Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 8 de mayo de 2009

Novas varias

1. A piscifactoría de Merexo obtén 348.250 euros da Xunta de Galicia.
A maior axuda concedida por Pesca a unha piscifactoría da zona é para as instalacións que Stolt Sea Farm ten en Merexo e que a empresa norueguesa pretende ampliar polo que protestaron os veciños.
Para realizar melloras na planta de Vilán, a consellería concedeu 87.200 euros.
A Administración xa gastou 8,4 millóns de euros na construción das instalacións e despois concedeu outras axudas.
Ademais, Stolt Sea Farm accedeu gratuitamente aos terreos, que se atopan nun espazo da Rede Natura, cun alto valor ecolóxico e paisaxístico.
Tres Mares, que ten as súas instalacións en Lires, no municipio de Cee, tamén é unha habitual receptora das axudas da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión foi beneficiada cun total 136.769,85 euros para un proxecto de mellora da calidade de cría de troita.
Os fondos europeos tamén serviron para a modernización de buques da Costa da Morte.
As subvencións van dos 11.390 euros que se destinan ao Irmáns Sar Romeu ata os 800 que leva unha pequena embarcación de Camelle.
Para determinadas melloras e instalacións danse axudas que van dos pouco máis de 4.000 euros a 555.
Tamén hai axudas para manter a competitividade na pesca.
Máis info: La Voz de Galicia

2. O Partido Popular de Camariñas ( en contra do Plan Xeral ) asesorará e informará aos veciños do concello sobre como deben de presentar as alegacións dunha maneira axeitada, co asesoramento de dous avogados.
Esto será hoxe venres e mañá sábado ( pola mañá e pola tarde ) na sede do PP de Camariñas.
Lembrade que a exposición remata o vindeiro 14 de Maio.
Máis info : quepasanacosta e diariocamariñan

3. Na nosa web amiga quepasanacosta e corcubión.com están a facer unha enquisa sen precedentes para elexir ao Primeiro Persoaxe Histórico da Costa da Morte.
Primeiro votarase por concellos e despois en xeral, cos máis votados de cada concello.
Os elexidos polo concello de Camariñas e seleccionados polo escritor da Ponte do Porto, Rafael Lema, son Ambrosio Feijoo y Pardiñas, Miguel Feijoo y Pardiñas e Antonio Rodriguez Canosa.
Eu non digo que estos persoeiros non sexan importantes, pero sinceramente penso que se olvidou dun personaxe tamén moi importante como Manfred Gnadinger ( Man ), que aínda que evidentemente non naceu en Camelle, pasou máis da metade da súa vida no noso pobo e estaba considerado como un camellán máis.
Para axudar a votar ó personaxe máis importante da Costa da Morte, podedes facelo na enquisa de este blog ( xa vexo que Man está arrasando ) ou ben deixar a túa opinión neste enlace, para que Man entre tamén na lista.
- Enlace Elección Histórica
Tamén destacaría ao escritor e profesor camellán José Baña Heim pola súa labor nesta lista, pero bueno, cada un é libre de pensar e votar o que queira, por iso anímovos a que deades a vosa opinión no enlace anterior.

4. Lembrade que mañá sábado e o domingo ( polas mañás ) celebrarase na Casa de Cultura e organizado pola Fundación Man as Xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man.

4 comentarios:

xan dijo...

Non sei si teremos que coller outra ves as pancartas e camisetas para protestar pola jandriña, non me fío un pelo destos do PP.

Anónimo dijo...

que sabe Rafael Lema pois ten que aprender moito

cabreo con rasón!! dijo...

xan, falso, pos faille caso os galeguistas oh. que foron os primeiros que votaron a favor da piscifactoria, falsos, tanto galego do carallo, se grazas, se tixolas, se mariconadas.

xan dijo...

Informaraste un pouquiño mellor antes de falar,xa que os primeiros en proxectar as piscifactorías foron os teus colegas, sí los que viven en galicia y hablan como los castellanos de castilla e si tanto odias o idioma oficial de Galicia, non sei porque o escribes e les este blog, será por ignorancia?

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE