.Lage), que se mofou do Sr. Balseiro (PP) por decir este último que o parque da Xandriña pertenece ao concello de Camariñas e Vimianzo, o Sr.Lage ríase del dicindo que Vimianzo non ten mar, sen comentarios... Só decir que vaia políticos temos representando o noso país, que non saben nin xeografía, e que lles dá exactamente igual poñer parques acuícolas ou o que seña en calquer lugar, xa que non saben nin donde están, só os moven os cartos,nada máis.
2 comentarios:
Menos mal que aljen mira por nos, porque si esperamos polos nosos políticos, vamos de cu.
A verdade é que dirixir dende o sofá debe ser cojonudo,que mqnchen os seus zapatiños de marca e veñan dar unha volta por donde queren facer a maxestuosa granxa de peixes planos.
Por certo, os políticos de DUMIANGO empezarán a decir algo do tema,cando se tean acercando as eleccións ¿ou tamén eles emplearán a "dedo" según lle corresponda por metro cadrado a saída o mar do seu concello?
Darlle as gracias a Luis e María,sabemos que estades a facer todo o que podedes e moito mais.
Publicar un comentario