Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 6 de octubre de 2008

Carta da AAVV A Pergoliña

A asociación de veciños fíxonos chegar unha carta na que mostra o seu pesar polo abandono do legado de Man e pide unha solución inmediata. Gracias por confiar neste blog xa que somos os primeiros que podemos publicala, esta carta será enviada a varios medios de comunicación:

" A AAVV A Pergoliña síntese molesta debido ó estado de abandono que está a sufrir o museo de Man.

¿Qué pasa coa Fundación? Ó pobo de Camelle ninguén lle está a dar explicacións do que teñen pensado facer, e a realidade é que se está deteriorando todo cada vez máis, ata chegar a un punto que non haberá nada que conservar.O principal atractivo turístico de Camelle e polo que nos coñece todo o mundo é o museo de Man, polo que pasan o longo do ano milleiros de turistas que nos preguntan ós veciños de Camelle cómo permitimos este abandono, do cal nos sentimos avergoñados pero do que non somos responsables.Por iso, dende aquí, pedimos a todos aqueles que sexan responsables de dito abandono, que tomen cartas no asunto e que solucionen isto XÁ.

Tamén dende aquí facemos un chamamento a todos aqueles intelectuais e artistas (cantantes, escultores, actores, arquitectos, escritores, pintores....) e políticos que acudiron en masa os Encontros de Man celebrados en Camelle e propuxeron solucións para este tema, que levanten a súa voz e demostren o seu apoio para preservar o legado de Man, e a ver se entre todos lles facemos ver ós responsables a situación actual de abandono e que isto non quede nun mero recordo".

Dende o blog mostramos o noso compromiso con este tema e poñemolo a disposición da xente para que mostre a súa opinión.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta asociación, que nos representa, está facendo todo o posible pola conservación e o pulo de Camelle. Nos últimos tempos hai unha deixadez do asunto por parte do concello, cuxos representantes andan preocupados noutros asuntos ou, alo menos, iso é o que parece. Lembrarlles que Camelle existe e, vive Deus, que o seu corazón latexa máis cá nunca e que deben ter en conta non só algúns temas senon outros que precisan dunha solución urxente. O museo de Man merece poñerse en pé (pois está, literalmente, caendo). Non se me ocorre engadir nada ao que din os da Pergoliña, que se explican con moita claridade. Só me uno a eles no que piden ás persoas competentes nesta cuestión para que se tomen medidas sen alongarse máis no tempo e repetir o que di a xente de fóra que ven a Camelle: "es un enclave precioso, pero se ve muy abandonado.....". Camelle, nestes momentos, é, senon o pobo máis descoidado por parte do concello, dos que máis.

Anónimo dijo...

eu penso q non e deixades do concello o q creo q pasa e q temos unha xusticia q non vale menos co concello( xa e dicir) e mentras non se decanten os señores magistrados non poden facer na de na

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE