Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 14 de enero de 2010

Os relatos de Guany



Hola amigos. Aquí estou de novo despois dunha tempadiña máis ocupada do normal na confianza de que leades e comentedes o que expoño. As vosas ideas sempre son interesantes polo menos para min porque me enriquecen e ensinan. O intercambio de opinións sinxelas e ben intencionadas, calesquera que sexan, motivanme a seguir contándovos o que observo neste mundo que nos rodea. A miña intención é: 1.º non aburrirvos e 2.º, que teña algún interés para vós. De ser así, dou por ben empregado o tempo que lle dedico do que, por certo, ando máis ben escasa.


Gustaríame saber cómo comezástedes o novo ano. Parece que algún de vós foi tocado pola vara máxica da lotería ¿Como o vivístedes cando fóstedes conscientes do voso golpe de sorte?. Espero que, de ser moita a cantidade, non vos cambie no esencial. Algunha xente parece que tolea e empeza a facer cousas raras cos novos amigos que proliferan como as moscas. Cando se decata do rumbo que leva e que as contas volven quedar en números vermellos , queda calvo de arrincarse tantos pelos. Os máis positivos, pensarán que lle quiten o bailado. En calquera caso, a todos nos gustaría saber o que é, independientemente do que se faga; por iso gustaríame que contásedes a vosa vivencia.
 Outras anécdotas ligadas a estas datas que vivimos recentemente son as farturas dos manxares que non temos alcanzables ao longo do ano e as convivencias, máis estreitas e frecuentes do habitual: ceas cos compañeiros, amigos, familia…..todos parecemos querernos máis, ser mellores y estamos cheos de bos propósitos para o futuro. Entre eles, están as perdas: o peso que gañamos cos excesos, a familia ampla cando é pesada (perdelos de vista) e as multitudes que nos golpean nos centros comerciais. A rutina diaria tamén ten o seu encanto.

Unha das cousas que nos trouxo o novo ano é a TV estatal sen anuncios, cousa que se agradece, fartos de que para ver unha película que comeza ás 10 da noite, teñamos que estar espertos ata preto das dúas da mañá e andemos mareados o día seguinte. Confío que non sigan bombardeándonos cos anuncios dos seus propios programas como están facendo na TV2 porque senón o mesmo me dá que anuncien unha cousa que otra se, en defintiva, me están quitando o tempo igua. De seguiren así, ata é posible que prefiramos ver o anuncio dunha colonia en calquera lingua allea na que un tío/tía cachas, que parece virtual de tan perfecto/a, nos insinúe “cómeme, cómeme…” con mirada felina aínda que nolo diga en linguaxe arameo.

Tamén relacionado coa TV, a TDT que se implantará no prazo duns días pola nosa zona definitivamente, deixa á bella analóxica na historia. Esta mellora, non nos trae ningha virguería aparte da mellor calidade da imaxe e uns cantos canles máis. A TV que nos ofrecen neles pode ser decepcionante: alguna cousa aproveitable, series repetidas, tertulias políticas coa ideoloxía afín ao canle na que se realizan, programas obsoletos, concursiños guiados por berronas, que parecen estar furiosas co sufrido e pasivo espectador, invitándoo a chamar por teléfono coa resposta correcta a cambio dun fato de euros. Non vos pase o que a min que, por idiota, fixen a chamada e respostáronme “imposible comunicar con el estudio….”. Un verdadeiro timo. Tal vez todo isto traia algo positivo: apretar o botón OFF/ONN, sen ira e dedicarse a outra cousa.
 Outra nova destes días é que parecen estar investigando o fraude da gripe A. Sempre digo que o pobo non é tan tonto como pensan aqueles que moven os fíos da economía. Xa hai moito tempo que se fala da “pandemia de lucro” porque algo cheira a chamusquina desde o comezo do asunto este e o persoal non acudíu en masa, nin moito menos, a inxectarse algo do que nin sequera se saben os efectos secundarios pola urxencia da súa aplicación. O que parece claro é que cada vez os artistas do roubo recorren a técnicas máis sofisticadas, chegando ata a xogar coa saúde da poboación sen ningún tipo de reparo. Pregúntome en que lugar queda a Organización Mundial da Saúde (OMS) que nos anunciaba unha epidemia de grandes dimensións. ¿Serían tan inxénuos coma min cando chamei ao concurso das berronas?.

En fin, amigos, non é que comece o ano con visión negativa en absoluto pero destas cousas falóuse estes días, ademais do percance do avión en Detroit, que está traendo de cabeza aos dirixentes porque AlQaeda fainos tremer. Andan mirando o xeito de controlar aos pasaxeiros nos aeroportos cun novo aparello, tipos rayos X (sen emitir radiacións…disque) capaz de atravesarche o corpo coa finalidade de detectar elementos perigosos. Aínda non está autorizado por problemas éticos e, polo visto, o noso gobernó xa ten encargado unha cantidade considerable. A ver se non pasa como coas vacinas da gripe A, que agora non saben que facer cos excedentes depois do enorme gasto que supuxo e andan tentanto vendelas ao terceiro mundo. Como diría un andaluz: ¡demaziaoo pal cuerpo!.

En fin, amigos, que teñades o mellor ano posible.


2 comentarios:

karavich dijo...

Querida Guany,tí tranquila que non aburres,e os teus comentarios,aparte de ilustrativos,tocas con tino asuntos que están ahí,e que ninguén parece que teña moitas ganas de comentalos.
Ná lotería,non hay queixa,tocáronme 100€ e con parte destes cartos comprei dous décimos dó neno,e tocáronme 20€ po lo tanto tocáronme 80.
O ano empeceino cunha gripallada criminal,e o peor é que o día seguinte acabei as vacacións,pero eso có paro que hay,aínda é un privilexio.
Pois eu non vexo por que lle quitaron a publicidade a TVE.Po lo menos o diñeiro que recaudaban por ela,axudaba dalgunha maneira a pagar a deuda que ten o ente estatal.Agora que a quitaron,a deuda vaise pagar cos nosos impostos.
En canto ó TDT.A verdade é que quen a vé,vea nunha calidade mellor,en canto a enchenta de canales,sigue mais ou menos coma sempre.Cando nunha cadea poñen unha cousa boa,as outras para cotraprogramear,tamén poñen cousas interesantes.E cando non poñen nada,as outras tampouco,e así xogan con nós.
Por certo,non debería haber apagón analóxico,hasta que o 100% DÁ POBLACIÓN A POIDA VER.Por que si non,joder,están a despreciar a estes cidadáns.
Despois tamén é jodida por que ou se vé ben ou non se vé,non e coma antes que anque non se vira moi ben,podías ver algo,pero ahora non.
BUENO,BENVIDA E SIGUE ASÍ QUE ESTO É MELLOR QUE O TDT

maría dijo...

Totalmente dacordo co que comentades os dous,nada mais que decir,solamente que feliz ano a todos e seguide escribindo asi ,que valedes moito ainda que non comentemos os vosos relatos e monólogos.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE